Cousas das cousas adivias para enredar coas cousas



















































































































- Slides: 115
Cousas das cousas adiviñas para enredar coas cousas da escola
Uns días atrás as cousas da escola xogaron a un xogo que sempre está de moda
E unha detrás de outra empezaron a armar historias e contos para adiviñar E fixo a primeira, o máis atrevido, o que máis cousas sabe, o máis instruído.
Cando non saben algunha cousiña, ábrenme o peito e reméxenme as tripas,
Cando non saben algunha cousiña, ábrenme o peito e reméxenme as tripas,
Ábrenme o peito, reméxenme as tripas, e non me deixan en paz mentras non lle lo diga.
Ábrenme o peito,
reméxenme as tripas,
e non me deixan en paz mentras non lle lo diga.
Somos iguais e distintos. Vivimos na mesma casa. Temos a mesma feitura , pero cada un a súa “gracia”.
Vivimos na mesma casa.
Temos a mesma feitura
pero cada un a súa “gracia”.
Ten o corpo de madeira e a alma de carbón. Gasta a alma no traballo e o corpo no tallador.
Ten o corpo de madeira e a alma de carbón.
Gasta a alma no traballo
e o corpo no tallador.
Din que saco e non é certo, máis ben fago do revés. Rillo a quen me da vida e para nada sirvo sin el.
Rillo a quen me da vida
e para nada sirvo sin el.
Cousa grande debe ser a que fai tal maravilla: come pau e caga flores e faille un favor a quen rilla.
come pau e caga flores
Quen pode ser este becho tan raro? que come papel e viaxa en cabalo
que come papel
e viaxa en cabalo
Ábrenme a boca, reméxenme as tripas, e métenme e sácanme cousas distintas. E cando rematan de meter e sacar, trábanme os dentes e vólvenme pechar.
Ábrenme a boca,
reméxenme as tripas, e métenme e sácanme cousas distintas,
E cando rematan de meter e sacar, trábanme os dentes para volverma pechar.
Quen será este señor que ao camiñar polos leiros, deixa a marca do seu paso sangrando polo peteiro.
ao camiñar polos leiros, deixa a marca do seu paso
sangrando polo peteiro.
Tíranme no chan, cálcanme no lombo, e logo fanme cóchegas por un lado solo.
Que cousa será á que para traballar hai que furarlle nos ollos E logo facela bailar.
hai que furarlle nos ollos
e logo facela bailar
Este alegre bailarín, cando se pon a danzar, debuxa sempre un camiño sin principio nin final.
Este alegre bailarín cando se pon a danzar
Debuxa sempre un camiño Sen principio nin final.
Unha leira larga e longa cos regos ben aliñados na que sementan os nenos as cousas do seu traballo.
Unha leira larga e longa cos regos ben aliñados
na que sementan os nenos as cousas do seu traballo.
Paso o máis do tempo coa boca aberta e a barriga chea de cousas diversas.
Non ten dentes nin ten boca e foi feita para comer. Adelgaza cando come e morre de tanto comer.
Non ten dentes nin ten boca e foi feita para comer
Adelgaza cando come e morre de tanto comer.
Catro patas e catro patas son parella desigual. A pequena carga o pesado e a grande carga o livian.
Catro patas e catro patas son parella desigual.
A pequena carga o pesado e a grande carga o livian.
Entre dous valos contén, ordenados, mil secretos sempre á disposición de quen queira coñecelos.
Unha atrás da outra, sempre ordenadas, e, aínda que son centos, nin se mesturan nin se atrasan nin se adiantan.
Desde a parede, e sen decir nada, amósache o mundo con raias e manchas
Estruchando un animal e mirando a unha caixa, podes dar a volta ao mundo sen saír da túa casa. Que cousa poderá ser a que teña tanta maxia?
Estruchando un animal
e mirando a unha caixa podes dar á volta ao mundo sen saír da túa casa
Somos altos, colorados, bos mozos como o que máis; vístennos para durmir e desvístennos para traballar. Alguén de vós veu nunca a quen lle pasara igual?
Somos altos, colorados, bos mozos como o que máis.
Vístennos para durmir
E desvístennos para traballar.
Son obxeto singular: alto, fino, delicado Para facerme traballar lúxanme as barbas e cóllenme do rabo.
Son obxecto singular: alto, fino, delicado
Lúxanme as barbas
e cóllenme do rabo.
Sementiñas variadas que en regos dereitos ou tortos, e sen erguerse da terra, botan toda clas de froitos
botan toda clas de froitos.
Blanca como a neve blanca, toda ela corazón, entrégase ao seu traballo ata a desintegración.
Branca como a neve branca toda ela corazón
ata a desintegración.
Vivo xunto cos demais. Con todos me levo ben. Teño sona de pegar e non pelexo con ninguén
Teño sona de pegar e non pelexo con ninguén.
Pasamos a vida en coiros, en confuso revoltallo, só nos sacan de vez en vez para enlucir os traballos. Hai a quen por facer ben lle dean un peor pago?
Pasamos a vida en coiros, en confuso revoltallo,
Só nos sacan de vez en vez para enlucir os traballos.
Son cinta de uso común, en min non fan nós nin fan lazos e ao que xuntan conmigo é difícil separalo.
No lugar máis principal, de pano a pano tendido. Nel debúllase o saber e avalíase o aprendido
Nel debúllase o saber
E avalíase o aprendido.
Nin é grande nin é forte pero ten o seu poder. O que leva cando pasa xa non volve aparecer.
O que leva cando pasa xa non volve aparecer.
Estou sempre queda. Sempre estou parada, e cargada de cousas que non uso para nada.
Camiña de día e de noite. Nunca para a descansar. Pasa a vida camiñando e non sae do seu lugar.
Estou sempre no meu posto e teño sempre a porta aberta para darlle boa acollida a todo o que ninguén queira.
Na escola tamén hai un escuro calabozo cheo de homes e mulleres colgados polo pescozo.
Un escuro calabozo
Cheo de homes e mulleres colgados polo pescozo.
Cando estou ninguén se queixa cando falto todo o mundo o nota, e o traballo que fago nin se escoita nin se toca.
Cando estou ninguén di nada cando falto todo o mundo o nota, e o traballo que fago nin se ve, nin se oe nin se toca.
Trinta e poucos garabatos ben mesturados, ao xeito, serven para armar historias e para falar do certo.
Traballo para ter xunto, conservo fixo e ordenado… e total son pouca cousa, un simple arame doblado.
Son pequena e delicada e a ninguén lle quero mal, pero ao que pillo entre os dentes non se solta nunca máis.
Casa grande, ben comprida, e toda ela amoblada. Ten armarios, mesas, sillas… e non ten nin unha cama.
E como na miña escola non atopei máis cousas coas que partir a testa (tampouco me molestei moito en buscar para non facela máis longa) doulle, co que hai, remate a esta trécola.
fin Agardo que esta nova leria, froito da provocación de Elvira García Sumay; da admiración que lle profeso aos métodos de Gianni Rodari; e dunhas cantas tardes, e algún recreo, adicados á elaboración e ao montaxe do material; fora do voso gusto e que pasarades un bo momento estruchando os miolos con ela. Mon Daporta Para a realización das imaxes contei coa colaboración, e co material, dos nenos e as nenas da clase de 5º A, e de algún alleo, do CEIP de San Tomé (Cambados), aos que llo agradezo.