cousias feitas na casa Mon Daporta Cousas da Slides: 28 Download presentation cousiñas feitas na casa Mon Daporta Cousas da rata Luisa MADALENAS Luísa e Roxelio saen de viaxe e non van volver ata máis da media tarde. Os nenos ao quedaren sós deron en matinar e prepararlle unha sorpresa para merendar. E como a eles lles gustan as cousas da cociña, pensaron en facer algo, que non fixeran aínda. Colleron o libro para buscar ideas, e pareceulles ben facer madalenas. E unha vez de acordo, e escollida a receita, xuntaron os compoñentes e puxéronse á faena. Bateron os ovos co azucre, engadíronlle o leite, botáronlle a fariña e o lévedo, as reladuras e o aceite. E cando a pasta estaba xa feita botaron nos moldes o que decía na receita. Sobráballes pasta e para aproveitala, repartíronna toda para non ter que tirala. Metéronas no forno, co tempo programado, e fóronse a esperar que pasara ao seu cuarto. A masa, no forno, sigueu aumentando. E cando foron ver… que sorpresa levaron! A masa medrou tanto durante a cocedura que non había madalenas… Todo o forno era unha! Non lles quedou outra que acabar e limpalo, e ao chegaren os pais ter que contalo. Luisa ao entrar xa notou, polo cheiro, que andiveran no forno con algún dos seus lerios. E reñeulles, enfadada, polo que fixeran. –Non poden cociñar sen que estea ela! Eles apuxeron o de darlle a sorpresa e querían convidala a unha boa merenda. E cando a nai, ao seguir, entrou na cociña, preguntou que era aquelo e porque tiña esa pinta. Eles contaron o que lles pasara, que encheran moito os moldes por non tirar a masa. E Roxelio ao acordarse do que a el lle pasara, non poido máis e botou unha risada. Os nenos sorpréndense, non entenden nada. Seu pai está a rir da súa aduanada! E contoulles que dunha volta, xa hai moito tempo, a el tamén lle pasara outro tanto do mesmo. Que non tiveran pena, que aquelo que fixeran non se iba a estragar de ningunha maneira. Que estaban no punto e cheiraban moi ben. E merendáronas todas: os nenos co leite eos pais co café. E estaban tan boas, sabían tan ben, que tomaron acordo de facelas outra vez. fin