COUSAS DA RATA LUSA Mon Daporta Imaxes da

























































- Slides: 57
COUSAS DA RATA LUÍSA Mon Daporta Imaxes da costa galega
Cando foron ver os faros, de camiño atoparon outros sitios bonitos que tamén visitaron.
Dos que fixeron, como sempre que saen, unha chea de fotos para que vexades.
Ría do Eo. Espazo natural protexido e zona ZEPA, fronteira entre Asturias e Galicia.
As Catedrais (Ribadeo). Espazo protexido e Monumento Natural.
Praias de Barreiros. Case catro km de area fina entre a punta de San Bartolo e a Punta Corveira.
Praia do Altar (Barreiros) e, da outra banda da ría, Foz.
Cantís da Enseada e illa Ansarón desde a Punta de Morás (Cervo).
Rochas na Praia de Covas (Viveiro).
Porto de Bares, probablemente de orixe fenicia (Século VII a. C. ).
A Estaca de Bares (Mañón). O punto máis ao norte da Península Ibérica.
Pena das Tres Marías na costa de Loiba (Ortigueira).
Praia de Morouzos e illa de San Vicente na Ría de Ortigueira. Espazo protexido e zona ZEPA.
Cantís do Limo, en Ortegal (Cariño), de case 600 m de altura.
Valdoviño, a lagoa e a Punta Frouxeira. A lagoa de Valdoviño está protexida e é zona ZEPA de importancia polo gran número de aves invernantes que descansan nela.
Boca da Ría de Ferrol.
Pontedeume.
Lorbé (Oleiros).
Illa e Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
Praia de Riazor. A praia urbana da cidade da Coruña.
Caión(Laracha).
Praias de Razo e Baldaio. Detrás da paraia de Baldaio atópase unha ampla zona de marismas comunicada co mar por unha canle.
Malpica.
Esteiro do Anllóns na ría de Corme e Laxe
Ondas no porto de Camelle (Camariñas).
Cabo Vilán (Camariñas).
Praia de Lourido e Muxía.
Frecha areosa da boca da Ría de Lires (Cee), formada polas forzas enfrentadas do mar e o río Castro
Cabo Fisterra. Un dos puntos onde remataba o mundo.
Fervenza de Ézaro, entre Carnota e Dumbría. Por esta fervenza cae ao mar o río Xallas.
Praia de Carnota e o Monte Pindo.
Lagoa das Xarfas e Monte Louro na boca da Ría de Muros
Praia do Testal (Noia).
Castro de Baroña(Porto do Son).
Duna móbilde Corrubedo (Ribeira). Ten case 1 km de longo, máis de 200 m de ancho e entre 12 e 15 m de altura.
Dornas en Aguiño (Ribeira).
Praias do Carreirón. Espazo protexido na illa da Arousa.
O Serrido (Cambados). Importante banco marisqueiro e zona de invernada de aves protexida.
Istmo da Lanzada entre O Grove e Sanxenxo.
Praia da Lanzada.
Ons desde A Lanzada.
Praia de Baltar e Portonovo.
Combarro(Poio). Un fermoso conxunto de arquitectura popular.
Illa de Tambo na ría de Pontevedra.
Praias de Agrelo e Portomaior (Bueu).
A costa da Vela. Cantís fronte ao mar aberto no Morrazo (Cangas)
Arco nos cantís da costa da Vela ao pé do Cabo Home (Cangas).
Porto de Vigo e as Illas Cíes.
Praia de Rodas nas illas Cíes (Vigo).
Praia de Samil (Vigo).
Praia América e Panxón (Nigrán).
Baiona e Monte Real.
A costa en Oia, entre Baiona e a Guarda.
A Guarda desde o monte de Santa Tegra.
O esteiro do Miño desde o cume do monte de Santa Tegra.
A algúns van volver para velos con calma, pero esa é outra historia… por hoxe xa basta.
Luísa, Roxelio e máis os rapaces agardan que vos gusten as súas viaxes. Abur! COUSIÑAS FEITAS NA CASA