OS NENOS DA RATA LUSA Mon Daporta Artesanas Slides: 29 Download presentation OS NENOS DA RATA LUÍSA Mon Daporta Artesanías e manualidades COUSIÑAS FEITAS NA CASA Os nenos están nesa idade de armar unha cada día e esta tempada andan con manualidades e artesanías. E pasan o tempo facendo deseños e probando materiais, para armar brincos, broches… cousas de uso ou de adornar. E como son hábiles coas mans e imaxinación non lles falta artellan algunhas cousas con certo gusto e a súa gracia. Uns días andan co coiro: mide, corta, cose, pega…; Outros días cos arames: enlea, enlea e desenlea…; Se usan barro ou usan pasta: estiran, retorcen, moldean. Tamen fan algunha cousa con cordeis, fíos e teas. Con cunchas, contas de cores, con plumas e con sementes. Non hai cousa coa que non proben nin material co que non o intenten. co miolo do pan, a parafina; co papel e o cartón, coa madeira; con pedras, latas e plásticos; con tarros e con botellas. A calquera cousa que lle cai nas mans tentan de verlle en que pode parar. Con eso pásano ben e agasallan aos amigos… Ata venden algunha cousa co que sacan uns cartiños… Pero hai días que se descoidan e, se teñen algún pedido, dedícanse de cheo ao choio e deixan de lado os libros. Para que a cousa non se torza, e non esquezan as obligacións, a nai, Luisa, e máis Roxelio chamáronlles a atención. Van poder seguir coa leria mentras non pase de enredo. De grandes farán o queiran, pero agora estudar é o primeiro. Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus contiños. Abur!