A MARIA OCCIDENTAL A NATUREZA A Maria Occidental

  • Slides: 116
Download presentation
A MARIÑA OCCIDENTAL A NATUREZA

A MARIÑA OCCIDENTAL A NATUREZA

A Mariña Occidental forma parte da Mariña de Lugo. Abrangue o territorio comprendido entre

A Mariña Occidental forma parte da Mariña de Lugo. Abrangue o territorio comprendido entre a serra dos Cabaleiros, polo leste, e o río Sor, que fai de linde coa provincia da Coruña, polo oeste. O relevo é moi irregular cunha sucesión de serras, de dirección S-N, perpendiculares á costa e que separan os vales dos diferentes ríos. A costa é igualmento moi variada con alternancia de rías e costa exposta con cantís e illas. As principais alturas atópanse no sur, nas estribación do Xistral, no linde entre Ourol, O Valadouro e Muras. Acolle un importante patrimonio natural (espazos naturais fluviais, costeiros e de montaña) e cultural. Serra do Xistral

SUPERFICIE: 426, 4 km 2 POBOACIÓN: 26. 729 habitantes (2014) CONCELLOS: Cervo, Ourol, O

SUPERFICIE: 426, 4 km 2 POBOACIÓN: 26. 729 habitantes (2014) CONCELLOS: Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Costa da Mariña Occidental”, “Río Landro”, “Serra do Xistral”; Monumento Natural “Souto da Retorta de Chavín”; Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.

CLIMA Oceánico húmido, con veráns frescos. Cantís de Morás e illa Ansarón

CLIMA Oceánico húmido, con veráns frescos. Cantís de Morás e illa Ansarón

ACTIVIDADES Pesca, marisqueo, industria, servizos, agrogandaría e explotacións forestais. Porto de Celeiro (Viveiro)

ACTIVIDADES Pesca, marisqueo, industria, servizos, agrogandaría e explotacións forestais. Porto de Celeiro (Viveiro)

PATRIMONIO O patrimonio etnográfico e histórico artístico é un dos atractivos desta comarca na

PATRIMONIO O patrimonio etnográfico e histórico artístico é un dos atractivos desta comarca na que podemos atopar conxuntos históricos como o de Viveiro, numerosos núcleos tradicionais, pazos, igrexas, mosteiros, pontes, muíños, salgas, ferrerías. . . Antigo forno da fábrica de Sargadelos Salga en San Cibrao

Unha rúa de Viveiro Igrexa de Santa María do Campo (Viveiro)

Unha rúa de Viveiro Igrexa de Santa María do Campo (Viveiro)

Igrexa de San Francisco (Viveiro)

Igrexa de San Francisco (Viveiro)

CONCELLOS CERVO Está situado ao norte da comarca, á beira do mar Cantábtico. O

CONCELLOS CERVO Está situado ao norte da comarca, á beira do mar Cantábtico. O territorio tén dúas zonas diferenciadas. A do norte de releve chan, con pequenas elevacións e a do sur na que aparecen as serras dos Cabaleiros, e os montes de Buio. O cume mais alto do concello é o Pau da Vella, con 705 m, onde se xuntan Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove. Os ríos máis importantes son o Xunco e o Covo que circulan con dirección sur-norte. SUPERFICIE: 77, 74 km 2 POBOACIÓN: 4. 369 habitantes (2014) PARROQUIAS: Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, San Román de Vilaestrofe e Sargadelos. Vista de San Cibrao

As principais actividades son a pesca, a industria (destaca a presenza das fábricas de

As principais actividades son a pesca, a industria (destaca a presenza das fábricas de Sargadelos e Alúmina-Alumnio), os servizos, a agrogandaría e as explotacións forestais. Acolle importantes valores naturais, sobre todo na costa, nos vales dos ríos e nos montes. Unha pequena parte (no monte Pau da Vella) está protexida no LIC “Serra do Xistral”. No patrimonio cultural destaca a presenza de varios pazos, os restos da antiga fábrica de Sargadelos, salgas, pontes medievais, casas tradicionais. . . Museo do mar de San Cibrao Instalacións da fábrica de cerámica de Sargadelos nas que se producen louza e figuras dunha alta calidade material, técnica e artística. As instalacións pódense visitar durante a xornada laboral.

OUROL Ocupa o sur da comarca, nun terreo de transición entre as serras que

OUROL Ocupa o sur da comarca, nun terreo de transición entre as serras que separan a chaira Luguesa e as zonas baixas da costa. O terreo é moi irregular e vai perdendo altura de sur a norte, cara á costa. En xeral está formado por unha alternancia de pequenas serras, zonas amesetadas e vales profundos escavados polos ríos aproveitando as numerosas fallas. Na metade oeste, entre o val do Sor e o do Landro (Grandal), sucédense pequenas serras como a de Montalén (659 m) e Couteiro (636 m). No centro hai unha área máis achairada cortada polos vales do Landro e os seus afluentes (Grandal, Xanceda, Besteburiz e Balsadas) e ao surleste atópanse as máximas altitudes, nas estribacións da serra do Xistral (937 m). SUPERFICIE: 142 km 2 POBOACIÓN: 1. 090 habitantes (2014) PARROQUIAS: Ambrosores, Bravos, Merille, Miñotos, Ourol, San Pantaleón de Cabanas, O Sisto e Xerdiz. Paisaxe de Ourol coa serra do Xistral ao fondo

As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o gando vacún), o sector foestal e

As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o gando vacún), o sector foestal e os servizos. Forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e parte do concello está protexido nos LICs “Río Landro” e “Serra do Xistral”. Acolle numerosos restos arqueolóxicos (castros, mámoas), etnográficos (ferrerías, muíños) e histórico-artísticos (igrexas, cruceiros, casas de indianos. . . ) Fervenza no río Xestosa Serra de Sabucedo

O VICEDO Situado ao oeste da comarca. O relevo presenta dúas zonas diferenciadas: a

O VICEDO Situado ao oeste da comarca. O relevo presenta dúas zonas diferenciadas: a metade sur do concello máis accidentado, con pequenas alturas como o Chao do Outeiro (496 m) ou o Padrón (509 m) que se inclinan cara ao río Sor, que fai de linde coa provincia de A Coruña polo oeste, e recibe aos regatos de San Miguel, Río Barba e Porto Cabanas; e o norte onde o terreo se fai máis chan e remata nunha costa recortada con numerosos entrantes e cantís entre os que se atopan fermosas praias. SUPERFICIE: 75, 72 km 2 POBOACIÓN: 1. 882 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cabanas, Mosende, Río Barba, San Miguel de Negradas, San Román de Vale, Suegos e O Vicedo. Cantís do Fuciño do Porco

As principais actividades son a pesca e o marisqueo, o sector forestal, pequenas industrias

As principais actividades son a pesca e o marisqueo, o sector forestal, pequenas industrias relacionadas co mar e a madeira e os servizos. Tén interesantes espazos naturais, no curso do Sor e na costa, que está protexida no LIC “Costa da Mariña Occidental”. No patrimonio cultural destacan as igrexas de Cabanas e Rio Barba e as pontes do Porto (Río Barba) e Sor. Praia e cantís de Xilloi Ponte de ferro sobre o río Sor, construída en 1901 e recentemente restaurada.

VIVEIRO Ocupa a zona centro-norte da comarca no último tramo do val do río

VIVEIRO Ocupa a zona centro-norte da comarca no último tramo do val do río Landro e nas marxes da ría de Viveiro, cunha superficie de e distribuídos nas parroquias de Polo leste do concello esténdese a serra do Buio, coa máxima altitude no Pan da vella, con 702 m. Ao leste e sur pequenas elevancións como o Couto Padrón (509 m) ou o Penido Gordo (527 m). O río Landro aproveita a chamada falla de Viveiro para establecer o seu cauce e divide o territorio en dúas áreas de diferentes características, ao leste con dominancia de granitos e ao oeste xistos. SUPERFICIE: 109, 29 km 2 POBOACIÓN: 15. 932 habitantes (2014) PARROQUIAS: Celeiro, Chavín, Covas, Faro, Galdo, Landrove, Magazos, San Pedro de Viveiro, Santo André de Boimente, Valcarría, Vieiro e Viveiro. Vista xeral de Viveiro desde o monte de San Roque

As principais actividades son a pesca e o marisqueo, os servizos, e a industria.

As principais actividades son a pesca e o marisqueo, os servizos, e a industria. É un concello cun importante patrimonio natural (río Landro, cantís, praias) e cultural, centrado sobre todo na vila de Viveiro na que se conservan restos da antiga muralla, pontes antigas, igrexas (Santa María de Viveiro, convento de San Francisco, mosteiro de Valdeflores, San Pedro), pazos e casas tradicionais. Unha variante do Camiño de Santiago sae de Viveiro a Muras. Parte do territorio está protexido nos LICs “Costa da Mariña Occidental”, “Montemaior” e “Souto da Retorta de Chavín”. Porta de Carlos V, do século XVI. A porta principal da muralla atópase en fronte da ponte Maior ou da Misericordia, do século XV. Porto de Celeiro, especializado en pesca (de altura e baixura) e carga. A lonxa de Celeiro, unha das máis importantes de Galiza, destaca sobre todo pola pescada do pincho.

XOVE Situado ao leste da comarca. No territorio distínguense tres zonas. Ao norte unha

XOVE Situado ao leste da comarca. No territorio distínguense tres zonas. Ao norte unha costa exposta e con fortes contrastes entre cantís abruptos (pola proximidade dos montes ao mar) e pequenas praias e enseadas abrigadas, No centro unha zona de releve suave e no leste e sur os montes do Buio que acadan a máxima altura no Pan da Vella (702 m). Os ríos máis importantes son o Guilán e Rigueira que baixan dos montes de Buio e desembocan na enseada de Morás. SUPERFICIE: 89, 04 km 2 POBOACIÓN: 3. 456 habitantes (2014) PARROQUIAS: Lago, O Monte, Morás, Portocelo, A Rigueira, Sumoas, Xove e Xuances. A factoría de Alúmina- aluminio desde Morás

As principais actividades son a gandaría (vacún), a silvicultura, a industria (factoría Alúmina. Aluminio)

As principais actividades son a gandaría (vacún), a silvicultura, a industria (factoría Alúmina. Aluminio) e a pesca. Tén importantes valores naturais: espectaculares cantís, praias, montes con fragas e turbeiras, fervenzas. . . Unha grande parte do territorio está protexido nos LICs “Costa da Mariña Occidental”, e “Montemaior”. Tamén conserva un importante patrimonio etnográfico (pequenos portos pesqueiros con restos de factorías baleeiras como o de Morás, muíños. . . ) e histórico artístico (pazos, igrexas, castros, faros. . . ). Faro e cantís da Punta Roncadoira Portocelo, pequeno e recollido porto nun dos abrigos da costa

RELEVO A Mariña Occidental é unha comarca de releve moi accidentado cunha contínua alternancia

RELEVO A Mariña Occidental é unha comarca de releve moi accidentado cunha contínua alternancia de vales e montañas que, de forma xeral, teñen orientación norte-sur, perpendiculares á costa. Polo leste esténdense os montes dos Cabaleiros formando un arco no linde coa Mariña Central. Ao sur as derradeiras estribacións do Xistral, onde se atopa o cume máis alto da comarca (Pasada Lamoso, con 937 m); e as prolongacións cara ao norte do Guriscado e A Gañidoira. No oeste, e seguindo o curso do Sor, unha sucesión de montes que non superan os 700 m, onde destaca o Montalén con 659 m. No norte, paralelos á costa, dúas serras, os montes de Buio e Montemaior, separados polo val do Covo. Cumes do Buio. O máis característico destes cumes son as turbeiras e a cría de gando en libertade.

Monte Faro, en Viveiro. Unha das numerosas pequenas elevacións que destacan na liña da

Monte Faro, en Viveiro. Unha das numerosas pequenas elevacións que destacan na liña da costa. Vista desde Celeiro do relevo costeiro. Á dereita o monte de San Roque, sobre Viveiro, e detrás o Penido Gordo.

Os materiais son moi diversos: granitos, lousas, xistos, cuarcitas. . . Curiosas formas labradas

Os materiais son moi diversos: granitos, lousas, xistos, cuarcitas. . . Curiosas formas labradas pola auga nas rochas graníticas

A vexetación é rica e variada. Hai grandes áreas de turbeiras nos cumes do

A vexetación é rica e variada. Hai grandes áreas de turbeiras nos cumes do Xistral, Pau da Vella, Buio e Montemaior. Nas áreas máis afastadas hai fragas atlánticas e nos terreos máis achegados á costa dominan os eucaliptos e os piñeiros. Carballeira nas abas dos montes dos Cabaleiros. Entre o monocultivo de eucaliptos destes montes quedan algúnhas manchas residuais de bosques autóctonos.

Esfagnos, elementos básicos na formación de turba Rorela (Drosera sp. ) planta carnívora típica

Esfagnos, elementos básicos na formación de turba Rorela (Drosera sp. ) planta carnívora típica das turbeiras

Breixo de turbeira (Erica tetralis) A súa presenza está asociada aos lugares asolagados. Xunco.

Breixo de turbeira (Erica tetralis) A súa presenza está asociada aos lugares asolagados. Xunco. Nas turbeiras das serras atópanse numerosas especies asociadas aos medios húmidos entre as que hai varias especies de xuncos.

Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), visitante estival que cría nos espazos rochosos abertos. Pica dos

Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), visitante estival que cría nos espazos rochosos abertos. Pica dos prados (Anthus pratensis). Aliméntase dos pequenos animais que viven entre as herbas, Visitante invernal procedente do norte de Europa.

Lebre, un habitante dos espazos abertos Escaravello bosteiro Cabalos bravos nos montes do Buio

Lebre, un habitante dos espazos abertos Escaravello bosteiro Cabalos bravos nos montes do Buio

SERRA DO XISTRAL Orientada NNE-SSO, entre A Mariña e a Terra Cha de Lugo.

SERRA DO XISTRAL Orientada NNE-SSO, entre A Mariña e a Terra Cha de Lugo. Nesta comarca penetran as últimas estribacións no concello de Ourol, co cume máis destacado no Pasada Lamoso, con 937 m. Na súa aba oeste nacen os regos Besteburiz e das Balsadas, afluentes do Grandal, que vai ao Masma. Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos graníticos nas partes altas. A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo. O Xistral desde Ourol

A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e

A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo. O Xistral ten un enorme interese ecolóxico por acoller unhas das mellores turbeiras de Europa e especies únicas ou moi escasas e de grande valor. Está declarada LIC xunto coa serra da Carba e A Toxiza, e forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares da Mariña e a Terra Cha. Accedese desde Ourol, por Xerdiz.

MONTES DE BUIO Son a prolongación cara ao nordeste da Serra do Xistral, nos

MONTES DE BUIO Son a prolongación cara ao nordeste da Serra do Xistral, nos concellos de Viveiro e Xove. Son montes redondeados de granitos de dúas micas con algúns xistos o que da lugar a unha paisaxe onde alternan os bolos e penedos, resultado da erosión dos granitos, coas rochas fendidas con aspecto de ruína, típicas da erosión dos xistos. O cume máis alto e o Pau da Vella, con 702 m, na zona sur. Nos montes do Buio nacen varios afluentes do Landro (Rego Loureiro, Rego das Cerdeiras, Rego da Fontecova) e outros regatos que desembocan directamente no Cantábrico (Rigueiro, Cobo e Xunco). As zonas próximas aos cumes do Buio están ocupadas por pradeiras naturais nas que se alimenta o gando que vive en semiliberdade.

O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras de cobertor, que acadan nalgúns

O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras de cobertor, que acadan nalgúns puntos os 3 m de espesor e que están sendo explotadas industrialmente como substrato para xardinería. Nas partes altas hai pasteiros, monte baixo e repoboacións de piñeiro bravo. Quedan algúns pequenos bosques de carballos e bidueiros. Nos montes hai gando en libertade (cabalos e vacas). No Curro de Candaoso celébra A Rapa das Bestas cada ano. Uha parte está declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais co nome de “Montemaior”, proposto para a Rede Natura 2000. Accedese desde a estrada de Viveiro ao Valadouro, por Laxamoura (pista de terra) ou polo curro de Candaoso. Pau da Vella, o cume máis alto da serra, cuberto de turbeira

Turba Candaoso, onde se celebra un dos curros máis importantes das serras do norte.

Turba Candaoso, onde se celebra un dos curros máis importantes das serras do norte.

MONTE MAIOR Sistema de montañas que se estenden dirección N-S que forman parte dos

MONTE MAIOR Sistema de montañas que se estenden dirección N-S que forman parte dos montes de Buio. As rochas dominantes son os gneis e xistos no norte e os granitos no sur. A maior parte do terreo está cuberto de plantacións de eucaliptos, algúns piñeiros e pasteiros. As turbeiras sen alterar ocupan só pequenas superficies nos cumes. Os puntos máis altos son O Penedo (552 m) e Montemaior (516 m). Están protexidos como LIC/ZEC. Cume de O Penedo (552 m), no centro

MONTES DOS CABALEIROS Situados ao norte do Xistral e unidos polo sur aos montes

MONTES DOS CABALEIROS Situados ao norte do Xistral e unidos polo sur aos montes de Buio, entre os concellos de Cervo, Foz, O Valadouro e Burela. Separan os vales dos ríos Xunco e Covo. Son montes de pouca altura que describen unha curva con orientación NE-SO. A máxima cota é o monte Pedroso Novo, con 557 m. Accedese desde Cervo ou Ferreira.

MONTE GURISCADO Situado ao norte da Carba, no linde entre os concellos de Ourol

MONTE GURISCADO Situado ao norte da Carba, no linde entre os concellos de Ourol e Muras, limitado polos vales dos ríos Xestosa e Xanceda (Landro). O cume máis alto é o Guriscado, con 932 m. Desde o cume vai perdendo altura cara ao norte formando unha aliñación que se coñece co nome de Montes do rei, na que destaca o alto da Curuxeira (886 m). Accedese desde o Alto da Gañidoira, na estrada de Vilalba a Viveiro. Desde o cume hai unhas boas vistas da serra do Xistral e do val do Landro. Monte Guriscado desde A Gañidoira

Abas na Curuxeira na que destaca a cor rosa dos breixos de turbeira

Abas na Curuxeira na que destaca a cor rosa dos breixos de turbeira

SERRA DE SABUCEDO Esténdese con direcón N-S polo concello de Ourol entre os cursos

SERRA DE SABUCEDO Esténdese con direcón N-S polo concello de Ourol entre os cursos altos dos ríos Grandal e Bravos (Landro). O pico máis alto é o Couteiro, con 652 m. Destaca a verticalidade das paredes da cara leste que forman paisaxes impresionantes. Desde o cume hai unhas fermosas vistas da zona. Accedese pola estrada de Ourol ao Sixto.

SERRA DE MONTALEN Esténdese con orientación N-S polo concello de Ourol entre as concas

SERRA DE MONTALEN Esténdese con orientación N-S polo concello de Ourol entre as concas do Landro e o Sor. O cume máis alto é o Montalén, con 659 m. Accedese pola estrada que vai de Bravos a San Pantaleón, ou de Ourol a Ambosores. Zona sur da serra de Montalén, de cumes suaves aproveitados por pasteiros

Vista desde o cume de Pena Ventosa, de fortes pendentes cara ao leste. En

Vista desde o cume de Pena Ventosa, de fortes pendentes cara ao leste. En fronte o Penido Gordo e ao fondo os Montes de Buio.

RÍOS A comarca da Mariña Occidental está drenada por varios ríos que circulan do

RÍOS A comarca da Mariña Occidental está drenada por varios ríos que circulan do sur ao norte, desde as serras septentrionais cara ao Cantábrico: o Xunco, o Cobo, o Landro e o Sor, que fai de linde polo oeste coa comarca de Ortegal. Os ríos teñen os cursos altos encaixados, con rápidos e fervenzas e con numerosos afluentes que baixan das serras. Agás o sor e o Landro, son de curto percorrido. Teñen un réxime pluvial, con augas altas no inverno e primavera. O Sor en Ambosores, no límite entre Ourol e As Pontes de García Rodríguez. O Landro en landrove, ao pé da ponte medieval

Nos ríos e nas súas beiras consérvanse ecosistemas de grande valor e un rico

Nos ríos e nas súas beiras consérvanse ecosistemas de grande valor e un rico patrimonio etnográfico (muíños, canles de rego, lavadoiros, ferrerías) e histórico-artístico (pontes). Por toda a comarca hai numerosas áreas de lecer e rutas de sendeirismo que percorren os principais cursos fluviais. Os brións desenvólvense nos ambientes sombrizos e húmidos das beiras dos ríos Pradairo (Acer pseudoplatanus)

Fentos (dentabrús) e amieiras

Fentos (dentabrús) e amieiras

Libeliña, un dos insectos máis comúns nas beiras dos ríos Picaxuncos (Cisticola juncidis)

Libeliña, un dos insectos máis comúns nas beiras dos ríos Picaxuncos (Cisticola juncidis)

RÍO XUNCO Nace no Pico de Madriñán, entre a serra dos Cabaleiros e os

RÍO XUNCO Nace no Pico de Madriñán, entre a serra dos Cabaleiros e os montes de Buio en Rúa (Cervo) e desemboca na enseada da Ruela, no Cantábrico. O principal afluente é o Vileriño, pola esquerda. Unha ruta de sendeirismo percorre o río desde San Cibrao ata Sargadelos onde está o paseo dos Namorados. Presa de Sargadelos. As augas do Xunco empregáronse para alimentar os mecanismos das antigas fábricas de fundición e louza de Sargadelos. Canle pola que se abastecía a antiga fábrica de Sargadelos.

Desembocadura do Xunco

Desembocadura do Xunco

RÍO COVO Baixa desde o monte Pau da Vella (Serra do Buio) e discorre

RÍO COVO Baixa desde o monte Pau da Vella (Serra do Buio) e discorre facendo linde entre os concellos de Cervo e Xove ata case a desembocadura. Desauga na ría de Lieiro, ao pé de San Cibrao. As súas augas están encoradas para fornecer a factoría de Alúmina-aluminio de San Cibrao. Esteiro do Covo (Ría de Lieiro) en San Cibrao Ponte medieval en Lieiro

RÍO RIGUEIRA Nace nos montes de Buio e ten todo o seu percorrido polo

RÍO RIGUEIRA Nace nos montes de Buio e ten todo o seu percorrido polo concello de Xove. Desemboca na enseada da Cova. FERVENZA DO TURRILLÓN No lugar de Turrillón, na parroquia de Rigueira (Xove) nun dos afluentes do río Rigueira que ten un curto percorrido con moito desnivel no que abondan os rápidos e pequenas fervenzas. As fervenzas atópanse a carón da presa da captación de augas.

RÍO LANDRO Nace entre o cumio do Xistral e Coto Balsego. No comezo discorre

RÍO LANDRO Nace entre o cumio do Xistral e Coto Balsego. No comezo discorre sinuoso e encaixado cun forte desnivel case todo o seu percorrido ata remansarse nunha ampla chaira fluvial nas proximidades da ría de Viveiro, onde desemboca despois de 31 km. A súa cunca exténdese por terras de Muras, Ourol e Viveiro. Afluentes pola dereita: Besteburiz, As Balsadas, Boimente, Loureiro, Fontecova e Trasposta. Afluentes pola esquerda: Xanceda, Grandal, Bravos e Silvarrosa. O curso medio e baixo (ata Os Miñotos) está protexido dentro do LIC “Río Landro”. O Landro no Naseiro, onde se celebra unha grande romería por San Roque.

Minicentral en Chavín. O río Landro, nas proximidades de Chavín, sempre tivo un aproveitamento

Minicentral en Chavín. O río Landro, nas proximidades de Chavín, sempre tivo un aproveitamento enerxético importante, para mover a maquinaria dunha fábrica de coches, varios muíños e, máis tarde, para xerar enerxía eléctrica.

Pozo do Piago no esteiro do Landro

Pozo do Piago no esteiro do Landro

Aceña (muíño de marea) no esteiro do Landro

Aceña (muíño de marea) no esteiro do Landro

Ponte medieval de Viveiro, no esteiro do Landro

Ponte medieval de Viveiro, no esteiro do Landro

RÍO BRAVOS O principal afluente pola esquerda do Landro. Nace no Sixto (Ourol) ao

RÍO BRAVOS O principal afluente pola esquerda do Landro. Nace no Sixto (Ourol) ao pé da Gañidoira, atravesa o concello de Ourol de sur a norte e xúntase co Landro preto de Landrove. O río Bravos en Galdo

REGO DAS BALSADAS Nace no Pau da Vella e xúntase co Landro en Miñotos.

REGO DAS BALSADAS Nace no Pau da Vella e xúntase co Landro en Miñotos. REGO DE BESTEBURIZ Nace na serra do Xistral e xúntase co Landro en Miñotos. Rego das Balsadas en Santa Mariña Rego de Besteburiz en Miñotos.

FERVENZA DA XESTOSA No río da Xestosa, unha das cabeceiras do Landro entre as

FERVENZA DA XESTOSA No río da Xestosa, unha das cabeceiras do Landro entre as serras da Gañidoira e os montes do Rei. O río fai a primeira parte do seu percorrido polo concello de Muras e ao pouco de etrar no de Ourol cae nun desnivel de aproximadamente 20 m de altura. Atópase xusto debaixo da ponte da estrada vella de Ourol a Muras no linde do concello.

RÍO LOUREIRO Nace na Campela (Montes do Buio) e xúntase co Landro nos Chaos

RÍO LOUREIRO Nace na Campela (Montes do Buio) e xúntase co Landro nos Chaos (Viveiro). FERVENZA DO POZO DA FERIDA Na parroquia de Monte (Xove). O río cae nun desnivel de rochas graníticas duns 30 m de altura e forma unha poza circular rodeada de amieiros, salgueiros, carballos e fentos. Na estrada de Viveiro a Mondoñedo cóllese un desvío a Valcarría (nas proximidades de Chavín) e séguese en dirección á aldea de Monte. Pouco antes de chegar hai un desvío que vai á fervenza.

RÍO SOR As súas cabeceiras son o Xantos (que nace no Pico Montouto) e

RÍO SOR As súas cabeceiras son o Xantos (que nace no Pico Montouto) e o Tras da Serra co Batán e Solloso, que nacen no Alto de San Xoán. Desde o seu nacemento percorre en dirección S-N o linde dos concellos de Ourol e O Vivedo con Mañón, recolle as augas da Gañidoira e das serras da Faladoira e Coriscada. Corre bastante rápido e encaixado ata preto da desembocadura onde forma un amplo esteiro na ría do Barqueiro, despois de 49 km Afluentes pola dereita: Foxo, Toxoso, San Pantaleón, Porto, Riobarba e San Miguel. O Sor entre Ourol e Mañón

O Sor en Ambosores, entre Ourol e As Pontes de García Rodríguez

O Sor en Ambosores, entre Ourol e As Pontes de García Rodríguez

Fervenza na desembocadura do Rego de Muro Novo San Miguel de negradas (O Vicedo)

Fervenza na desembocadura do Rego de Muro Novo San Miguel de negradas (O Vicedo)

Ponte de Pordatranca Nas proximidades do monte da Ínsua hai instalada un sistema de

Ponte de Pordatranca Nas proximidades do monte da Ínsua hai instalada un sistema de cables para cruzar o río nunha cadeira que foi construído para servizo dos pescadores.

Esteiro do Sor coa illa de San Martiño, na que houbo un mosteiro de

Esteiro do Sor coa illa de San Martiño, na que houbo un mosteiro de monxas

COSTA A costa da Mariña Occidental vai desde o Cabo de Burela ata a

COSTA A costa da Mariña Occidental vai desde o Cabo de Burela ata a desembocadura do río Sor. Forma parte do tramo coñecido como Arco Cantábrico, chamado tamén Rías Altas, costa orientada ao norte, de Ribadeo ao Cabo Ortegal, á beira do mar Cantábrico. É unha zona moi exposta na que alternan cantís de diferentes alturas con rías e pequenos esteiros, illas e illotes. As praias aberta ao Cantábrico son de area fina procedente de rochas de gran miúdo.

As rías do Cantábrico caracterízanse por teren dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude

As rías do Cantábrico caracterízanse por teren dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude e menos de 15 m de profundidade) e forma de funil. Formáronse cando os ríos que discorren cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e posteriormente os vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos glaciares, variacións no nivel do mesmo. Estas rías atópanse nun estadio de colmatación bastante avanzado, aparecen recheas de area e lama, porque a forza do mar e a pouca capacidade dos ríos non fan posible a saída dos sedimentos cara a fora. Nesta comarca atópanse as rías de Viveiro e a parte leste da do Barqueiro Ría de Viveiro desde Fuciño do Porco

Xistos nos cantís do Cargadoiro. As rochas, ao seren atacadas polas ondas desgástanse e

Xistos nos cantís do Cargadoiro. As rochas, ao seren atacadas polas ondas desgástanse e rompen de forma diferente segundo a súa consistencia e orientación.

Os ecosistemas máis destacados son as marismas desembocaduras dos ríos, os areais e os

Os ecosistemas máis destacados son as marismas desembocaduras dos ríos, os areais e os cantís que acollen unha grande riqueza en flora e fauna. Nos illotes refúxianse as aves mariñas. Feos suxeitando as dunas da praia

Algas nunha poza de marea

Algas nunha poza de marea

Garzota (Egretta garcetta) Percebes e mexillóns soportan a forza do mar ben suxeitos ás

Garzota (Egretta garcetta) Percebes e mexillóns soportan a forza do mar ben suxeitos ás rochas dos cantís.

PRAIA DA RUETA, na desembocadura do río Xunco. Conta unha lenda que á enseada

PRAIA DA RUETA, na desembocadura do río Xunco. Conta unha lenda que á enseada do Coído, en San Cibrao, achégase cada sete anos a poñer os seus ovos unha serpe mariña xigante que mide arredor de trinta metros.

Restos dunha antiga factoría de salga e cantís da Barrosa en San Cibrao (concello

Restos dunha antiga factoría de salga e cantís da Barrosa en San Cibrao (concello de Cervo).

FARO DA ATALAIA, no cabo San Cibrao. A torre antiga foi construída en 1860

FARO DA ATALAIA, no cabo San Cibrao. A torre antiga foi construída en 1860 e a nova en 1979 (comezou a funcionar en 1983) polo aumento de tráfico marítimo debido á instalación da factoría de alúmina-aluminio.

Saída ao mar do río Covo na RÍA DE LIEIRO

Saída ao mar do río Covo na RÍA DE LIEIRO

PRAIA E VILA DE SAN CIBRAO. A parte antiga da poboación está asentada sobre

PRAIA E VILA DE SAN CIBRAO. A parte antiga da poboación está asentada sobre unha península unida á terra por un istmo areoso formado polas praias de San Cibrao e Cubelas.

PORTO DE SAN CIBRAO e factoría de alúmina-aluminio, inaugurada en 1980. A maior planta

PORTO DE SAN CIBRAO e factoría de alúmina-aluminio, inaugurada en 1980. A maior planta de Europa: ocupa máis de dous millóns de m 2 de superficie e produce 1. 300. 000 tn de alúmina e 200. 000 tn de aluminio primario.

OS FARALLÓNS, formado polas illas Baixa, Sombriza e Pé. A Maruxaina é unha serea

OS FARALLÓNS, formado polas illas Baixa, Sombriza e Pé. A Maruxaina é unha serea da Mariña de Lugo que atrae aos homes cos seus cantos e berros facendo que naufraguen nos Farallóns. Outra lenda conta que é unha serea ou Afogada (metade peixe, metade muller) que berra para avisar aos mariñeiros dun posible naufraxio. Vive nas covas dos Farallóns, debaixo do illote da Sombriza. En San Cibrao celébrase unha festa para conmemorar o día en que os mariñeiros prenderon e queimaron á Maruxaina.

PRAIA E PORTO DE MORÁS. En tempos houbo unha factoría baleeira

PRAIA E PORTO DE MORÁS. En tempos houbo unha factoría baleeira

PUNTA DE MORÁS E CANTÍS DA ENSEADA

PUNTA DE MORÁS E CANTÍS DA ENSEADA

ILLA SARÓN OU ANSARÓN E PUNTA DE ARXENTES desde a punta Roncadoira. Ao fondo

ILLA SARÓN OU ANSARÓN E PUNTA DE ARXENTES desde a punta Roncadoira. Ao fondo a punta de Morás e os Farallóns.

ENSEADA E PRAIA DE PORTOCELO

ENSEADA E PRAIA DE PORTOCELO

Vista desde a PUNTA RONCADOIRA cara á boca da Ría de Viveiro. A punta

Vista desde a PUNTA RONCADOIRA cara á boca da Ría de Viveiro. A punta Roncadoira é un espléndido miradoiro sobre a costa da Mariña.

RÍA DE VIVEIRO Ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case

RÍA DE VIVEIRO Ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Ábrese entre as puntas de Cameiro e da Mansa ou Saíñas, cun largor de 7 km e bastante profundidade. Na formación desta ría tivo unha grande influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e a dereita de granito de mica negra. No seu interior acolle as praias de Area, Celeiro e Esteiro, na marxe dereita; e Covas, Abrela, A Cuncha, Sacido, Teixoso e Area Grande, na esquerda. O fondo da ría (Marismas do Landro) forma parte do LIC “Río Landro”. Figura tamén como Punto de Interese Xeolóxico de Galiza e como Paisaxe Sobresaínte. Vista da Ría de Viveiro desde Monte Maior

PUNTA DA MANSA, límite leste da Ría de Viveiro

PUNTA DA MANSA, límite leste da Ría de Viveiro

ENSEADA E PRAIA DO ESTEIRO

ENSEADA E PRAIA DO ESTEIRO

Illa de Area, chamada tamén A Ínsua MONTE FARO Vista da boca da ría

Illa de Area, chamada tamén A Ínsua MONTE FARO Vista da boca da ría desde o Faro

PRAIA DE AREA desde o Monte Faro. Ten máis de 1 km de lonxitude.

PRAIA DE AREA desde o Monte Faro. Ten máis de 1 km de lonxitude. Na praia de Area hai unha lenda que fai referencia á cidade de Estabañón quedou asolagada por unha maldición.

Esteiro do Landro e Viveiro desde o monte San Roque

Esteiro do Landro e Viveiro desde o monte San Roque

Praia de Covas (Viveiro), de 1380 m de lonxitude

Praia de Covas (Viveiro), de 1380 m de lonxitude

ILLOTES DOS CASTELOS na praia de Covas. No pozo Piago, no medio do mar,

ILLOTES DOS CASTELOS na praia de Covas. No pozo Piago, no medio do mar, preto de Viveiro vive unha serpe mariña xigante que se deixa ver na mañán de San Xoán.

ILLOTES DOS CASTELOS e PRAIA DE SACIDO Área de lecer creada no antigo EMBARCADOIRO

ILLOTES DOS CASTELOS e PRAIA DE SACIDO Área de lecer creada no antigo EMBARCADOIRO DE MINERAL DA SILVAROSA, unhas minas de ferro pechadas.

PRAIA DA ABRELA (O Vicedo), de 560 m de lonxitude, e PUNTA DA ÍNSUA

PRAIA DA ABRELA (O Vicedo), de 560 m de lonxitude, e PUNTA DA ÍNSUA

PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO e ILLOTE GAVEIRA

PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO e ILLOTE GAVEIRA

PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO

PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO

ENSEADA DA PEREIRA E PUNTA LODELAS

ENSEADA DA PEREIRA E PUNTA LODELAS

PRAIA DE AREA GRANDE (San Román, O Vicedo). Mide case 1 km de lonxitude

PRAIA DE AREA GRANDE (San Román, O Vicedo). Mide case 1 km de lonxitude e conta cun importante sistema dunar que obstaculiza a saída ao mar do río Rendo.

PRAIA DE AREA GRANDE, Os Castelos e Punta Merceira

PRAIA DE AREA GRANDE, Os Castelos e Punta Merceira

OS CASTELOS

OS CASTELOS

PUNTA DO CAMEIRO, e ILLA COELLEIRA, no remate da ría do Barqueiro

PUNTA DO CAMEIRO, e ILLA COELLEIRA, no remate da ría do Barqueiro

Faro da Illa Coelleira (O Vicedo) construído en 1893 Altura: 7 m sobre o

Faro da Illa Coelleira (O Vicedo) construído en 1893 Altura: 7 m sobre o terreo e 89 m sobre o nivel do mar Alcance: 7 millas Esta pequena illa, hoxe importante colonia de aves acuáticas, tivo unha historia moi movida. No século XI nela refuxiáronse e foron exterminados os Templarios, e segundo conta a lenda só un conseguiu salvarse e cruzou a nado ata O Vicedo cunha imaxe de Santo Estevo.

RÍA DO BARQUEIRO Ábrese entre as puntas de Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos

RÍA DO BARQUEIRO Ábrese entre as puntas de Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos ben definidos, o esteiro do Sor, máis pechado e pouco influído polo mar (agás as mareas), con abundantes sedimentos quedan ao descuberto ao debalar o mar, e a parte que vai desde o porto de Barqueiro, ata a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras escarpadas, con cantís, máis altos entre O Vicedo e Punta Cabeiro (na parte oriental) e nas puntas Almeiro e do Santo. Destacan as praias de Arealonga, O Vicedo e Xilloi. As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e, no esteiro aparecen tamén cuarcitas, lousas e gneises. Na banda oriental da ría aparecen algúnhas bandas de ollo de sapo. Vista xeral da Ría do Barqueiro desde o Semáforo de Bares

PUNTA DO EMBARCADOIRO E ILLA COELLEIRA

PUNTA DO EMBARCADOIRO E ILLA COELLEIRA

PRAIA DE XILLOI E PUNTA CHILATEIRA

PRAIA DE XILLOI E PUNTA CHILATEIRA

FARO DE PUNTA DO CASTRO (O Vicedo)

FARO DE PUNTA DO CASTRO (O Vicedo)

PRAIA DO CAOLÍN (O Vicedo) e PUNTA CONGREIRA

PRAIA DO CAOLÍN (O Vicedo) e PUNTA CONGREIRA

PRAIAS DO CHAMADOIRO E AREALONGA na frecha do Sor na ría do Barqueiro

PRAIAS DO CHAMADOIRO E AREALONGA na frecha do Sor na ría do Barqueiro

PRAIA DE AREALONGA E PENA FURADA

PRAIA DE AREALONGA E PENA FURADA

A PENA FURADA no extremo da praia de Arealonga, unha cova en cuarcitas á

A PENA FURADA no extremo da praia de Arealonga, unha cova en cuarcitas á que se accde coa marea baixa

Desembocadura do Sor

Desembocadura do Sor

AS ÁRBORES As formacións arbóreas máis abundantes na zona costeira e nas partes baixas

AS ÁRBORES As formacións arbóreas máis abundantes na zona costeira e nas partes baixas dos montes son as plantacións de eucaliptos e piñeiros. Nas serras, nas áreas máis afastadas consérvanse algunhas manchas de bosque caducifolio no que predominan os carballos, xunto con bideuiros, capudres, pradairos, castiñeiros, pereiras bravas, acivros… Nas proximidades dos cursos de auga consérvanse árbores de ribeira (salgueiros, freixos, amieiras, lamagueiros. . . ). Fraga en Ambosores Fraga no Xistral

Eucalipto “O Avó”, na Retorta de Chavín. Unha das árbores máis altas de Europa

Eucalipto “O Avó”, na Retorta de Chavín. Unha das árbores máis altas de Europa con 70 m altura e 7, 55 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ESPECIES PROTEXIDAS DA XUNTA DE GALIZA Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa). A Misericordia (Viveiro). -23 m de altura e 8 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ESPECIES PROTEXIDAS DA XUNTA DE GALIZA

ESPAZOS PROTEXIDOS RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO Espazo de 363. 668, 9 ha

ESPAZOS PROTEXIDOS RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO Espazo de 363. 668, 9 ha repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo entre os que está o de Ourol. Foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002. A zona núcleo, a de maior nivel de protección, contén os escosistemas de maior valor ecolóxico. Nes comarca inclúe a Serra do Xistral. Un dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza e actividades humanas e o fomento de actividades de desenvolvemento sostible. Paisaxe de Ourol coa serra do Xistral ao fondo

LIC SERRA DO XISTRAL Espazo de 22. 964 ha que inclúe as Serras da

LIC SERRA DO XISTRAL Espazo de 22. 964 ha que inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza. Nesta comarca unha pequena parte do concello de Ourol, entre os regos de Besteburiz e As Balsadas. Ten un grande interese xeolóxico. Destacan as turbeiras e as fragas atlánticas. A fauna é moi rica e variada e conta coa presenza de varios endemismos mundiais como as bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphron xistralensis. Turbeira. Nestes ecosistemas húmidos atópanse numerosas especies vexetais e animais de grande interese ecolóxico: esfagnos, rorelas, pinguícolas, viola (Viola palustris), hipérico das brañas (Hypericum helodes), herba das brañas (Nardus stricta), xunca de algodón (Eriophorum angustifolium). . . Pinguicola grandiflora, unha planta carnívora que se alimenta dos insectos quedan apegados nas súas follas.

LIC MONTE MAIOR A protección inclúe 1. 247 ha nos concellos de Viveiro e

LIC MONTE MAIOR A protección inclúe 1. 247 ha nos concellos de Viveiro e Xove. Son montes redondeados de granitos de dúas micas con algúns xistos o que da lugar a unha paisaxe onde alternan os bolos e penedos, resultado da erosión dos granitos, coas rochas fendidas con aspecto de ruína, típicas da erosión dos xistos. O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras. Nas partes altas hai pasteiros, monte baixo e repoboacións de piñeiro bravo. Quedan algúns pequenos bosques de carballos e bidueiros. Nos montes hai gando en libertade (cabalos e vacas).

LIC RÍO LANDRO Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Landro,

LIC RÍO LANDRO Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Landro, desde Ourol ata Viveiro e o seu afluente Bravos; 127 ha pertencentes aos concellos de Ourol e Viveiro. Os ecosistemas máis interesentas son os bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, carballos, pradairos. . . e unha rica flora no soutobosque formada por fentos, brións, silvas, herba salgueira. Destaca a área de bosque chamada o Val do Naseiro e unha área plantada de eucalitos na zona de Chavín. Nas súas augas podemos atopar salmóns e nas beiras e no esteiro aves acuáticas como garzas, somorgullos, corvos mariños, gaivotas, merlos rieiros. . .

LIC COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL Espazo de 491 ha nos concellos de Cervo, O

LIC COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL Espazo de 491 ha nos concellos de Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove. Inclúe as illas Farallóns de Cervo e a costa desde a Enseda, en Morás, ata a frecha do río Sor, na ría do Barqueiro e os illotes fronte a ela. Exclúe os espazos urbáns. É unha costa moi variada con cantis abruptos, enseadas, esteiros, praias, illas e rías. O espazo tén un grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico. Podense atopar ecosistemas mariños areosos e rochosos, cantís, dunas e esteiros cunha gran diversidade de flora e fauna. Punta do Campanario

ZEPA: COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL 2. 169 ha, unha estreita faixa costeira entre a

ZEPA: COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL 2. 169 ha, unha estreita faixa costeira entre a ría do Barqueiro e Xove (concellos de Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove) e a área mariña limítrofe. O máis destacado deste espazo son as aves mariñas. Os illotes acollen importantes colonias de aves nidificantes, ás que hai que engadir un grande número de especies nas épocas de paso (carráns, mascatos, corvos mariños. . . ) Carrán

SOUTO DA RETORTA DE CHAVÍN É unha plantación de eucaliptos (3, 2 ha) situada

SOUTO DA RETORTA DE CHAVÍN É unha plantación de eucaliptos (3, 2 ha) situada na marxe dereita do río Landro en Chavín. Os case 600 eucaliptos foron plantados a partir de 1860 como protección contra as avenidas do río. Algúns acadan tamaños espectaculares. O Avó é a árbore máis alta de Galiza. O eucalipto é unha árbore de folla perenne orixinaria de Australia que se atopa polas partes baixas de Galicia, sobre todo pola costa, formando bosques de plantación. É unha árbore de crecemento moi rápido que pode acadar unha gran altura (en Australia hainos de 100 m) e que ten un cheiro moi característico.

LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO (LIG) 2001. Ría de Viveiro Interese: Xeomorfolóxico. Estratigráfico. Tectónico. Mineiro-metaloxenético.

LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO (LIG) 2001. Ría de Viveiro Interese: Xeomorfolóxico. Estratigráfico. Tectónico. Mineiro-metaloxenético. Petrolóxicoxeoquímico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiros e litorais. A ría de Viveiro ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Na formación desta ría tivo unha grande influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e a dereita de granito de mica negra. Punta Fuciño do Porco

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta febreiro 2017

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta febreiro 2017