Uxo Novoneyra Poemas da natureza Paisaxes do Courel

  • Slides: 97
Download presentation
Uxío Novoneyra Poemas da natureza Paisaxes do Courel (OS EIDOS 1 e 2)

Uxío Novoneyra Poemas da natureza Paisaxes do Courel (OS EIDOS 1 e 2)

As verbas diste libro son verdade nas terras outas e solas do Courel. Nelas

As verbas diste libro son verdade nas terras outas e solas do Courel. Nelas pra non mancar as cousas sólo as nombro ou déixoas ir dun movimento seu acostumbrado e natural. OS EIDOS 1

TERRAS outas e solas! Serras longas e mouras! Eu son esta coor de soidá.

TERRAS outas e solas! Serras longas e mouras! Eu son esta coor de soidá. Ancares soñados co lonxe! Penas do Marco de Medio Mundo en ringleira do Candedo ás Moás! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía - Páxaro tesos cumes do Courel! Pobos probes ardidos de tristura mouros de queimados! Lor ruxindo polo val pecho! Ucedo e ucedo! Fontiñas outas penedos carrozos escuros fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras que sólo vistes tesos i estes vales! Aturula a curuxa e canta o cuco medindo o tempo quedo que se para no cor e tornándose contra ún ven cravarse no sitio onde máis se sinte.

O COUREL

O COUREL

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home. . .

GRAN boi deitado serra do sol onde eu son ca uz i o carpanzo!

GRAN boi deitado serra do sol onde eu son ca uz i o carpanzo! Ucedo pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!

SERRA DO COUREL: VISTA OESTE

SERRA DO COUREL: VISTA OESTE

NEVA no bico do cume neva xa pola ladeira neva no teito e na

NEVA no bico do cume neva xa pola ladeira neva no teito e na eira. . . . Eu a ollar pro lume i o lume a ollarme. O lume sin queimarme fai de min fume.

BICO DO CUME: punta da parte alta da montaña.

BICO DO CUME: punta da parte alta da montaña.

OUTOS vales soutos e bouzas! Hora en que todo é unha sola cousa!

OUTOS vales soutos e bouzas! Hora en que todo é unha sola cousa!

VAL DE VISUÑA

VAL DE VISUÑA

VAL DA SEARA

VAL DA SEARA

PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas

PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!

CABORCO: sitio fondo e pecho. Val estreito con moito desnivel.

CABORCO: sitio fondo e pecho. Val estreito con moito desnivel.

VALIÑA: pequeno val dun regueiro.

VALIÑA: pequeno val dun regueiro.

FOLLA presa das rebolas! Inverno das bouzas! / SOUTO dos corvos! Pestanas d’argana! Garolos

FOLLA presa das rebolas! Inverno das bouzas! / SOUTO dos corvos! Pestanas d’argana! Garolos do mofo! Tearaña das canas! / UCEDO pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!

TESO: monte alto.

TESO: monte alto.

TARAS altas campas onde o sol non pasa esvece na hora alta! / MONTES

TARAS altas campas onde o sol non pasa esvece na hora alta! / MONTES do Leste ó sol que esvece! Mofo que eu ollo no souto solo cando ún quere a cousa máis lene!

TARAS: rochedos, penedías.

TARAS: rochedos, penedías.

VAI polo monte o camiño outeando como un louco polos caborcos do val ia

VAI polo monte o camiño outeando como un louco polos caborcos do val ia as poxas do taramouco. Cruza solo a serra toda sin levar outra compaña que a gran presencia do ceo sobre o silencio da braña. Eu non sei pra onde vai méntral’o quedo mirando. Sólo sein que eilí se compre o soño que estoun soñando. .

CARQUEIXAS uces e penas! Camiños da serra aberta pra lonxes terras de serras!

CARQUEIXAS uces e penas! Camiños da serra aberta pra lonxes terras de serras!

TARAMOUCO: monte rochoso.

TARAMOUCO: monte rochoso.

POXAS: sitios para poñer os pés para subir aos altos.

POXAS: sitios para poñer os pés para subir aos altos.

O ceo o ucedo os penedos co cello do Inverno.

O ceo o ucedo os penedos co cello do Inverno.

PENEDOS: rochas grandes que emerxen á superficie.

PENEDOS: rochas grandes que emerxen á superficie.

PENAS da Garamela que eu ollo da cama nas mañáns caladas cando a raia

PENAS da Garamela que eu ollo da cama nas mañáns caladas cando a raia do sol chega ó Penedo Furado e derrétese o pano dos cristales xeados!

PENAS: rochas grandes unidas ao terreo de xeito natural.

PENAS: rochas grandes unidas ao terreo de xeito natural.

QUE é a coor do ucedo? (Van os tesos pro Inverno). É a serra

QUE é a coor do ucedo? (Van os tesos pro Inverno). É a serra que ó ceo se enleva? É o ceo que baixa? É a nebra ou a brétema da ollada? . . .

UCEDO: monte cuberto de uces.

UCEDO: monte cuberto de uces.

XEA Fai un frío queima. Pouco a pouco érguese a terra en trempos. O

XEA Fai un frío queima. Pouco a pouco érguese a terra en trempos. O tourón os trousos os carambelos! Cruza un lobo. . Roxe a folla nos carreiros aló no fondo dos cousos.

COUSO: foxa, depresión súpeta de terra, xanzas pra cazar lobos.

COUSO: foxa, depresión súpeta de terra, xanzas pra cazar lobos.

ANDA o vento ceibe polos eidos con tódalas áas soltas empreña os castiñeiros ripa

ANDA o vento ceibe polos eidos con tódalas áas soltas empreña os castiñeiros ripa as lousas dos teitos i escachafoula nas portas. . .

EIDOS: terreos de labor

EIDOS: terreos de labor

ESTÁ o aire enfexo n’algo que eu non vexo. Os paxaros os prados os

ESTÁ o aire enfexo n’algo que eu non vexo. Os paxaros os prados os eidos calados. . .

PRADOS de Fontenla qué erbiña vos cobre máis marela qué primavera máis pobre! Zumega

PRADOS de Fontenla qué erbiña vos cobre máis marela qué primavera máis pobre! Zumega que zumega a fonte do monte na bouza cega. . .

PRADOS NA SEARA

PRADOS NA SEARA

DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa! As bouzas verdes fóronse pondo

DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa! As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas as bouzas roxas pardecen cas choivas. O vento solo no souto do outono.

BOUZA: terreo inculto cuberto de mato

BOUZA: terreo inculto cuberto de mato

CHOVE nas veigas sin que se oia. Unha tras outra cain as follas dando

CHOVE nas veigas sin que se oia. Unha tras outra cain as follas dando voltas. Ollando a serra calada ún agarda unha cousa queda e lonxana.

VEIGAS: terreos á beira dun río, fincas de labor.

VEIGAS: terreos á beira dun río, fincas de labor.

NACEN as tollemerendas polos campazos i os chaos na Cemba da Remesqueda no Souto

NACEN as tollemerendas polos campazos i os chaos na Cemba da Remesqueda no Souto de San Romao. Cai a choiva que dá sono no quedo serán dos prados i eu cravo enviso os meus ollos sin ver o que estoun ollando. . .

CAMPAZO: lugar do monte onde medra a herba espontaneamente.

CAMPAZO: lugar do monte onde medra a herba espontaneamente.

VEO o tempo morno do Outono Os días son tardes longas O aire é

VEO o tempo morno do Outono Os días son tardes longas O aire é unha cousa. . . Todo ten ise xeito: os tesos os camiños que se van no serán do val os soutos alumados d’ouro eu quedo ollando ó mofo. . .

SOUTO: plantación de castiñeiros.

SOUTO: plantación de castiñeiros.

PRIMACHORROS brancos panqueixo e amarguexos! Argana polos barrancos! Folla podre nos reprexos! Alguén está

PRIMACHORROS brancos panqueixo e amarguexos! Argana polos barrancos! Folla podre nos reprexos! Alguén está niste aire da mañá. Cotolovíos ouriolos tordos merleaos! Paxaros e paxariños polos ríos polo souto e polos chaos e bandadas de estorniños polas labradas.

REPREXOS: presas nos soutos encostos para reter as castañas.

REPREXOS: presas nos soutos encostos para reter as castañas.

CHOVE maina e calada. Veinse os fíus da auga contra as bandas penas. .

CHOVE maina e calada. Veinse os fíus da auga contra as bandas penas. . . En soutos e devesas as pingoadas esbaran e baixan petando de folla en folla. Por veces co vento a ruxidoira medra i esvece en ondas que ún alonga. . .

DEVESA: bosques nas ladeiras sombrizas.

DEVESA: bosques nas ladeiras sombrizas.

FRAGAS iradas da Paleira! Taras de cabras e ovellas de entre o Serro i

FRAGAS iradas da Paleira! Taras de cabras e ovellas de entre o Serro i a Devesa! Terra costa fraca i érmeda!

FRAGA: bosque mixto atlántico

FRAGA: bosque mixto atlántico

PACEN as vacas na nabarega. Treme a pequena que vai co’elas. Febreiro chove febreiro

PACEN as vacas na nabarega. Treme a pequena que vai co’elas. Febreiro chove febreiro xea febreiro neva neve lixeira. . .

NABAREGA: nabal. Tempo de pacer os nabos.

NABAREGA: nabal. Tempo de pacer os nabos.

MORA o lobo no Fedo na Lamelalonga nos prados do Noval su a comba

MORA o lobo no Fedo na Lamelalonga nos prados do Noval su a comba da pena na Poxa da Lomba nos eidos máis pechos e calados onde ninguén o oxa. Neva no Chao do Toxedo e nos Carboeiros. Andan os lobos xagueiros polas virtas do xestedo. . .

COMBA: val que se vai elevando entre montañas.

COMBA: val que se vai elevando entre montañas.

VIRTAS: parcelas de monte, searas.

VIRTAS: parcelas de monte, searas.

XESTEDO: monte ou terreo con xestas.

XESTEDO: monte ou terreo con xestas.

TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos por Fonte Preta arriba! Pasa o

TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas escazurrado ouveando polas penas. . . Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido! Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos. Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia! Xeadas brancas e negras! Castiñeiros do Estreito! Prados da Veiga do Couso! Hortigois charouveas meldrascos cardios i acedas!

ABESEDA: banda do monte que mira ao norte.

ABESEDA: banda do monte que mira ao norte.

TROUSOS: restos de neve quedan nos tesos.

TROUSOS: restos de neve quedan nos tesos.

DOBRAN as campás da neve. A alma de seu gardada tornouse inda máis calada

DOBRAN as campás da neve. A alma de seu gardada tornouse inda máis calada e nin pode nin se astreve. Falopiña a falopiña vai branquexando a cortiña. Cada miniña seu sono cada copo sua flairiña.

CORTIÑA: terreo cultivado e pechado.

CORTIÑA: terreo cultivado e pechado.

AGROS restrellas bouzas taros das penas ucedos da serra pecha cando pasan as nebras

AGROS restrellas bouzas taros das penas ucedos da serra pecha cando pasan as nebras i o inverno negrea! / EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.

AGROS: terreos cultivados. RESTRELLAS: monte onde se colleu o centeo.

AGROS: terreos cultivados. RESTRELLAS: monte onde se colleu o centeo.

TRONOU ventou e choveo. Bicouse a terra co ceo. A noite que onte caiu

TRONOU ventou e choveo. Bicouse a terra co ceo. A noite que onte caiu sólo foi pra quen a oíu. Ameteu o río ameteron as fontes i os fontegallos dos montes. Naz a auga a goforón. Regan os prados a cachón. .

RÍO LOR.

RÍO LOR.

Prados do río! Pincheiras a cachón i a fío! Niste pao sentado cando viña

Prados do río! Pincheiras a cachón i a fío! Niste pao sentado cando viña de nino co gado facía cintos de xunco trenzado.

PINCHEIRAS: fervenzas

PINCHEIRAS: fervenzas

BOUZAS do monte! Carrozas fondas! Taras iradas! Pincheiras outas!

BOUZAS do monte! Carrozas fondas! Taras iradas! Pincheiras outas!

PINCHEIRA DO CAROCEIRO

PINCHEIRA DO CAROCEIRO

O ruxir do carrozo o ceo do fondo do pozo. Todo sabe e deixa

O ruxir do carrozo o ceo do fondo do pozo. Todo sabe e deixa ver que vai chover. Eu sein o que oio no souto soio e non sein o que sein.

CARROZO: regueiro de moito desnivel, encaixado.

CARROZO: regueiro de moito desnivel, encaixado.

REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial. Corre o vento na erba de gadañar. Canta

REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial. Corre o vento na erba de gadañar. Canta a cousa que non canta a chicharra na erba canta a erba na gadaña. / ABANICA a labrandeira no beirón da presa. A auga non pasa. Corre brilla espella. / CHAMA a sombra. Xa non se óin os chíos dos paxariños tan d’acotío sonan.

LAVANDEIRA NO BEIRÓN DA PRESA

LAVANDEIRA NO BEIRÓN DA PRESA

CEMBAS d’arandeiras! Argana da Pena Branca baixo das matas d’abraira entr’as pestanas da pena!

CEMBAS d’arandeiras! Argana da Pena Branca baixo das matas d’abraira entr’as pestanas da pena! Ven dos castiñeiros un ventiño pequeno abalala. . .

CEMBA: mallón, beira elevada do camiño con vexetación.

CEMBA: mallón, beira elevada do camiño con vexetación.

PESTANAS DA PENA: saíntes das penas, zonas de abrigo.

PESTANAS DA PENA: saíntes das penas, zonas de abrigo.

ZOA o vento e relumbra polas uces. Sai o sol e súmese nas nebras.

ZOA o vento e relumbra polas uces. Sai o sol e súmese nas nebras. Polos montes baixan e ruben sombras longas esgadas e negras. . . / PASAN as nebras porriba da braña e polo monte o sol a manchas. Eu debruzado na presa enviso nela. Pasan as nebras por baixo da auga. . .

BRAÑA: terreo enchoupado no que pace o gando no verán.

BRAÑA: terreo enchoupado no que pace o gando no verán.

PRADO do Val d’Asnela! Abrairas da orela! Bidueiras novas! Restras d’edra polos freixos! Covas

PRADO do Val d’Asnela! Abrairas da orela! Bidueiras novas! Restras d’edra polos freixos! Covas dos carambelos de pedra!

COVA DE SANTALLA.

COVA DE SANTALLA.

OLLO o ceo mouro cun medo antergo. Torna a abella ó trobo a anduriña

OLLO o ceo mouro cun medo antergo. Torna a abella ó trobo a anduriña cingue o voo. Van a nebras do trono nun son agoreiro.

TERRAS érmedas do Freixeiro! Montes irados! Pobos pobres que se foron quedando nos ósos!

TERRAS érmedas do Freixeiro! Montes irados! Pobos pobres que se foron quedando nos ósos!

OUTEIRO

OUTEIRO

BARBAÑA barbaña. . . Qué noite de lobos! Oulan os cais nas airas. Anda

BARBAÑA barbaña. . . Qué noite de lobos! Oulan os cais nas airas. Anda a nebra baixa polos caborcos do souto e polas bouzas da braña.

AIRA: eira. Espazo acondicionado para facer labores agrícolas (malla…)

AIRA: eira. Espazo acondicionado para facer labores agrícolas (malla…)

A CASA DE PARADA A casa de pedra e cal vella. -solaina e ventanas

A CASA DE PARADA A casa de pedra e cal vella. -solaina e ventanas pra serrafeita fai cen anos á miña maneira.

HEIN d’ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro deitarme na Campa da

HEIN d’ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro deitarme na Campa da Lucenza nun claro. Hein d’ir á Devesa da Rogueira ia a Donís ó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís. Hein d’ir a Lousada i a Pacios do Señor a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor. Hein d’ir ó Cebreiro pasar por Liñares rubir ó Iribio a Cervantes i a Ancares Hein d’ir a Cido i a Castro de Brío baixar i andar pola aurela do río. Hein d’ir a Céramo cruzal’o Faro i entón debrocar pra baixo cara Oéncia e León. Hein d’ir a Vales i a Pena da Airexa i a un eido solo onde ninguén me vexa.

VISTA DESDE PÍA PAXARO

VISTA DESDE PÍA PAXARO

FARO

FARO

LAGOA DE LUCENZA

LAGOA DE LUCENZA

DEVESA DE ROGUEIRA E PARADA

DEVESA DE ROGUEIRA E PARADA

SANTALLA

SANTALLA

MONTE CIDO

MONTE CIDO

CÉRAMO

CÉRAMO

Poemas de Uxío Novoneyra Fotos de Adela Leiro marzo 2010

Poemas de Uxío Novoneyra Fotos de Adela Leiro marzo 2010