TERRA DE SONEIRA A NATUREZA A Terra de

  • Slides: 118
Download presentation
TERRA DE SONEIRA A NATUREZA

TERRA DE SONEIRA A NATUREZA

A Terra de Soneira ten unha gran diversidade paisaxística: costa exposta e recortada (costa

A Terra de Soneira ten unha gran diversidade paisaxística: costa exposta e recortada (costa da Morte) costa protexida (Ría de Camariñas) vales fluviais (Val de Soneira -cunca do río Grande-, curso alto do río Castro e encoro da Fervenza no Xallas) e pequenas serras( Serra da Pena Forcada, serra de Santiago, Faro da Fontefría, estribacións de Buxantes e montes de Santa Bárbara ) que sen chegar aos cincocentos m de altura ondulan a paisaxe, enriquécenna e súrtena, segundo a súa estrutura e composición, de atractivas formas. Cabo Vilán

SUPERFICIE: de 372 km 2 POBOACIÓN: 18. 241 (2014) habitantes CONCELLOS: Camariñas, Vimianzo e

SUPERFICIE: de 372 km 2 POBOACIÓN: 18. 241 (2014) habitantes CONCELLOS: Camariñas, Vimianzo e Zas. ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Costa da Morte” e PAISAXE PROTEXIDA “Penedos de Pasarela e Traba”

CLIMA Oceánico, máis suave na costa que no interior, e con precipitacións abondosas.

CLIMA Oceánico, máis suave na costa que no interior, e con precipitacións abondosas.

ACTIVIDADES As principais son a agro-gandeira e a pesca, a minería e un sector

ACTIVIDADES As principais son a agro-gandeira e a pesca, a minería e un sector servizos e turístico que medran cada vez máis. Hai unha importante actividade de elaboración de encaixes, no que destacan as palilleiras de Camariñas. En Camariñas e na comarca hai máis de 2. 000 mulleres dedicadas á elaboración de encaixes. Esta actividade artesanal importada dos Países Baixos no século XVI, hoxe é unha importante fonte de recursos e atractivo desta zona. Palilleiras no castelo de Vimianzo

Porto de Camariñas

Porto de Camariñas

PATRIMONIO É unha comarca cun rico patrimonio de todas as épocas: castros, mámoas e

PATRIMONIO É unha comarca cun rico patrimonio de todas as épocas: castros, mámoas e dolmes, igrexas, pazos, castelos. . . e importantes representación de elementos etnográficos (casas, muíños, batáns. . . ). Vimianzo: hórreo e Torres do Cereixo

Hórreo en Vimianzo Hórreo en Carreira Hórreos nas Torres do Allo (Zas)

Hórreo en Vimianzo Hórreo en Carreira Hórreos nas Torres do Allo (Zas)

OS DOLMES Son construcións funerarias que aparecían cubertas de terra formando un túmulo ou

OS DOLMES Son construcións funerarias que aparecían cubertas de terra formando un túmulo ou mámoa. Moitos deles están aínda sen excavar e permanecen soterrados e outros foron destruídos ao facer diferentes obras, por descoñecemento ou desinterés. A maioría foron construídos do 3500 ao 3000 a. C e están formados por unha cámara poligonal e un corredor. Na comarca podemos visitar: A Mina, en Carantoña (Vimianzo) Pedra Cuberta en Treos (Vimianzo) Pedra da Moura e Pedra da Lebre en Serramo (Vimianzo) Casota de Freáns en Berdoias (Vimianzo) Arca da Piosa en Muíño (Zas) Arca da Piosa, na parroquia de Muíño (Zas). É unha das antas máis grandes de Galiza. Dolme de Pedra Cuberta en Treos (Vimianzo). Foi estudado polo arqueólogo alemán G. Leisner en 1934 que atopou pinturas no seu interior.

O Concello de Vimianzo ten editado un folleto e sinalizada unha Ruta dos Dolmes

O Concello de Vimianzo ten editado un folleto e sinalizada unha Ruta dos Dolmes que ten unha duración aproximada de 2, 5 horas. Comeza en Bamiro e remata en Berdoias. Permite ver os dolmes de Pedra Cuberta en Treos, Pedra da Moura e Pedra da Lebre en Serramo, A Arca da Piosa en Muíño (Zas), a Pedra da Arca nas proximidades de Baíñas (no linde con Dumbría) e a Casota de Freáns en Berdoias. Pedra Moura en Serramo (Vimianzo) Pedra da Lebre en Serramo (Vimianzo)

Capela de Virxe do Monte (Camariñas)

Capela de Virxe do Monte (Camariñas)

Igrexa de Xaviña (Camariñas)

Igrexa de Xaviña (Camariñas)

Igrexa de Santiago de Cereixo (Vimianzo) Tímpano de coa respresentación do traslado do Apóstolo

Igrexa de Santiago de Cereixo (Vimianzo) Tímpano de coa respresentación do traslado do Apóstolo

Igrexa de Santo Antoíño de Baíñas (Vimianzo)

Igrexa de Santo Antoíño de Baíñas (Vimianzo)

Igrexa e sartegos en Tines (Vimianzo)

Igrexa e sartegos en Tines (Vimianzo)

Igrexa de Treos (Vimianzo)

Igrexa de Treos (Vimianzo)

Capela de San Roque nos montes da Meda en Mira (Zas)

Capela de San Roque nos montes da Meda en Mira (Zas)

Castelo de Vimianzo

Castelo de Vimianzo

Torres do Cereixo

Torres do Cereixo

Cruceiro no cimeterio de Tines (Vimianzo)

Cruceiro no cimeterio de Tines (Vimianzo)

O LIÑO O cultivo do liño e todo o proceso artesanal de transformación e

O LIÑO O cultivo do liño e todo o proceso artesanal de transformación e elaboración de tecidos e prendas de vestir tivo unha grande importancia noutros tempos na comarca Terras de Soneira. A mediados do século XVIII aparece citado como cultivo xeralizado en todas as parroquias xunto co trigo, millo e hortalizas. A actividade foi decaendo por diversas causas (competencia doutras zonas, suba de aranceis para importar liño de fora, introdución doutros tecidos máis económicos como o algodón. . ) e practicamente desapareceu ata que en 1992 a asociación O Santiaguiño, de Carreira (Zas) recuperou a tradición do seu cultivo e da elaboración de tecidos. Na actualidade dúas asociacións (O Santiaguiño de Carreira e Amigos do Liño de Vimianzo) traballan na recuperación do oficio e na divulgación da cultura relacionada co liño. Só se cultiva en algunhas parcelas da parroquia de Carreira e en Baio celebran o Albaroque das Fías, festa que recolle a tradición da entrega de mazarocas de liño por parte das fiadoras. Durante todo o ano podemos visitar, no castelo de Vimianzo, unha sala onde as tecedeiras elaboran panos de liño e expoñen pezas feitas con eles. Pódense mercar directamente ou encargalas a medida. Plantación de liño. Foto Cedida pola Asociación de Amigos do Liño

CONCELLOS CAMARIÑAS O territorio está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha

CONCELLOS CAMARIÑAS O territorio está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. O relevo está marcado pola serra da Pena Forcada con cumes de pouca altura (menos de 250 m) que ao caeren directamente ao mar confírenlle á costa un perfil recortado e agreste e cara ao sur descende suavemente e acolle amplas zonas arboradas e as áreas cultivables. SUPERFICIE: 52 km 2 POBOACIÓN: 5. 774 habitantes (2014) PARROQUIAS: Camariñas, Camelle, Ponte do Porto e Xaviña. Vista do porto e vila de Camariñas

baixura. Destaca tamén a elaboración de encaixes. É un concello cun importante patrimonio natural,

baixura. Destaca tamén a elaboración de encaixes. É un concello cun importante patrimonio natural, protexido no LIC Costa da Morte, e cutural: igrexas, castelos, Santa Mariña Palilleira en Arou (imaxe de 1979) Na vila de Camariñas hai un museo do encaixe e obradoiros para formar ás mozas.

VIMIANZO O territorio ocupa, na súa maior parte, o núcleo do Val de Soneira

VIMIANZO O territorio ocupa, na súa maior parte, o núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande- chegando ao mar polo norte nun único punto, a caída ao mar da Pena da Águia de 166 m, e outro pequeno tramo do interior da Ría de Camariñas e polo sur ata o encoro da Fervenza, no río Xallas. O relevo presenta as maiores alturas no sur onde está a serra de Santiago e as estribacións da serra de Buxantes e desde alí vai perdendo altura cara ao río Grande por onde baixan as augas dos afluentes Castro, Vimianzo, Mouzo e Carnés. SUPERFICIE: 187 km 2 POBOACIÓN: 7. 565 habitantes (2015) PARROQUIAS: Baíñas, Bamiro, Berdoias, Calo, Cambeda, Carantoña, Carnés, Castrelo, Cereixo, Salto, Serramo, Tines, Treo e Vimianzo. Vista do val de Vimianzo desde o monte de San Bartolo

As principais actividades económicas son a gandaría e a produción forestal. Tamén é de

As principais actividades económicas son a gandaría e a produción forestal. Tamén é de ter en conta a actividade mineira de extracción de caolín. O concello de Vimianzo é rico en restos arqueolóxicos e monumentos de todas as épocas: dolmes, castelos, igrexas, torres, pazos, pontes. . . Conserva un rico patrimonio natural no LIC “Costa da Morte” e ne PAISAXE PROTEXIDA “Penedos de Pasarela e Traba”. O castelo de Vimianzo acolle a oficina de información turística e obradoiros artesáns dos diferentes oficios da comarca: cerámica, canteiría, tecido, maquetismo, palilleiras. . .

ZAS Ocupa o leste da comarca. O territorio ten as maiores alturas polo sur,

ZAS Ocupa o leste da comarca. O territorio ten as maiores alturas polo sur, onde os montes da Piosa fan de divisoria das augas que van ao Xallas e as que van ao río Grande, e polo leste a Serra de Soneira, onde o monte Meda (560 m) marca a máxima altitude. O resto do territorio inclínase cara ao norte e ao oeste por onde corren os ríos de Baio, de Zas- que recolle as augas do Meanos, o Mira e o Sisto- e de Vilar, principais fluentes do río Grande. SUPERFICIE: 133 km 2 POBOACIÓN: 4. 902 habitantes (2014). PARROQUIAS: O Allo, Baio, Brandomil, Brandoñas, Carreira, Castro, Gándara, Lamas, Loroño, Meanos, Mira, Muíño, Pazos, Roma, Vilar e Zas. Vista de Zas desde o monte de San Roque

artístico máis importante está representado polas Torres do Allo e varios dolmes e igrexas.

artístico máis importante está representado polas Torres do Allo e varios dolmes e igrexas. Os espazos naturais de maior interese están asociados ao río Grande. Torres do Allo, do século XVI. Acollen unha exposición sobre a vida no castelo e un centro de interpretación turística, para coñecer o concello de Zas e a Costa da Morte en xeral.

RELEVO O territorio da Terra de Soneira é unha zona de transición entre os

RELEVO O territorio da Terra de Soneira é unha zona de transición entre os cantís da costa da morte e as chairas interiores da Coruña. Distínguense tres zonas diferenciadas. Na metade sur o releve é irregular, con montes que non acadan os 500 m (Faro de Vimianzo, Serra de Santiago, montes de Pedrido e Matanza e estribacións do macizo de Buxantes, A Piosa e serra de Soneira (que ten o punto máis alto da comarca no Pico de Meda, con 560 m. A metade norte está ocupada polo val do río Grande limitado por pequenas lombas que marcan a divisoria comarca de Bergantiños; e, na costa, a Serra da Pena Forcada. Cume do Chan da Lagoa, no límite con Dumbría. Ao fondo a explotación de caolín de Vimianzo.

Penedos de Pasarela, Val de Vimianzo e monte Faro ao fondo.

Penedos de Pasarela, Val de Vimianzo e monte Faro ao fondo.

As rochas dominantes son os granitos que dan lugar a formas acasteladas e bolos,

As rochas dominantes son os granitos que dan lugar a formas acasteladas e bolos, e algunhas bandas de xistos. Granitos en Pasarela

As partes altas están cubertas de mato onde dominan o toxo e os breixos.

As partes altas están cubertas de mato onde dominan o toxo e os breixos. Nas abas dominan as plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Só nalgunhas pequenas áreas se conservan carballeiras autóctonas. Breixo Inflorescencias masculinas nun salgueiro enano (Salix repens). Unha árbore que non pasa de 1 m de altura que se atopa en áreas costeiras húmidas, como nalgúns puntos da serra da Pena Forcada onde se acumula a auga.

A fauna máis representativa son as especies de espazos abertos: aves, insectos, lagartos. .

A fauna máis representativa son as especies de espazos abertos: aves, insectos, lagartos. . . Saltón verde (Tettigonia viridissima) Laverca (Alauda arvensis)

SERRA DE PENA FORCADA É unha serra de pequenas alturas que se estende paralela

SERRA DE PENA FORCADA É unha serra de pequenas alturas que se estende paralela á costa, con direción E-O, desde as proximidades de Laxe ata a Punta do Boi. Nunha grande parte está formada por granito vermello con curiosas formacións de penedos, bolos, e pías. O punto máis alto nesta comarca é o Cotón do Cabrón, con 260 m. Toda a serra ten un enorme interese xeolóxico e paisaxístico e numerosos lugares interesantes: Penedos de Traba e Pasarela, Arou, Santa Mariña, Pena Maior, Petón da Santiña, Monte Corveiro. . . Accedese desde a estrada de Vimianzo a Camariñas e a Laxe, ou pola que percorre a costa entre Cabo Vilán e Camelle. Penedos na caída ao mar da serra da Pena Forcada, entre Camelle e Santa Mariña

Serra da Pena Forcada vista desde o alto do Faro de Vimianzo

Serra da Pena Forcada vista desde o alto do Faro de Vimianzo

PENEDOS DE PASARELA E TRABA No extremo oriental da serra da Pena Forcada, entre

PENEDOS DE PASARELA E TRABA No extremo oriental da serra da Pena Forcada, entre os concellos de Vimianzo e Laxe a erosión deixou ao descuberto grandes penedos, bolos, formas acasteladas e e penas do equilibrio que, en moitos casos forman curiosas figuras aos que a xente do lugar lles ten posto nome: Pedra da Barca, A Cachucha, a Pedra da Man. . . Accedese desde Pasarela, no lugar do Penedo, por unha pista de terra que pasa preto dunha canteira abandoada. Vista xeral dos Penedos de Pasarela

Penedos de Pasarela

Penedos de Pasarela

Monte Corveiro, na costa entre Cabo Vilán e Camelle. Esta zona está moi castigada

Monte Corveiro, na costa entre Cabo Vilán e Camelle. Esta zona está moi castigada polos incendios e as rochas que están ao descuberto destacan pola súa cor vermella.

Monte Corveiro

Monte Corveiro

Rochas na zona de Arou

Rochas na zona de Arou

Foxo do lobo, no monte Pena Maior, nas proximidades da praia de Area Longa.

Foxo do lobo, no monte Pena Maior, nas proximidades da praia de Area Longa. Ao fondo o monte Home do Corveiro que remata no Cabo do Trece. Os foxos son construcións formadas por dúas paredes altas que conflúen nun foxo. Empregáronse ata hai uns cen anos para cazar aos lobos. O método consistía en conducilos (por medio de berros e ruídos) cara á entrada da construción ata conseguir que cairan no foxo.

FARO DA FONTEFRÍA OU DE VIMIANZO Un pequeno macizo que separa o val de

FARO DA FONTEFRÍA OU DE VIMIANZO Un pequeno macizo que separa o val de Vimianzo dos vales do rego de Santa Cristina e Carnés. Acada a súa cota máis alta no monte Faro con 438 m. Desde os cumes hai boas vistas da ría de Camariñas, da serra de Pena Forcada e do Val de Vimianzo. Os cumes están cubertos de matogueira e herbas das que se alimentan os cabalos que se crían en libertade. O resto do terreo está ocupado por plantacións forestais. Accedese desde a estrada de Vimianzo a Camariñas, pola subida ao parque eólico. Curro no que se celebra desde 1998, no mes de xullo, a Rapa das Bestas de Vimianzo

Vista do Faro desde o cume dos Penedos de Traba

Vista do Faro desde o cume dos Penedos de Traba

SERRA DE SANTIAGO Prolongación cara ao norte dos montes de Buxantes. Ten as maiores

SERRA DE SANTIAGO Prolongación cara ao norte dos montes de Buxantes. Ten as maiores alturas no linde con Dumbría (Alto da Cruz, 539 m) e descende suavemente cara ao norte, e preto do seu remate, ao pé de Vimianzo atópase o monte de San Bartolo, con 402 m de altura. Accedese desde a estrada que vai de Vimianzo a Serramo e a Baíñas.

Vista de Baio desde o cume de San Bartolo

Vista de Baio desde o cume de San Bartolo

Monte de San Bartolo, coroado por unha ermida á que se pode acceder desde

Monte de San Bartolo, coroado por unha ermida á que se pode acceder desde Vimianzo tomando, na estrada de Coruña, un desvío en fronte da estación de servicio.

Rochas no cume de San Bartolo. Ao fondo Serramo.

Rochas no cume de San Bartolo. Ao fondo Serramo.

Os montes do sur da comarca forman a vertente norte da meseta do Xallas

Os montes do sur da comarca forman a vertente norte da meseta do Xallas na que sobresaen como pequenas elevacións do terreo os cumes do MONTE DE ROMA (472 m), O PEDRIDO ou TOURADO (437 m) e a PENA DO CHAN ou MONTE DA PIOSA (401 m). Montes do Pedrido e monte Roma, desde a serra de Santiago

No leste, a SERRA DE SONEIRA, unha ringleira de montes entre Brandomil e O

No leste, a SERRA DE SONEIRA, unha ringleira de montes entre Brandomil e O Sisto que van gañando altura ao norte, serven de divisoria de augas entre o río Grande e o Xallas, e de fronteira natural entre as comascas Terra de Soneira e Xallas. Acadan a maior altura no Pico da Meda, con 560 m. Monte Meda desde a parroquia de Carreira (Zas). Para subir aos cumes da serra hai que coller a estrada do parque eólico na estrada de Zas a Santa Comba.

OS RÍOS A rede fluvial da terra de Soneira articúlase arredor do río Grande

OS RÍOS A rede fluvial da terra de Soneira articúlase arredor do río Grande e os seus afluente, ríos con bastante caudal, pero sen pendentes, agás nas cabeceiras, polo que teñen uns cursos meandrifrmes ao longo do val ata o mar. Outro río importante é o Xallas que limita o sur da comarca no encoro da Fervenxa, ao que van varios regos que nacen nos montes próximos. Tamén forman parte desta comarca as cabeceiras do río Castro, que se forman no Faro de Vimianzo (rego Alvelo) e na Serra de Santiago (regos Berdoias e Castrelo). O sistema fluvial complétase cuns pequenos regos que baixan da serra das Forcadas á ría de Camariñas (Lamastredo, que desemboca na ría do Porto, na praia de Area Grande e Trasteiro, que desemboca na enseada da Basa). Río Castro serpeando polo val antes de se xuntar ao río Grande

Ao longo do curso do río consérvanse bosques de galería con amieiras, salgueiros, sabugueiros,

Ao longo do curso do río consérvanse bosques de galería con amieiras, salgueiros, sabugueiros, sanguiños, carballos. . . Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia. . . ), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, oucas, pe de boi, adelfiña. . . Bosque de galería no río Grande, en Baio

Dentabrú ou palla real (Osmunda regalis), un fento moi abundante nos ríos desta comarca.

Dentabrú ou palla real (Osmunda regalis), un fento moi abundante nos ríos desta comarca. Senecio nemorensis

A fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, anguía. . .

A fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, anguía. . . ), reptis (cobra sapeira, cobra de colar. . . ), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega. . . ), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros. . . ), arañas, caracois de auga. . . Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxa. . . ), lesmas, sapos, insectos. . . No esteiro e nas praias abondan os vermes, os moluscos, as aves acuáticas, pequenos peixes. . . Femia de lavanco real (Anas platyrrhynchos), unha das aves máis abundantes nas áreas de augas calmas dos ríos. En contraste co corido dos machos, as femias teñen cores que lles permiten pasaren desapercibidas facilitando a súa supervivencia, xa que elas son as encargadas de coidar as postas e as crías. Candil curvado (Onychogonphus uncatus)

RÍO GRANDE O río Grande, que tamén se coñece como o Río do Porto,

RÍO GRANDE O río Grande, que tamén se coñece como o Río do Porto, fórmase pola unión do Mira, Sixto e Baio que baixan da serra de Soneira. Drena os concellos de Zas e Vimianzo, e recibe achegas menores de regatos procedentes de Cabana, Laxe e Camariñas. Desemboca na ría de Camariñas despois de 39 km de percorrido. É un río de abundante caudal case todo o ano, con augas altas en xaneiro e febreiro e pequena estiaxe en agosto e setembro. Os afluentes máis importantes son Zas, Castro, Vimianzo e Santa Cristina (pola esquerda). Move dúas minicentrais e abastece unha piscifactoria. Noutros tempos fixo funcionar numerosos muíños e batáns. O río Grande na área de lecer de Pena Vixía. Unha ruta permite percorrer as beiras do río entre Baio e a área de lecer de Pena Vixía.

O Río Grande en Baio, na área de lecer da Carballeira

O Río Grande en Baio, na área de lecer da Carballeira

A ruta dos muíños e un sendeiro circular que comeza e finaliza na Ponte

A ruta dos muíños e un sendeiro circular que comeza e finaliza na Ponte do Porto e percorre 5 kilómetros. Parte do traxecto faise sobre a calzada romana coñecida como Camiño Real. No camiño vense vellos muíños de granito, cotos troiteiros e áreas de lecer. A xexetación de ribeira acompaña todo o percorrido.

O CONXUNTO ETNOGRÁFICO DO MOSQUETÍN Está situado na marxe dereita do río Grande na

O CONXUNTO ETNOGRÁFICO DO MOSQUETÍN Está situado na marxe dereita do río Grande na parroquia de de Salto (Vimianzo). Está formado por sete muíños e tres batáns dos que xa hai referencias no Catastro de Ensenada de 1753. O ano 1997 a Deputación da Coruña mercounos e restaurounos e na actualidade pódense visitar como museo etnográfico. Na contorna hai unha área de lecer. Accedese pola estrada de Vimianzo a Baio, desde varios puntos indicados á esquerda Vista do conxunto do Mosquetín. Está montado de tal xeito que a segunda fileira aproveita a auga que fai funcionar a primeira.

Interior dos Batáns de Mosquetín. Os batáns usábanse para mazar os tecidos de la.

Interior dos Batáns de Mosquetín. Os batáns usábanse para mazar os tecidos de la. Os panos, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde eran golpeados polos mazos para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade.

Muíños do Mosquetín

Muíños do Mosquetín

Ponte sobre o río Grande en Torelo, nas proximidades do Mosquetín

Ponte sobre o río Grande en Torelo, nas proximidades do Mosquetín

O río Grande na Furaqueira

O río Grande na Furaqueira

Ponte do Porto, no comezo do esteiro do río Grande

Ponte do Porto, no comezo do esteiro do río Grande

RÍO DE ZAS Xunto co de Mira e o do Sisto son as cabeceiras

RÍO DE ZAS Xunto co de Mira e o do Sisto son as cabeceiras do Río Grande. Nace en Muíño e no seu comezo chámase río de Meanos e xúntase ao río Grande na Cacharosa (Baio). Antigo muíño no río de Zas en Zas. Nas proximidades hai unha carballeira onde se celebra unha festa.

RÍO DE CARNÉS Chamado tamén rego de Santa Cristina (ao comezo) e río de

RÍO DE CARNÉS Chamado tamén rego de Santa Cristina (ao comezo) e río de Cereixo (na desembocadura). Nace na Pena do Frade e únese ao río Grande no esteiro da Ponte do Porto. Río de Carnés no Cereixo, preto da desembocadura. Un paseo indicado percorre o último tramo do río e permite achegarse á desembocadura e ao muíño de mareas.

Muíño de marea na desembocadura do río de Carnés. Foi construído no século XVII

Muíño de marea na desembocadura do río de Carnés. Foi construído no século XVII polos señores das Torres do Cereixo.

RÍO XALLAS Percorre un pequeno tramo desta comarca facendo linde coa de Xallas (en

RÍO XALLAS Percorre un pequeno tramo desta comarca facendo linde coa de Xallas (en Mazaricos) e a de Fisterra (en Dumbría). A maior parte do percorrido forma parte do encoro da Fervenza. Encoro da Fervenza visto desde o cume do Chan da Lagoa. É un dos encoros máis extensos Galiza no que se poden atopar gran variedade de aves acuáticas. Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil.

Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil (Zas)

Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil (Zas)

A COSTA A Terra de Soneira ten un pequeno tramo de costa, en proporción

A COSTA A Terra de Soneira ten un pequeno tramo de costa, en proporción á súa superficie, pero un dos máis ricos e variados de Galiza. Desde a enseada de Camelle ata a desembocadura do río Grande do Porto podemos atopar costa exposta con altos cantís (cabo Vilán, A Pedrosa, Costa das Cabras, Pedra do Sal. . . ), areais expostos ou abrigados (praias de Camelle, Arou, Lobeiras, Santa Mariña, O Trece, Reira, Area Longa, Pedrosa, Lago do Norte. . . ), sistemas dunares (O Trece, Reira, Pedrosa). . . ) boleiras (cabo Tosto), pequenas enseadas (Camelle, Arou, O Colludo, Arneliña. . . ) e rías abrigadas como a parte norte da de Camariñas. O mar da Costa da Morte, unha zona onde os protagonistas son as rochas (maiormente granitos vermellos), o mar e o vento. O nome desta costa é debido aos numerosos naufraxios que tiveron lugar en todos os tempos, debido á perigosidade da zona, con poucos abrigos e abundantes baixos que resultan perigosos para a navegación.

A maior parte da costa, desde a Punta de Lobeiras, en Camelle, ata a

A maior parte da costa, desde a Punta de Lobeiras, en Camelle, ata a punta do Castelo, en Camariñas, está incluída no espazo protexido LIC “Costa da Morte” que inclúe tamén unha faixa mariña entre punta da Pedrosa e punta do Castelo. Cabo Vilán, en Camariñas, un dos puntos máis emblemáticos da costa da Terra de Soneira

Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa, costa areosa,

Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa, costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros. . . nos que habitan moitas especies de interese. A vexetación de cantís, dunas e marismas está moi especializada e pódense atopar numerosas especies e subespecies endémicas da zona. Destaca a presencia de Omphalodes littoralis subsp. gallaecia, Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis (endemismos da provincia da Coruña). Os liques soportan as condicións ambientais máis adversas, pero moi mal a contaminación ambiental do aire

Paxariños amarelos (Linaria polygalifolia). Florece durante a primavera e verán nos areais da costa

Paxariños amarelos (Linaria polygalifolia). Florece durante a primavera e verán nos areais da costa atlántica entre Lisboa e Bares. Cardo cuco (Carlina corymbosa). Florece durante todo o verán no mato entre os toxos e breixos dos cantís. Aguanta ben a seca e soporta as duras condicións dos hábitats rochosos.

Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus). Un exemplo perfecto das adaptacións para vivir nos

Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus). Un exemplo perfecto das adaptacións para vivir nos areais. Anxélica (Angelica pachycarpa) nos cantís de Camariñas

Camariña (Corema album) unha planta moi escasa en Galiza que só se atopa en

Camariña (Corema album) unha planta moi escasa en Galiza que só se atopa en Cíes e na praia do Trece. As dunas e coídos do Trece conservan a principal poboación de Galiza de camariñas, unha planta que na actualidade está case extinguida, pero debeu abondar noutros tempos xa que deu lugar a topónimos como Camariñas ou Pobra do Caramiñal.

En canto á fauna hai que destacar a gran riqueza dos hábitats costeiros e

En canto á fauna hai que destacar a gran riqueza dos hábitats costeiros e o número de aves acuáticas, moitas delas invernantes que se concentran nos cantís e nas zonas húmidas. Gaivota patiamarela (Larus cachinnans). Esta gaivota é a ave máis común da costa e atópase en expansión debido á facilidade con que atopa alimento en calquera parte. Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)

Polobo (Octopus vulgaris). O litoral rochos ofrece as características axeitadas para que o polbo

Polobo (Octopus vulgaris). O litoral rochos ofrece as características axeitadas para que o polbo atope alimento e refuxio. Lagarta galega (Podarcis bocagei)

Ourizos. Viven en zonas rochosas de augas limpas e riqueza de algas das que

Ourizos. Viven en zonas rochosas de augas limpas e riqueza de algas das que se alimentan. Foron recollidos noutros tempos para fertilizar as terras e na actualidade para consumo humano, unha actividade importante para os mariscadores e as mariscadoras de Camariñas. Percebe (Pollicipes cornucopia). A colleita de percebe é unha das principais actividades dos habitantes das vilas desta costa.

CAMELLE Vila pesqueira instalada na enseada do mesmo nome, ao abrigo das puntas do

CAMELLE Vila pesqueira instalada na enseada do mesmo nome, ao abrigo das puntas do Boi e A Falsa. Vista da enseada e vila de Camelle desde a praia

Non se pode falar de Camelle sen falar de “Man”, Manfred, un alemán que

Non se pode falar de Camelle sen falar de “Man”, Manfred, un alemán que se instalou nunha cabana entre as rochas e realizou numerosas esculturas con pedras e outros materiais recollidos das praias. Despois da súa morte, coincidindo coa marea negra do Prestige, o seu legado queda como un atractivo máis desta costa.

Peirao de Camelle nun día de forte ondada

Peirao de Camelle nun día de forte ondada

AROU Arou, vila mariñeira situada no fondo da enseada do mesmo nome, separado de

AROU Arou, vila mariñeira situada no fondo da enseada do mesmo nome, separado de Camelle polo contraforte rochoso da Punta Percebeira. No fondo da enseada conta con dúas pequenas praias, a de Arou e a de Braña do Lazo. Vista de Arou desde o Alto da Cruz. Ao fondo o Petón de Borrallas e a praia de Traba

SANTA MARIÑA É unha pequena vila asentada nas abas do monte da Cruz. O

SANTA MARIÑA É unha pequena vila asentada nas abas do monte da Cruz. O seu porto está construído entre rochas vermellas nunha paraxe dunha beleza espectacular rodeada penedos traballados polo mar e o vento. Punta e peirao de Santa Mariña desde o alto do Monte Branco Rochas en Santa Mariña

Rochas en Santa Mariña

Rochas en Santa Mariña

Cabo Veo

Cabo Veo

O TRECE A praia do Trece está situada entre os cabos Tosto e Veo,

O TRECE A praia do Trece está situada entre os cabos Tosto e Veo, cunha lonxitude de 1. 260 m. Ten un bo sistema dunar onde se conservan especies pouco comúns noutras zonas da costa, como as camariñas. Os fortes ventos dominantes (fundamentalmente do oeste) acumulan unha grande cantidade de area nas abas próximas á costa. A area forma placas que se manteñen sobre as pendentes grazas á humidade e á fixación das plantas. Vista da praia do Trece desde o alto do Home do Corveiro

Monte Branco, onde a area empurrada polos fortes ventos forma unha duna remontante de

Monte Branco, onde a area empurrada polos fortes ventos forma unha duna remontante de grande altura

Praia do Trece e Cabo Tosto desde o mirador do Alto da Gruita

Praia do Trece e Cabo Tosto desde o mirador do Alto da Gruita

Cimeterio dos Ingleses no cabo do Trece, onde están soterradas os 172 náufragos do

Cimeterio dos Ingleses no cabo do Trece, onde están soterradas os 172 náufragos do Serpent, buque-escola da mariña británica que afundeu nas rochas desta costa.

Vista panorámica desde a Punta do Boi áo Cabo Veo, coa praia do Trece

Vista panorámica desde a Punta do Boi áo Cabo Veo, coa praia do Trece e o Monte Branco

Boleira ou Coído en Cabo Tosto. No cabo Tosto ou do Trece o intenso

Boleira ou Coído en Cabo Tosto. No cabo Tosto ou do Trece o intenso traballo do mar formou unha rasa de abrasión que remata na punta do Boi e na que se acumulan bolos de granito desgastado polas ondas que forman os coídos ou boleiras.

Enseada de Vilán desde o miradoiro da Pedrosa (vista cara ao norte). Pódense apreciar

Enseada de Vilán desde o miradoiro da Pedrosa (vista cara ao norte). Pódense apreciar as praias da Pedrosa, Balea, Arealonga e Reira, a Punta Forcadas e o Monte Home do Corveiro

Praia de Area Longa. As praias desde tramo costeiro son moi expostas e con

Praia de Area Longa. As praias desde tramo costeiro son moi expostas e con poucas condicións para o baño, pero a cambio ofrecen o encanto da tranquilidade e a beleza dunha paisaxe case virxe.

Pedra do Os Amantes O Caudillo Moitas das rochas desta costa teñen formas suxerentes

Pedra do Os Amantes O Caudillo Moitas das rochas desta costa teñen formas suxerentes que inspiraron á xente a porlle nomes

CABO VILÁN É un farallón formado na súa maior parte por rochas graníticas de

CABO VILÁN É un farallón formado na súa maior parte por rochas graníticas de cor vermella (granito de dúas micas) acompañado de xistos e cuarcitas con cantís de ata 80 m de altura. No extremo do cabo atópanse os illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Foi declarado SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL en 1933. A pesar de ser un dos espazos protexidos máis emblemáticos de Galiza sufriu algunhas alteracións pouco axeitadas ao seu valor natural e paisaxístico como a construción dun parque eólico e unha piscifactoría. O faro de Cabo Vilán inaugurado en 1854 e posteriormente renovado, foi o primeiro de España en ter luz eléctrica

illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra Curiosa rocha en Cabo Vilán

illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra Curiosa rocha en Cabo Vilán coñecida co nome da Moa

Nos cantís de Cabo Vilán atópanse especies vexetais de grande interese, algunhas pouco común

Nos cantís de Cabo Vilán atópanse especies vexetais de grande interese, algunhas pouco común como Silene scabriflora, subsp. gallaecia (endemismo das costas das provincias da Coruña e Pontevedra), Rumex acetosa subsp. biformis, Iberis procumbens subsp. procumbens, Armeria pubigera, Echium rosulatum, Jasione crispa subsp. maritima, Jasione montana subsp. montana var. imbricans. . . As plantas que viven nos cantís protéxense da acción do vento e o sal que transporta desenvolvendo formas compactas e rastreiras.

No cabo e nos illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra aniña

No cabo e nos illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra aniña unha colonia de gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) e as poucas parellas de arao dos cons (Uria aalge), quedan en Galiza, número que aínda se veu reducido polos efectos da marea negra do Prestige. Arao dos cons (Uria aalge). O baixo nivel de reprodución (só poñen un ovo cada ano), a dificultade para conseguir alimento e a presión humana levouno a piques de se extinguir en Galiza.

Piscifactoría no Cabo Vilán, mirando cara a Camariñas

Piscifactoría no Cabo Vilán, mirando cara a Camariñas

RUTA CAMARIÑAS CAMELLE É unha das rutas máis completas e interesantes da costa da

RUTA CAMARIÑAS CAMELLE É unha das rutas máis completas e interesantes da costa da morte e unha das máis fermosas de Galiza, na que podemos gozarde todo o explendor da costa exposta típica desta comarca e das curiosas formas rochosas que o mar, o vento e o tempo forxaron nos granitos rosas da serra de Pena Forcada. Un sendeiro sinalizado para percorrer a pé, cunha lonxitude de 22 km comeza no Castelo do Soberano, en Camariñas, e remata en Santa Mariña, no miradoiro do Alto da Gruita. Ao longo do percorrido pásase por Cabo Vilán, Cabo Tosto, Praia e dunas do Trece e hai numerosos sendeiros que conducen a pequenas praias, enseadas e miradoiros. Tamén se poden ver a mámoa de Reira e o foxo do Lobo na caída do monte de Pena Maior.

Vista da boca da Ría de Camariñas presidida pola punta do Monte Farelo, na

Vista da boca da Ría de Camariñas presidida pola punta do Monte Farelo, na que se levanta a ermida da Virxe do Monte. Neste punto comeza unha a ruta que vai pola costa ata Camelle.

Desde o alto do monte Farelo hai unha boas vistas da costa. Accedese por

Desde o alto do monte Farelo hai unha boas vistas da costa. Accedese por un desvío sinalizado a 2 km da estrada de Camariñas a Cabo Vilán, polo que tamén se chega á pequena praia de Lago.

RÍA DE CAMARIÑAS Ábrese entre a Punta do Costado, ao norte e Punta da

RÍA DE CAMARIÑAS Ábrese entre a Punta do Costado, ao norte e Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese a enseadas da Vasa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Ría de Camariños e peirao desde a Punta do Castelo

Castelo do Soberano, ou Batería do Soberano, unha fortificacións construída no século XVIII na

Castelo do Soberano, ou Batería do Soberano, unha fortificacións construída no século XVIII na punta do castelo para defender a costa. Hai un miradoiro sobre a ría de Camariñas e a costa exterior.

Detalle da ría de Camariñas desde o Fondo do esteiro do río do Porto.

Detalle da ría de Camariñas desde o Fondo do esteiro do río do Porto. Vista da ría con Camariñas ao fondo

Enseada da Basa

Enseada da Basa

Punta Sandría

Punta Sandría

Praia de Area Branca ou Ariño, vista desde a outra banda da ría do

Praia de Area Branca ou Ariño, vista desde a outra banda da ría do Porto, no fondo da Ría de Camariñas. É unha praia tranquila, abrigada e de area fina á que se accede desde a estrada de Ponte do Porto a Camariñas, un desvío á altura de Tasaraño.

Praia de Mozogordón

Praia de Mozogordón

Vista do esteiro coas Torres do Cereixo á esquerda

Vista do esteiro coas Torres do Cereixo á esquerda

Esteiro do río Grande ou do Porto

Esteiro do río Grande ou do Porto

AS ÁRBORES Nesta comarca consérvanse poucos bosques autóctonos en estado natural xa que é

AS ÁRBORES Nesta comarca consérvanse poucos bosques autóctonos en estado natural xa que é unha zona moi explotada con especies forestais, en especial os piñeiros. Aparte dalgunhas pequenas carballeiras naturais que se atopan nos vales menos accesibles son de destacar algunhas plantacións ou árbores illadas que mececen a consideración de ben patrimonial a protexer. Carballeira de Baio. Situada nas beiras do río Grande en Baio, empregada como lugar de lecer.

Carballo da capela de San Fins (Cambeda-Vimianzo). A trdición atribúelle poderes curativos para moitas

Carballo da capela de San Fins (Cambeda-Vimianzo). A trdición atribúelle poderes curativos para moitas enfermidades, en especial dos neno e nenas. Para curarse hai que dar voltar arredor do carballo, despois romper unha ponla e facer pasar ao enfermo por debaixo dela. Logo métese a ponla en barro e envólvese nun pano. Se prende o enfermo cura Carballos das Torres do Allo. As árbores forman un fermoso tunel que cubre a estrada de acceso ás Torres.

Carballo de Santiago do Cereixo. Unha árbore de grande porte arredor do que se

Carballo de Santiago do Cereixo. Unha árbore de grande porte arredor do que se celebra a procesión de Santiago.

ESPAZOS PROTEXIDOS LIC COSTA DA MORTE É un espazo de 11. 885 ha que

ESPAZOS PROTEXIDOS LIC COSTA DA MORTE É un espazo de 11. 885 ha que comprende o litoral coruñés dende Cabo Fisterra ata Arteixo. Na comarca terreos dos concellos de Camariñas e Vimianzo. Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa, costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros, lagoas litorais nos que habitan moitas especies de interese. Costa do Cabo Tosto

ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES) COSTA DA MORTE Nesta comarca inclúe

ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES) COSTA DA MORTE Nesta comarca inclúe a costa de Vimianzo e Camariñas ata pasado o Cabo Vilán (Punta Esperillo). Destaca a presenza de aves acuáticas, especialmente invernantes que se refuxian nos cantís e marismas. Píllara riscada (Arenaria interpres) Corvo mariño cristado (Phalacrcorax aristotelis)

ZEPA ESPAZO MARIÑO DA COSTA DA MORTE É unha das ZEPA mariñas de maior

ZEPA ESPAZO MARIÑO DA COSTA DA MORTE É unha das ZEPA mariñas de maior superficie, con 316. 283, 05 ha. Localízase en augas do Océano Atlántico, fronte á costa da Morte, desde a punta das Ondas (Caión) ata cabo Touriñán, adentrándose no mar máis de 20 millas náuticas. A partir do cabo Touriñán la ZEPA apártase da liña litoral, arredor de 2 millas náuticas, en dirección sur asta a altura de Muros. Inclúe a contorna mariña das illas Sisargas e os illotes do cabo Vilán. Linda coa ZEPA marítimoterrestre Costa da Morte Norte e coa contorna costera incluida no LIC Costa da Morte, coa que tamén solapa parcialmente no seu ámbito mariño. É unha importante zona de paso migratorio e alimentación de numerosas aves marinas. Arao (Uria aalge)

LIC RÍO GRANDE O espazo abrangue o curso do río Grande desde Baio (Zas)

LIC RÍO GRANDE O espazo abrangue o curso do río Grande desde Baio (Zas) ata a súa desembocadura, incluíndo o esteiro, a enseada da Basa e o fondo da Ría de Camariñas entre a punta da Basa e a praia da Barreira. SUPERFICIE: 385, 8 ha (148, 5 terrestres e 237, 3 acuáticas) CONCELLOS: Camariñas, Muxía, Vimianzo e Zas TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O río Grande en Vadalama

PAISAXE PROTEXIDA PENEDOS DE PASARELA E TRABA Espazo de 212 ha que forma parte

PAISAXE PROTEXIDA PENEDOS DE PASARELA E TRABA Espazo de 212 ha que forma parte da serra de Pena Forcada, situado entre os concellos de Laxe e Vimianzo. É unha paisaxe de pequenos cumes graníticos nos que a erosión creou curiosas figuras. Cun pequeno esforzo de imaxinación podemos atopar formas suxerentes en cada pedra que cambian coa nosa posición, coa luz e a orientación. Accedese desde Pasarela (Vimianzo) Avión, man. . . segundo se mire Cachucha

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta maio 2017

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta maio 2017