AS LIDEIRAS DE ROQUE Mon Daporta Estrelas do

  • Slides: 93
Download presentation
AS LIDEIRAS DE ROQUE Mon Daporta Estrelas do mar COUSIÑAS FEITAS NA CASA

AS LIDEIRAS DE ROQUE Mon Daporta Estrelas do mar COUSIÑAS FEITAS NA CASA

Como saben que lle gustan tanto as cousas novas trouxéronlle hai uns días unhas

Como saben que lle gustan tanto as cousas novas trouxéronlle hai uns días unhas fotos moi curiosas. Uns coñecidos seus leváronlle a ensinar unhas fermosas imaxes dunhas estrelas do mar.

Iconaster longimanus Pentanogaster dubeni Asterodiscidis truncatus Luidia ciliaris Acanthaster planci Fromia monilis

Iconaster longimanus Pentanogaster dubeni Asterodiscidis truncatus Luidia ciliaris Acanthaster planci Fromia monilis

Tosia neossia Choriaster granulatus Fromia ghardaqana Pteraster temnochiton Protoreaster lincki Crossaster papossus

Tosia neossia Choriaster granulatus Fromia ghardaqana Pteraster temnochiton Protoreaster lincki Crossaster papossus

E quedou, ao ver aquelo, tan sorprendido e admirado que quixo sabelo todo daqueles

E quedou, ao ver aquelo, tan sorprendido e admirado que quixo sabelo todo daqueles bechos tan raros.

Estudounas ben primeiro para coñecelas

Estudounas ben primeiro para coñecelas

estrela do mar (gradicela, cercella, …) estrella de mar itsas izar estrella de mar

estrela do mar (gradicela, cercella, …) estrella de mar itsas izar estrella de mar estrela do mar starfish étoile de mer seesterne stella marina

As estrelas do mar ou asteroideos (Asteroidea) son unha clase de equinodermos (Echinodermata) de

As estrelas do mar ou asteroideos (Asteroidea) son unha clase de equinodermos (Echinodermata) de simetría radial, co corpo aplanado formado por un disco central do que saen os brazos (cinco ou máis). Comprende case 2. 000 especies que se distribúen por todos os océanos do mundo desde a zona intermareal ata máis alá dos 6. 000 m de profundidade.

Teñen o corpo cuberto por unha epiderme exterior, delgada; unha derme grosa na que

Teñen o corpo cuberto por unha epiderme exterior, delgada; unha derme grosa na que están os osículos, placas calcarias que lle proporcionan consistencia á estructura (forman o “esqueleto”), os pedicelarios, que teñen función prensil e defensiva, as pápulas, que teñen función respiratoria, e as febras coláxenas que lle dan cohesión á estructura e permiten tanto flexionar os brazos como poñelos ríxidos; e un peritoneo interior ou capa muscular. EPIDERME osículos pápula pedicelario

Detalle da cobertura dunha estrela de mar

Detalle da cobertura dunha estrela de mar

Os osículos, son as placas calcarias que constitúen a estructura que lle da forma

Os osículos, son as placas calcarias que constitúen a estructura que lle da forma e protexe os órganos internos da estrela, teñen e unha disposición característica que serve, nalgúns casos, para identificar e clasificar ás especies. Osículos modificados son as espiñas (osículos rematados en punta con función disuasoria e/ou defensiva) e as paxilas, propias das estrelas que se soterran, (osículos formados por un talo enriba do que se asenta unha coroa de formas agudas ou romas que, no seu conxunto, forman unha capa que permite a circulación da auga pero impide o contacto do sustrato coa epiderme para que esta poida seguir a realizar as funcións respiratoria e excretora) espiñas paxilas

pápulas pedicelarios Os Pedicelarios son estructuras con formas diversas , terminadas en osículos dentados,

pápulas pedicelarios Os Pedicelarios son estructuras con formas diversas , terminadas en osículos dentados, que serven para capturar pequenas presas, eliminar materiais que se depositen sobre a epiderme e, algúns, poden inxectar tóxicos. As pápulas son protuberancias con paredes finas que saen a través da parede corporal para captar oxíxeno.

A maioría das estrelas de mar teñen cinco brazos, pero, varios grupos, como os

A maioría das estrelas de mar teñen cinco brazos, pero, varios grupos, como os da familia Solasteridae, teñen de 10 a 15 brazos, e algunas especies, como Labidiaster annulatus da Antártida, poden ter ata 50 brazos. Labidiaster annulatus

Teñen dimensións moi variadas estrela espiña de remo. Mide menos de 5 milímetros de

Teñen dimensións moi variadas estrela espiña de remo. Mide menos de 5 milímetros de diámetro. É a máis pequena que se coñece. estrela mirasol (Pycnopodia helianthoides). Pode acadar os 90 cm de diámetro e ter entre 15 e 25 brazos.

Midgardia xandaros. A estrela máis grande. Vive no golfo de México a fonduras de

Midgardia xandaros. A estrela máis grande. Vive no golfo de México a fonduras de ata 600 m. Cada brazo de este exemplar mideu 67 cm de lonxitude Thromidia catalai. A estrela máis pesada. Pode chegar aos 6 kg.

Cando se estudan as estrelas de mar distínguense dúas partes: a inferior, onde está

Cando se estudan as estrelas de mar distínguense dúas partes: a inferior, onde está a boca, coñécese como superficie oral ou actinal, e a superior que se coñece como superficie aboral ou abactinal. boca Sucos ambulacrais Superficie oral ou actinal Superficie aboral ou abactinal

Aliméntanse, principalmente, de outros animais pero tamén as hai que comen algas e/ou detritus

Aliméntanse, principalmente, de outros animais pero tamén as hai que comen algas e/ou detritus orgánicos. Algunhas especies capturan pequenos organismos e outras partículas alimenticias con distintas partes do corpo ou emitindo febras pegañentas que logo trasladan á boca coa axuda de cilios.

O sistema dixestivo está formado pola boca que se atopa no centro da parte

O sistema dixestivo está formado pola boca que se atopa no centro da parte inferior (superficie oral) un esófago curto, e un estómago dividido en dúas partes estómago cardíaco e estómago pilórico que se prolonga polo interior de cada brazo en dous largos tubos, os cegos pilóricos, recubertos de glándulas dixestivas, que secretan enzimas e absorben os nutrientes, e un intestino curto que comunica a parte de arriba do estómago co ano, que se atopa cerca do centro da superficie aboral (parte superior do corpo). intestino ano estómago pilórico cego pilórico Estómago cardíaco esófago boca

Unhas estrelas, as que capturan presas pequenas, realizan todo o proceso dixestivo no interior

Unhas estrelas, as que capturan presas pequenas, realizan todo o proceso dixestivo no interior do corpo e outras, as que se alimentan de presas grandes, sacan fóra o estómago cardíaco para comezar a dixerilas e continúano logo, no estómago pilórico, no interior. As estrelas forzan a abertura dos bivalvos, introducen neles o estómago cardíaco, segregan os fluídos gástricos para dixerir as partes brandas e logo engulen o caldo resultante.

Sistema nervioso As estrelas de mar non teñen un cerebro centralizado, pero as súas

Sistema nervioso As estrelas de mar non teñen un cerebro centralizado, pero as súas neuronas están interconectadas de xeito que poden realizar accións coordinadas. O centro nervioso máis importante atópase arredor do esófago do que saen os nervios que van a cada un dos brazos e xuntos son responsables da coordinación e dos sistemas de dirección. ocelo anel neuronal esofáxico nervio radial

Aínda que case non teñen receptores sensoriales definidos as estrelas son sensibles ao tacto,

Aínda que case non teñen receptores sensoriales definidos as estrelas son sensibles ao tacto, a luz, a temperatura, á posición e ao estado da auga. A pel, os pés ambulacrais, as espiñas e os pedicelarios son sensibles ao tacto; os ocelos son sensibles á luz; os pés ambulacrais, especialmente os que se atopan nas puntas dos brazos, que utiliza para a localización dos alimentos, son sensibles ás sustancias químicas. Moitas estrelas teñen ademais células fotorreceptoras distribuidas por enriba do corpo e ocelos nas puntas dos brazos. Os ocelos están formados por unha masa de células epiteliais pigmentadas que responden a la luz, e células sensoriais situadas entre elas, cubertas por unha cutícula transparente que lle da protección e actúa como lente. Ocelo na punta do brazo Microfotografía dun ocelo de estrela de mar

As estrelas de mar móvense utilizando un sistema hidráulico. A auga entra pola placa

As estrelas de mar móvense utilizando un sistema hidráulico. A auga entra pola placa madreporica e circula polo conducto pétreo e as canles anular e radiais ata chegar aos depósitos dos pés ambulacrais que, ao seren comprimidos, proxectan os pés ao exterior. A sucesión coordinada de apoios e soltas fai avanzar á estrela e/ou permítelle a suxección ao sustrato. placa madrepórica conducto pétreo canle anular canle radial pés ambulacrais

Os pés ambulacrais están formados por un depósito interno, a ampola, un músculo que

Os pés ambulacrais están formados por un depósito interno, a ampola, un músculo que a rodea e que ao contraerse empuxa a auga e proxecta ao exterior ao podio , ou pé. Aínda que o podio semella unha ventosa a estrela suxéitase e sóltase pola acción de adhesivos químicos. ampola podio músculo

O desplazamento das estrelas de mar é bastante vagaroso. Hainas tan lentas como a

O desplazamento das estrelas de mar é bastante vagaroso. Hainas tan lentas como a Dermasterias imbricata, que só avanza uns 15 cm nun minuto, e rápidas como a Luidia foliolata, que se desplaza 2, 8 m no mesmo tempo.

Sistema circulatorio Coñecido como sistema hemal. Con vasos que forman aneis arredor da boca

Sistema circulatorio Coñecido como sistema hemal. Con vasos que forman aneis arredor da boca (anel hemal oral), do sistema dixestivo (anel hemal gástrico) e cerca da superficie aboral conectados polo seo axial; e vasos cegos en cada brazo. sin circulación continua do “sangue” anel hemal aboral seo axial anel hemal gástrico vaso cego anel hemal oral vaso cego

Respiración e excreción A respiración fanna a través dos pés ambulacrais e das pápulas.

Respiración e excreción A respiración fanna a través dos pés ambulacrais e das pápulas. O oxíxeno entra na cavidade corporal e distribúese polos fluídos. O sistema hemal só ten un papel menor nesta función. As estrelas non teñen órganos de excreción. Eliminan os resíduos a través dos pés ambulacrais e as pápulas a onde son levados por células fagocitadoras que circulan polo fluído corporal e o sistema vascular acuífero. Outra parte dos resíduos é eliminada polas glándulas pilóricas coas deposicións dos restos da dixestión.

A reproducción das estrelas pode ter lugar en diferentes épocas do ano, cando as

A reproducción das estrelas pode ter lugar en diferentes épocas do ano, cando as condicións ambientais son axeitadas (temperatura da auga, duración da fase de luz, …) e cando o estado de desenvolvemento dos productos reproductores é o apropiado, o que comunican entre elas coa emisión de sustancias químicas para sincronizar os desoves e garantir que sexan fecundados o maior número de óvulos. Para mellorar o proceso moitas especies forman grupos numerosos e outras parellas.

As estrelas teñen dúas gónadas en cada brazo que liberan gametos a través dos

As estrelas teñen dúas gónadas en cada brazo que liberan gametos a través dos gonoductos, unhas aberturas no disco central situadas entre os brazos. gonoducto gónada

Na maioría das especies a fecundación é externa e o desove libre, aínda que

Na maioría das especies a fecundación é externa e o desove libre, aínda que tamén hai especies con fecundación interna e outras que apegan os ovos ás pedras ou que os coidan durante o desenvolvemento dos embrións tapandoos co seu propio corpo ou gardándos en estructuras especiais (cámaras na superficie aboral, no estómago pilórico ou incluso nas propias gónadas. Estrelas emitindio os productos reproductivos

Na maoría das especies hai machos e femias, pero algunhas son hermafroditas: simultáneas (producen

Na maoría das especies hai machos e femias, pero algunhas son hermafroditas: simultáneas (producen óvulos e espermatozoides ao mesmo tempo), e entre elas especies nas que, a mesma gónada, chamada ovotestis, produce tanto ovos como esperma; ou secuenciais, unhas protándricas (de novas son machos e logo convértense en femias) e outras protóginas (pasan de femias a machos ao medrar). Asterina gibbosa. Un exemplo de estrela hermafrodita protándrica

Dos productos do desove libre (óvulos e esperma) fórmanse ovos dos que saen larvas

Dos productos do desove libre (óvulos e esperma) fórmanse ovos dos que saen larvas ciliadas nadadoras (larvas pinnarias) que logo evolucionan a larvas braquiloarias e nelas fórmanse as pequenas estrelas. Larva pinnaria Larva brachiolaria Fase final coa pequena estrela case formada

Nas especies incubadoras, os ovos son relativamente grandes e teñen substancias para a alimentación

Nas especies incubadoras, os ovos son relativamente grandes e teñen substancias para a alimentación do embrión, deles saen, case sempre, pequenas estrelas sin fase larval. Son crías «lecitotróficas» , crías que obteñen o alimento do propio ovo. O coidado dos ovos e o desenvolvemento sen fase larval é máis frecuente nas especies de augas frías e de augas profundas, lugares nos que as condicións son pouco favorables para o desenvolvemento larvario, e nas especies pequenas, que producen poucos ovos. Leptasterias tenera. As femias desta estrela, da costa leste dos Estados Unidos, reteñen os ovos fertilizados no estómago pilórico durante a primeira fase do desenvolvemento e logo acollen as larvas brachiolaria debaixo do seu corpo ata que se transforman en pequenas estrelas.

Reproducción asexual Algunhas especies de estrelas de mar tamén se reproducen asexualmente, unhas partindo

Reproducción asexual Algunhas especies de estrelas de mar tamén se reproducen asexualmente, unhas partindo “voluntariamente” o disco e outras autotomizando algúns dos seus brazos. Entre as estrelas de mar que rexeneran un corpo completo a partir de brazos cortados, algunhas poden facelo, incluso a partir de fragmentos de tan só 1 cm de longo. As larvas de varias especies de estrelas de mar tamén teñen a capacidade de reproducirse asexualmente. autotomizando algunhas partes do corpo ou por xemación. Cando existe abundancia de alimentos, as larvas favorecen a reproducción asexual en lugar de desenvolverse directamente. Esto permite que dunha soa larva poidan xurdir varios exemplares completos. A estrela Coscinasterias tenuispina, común nas costas do Atlántico e do Mediterráneo, ten unha gran capacidade de rexeneración e unha reprodución asexual activa, ata o punto que todos os exemplares das costas do Brasil son machos.

Rexeneración Moitas especies de estrelas de mar cando perden un brazo teñen a capacidade

Rexeneración Moitas especies de estrelas de mar cando perden un brazo teñen a capacidade de rexeneralo. Algunhas son quen de volver a producir todo o corpo, incluído o disco central, a partir dun só brazo, mentras que outras necesitan que a parte separada teña polo menos unha pequena parte do disco para poder rexeneralo. As extremidades separadas viven dos nutrientes almacenados ata que volven a ter un disco central cos órganos dixestivos.

cegos dixestivos derme músculos nervio radial pés ambulacrais canle hemal gónadas

cegos dixestivos derme músculos nervio radial pés ambulacrais canle hemal gónadas

Utilidade Só se utilizan ocasionalmente como alimento porque teñen pouco que comer, a maior

Utilidade Só se utilizan ocasionalmente como alimento porque teñen pouco que comer, a maior parte do corpo está ocupado polos osiños estructurais e o resto ten unha alta porcentaxe de auga, a non ser cando as gónadas están madurando os productos reproductores; ademais moitas especies teñen na pel saponinas, de sabor desagradable, e outras toxinas defensivas; ao que hai que engadirlle que ao alimentárense de bivalvos poden transmitir as toxinas que estes conteñan. Espetos de estrela de mar

Na investigación empréganse estrelas da familia Asterinidae no estudo da bioloxía do desenvovemento, e

Na investigación empréganse estrelas da familia Asterinidae no estudo da bioloxía do desenvovemento, e estánse a estudar toxinas e metabolitos de diferentes especies para o seu aproveitamento farmacolóxico e/ou industrial.

Polo atractivo das súas formas e cores, e porque a consistencia da súa estructura

Polo atractivo das súas formas e cores, e porque a consistencia da súa estructura permite a súa conservación, moitas especies son recollidas para ser comercializadas como animais de acuario ou para ser vendidas como recordos, adornos ou curiosidades; o que as está a poñer en perigo. Estrelas nun posto de venda Estrelas nun acuario

Tamén son motivo de inspiración para a creación de elementos útiles e/ou decorativos.

Tamén son motivo de inspiración para a creación de elementos útiles e/ou decorativos.

Hai anos, en poboacións costeiras de Galiza, capturábanse para ser utilizadas como abono agrícola.

Hai anos, en poboacións costeiras de Galiza, capturábanse para ser utilizadas como abono agrícola.

e fixo logo, como sempre, as viaxes para ir velas.

e fixo logo, como sempre, as viaxes para ir velas.

Non esqueceu, por suposto, que como viven no mar tiña que levar consigo as

Non esqueceu, por suposto, que como viven no mar tiña que levar consigo as cousas de mergullar.

Un achegamento aos distintos ordes e familias E percorrendo mares de aquí e de

Un achegamento aos distintos ordes e familias E percorrendo mares de aquí e de acolá tróuxovos estas poucas… hai unhas 1. 800 máis!

ORDEN BRISINGIDA (2 familias, 17 xéneros, 111 especies) As especies deste orden teñen un

ORDEN BRISINGIDA (2 familias, 17 xéneros, 111 especies) As especies deste orden teñen un disco pequeno, ríxido, e entre 6 e 20 brazos longos e delgados con varias filas de espiñas longas. Viven case exclusivamente en augas profundas, aínda que algunhas habitan en augas someiras da Antártida. Aliméntanse de esponxas ou de plancton e de partículas orgánicas en suspensión que capturan formando unha rede coas espiñas e os brazos erguidos.

Familia Brisingidae. Son case todas abisais entre elas están as máis grandes coñecidas. .

Familia Brisingidae. Son case todas abisais entre elas están as máis grandes coñecidas. . Novodinia pacifica

Familia Freyellidae. Case todas as especies desta familia viven en augas antárticas e preto

Familia Freyellidae. Case todas as especies desta familia viven en augas antárticas e preto de Australia. Freyela fragilissima capturando alimento

ORDEN FORCIPULATIDA (6 familias, 63 xéneros, 269 especies) As estrelas deste orden teñen corpos

ORDEN FORCIPULATIDA (6 familias, 63 xéneros, 269 especies) As estrelas deste orden teñen corpos robustos con pés ambulacrais coas puntas planas, e pedicelarios cun talo curto e tres osiños esqueléticos. Inclúe especies comúns das áreas temperadas, e especies de augas frías e abisais. Meyenaster gelatinosus. Estrela de seis brazos das costas de Chile

familia Asteriidae. Acolle á maioría das estrelas de mar das costas de Europa. Son

familia Asteriidae. Acolle á maioría das estrelas de mar das costas de Europa. Son estrelas espiñentas case todas con cinco brazos. estrela de mar común (Asterias rubens). Atóase desde as zonas costeiras ata profundidades de 200 metros, no leste do Atlántico, desde o norte de Europa ata o Senegal. Pode medir entre 25 e 35 cm de diámetro, e vivir ata 10 anos.

Familia Heliasteridae. Inclúe o xénero Heliaster do leste do Pacífico (de California a Chile,

Familia Heliasteridae. Inclúe o xénero Heliaster do leste do Pacífico (de California a Chile, incluíndo as illas do litoral). Teñen o disco grande e os brazos curtos, non menos de 25. Heliaster helianthus das costas de Chile

Familia Labidiasteridae: estrelas grandes de augas frías do sur de América do Sur, a

Familia Labidiasteridae: estrelas grandes de augas frías do sur de América do Sur, a Antártida e as áreas subantárticas dos océanos. Teñen numerosos brazos, de 20 a 50, Labidiaster radiosus

familia Neomorphasteridae. Son estrelas abisais extendidas por todos os océanos. Neomorphaster forcipatus. Átópase en

familia Neomorphasteridae. Son estrelas abisais extendidas por todos os océanos. Neomorphaster forcipatus. Átópase en augas profundas do Atlántico norte.

Familia Pedicellasteridae. Estrelas abisais de ampla distribución. Pedicellaster magister. Atópase nos fondos do Pacífico.

Familia Pedicellasteridae. Estrelas abisais de ampla distribución. Pedicellaster magister. Atópase nos fondos do Pacífico. Mide uns 12 cm de diámetro.

Familia Zoroasteridae. Amplamente distribuídas en profundidades entre 200 e 6. 000 m. Teñen discos

Familia Zoroasteridae. Amplamente distribuídas en profundidades entre 200 e 6. 000 m. Teñen discos reducidos e brazos longos. Poden medir ata 20 cm de diámetro. Son de cores craras, de branca rosada a laranxa. Zoroaster spinulosus. Vive no océano Pacífico

ORDEN PAXILLOSIDA (7 familias, 48 xéneros, 372 especies) Carecen de ano e non teñen

ORDEN PAXILLOSIDA (7 familias, 48 xéneros, 372 especies) Carecen de ano e non teñen ventosas nos pés ambulacrais. Teñen placas marxinais e pedicelarios sésiles. Non teñen a etapa brachiolaria durante o seu desenvolvemento larval. A maioría habitan en zonas de fondos blandos de area ou barro nos que se mergullan.

familia Astropectinidae. Son estrelas de fondos brandos. Non teñen larva brachiolaria. estrela de peine

familia Astropectinidae. Son estrelas de fondos brandos. Non teñen larva brachiolaria. estrela de peine Astropecten polyacanthus, . Vive enterrada no sustrato de zonas pouco profundas dos mares tropicais e subtropicais da rexión Indo-Pacífica. Pode medir ata 20 cm de diámetro. Aliméntase de detritus e moluscos. Dispón dunha potente neurotoxina.

familia Ctenodiscidae un xénero: Ctenodiscus con 5 especies australis, caudatus, crispatus, orientalis e procurator.

familia Ctenodiscidae un xénero: Ctenodiscus con 5 especies australis, caudatus, crispatus, orientalis e procurator. Son estrelas pequenas de augas profundas co disco grande e os radios curtos. Ctenodiscus crispatus

Familia Goniopectinidae. Estrelas de fondos brandos cos brazos longos de sección case cadrada. Prionaster

Familia Goniopectinidae. Estrelas de fondos brandos cos brazos longos de sección case cadrada. Prionaster elegans. Atópase no Golfo de México en fonduras de 50 a 100 m. Mide entre 12 e 14 cm de diámetro.

familia Luidiidae co xénero Luidia de estrelas grandes de hábitos nocturnos, de día permanecen

familia Luidiidae co xénero Luidia de estrelas grandes de hábitos nocturnos, de día permanecen soterradas. estrela de nove brazos (Luidia senegalensis). Vive no oeste do Océano Atlántico, desde Florida ata o sur do Brasil, en fondos brandos de lugares protexidos de ata 40 m de profundidade. Pode medir ata 40 cm de diámetro.

familia Porcellanasteridae. Son estrelas pequenas co disco pentagonal e cinco brazos curtos redondeados que

familia Porcellanasteridae. Son estrelas pequenas co disco pentagonal e cinco brazos curtos redondeados que viven entre os 4. 000 e os 8. 000 m de fondura, no sur dos océnos Atlántico e Pacífico. Eremicaster pacificus. Mide uns 4 cm de diámetro

Familia Pseudarchasteridae. Atópanse nas costas da metade norte do oeste do Atlántico, arredor do

Familia Pseudarchasteridae. Atópanse nas costas da metade norte do oeste do Atlántico, arredor do Pacífico e en augas próximas á Antártida. Pseudarchaster parelii. Mide uns 13 cm de diámetro

familia Radiasteridae. Estrelas pequenas, pouco coñecidas, que viven en zonas profundas. Radiaster gracilis. Atópase

familia Radiasteridae. Estrelas pequenas, pouco coñecidas, que viven en zonas profundas. Radiaster gracilis. Atópase arredor de Nova Zelandia.

ORDEN NOTOMYOTIDA (1 familia, 8 xéneros, 75 especies) Viven en augas profundas.

ORDEN NOTOMYOTIDA (1 familia, 8 xéneros, 75 especies) Viven en augas profundas.

Familia Benthopectinidae benthopecten pectinifer. Atópase a grandes profundidades, no Pacífico, preto das costas de

Familia Benthopectinidae benthopecten pectinifer. Atópase a grandes profundidades, no Pacífico, preto das costas de Centroamérica.

ORDEN SPINULOSIDA (1 familia, 8 xéneros, 121 especies) A maioría das especies deste orde

ORDEN SPINULOSIDA (1 familia, 8 xéneros, 121 especies) A maioría das especies deste orde teñen un disco pequeno e cinco brazos cilíndricos largos, carecen de pedicelarios, e un esqueleto delicado con placas marxinais pequenas, e numerosos grupos de espiñas baixas na superficie aboral (superior).

familia Echinaster estrela vermella (Echinaster sepositus). Atópase desde o litoral aos 250 m de

familia Echinaster estrela vermella (Echinaster sepositus). Atópase desde o litoral aos 250 m de profundidade, no Atlántico, entre o Ecuador e a Canle da Mancha, e no Mediterráneo. Pode medir ata 20 cm de diámetro.

ORDEN VALVATIDA (16 familias, 172 xéneros, 695 especies) Abrangue especies pequenas, con só uns

ORDEN VALVATIDA (16 familias, 172 xéneros, 695 especies) Abrangue especies pequenas, con só uns poucos milímetros de diámetro, xénero Asterina, e especies que poden acadar ata 75 cm, xénero Thromidia. Casi todas teñen cinco brazos e dúas ringleiras de pés ambulacrais con ventosas.

familia Acanthasteridae un xénero, Acanthaster con 4 especies. Viven nos arrecifes de coral dos

familia Acanthasteridae un xénero, Acanthaster con 4 especies. Viven nos arrecifes de coral dos mares tropicais, Indo-Pacífico e Mar Vermello. Son estrelas grandes, de ata 70 cm de diámetro e varios kg de peso, cun disco central grande e numerosos brazos. Aliméntanse dos pólipos dos corais, esponxas, moluscos… coroa de espiñas ou acantáster púrpura (Acanthaster planci). Mide de 25 a 35 cm de diámetro , pero pode chegar case ao doble. Aliméntase de pólipos de coral, chegando a converterse en praga nos arrecifes.

familia Archasteridae. Con un xénero (Archaster) de aguas pouco profundas do Indo. Pacifico tropical.

familia Archasteridae. Con un xénero (Archaster) de aguas pouco profundas do Indo. Pacifico tropical. Críanse como animais de acuario. Archaster tipicus. Atópase en fondos de area da rexión Indo– Pacífica desde os 0 aos 60 m de fondura. Mide de 12 a 15 cm de diámetro. Aliméntase de moluscos e de restos.

familia Asterinidae. Inclúe 25 xéneros e 150 especies. Son estrelas xeralmente pequenas cos brazos

familia Asterinidae. Inclúe 25 xéneros e 150 especies. Son estrelas xeralmente pequenas cos brazos curtos as especies abisais poden chegar aos 45 cm de diámetro. A maioría das especies aliméntanse de restos, algas e bacterias que cubren o sustrato. estrela morcego (Patiria miniata). Vive desde a zona intermareal ata os 80 m de profundidade, no Pacífico, entre Alaska e a Baixa California. Aliméntase de algas, detritus e carroña. Presenta cores variadas e adoita ter 5 brazos, pero pode ter máis. Non ten pedicelarios e protexe a pel coa corriente que crean os cilios que a cubren.

familia Asterodiscididae. Estrelas de disco groso e brazos curtos, cubertas de placas a xeito

familia Asterodiscididae. Estrelas de disco groso e brazos curtos, cubertas de placas a xeito de botóns, dos arrecifes da rexión Indo-Pacífica. Asterodiscides truncatus. Vive nos arrecifes australianos entre os 10 e os 800 m de fondura. Mide uns 10 cm de diámetro.

familia Asteropseidae. cos xéneros Asteropsis, Dermasterias, Petricia, Poraniella, Valvaster de estrelas tropicais do disco

familia Asteropseidae. cos xéneros Asteropsis, Dermasterias, Petricia, Poraniella, Valvaster de estrelas tropicais do disco groso e brazos curtos. Asteropsis carinifera. Atópase nos arrecifes de coral dos océanos Índico e Pacífico, entre os 3 e os 50 m de profundidade.

familia Chaetasteridae. un xénero Chaetaster. Estrela elegante (Chaetaster longipes). Vive no Atlántico oriental dos

familia Chaetasteridae. un xénero Chaetaster. Estrela elegante (Chaetaster longipes). Vive no Atlántico oriental dos 30 aos 1. 000 m de profundidade pode medir uns 30 cm de diámetro. Aliméntase de moluscos e de detritus.

familia Ganeriidae. Formada por 10 xéneros e 22 especies. Perknaster aurorae. Vive en fondos

familia Ganeriidae. Formada por 10 xéneros e 22 especies. Perknaster aurorae. Vive en fondos de pedras e barro dos mares subantárticos, onde hai esponxas das que se alimenta, entre os 18 e os 300 m de profundidade. Pode medir ata 40 cm de diámetro.

familia Goniasteridae. Está formada por máis de 60 xéneros e 250 especies. estrela de

familia Goniasteridae. Está formada por máis de 60 xéneros e 250 especies. estrela de mármore ou estrela de pérola (Fromia monilis). Atópase entre 0 e 40 metros de profundidade en fondos areosos e rochosos de lagoas protexidas de arrecifes do Indo. Pacífico, incluíndo a costa oriental de África e o mar Vermello. Mide de 7, 5 a 10 cm. aliméntase de microoganismos e de fitoplanto.

familia Leilasteridae 2 xéneros con 4 especies subantárticas e das costas do Pacífico Mirastrella

familia Leilasteridae 2 xéneros con 4 especies subantárticas e das costas do Pacífico Mirastrella biradialis. Atópase nos mares fríos da Antártida.

familia Mithrodiidae. Formada por 2 xéneros, Thromidia e Mithrodia, e sete especies. Son estrelas

familia Mithrodiidae. Formada por 2 xéneros, Thromidia e Mithrodia, e sete especies. Son estrelas de gran tamaño, e das de máis peso, dos arrecifes. Estrela do mar claveada (Mithrodia clavigera). Vive en arrecifes de coral do Indo-Pacífico tropical, desde o mar Vermello ata a Polinesia, entre os 5 e os 80 m de 3 fondura. Mide entre 30 e 80 cm de diámetro. Aliméntase de outros animais.

familia Odontasteridae. Está formada por 6 xéneros de estrelas de disco groso e brazos

familia Odontasteridae. Está formada por 6 xéneros de estrelas de disco groso e brazos curtos. Odontaster validus. É a estrela do mar máis común da Antártida. Pode medir ata uns 10 cm de diámetro. Tarda de 3 a 6 anos en facerse adulta, pero pode vivir 100 anos.

familia Ophidiasteridae. Ten uns 30 xéneros que se poden atopar tanto no Atlántico como

familia Ophidiasteridae. Ten uns 30 xéneros que se poden atopar tanto no Atlántico como na rexión Indo-Pacífica, na que son máis variadas e numerosas. Moitos dos xéneros desta familia teñen cores brillantes e patróns chamativos, que se cre que lle serven para protexerse dos depredadores. Algunhas especies teñen unha gran capacidade de rexeneración. Poden reproducirse por completo a partir de só unha parte de un brazo. estrela de mar exipcia (Gomophia egyptiaca ). Vive no mar Vermello, no océano Índico e na costa oeste do Pacífico. Aliméntase de algas e de detritus. Unha especie do xénero Linckia rexenerando o corpo a partir de un brazo

familia Oreasteridae. Está formada por uns 20 xéneros de estrelas de cores, con espiñas,

familia Oreasteridae. Está formada por uns 20 xéneros de estrelas de cores, con espiñas, co disco grande e abombado, case todas viven nos océanos Índico e Pacífico. Aliméntanse de pequenos animais, restos e materia orgánica. estrela almofada vermella (Oreaster reticulatus). Atópase nas illas de Cabo Verde e no Atlántico occidental, desde o sur dos E. E. U. U. ata o Brasil, por todo o Golfo de México e as illas do Caribe, desde 0 a 70 m de profundidade. Mide máis de 20 cm de diámetro. É omnívora. Coida os ovos. É unha estrela coñecida porque se venden, secas ou pintadas, como obxectos decorativos. Este costume fixo que fora sobrexplotada e hoxe sexa dificil de atopar en moitos lugares.

familia Podosphaerasteridae Podosphaeraster toyoshiomaruae. Estrela moi pequena que vive asociada a esponxas no sur

familia Podosphaerasteridae Podosphaeraster toyoshiomaruae. Estrela moi pequena que vive asociada a esponxas no sur do Xapón.

familia Poraniidae. Teñen a superficie aboral cuberta de pel grosa sen espiñas nen pedicelarios.

familia Poraniidae. Teñen a superficie aboral cuberta de pel grosa sen espiñas nen pedicelarios. 10 xéneros e unhas 20 especies. estrela do mar espiñenta (Poraniopsis inflata). É nativa da costa occidental de América do Norte. Mide uns 16 centímetros de diámetro. Aliméntase de esponxas.

familia Solasteridae. Está formada por 9 xéneros e máis de 50 especies de estrelas

familia Solasteridae. Está formada por 9 xéneros e máis de 50 especies de estrelas co disco grande e numerosos brazos curtos (estrelas sol) que viven en fondos rochosos ou de grava. Estrela sol común (Crossaster paposus). Vive no norte dos océanos Atlántico e Pacífico. Pode chegar aos 40 cm de diámetro.

ORDEN VELATIDA. (4 familias, 15 xéneros e unhas 150 especies). Son case todas estrelas

ORDEN VELATIDA. (4 familias, 15 xéneros e unhas 150 especies). Son case todas estrelas de augas profundas e de augas frías. Moitas delas teñen distribución global. A maioría teñen esqueletos pouco desenvolvidos. Pythonaster sp.

Familia Caymanostellidae Son estrelas con discos grandes e corpos grosos. Que viven nas zonas

Familia Caymanostellidae Son estrelas con discos grandes e corpos grosos. Que viven nas zonas abisais dos océanos Atlántico e Pacífico.

Familia Korethrasteridae. pequenas estrelas bentónicas de augas tropici¡ais. Remaster palmatus. Vive no Atlántico centro

Familia Korethrasteridae. pequenas estrelas bentónicas de augas tropici¡ais. Remaster palmatus. Vive no Atlántico centro occidental.

Familia Myxasteridae co xénero Myxaster. Son estrelas abisais pouco coñecidas que viven a máis

Familia Myxasteridae co xénero Myxaster. Son estrelas abisais pouco coñecidas que viven a máis de 1. 000 m de profundidade. Asthenactis papyraceus

Familia Pterasteridae cos xéneros Pteraster, Hymenodiscus, Diplopteraster, Retaster. estrela de limo (Pteraster tesselatus ).

Familia Pterasteridae cos xéneros Pteraster, Hymenodiscus, Diplopteraster, Retaster. estrela de limo (Pteraster tesselatus ). Vive no Pacífico Norte, en zonas rochosas de forte corrente ata case 1. 000 m de profundidade. Mide ata 15 cm de diámetro. Aliméntase de esponxas, ascidias e moluscos. Cando son atacadas producen unha gran cantidade de moco repelente e tóxico.

Cales son os enemigos das estrelas do mar Hai estrelas de mar que comen

Cales son os enemigos das estrelas do mar Hai estrelas de mar que comen a outras estrelas de mar, algúns peixes grandes, as gaivotas, as londras … algúns cangrexos aproveitan os cadáveres ou comen partes escindidas, pero non se atreven coas estrelas grandes porque poden ser comidos por elas.

Bechos que parecen, pero non son, estrelas do mar

Bechos que parecen, pero non son, estrelas do mar

Ofiuras ou ofiuroideos (Ophiuroidea). Son equinodermos co corpo aplanado formado por un disco central

Ofiuras ou ofiuroideos (Ophiuroidea). Son equinodermos co corpo aplanado formado por un disco central redondeado e cinco brazos largos, finos e articulados. Pódense atopar desde o intermareal ata as maiores profundidades dos océanos. Aliméntanse de pequenos animais, detritus e partículas en suspensión. A boca está formada por cinco placas móbiles, que actúan como mandíbulas, e non teñen orificio anal. Teñen células fotorreceptoras enriba do disco central polo que fuxen da luz. Existen unhas 2. 000 especies. Ophiura ophiura

Comátulas. Son un orde de crinoideos (Crinoidea) que inclúe unhas 600 especies de organismos

Comátulas. Son un orde de crinoideos (Crinoidea) que inclúe unhas 600 especies de organismos formados por un disco central en forma de copa, coa boca e o ano na parte de arriba, e numerosos brazos, os de algunhas especies ramificados e os de todas con longas pínnulas que lle dan o aspecto de plumas polo que tamén son coñecidas com "estrelas con plumas". Antedon bifida

E despois de buscar deu rematado o traballo. Canso pero contento e mollado de

E despois de buscar deu rematado o traballo. Canso pero contento e mollado de arriba abaixo. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta