Mon Daporta Os medos de Fiz COUSIAS FEITAS Slides: 31 Download presentation Mon Daporta Os medos de Fiz COUSIÑAS FEITAS NA CASA Fiz vivía nun mundo de medos. Asustábano as cousas grandes e os ruídos, polo día e canto soaba ou se remexía… pola noite. Cada luz, cada sombra, cada son, por pequeno que fora, poñíao a tremer Asustábanno tamén: o medo que vivía dentro do armario, o de debaixo da cama e os medos que vivían dentro, debaixo, detrás, ou na sombra de canta cousa había no seu cuarto e fóra del… Ao pouco foinos “domeñando”. Aos de dentro, comprobando que se preocupaba sen motivo, e aos de fóra, pechando a porta e baixando a persiana ao tope para que non poideran entrar. Aínda que algún, sobre todo nas noites de mal tempo, o amolaba batendo na persiana ou producindo sons que lle daban arrepíos. Pero de todos os medos, o que lle daba máis medo era o medo que asustaba aos outros medos, o medo que os facía estar quedos e calados, o medo que máis o asustaba era o silencio!! Andando o tempo foille poñendo a cada un o seu nome: “vento nas árbores”, “porta que se bate”, “coche que pasa”, “cacharro que cai”, “cousa que escacha”, “foguete da festa”, … e os medos foron desaparecendo. Ata aquel medo que asustaba aos medos, mudou de medo en amigo, e agora busca o silencio cando quere tranquilidade para facer as súas cousas.