AS LIDEIRAS DE ROQUE Mon Daporta Psitaciformes COUSIAS

  • Slides: 68
Download presentation
AS LIDEIRAS DE ROQUE Mon Daporta Psitaciformes COUSIÑAS FEITAS NA CASA

AS LIDEIRAS DE ROQUE Mon Daporta Psitaciformes COUSIÑAS FEITAS NA CASA

Iba o outro día Roque facendo unha camiñada cando escoitou un paxaro a falar

Iba o outro día Roque facendo unha camiñada cando escoitou un paxaro a falar con voz humana.

Que prodixio! -pensou Roque- Como é que tal pode ser? Andaba un pouco desocupado

Que prodixio! -pensou Roque- Como é que tal pode ser? Andaba un pouco desocupado e xa atopou que facer.

Todos sabedes como é. “Cousa nova”… a investigar!. Quería saber que era aquelo e

Todos sabedes como é. “Cousa nova”… a investigar!. Quería saber que era aquelo e como, e por qué, podía falar.

“Psitaciformes” vaia nome foi topar …e iso só para empezar

“Psitaciformes” vaia nome foi topar …e iso só para empezar

As psitaciformes (Psittaciformes), un orde que inclúe uns 86 xéneros con máis de 350

As psitaciformes (Psittaciformes), un orde que inclúe uns 86 xéneros con máis de 350 especies, son aves que viven principalmente nas zonas tropicais e subtropicais aínda que hai algunhas especies que viven en zonas temperadas de América do Sur, de Nova Zelandia e do sur de Asia. Actualmente, exemplares fuxidos da cautividade, crían, e teñen poboacións numerosas, en moitas localidades dos Estados Unidos e en varios países de Europa como o Reino Unido, Bélxica, Holanda, España…

Son aves de cores chamativas, predominantemente verdes e/ou de moitas cores, unhas producidas por

Son aves de cores chamativas, predominantemente verdes e/ou de moitas cores, unhas producidas por pigmentos e outras polo reflexo da luz nas estructuras das plumas.

Microloro pusio Guacamaio azul O tamaño das especies oscila entre os 8 cm e

Microloro pusio Guacamaio azul O tamaño das especies oscila entre os 8 cm e 10 g do microloro pusio, e o metro de lonxitude do guacamaio azul e os catro kg do kákapu. Kakapu

Teñen a cabeza grande co peteiro forte, curvado cara abaixo, unha lingua musculosa con

Teñen a cabeza grande co peteiro forte, curvado cara abaixo, unha lingua musculosa con gran mobilidade e os ollos en posición lateral que lle proporcionan un amplo campo visual.

Adoitan pousar co corpo erguido e teñen as patas prensís, zigodáctilas (con dous dedos

Adoitan pousar co corpo erguido e teñen as patas prensís, zigodáctilas (con dous dedos cara adiante e os outros dous cara atrás), que lle dan unha gran capacidade de agarre e facilidade para o manexo de materiais.

Voan, unhas rápido e en liña recta e outras lentamente, aínda que case todas

Voan, unhas rápido e en liña recta e outras lentamente, aínda que case todas pasan moito tempo pousadas

…ou gabeando polas árbores, ás veces axudándose co peteiro.

…ou gabeando polas árbores, ás veces axudándose co peteiro.

No chan, ao teren as patas curtas, teñen un andar bamboleante.

No chan, ao teren as patas curtas, teñen un andar bamboleante.

Parella de xandaia amarela Parella de loro eclecto o macho, verde, diante e a

Parella de xandaia amarela Parella de loro eclecto o macho, verde, diante e a femia, vermella, detrás. A maioría das psitaciformes teñen pouco ou ningún dimorfismo sexual, aínda que nalgunhas especies o macho é un algo máis robusto que a femia. O dimorfismo máis extremo dase nas parellas de loro eclecto.

Aliméntanse principalmente de sementes, froitos, brotes e outras materias vexetais, pero tamén as hai

Aliméntanse principalmente de sementes, froitos, brotes e outras materias vexetais, pero tamén as hai carroñeiras e cazadoras. As máis pequeniñas comen néctar, pole e froita branda.

Adoitan ser monógamas. Casi todas aniñan en ocos de árbores ou tobos en cantís

Adoitan ser monógamas. Casi todas aniñan en ocos de árbores ou tobos en cantís e poñen ovos de cor branca dos que nacen polos pouco desenvolvidos.

Moitas psitaciformes adoitan comezar a chocar os ovos case desde o comezo da posta,

Moitas psitaciformes adoitan comezar a chocar os ovos case desde o comezo da posta, e como consecuencia desto os polos nacen con días de diferencia entre eles polo que é normal ver unha rolada con polos en diferentes estados de desenvolvemento.

O nacemento escalonado permite que, no caso de que escasee o alimento, sobrevivan algunhas

O nacemento escalonado permite que, no caso de que escasee o alimento, sobrevivan algunhas crías, sempre as máis desenvolvidas.

Bando de pericos silvestres en Australia Adoitan moverse en grupos máis ou menos numerosos

Bando de pericos silvestres en Australia Adoitan moverse en grupos máis ou menos numerosos chegando nalgúns casos a formar grandes bandos.

Algunhas das especies de gran tamaño (loros, cacatúas grandes, guacamaios e amazonas) poden vivir

Algunhas das especies de gran tamaño (loros, cacatúas grandes, guacamaios e amazonas) poden vivir ata 80 años, coñécense casos de exemplares que acadaron os cen anos, mentras que as máis pequenas (periquitos, inseparables, …) viven de 15 a 20 anos. Loro de idade avanzada

As psitaciformes, polo chamativo das súas cores, as súas habilidades e pola capacidade que

As psitaciformes, polo chamativo das súas cores, as súas habilidades e pola capacidade que teñen algunhas especies de imitar a voz humana, son mascotas populares. Ao longo da historia as súas plumas coreadas foron, e seguen a ser usadas como elementos decorativos e/ou de ceremonial. Touca dun ceremonial de iniciación dunha tribu da amazonía. Loro mascota

Das 372 especies de psitaciformes vivas, 130 están clasificadas por la UICN como ameazadas

Das 372 especies de psitaciformes vivas, 130 están clasificadas por la UICN como ameazadas ou case ameazadas, e delas, 16, considéranse en perigo crítico de extinción. As psitaciformes son o grupo de aves silvestres máis explotado: o tráfico ilegal de especies, a destrucción dos seus hábitats e a caza son os principais riscos aos que teñen que enfrontarse as súas poboacións.

Pero… Por qué son quen de falar? A maneira de sabelo foi seguir a

Pero… Por qué son quen de falar? A maneira de sabelo foi seguir a investigar.

Os loros son animais cunha gran capacidade de imitación e teñen ademais cualidades e

Os loros son animais cunha gran capacidade de imitación e teñen ademais cualidades e hábitos favorables para o desenvolvemento da intelixencia: son animais sociables e lonxevos. A vida en sociedade permite, e require, para o funcionamento do grupo, o recoñecemento e a comunicación para que sexa posible a interactuacíon entre os membros do mesmo; e a lonxevidade implica a oportunidade de vivir un grande número de experiencias e a posibilidade de transmitir os coñecementos adquiridos con elas.

Si temos en conta que tamén dispón dun órgano emisor de sons (a sirinxe,

Si temos en conta que tamén dispón dun órgano emisor de sons (a sirinxe, propia das aves) e unha lingua grosa e cunha gran capacidade de movemento que lle permite modular os sons que emite. E se a todo o anterior lle engadimos longas sesións de adestramento, xa nos atopamos moi preto de chegar á conclusión de por que son quen de emitr sons que remedan aos da voz humana.

Ata hai pouco pensábase que a emisión de sons por parte dos loros era

Ata hai pouco pensábase que a emisión de sons por parte dos loros era só cousa de imitación (repetición de forma mecánica de sons do seu entorno) e as respostas acaídas resultado da asociación estímulo-resposta (comunicación por asociación pero comunicación sen comprensión), pero dende hai xa un tempo os estudos demostran que a especial constitución do seu cerebro (con áreas relacionadas coa aprendizaxe) fai posible que algúns loros dispoñan dun nivel intelectual da altura dun neno pequeno.

E posto xa a buscar quixo saber algo máis, e ver parecidos, diferencias… e

E posto xa a buscar quixo saber algo máis, e ver parecidos, diferencias… e como son os que hai.

O orden Psitaciformes (Loros, cacatúas, afíns e semellantes) subdivídese en tres superfamilias: Psittacoidea (loros

O orden Psitaciformes (Loros, cacatúas, afíns e semellantes) subdivídese en tres superfamilias: Psittacoidea (loros típicos ou papagaios), Cacatuoidea (cacatúas) e Strigopoidea (loros de Nova Zelandia). Psitacoidea Strigopoidea Cacatuoidea

Superfamilia Strigopoidea. (Loros de Nova Zelandia) Un grupo con características diferenciadas que evolucionou illado

Superfamilia Strigopoidea. (Loros de Nova Zelandia) Un grupo con características diferenciadas que evolucionou illado en Nova Zelandia. Familia Nestoridae: 2 xéneros, dúas especies : kea e kaka. (na imaxe un kea) Familia Strigopidae: kakapo ou kákapu (Strigops habroptilus). É o único loro non voador e ten hábitos nocturnos. Atópase en perigo de extinción.

Superfamilia Cacatuoidea. (Cacatúas) Son facilmente reconocibles pola “crista” de plumas que erguen a vontade

Superfamilia Cacatuoidea. (Cacatúas) Son facilmente reconocibles pola “crista” de plumas que erguen a vontade para expresar o seu estado de ánimo. familia Cacatuidae. Formada por 21 especies distribuidas por Australasia: desde Filipinas e as illas de Indonesia Oriental ata Nova Guiné, Australia e as illas Salomón. Subfamilia Nymphicinae: 1 especie a cacatúa ninfa. Subfamilia Calyptorhynchinae: cacatúas negras. Subfamilia Cacatuinae: as demais cacatúas.

Psittacoidea . psitacoideos ou loros típicos. O grupo divídese en tres familias e contén

Psittacoidea . psitacoideos ou loros típicos. O grupo divídese en tres familias e contén máis de 330 especies Psittacidae (loros de América e África) Psittrichasiidae (loro aguileño e afíns) Psittaculidae (loros de Asia e Oceanía e especies pequenas de África)

E buscando, buscando tamén atopou outras cousas: unhas interesantes, outras chamativas, e fotos curiosas

E buscando, buscando tamén atopou outras cousas: unhas interesantes, outras chamativas, e fotos curiosas

A especie de loro coa que máis se experimentou: o loro iaco ou loro

A especie de loro coa que máis se experimentou: o loro iaco ou loro gris africano

Os lorículos, uns pequenos loros asiáticos, son as únicas aves que se poñen cabeza

Os lorículos, uns pequenos loros asiáticos, son as únicas aves que se poñen cabeza abaixo para durmir.

Os loros e as cacatúas, adestrados, son quen de adquirir curiosas habilidades,

Os loros e as cacatúas, adestrados, son quen de adquirir curiosas habilidades,

ter curiosas amistades

ter curiosas amistades

e adoptar curiosas actitudes.

e adoptar curiosas actitudes.

Pero a cousa foise enleando, e detrás de unha veu outra, ata armar estes

Pero a cousa foise enleando, e detrás de unha veu outra, ata armar estes traballiños no que xuntou a “xenea” toda. .

As especies

As especies

Strigopoidea. (Loros de Nova Zelandia) Unha familia con características diferenciadas que evolucionou illada en

Strigopoidea. (Loros de Nova Zelandia) Unha familia con características diferenciadas que evolucionou illada en Nova Zelandia.

kea (Nestor notabilis). É endémico dos bosques, pasteiros e matos da zona alpina da

kea (Nestor notabilis). É endémico dos bosques, pasteiros e matos da zona alpina da Illa Sur de Nova Zelandia. Mide arredor de 46 cm. O macho é un algo máis grande cá femia, pesa arredor de 1. 000 g (a femia 800 g), e ten o peteiro máis longo. Aliméntase principalmente de vexetais (bagas e brotes), pero tamén come insectos e carroña. Fan o niño en buratos do chan ou entre pedras e poñen catro ovos que choca a femia entre 22 e 24 días (durante este tempo o macho traille comida). Os polos independízanse ao teren de 90 a 100 días de vida e fanse adultos aos tres anos.

kaka (Nestor meridionalis). Nativo das terras baixas e de altitude media dos bosques de

kaka (Nestor meridionalis). Nativo das terras baixas e de altitude media dos bosques de Nova Zelandia. Mide uns 45 cm de longo e pesa de 390 a 560 g. É un loro son principalmente arbóreo e móvese en grupos. Aliméntase de froitas, sementes, flores, brotes, néctar, savia, e invertebrados. Fai os niños en ocos de árbores e pon de 2 a 4 ovos. Coñécense dúas subespecies, o kaka da Illa Norte (Nestor meridionalis septentrionalis) e o kaka da Illa Sur (Nestor meridionalis).

kakapo ou kákapu (Strigops habroptilus). Endémico de Nova Zelandia, é o único loro non

kakapo ou kákapu (Strigops habroptilus). Endémico de Nova Zelandia, é o único loro non voador e ten hábitos nocturnos. Os machos poden medir ata 60 cm e pesar entre 3 e 4 kg, (as femias son algo máis pequenas e menos robustas ca os machos) e poden acumular graxa corporal para illarse do frío. Aliméntanse dunha gran variedade de plantas, sementes e froitas. Non voan pero empregan as ás para planear desde o alto das árbores, ás que gabean coa axuda do peteiro, e teñen as patas fortes que lle permiten correr bastante rápido. Para atraer ás femias os machos reúnense e pelexan entre eles. Logo a femia fai un niño no chan no que pon un ou dous ovos, dos que se ocupa ela soa: chócaos uns 30 días e alimenta aos pitos entre 70 e 90 días máis, aínda que seguen preto dela ata os seis meses. Fanse adultos a partir dos cinco ou seis anos e non crían todos os anos. Poden vivir entre 90 e 120 anos. Atópanse en perigo crítico de extinción. Despois de varias campañas de recuperación só se coñecen uns 150 exemplares vivos.

Cacatuoidea (Cacatúas) Cacatuidae. Familia formada por 21 especies distribuida principalmente por Australasia: desde Filipinas

Cacatuoidea (Cacatúas) Cacatuidae. Familia formada por 21 especies distribuida principalmente por Australasia: desde Filipinas e as illas de Indonesia Oriental ata Nova Guiné, Australia e as illas Salomón. Son facilmente reconocibles pola “crista” de plumas que erguen a vontade para expresar o seu estado de ánimo.

cacatúa ninfa, cocotilla ou carolina (Nymphicus hollandicus). É endémica de Australia onde vive en

cacatúa ninfa, cocotilla ou carolina (Nymphicus hollandicus). É endémica de Australia onde vive en espazos abertos preto da auga. Mide entre 25 e 33 cm dos que case a metade son de rabo, caso único entre as cacatúas. Aniña en furados das árbores onde pon de 4 a 7 ovos que chocan, macho e femia, entre 17 e 22 días e logo alimentan ás crías uns dous meses. Son adultos ao ano de vida e poden durar de 20 a 25 anos. É unha ave común como mascota, e como resultado desta cría e selección en cautividade coñécense numerosas variacións de cor. Arriba exemplares silvestres, e variables de cor producto da cría en cautividade, abaixo

cacatúa fúnebre de peteiro longo (Calyptorhynchus baudinii). É endémica dos bosques densos do suroeste

cacatúa fúnebre de peteiro longo (Calyptorhynchus baudinii). É endémica dos bosques densos do suroeste de Australia. Mide uns 56 cm de longo.

cacatúa fúnebre de peteiro curto (Calyptorhynchus latirostris). É endémica do suroeste de Australia.

cacatúa fúnebre de peteiro curto (Calyptorhynchus latirostris). É endémica do suroeste de Australia.

cacatúa fúnebre de rabo amarelo (Calyptorhynchus funereus). Nativa do surleste de Australia. Pode medir

cacatúa fúnebre de rabo amarelo (Calyptorhynchus funereus). Nativa do surleste de Australia. Pode medir de 55 a 65 cm de longo.

cacatúa de rabo vermello (Calyptorhynchus banksii). Vive nas partes máis secas de Australia. É

cacatúa de rabo vermello (Calyptorhynchus banksii). Vive nas partes máis secas de Australia. É abundante e está moi extendida. No norte do país está considerada unha plaga para a agricultura. Miden arredor de 60 centímetros de longo. Recoñécense cinco subespecies que se diferencian polo tamaño do peteiro. Parella, macho á dereita

cacatúa lustrosa (Calyptorhynchus lathami). Habita nos bosques do leste de Australia. Existen tres subespecies

cacatúa lustrosa (Calyptorhynchus lathami). Habita nos bosques do leste de Australia. Existen tres subespecies distintas Parella, macho á dereita

cacatúa das palmas, cacatúa goliat ou gran cacatúa negra (Probosciger aterrimus). Habita nas selvas

cacatúa das palmas, cacatúa goliat ou gran cacatúa negra (Probosciger aterrimus). Habita nas selvas de Nova Guiné e no norte de Queensland, en Australia. Mide entre 49 e 68 cm, é unha das especies máis grandes, e pesa de 500 a 1. 000 gr, os machos son os máis grandes e pesados. Aliméntase de froitos, sementes e outras partes dos vexetais. Pon un só ovo nun furado dunha árbore que incuban o macho e a femia. Os polos nacen uns 30 días despois. Pode vivir máis de 80 anos. Coñécense varias subespecies. Parella, macho detrás

cacatúa gang-gang (Callocephalon fimbriatum). Vive nos bosques do extremo suroriental de Australia. Mide de

cacatúa gang-gang (Callocephalon fimbriatum). Vive nos bosques do extremo suroriental de Australia. Mide de 33 a 35 cm e pesa entre 250 e 330 gr. Pode vivir máis de 60 anos. Parella, macho á dereita

cacatúa Galah (Eolophus roseicapilla). É a cacatúa máis extendida por Australia. Está considerada unha

cacatúa Galah (Eolophus roseicapilla). É a cacatúa máis extendida por Australia. Está considerada unha plaga para a agricultura. Poden vivir uns 40 anos. As novas pasan os primeiros dous ou tres anos en grandes bandadas. Coñécense 3 subespecies

Cacatúa rosa (Lophocroa leadbeateri). É unha cacatúa de tamaño médio que vive en áreas

Cacatúa rosa (Lophocroa leadbeateri). É unha cacatúa de tamaño médio que vive en áreas áridas e semiáridas do interior da Austrália. Aliméntase basicamente de vexetais.

cacatúa branca (Cacatua alba). Nativa das illas Molucas. É unha ave branca con ollos

cacatúa branca (Cacatua alba). Nativa das illas Molucas. É unha ave branca con ollos castaños ou negros e o peteiro gris cinza. Pode vivir ata 80 anos. A femia mide uns 48 cm e pesa cerca de 400 gr; o macho ten a cabeza máis longa, o peteiro máis grande, e pode pesar ata 800 gr.

cacatúa das molucas ou cacatúa de crista cor salmón (Cacatua moluccensis). Vive nas costas,

cacatúa das molucas ou cacatúa de crista cor salmón (Cacatua moluccensis). Vive nas costas, montañas e selvas das illas Molucas. É a cacatúa branca de maior tamaño. Mide entre 46 e 52 cm e pode pesar ata 900 gr. A femia adoita ser máis grande ca o macho. Aliméntase de sementes, froitas e posiblemente insectos e larvas. Pon 2 ovos que incuba uns 30 días. Pode vivir 50 anos e está ameazada de extinción

Cacatúa de ollos azuis (Cacatua ophthalmica). É endémica dos bosques das terras baixas dun

Cacatúa de ollos azuis (Cacatua ophthalmica). É endémica dos bosques das terras baixas dun arquipélago de Papua Nova Guiné. Mide ata 50 cm de longo. Recoñécese polo peteiro negro e a cor azul clara da pel de arredor dos ollos.

cacatúa sulfúrea ou cacatúa de crista amarela (Cacatua sulphurea). Nativa do sur de Indonesia

cacatúa sulfúrea ou cacatúa de crista amarela (Cacatua sulphurea). Nativa do sur de Indonesia e illas próximas. Mide de 32 n a 35 cm de longo e pesa arredor dos 350 gr. Pon 2 ou 3 ovos que choca durante 25 a 27 días. Os polos saen aos dous meses. Coñécense catro subespecies. Atópase en perigo de extinción.

cacatúa de moño amarillo ou cacatúa galerita (Cacatua galerita). Vive nos bosques tropicais e

cacatúa de moño amarillo ou cacatúa galerita (Cacatua galerita). Vive nos bosques tropicais e subtropicais de Australia, Papúa Nova Guiné e Indonesia. Mide uns 50 cm e pode pesar ata 900 g. pon de 1 a 3 ovos que chocan uns 30 días.

cacatúa sanguínea (Cacatua ou Licmetis sanguinea). Vive en zonas de sabana, mato e pasteiros

cacatúa sanguínea (Cacatua ou Licmetis sanguinea). Vive en zonas de sabana, mato e pasteiros de Australia e Nova Guiné. Mide de 35 a 40 cm e pesa unha media de 500 gr.

cacatúa cavadora (Cacatua ou Licmetis pastinator). Endémica do suroeste de Australia Occidental. Mide entre

cacatúa cavadora (Cacatua ou Licmetis pastinator). Endémica do suroeste de Australia Occidental. Mide entre 40 e 45 cm de longo. Pon de 3 a 5 ovos que choca entre 23 e 24 días. Os polos deixan o niño ás 8 semanas.

cacatúa de peteiro delgado (Cacatua ou Licmetis tenuirostris). É orixinaria de Australia. Mide de

cacatúa de peteiro delgado (Cacatua ou Licmetis tenuirostris). É orixinaria de Australia. Mide de 38 a 41 cm de lonxitude e pesa uns 550 gr, de promedio. pon de 2 a 3 ovos que chocan os dous membros da parella uns 24 días e os polos saen ás 8 semanas.

cacatúa das illas Salomon (Cacatua ou Licmetis ducorpsii). É endémica das selvas, bosques secundarios,

cacatúa das illas Salomon (Cacatua ou Licmetis ducorpsii). É endémica das selvas, bosques secundarios, zonas abertas e xardíns das Illas Salomón. Mide uns 30 cm. pon dous ovos que chocan uns 25 días e os polos saen do niño aos dous meses.

cacatúa de Tanimbar (Cacatua ou Licmetis goffiniana). Só se atopan nas Illas Tanimbar e

cacatúa de Tanimbar (Cacatua ou Licmetis goffiniana). Só se atopan nas Illas Tanimbar e probablemente noutras próximas. Mide uns 30 cm de lonxitude. Está considerada a máis pequena das cacatúas.

cacatúa filipina (Cacatua ou Licmetis heamaturopygia). É endémica das zonas baixas húmedas, como manglares

cacatúa filipina (Cacatua ou Licmetis heamaturopygia). É endémica das zonas baixas húmedas, como manglares o arrozais, de illas do sur das Filipinas. Mide de 30 a 32 cm e pesa arredor duns 300 gr. Pon 2 ou 3 ovos que chocan durante uns 28 días. Atópase en perigo de extinción. Calcúlase que só quedan entre 1. 000 e 4. 000 exemplares.

E para non facer a cousa moi grande Rematamos aquí esta primeira parte As

E para non facer a cousa moi grande Rematamos aquí esta primeira parte As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta