O axoxere Mon Daporta ratos COUSIAS FEITAS NA

  • Slides: 18
Download presentation
O axoúxere Mon Daporta (ratos) COUSIÑAS FEITAS NA CASA

O axoúxere Mon Daporta (ratos) COUSIÑAS FEITAS NA CASA

Iba Xan camiñando cando de repente algo chamou a súa atención. Que era aquelo

Iba Xan camiñando cando de repente algo chamou a súa atención. Que era aquelo que relocía entre a herba?

Achegouse para ver… e descubreu, medio enterrado, un axóuxere.

Achegouse para ver… e descubreu, medio enterrado, un axóuxere.

Colleuno, abaneouno para ver como soaba, pero non soou porque estaba recheo de terra.

Colleuno, abaneouno para ver como soaba, pero non soou porque estaba recheo de terra. Limpouno un algo, pero sigueu sen soar.

Meteuno no peto e cando chegou á casa subeu ao seu cuarto e acabou

Meteuno no peto e cando chegou á casa subeu ao seu cuarto e acabou de limpalo. Fíxoo soar e, sen saber de onde, apareceu diante del… un rato. Vaia sorpresa!

Por curiosidade volveuno facer soar… e aparecéronlle dous ratos… que co que xa aparecera

Por curiosidade volveuno facer soar… e aparecéronlle dous ratos… que co que xa aparecera antes fixeron tres.

FÍxoo soar de novo e o número de ratos dobrouse había tres e apareceron

FÍxoo soar de novo e o número de ratos dobrouse había tres e apareceron seis máis, co que xa tiña nove ratos a correr polo cuarto.

Xa non quería que soase máis e pensou en agochalo e facelo desaparecer. Meteuno

Xa non quería que soase máis e pensou en agochalo e facelo desaparecer. Meteuno no peto, pero, cando se atopaba no alto da escaleira, o axóuxere atopou un furado e coouse por el para caír xusto na beira do chanzo, repinicar, e rebotar ao chanzo seguinte

e dese ao seguinte, e ao outro, e ao de máis abaixo… e así

e dese ao seguinte, e ao outro, e ao de máis abaixo… e así ata completar o tramo, que por sorte só era de oito chanzos, bater na parede do descanso e rebotar ata quedar quieto e en silencio.

En total oito repeniques e un rebote que se converteron en varios milleiros de

En total oito repeniques e un rebote que se converteron en varios milleiros de ratos a correr por toda a casa.

Aproveitando que era case de noite, abreu a porta… e, coa axuda da vasoira,

Aproveitando que era case de noite, abreu a porta… e, coa axuda da vasoira,

botounos fóra… Un regueiro de ratos foise extendendo por toda a rúa, polo barrio

botounos fóra… Un regueiro de ratos foise extendendo por toda a rúa, polo barrio e polo pobo enteiro…

A xente amañeceu sorprendida por aquela extraña invasión

A xente amañeceu sorprendida por aquela extraña invasión

que se convertiu en ganancia para os fabricantes de rateiras,

que se convertiu en ganancia para os fabricantes de rateiras,

para os gatos…

para os gatos…

e para as curuxas.

e para as curuxas.

Ao pouco tempo todo volveu a ser case normal, pero Xan desfíxose do axóuxere

Ao pouco tempo todo volveu a ser case normal, pero Xan desfíxose do axóuxere para non verse noutra como a que pasara.

CANTOS RATOS SE XUNTARON NA CASA DE XAN? Serie gorda 1, O dobre de

CANTOS RATOS SE XUNTARON NA CASA DE XAN? Serie gorda 1, O dobre de 1 son 2 máis co que xa había fixeron 3. (2+1= 3) O dobre de 3 son 6 máis os 3 que xa había fixeron 9. (6+3= 9) No requipe do primeiro chanzo apareceron o dobre, 18 que cos 9 que xa había fixeron 27. (18+ 9= 27) No requipe do segundo chanzo volveu dobrar o número, apareceron 54 que cos 27 que xa había convertéronse en 81. (54+ 27=81) No repique seguinte apareceron 162 que cos 81 que xa había fixeron 243. (162+ 81= 243) No cuarto dobráronse os 243 e apareceron 486 que cos 243 que xa había sumaron ata 729. (486+ 243= 729) No quinto chanzo a cousa xa pasou do milleiro. O dobre dos 729 (1. 458) e os 729 que xa había fixeron 2. 187. (1. 458+ 729= 2. 187) No sexto dobráronse os 2. 187 (4. 364) que cos que había fixeron 6. 551. (4. 364+2. 187= 6. 551) E a cousa sigueu a medrar no sétimo chanzo. Dobráronse os 6. 551 (13. 102) que cos 6. 551 que había convertéronse en 19. 653. (13. 102+ 6. 551= 19. 653) No oitavo 39. 306+19. 653= 58. 959. E no rebote, aínda faltaba o retruque!, vólveuse doblar o número de novo, que pasou dos 58. 959 aos 117. 918 máis os que xa había de antes que xuntos fixeron a fermosa cantidade de 176. 877 ratos, ou sexa unha marea de ratos que non deixaban un oco libre en toda a casa. Outra serie só co doble dos que apareceran a vez anterior 1, 2 e 4 (co que xuntou 7, no cuarto), 8, 16, 32, 64, 128, 256, 512, 1. 024, nos chanzos, e 2. 048 no rebote = que sumados veñen a ser máis de 4. 000 ratos.