Cousias feitas na casa Mon Daporta O camalen Slides: 36 Download presentation Cousiñas feitas na casa Mon Daporta O camaleón No sitio no que eu vivo haivos un camaleón, que é tal como os outros: tranquilo, … pachorrento, …pousón. O único que fai á présa, nun que se ve e non se ve, é largar a lingua, para pillar comida, E mudar de cor, para non deixarse ver. Muda, nun instante, dunha cor a outra cor. Velo e deixas de velo, con pestenexar tan só. Ponse branco se a parede é branca, negro na noite escura, verde cando anda na herba ou pasea pola verdura. A cousa que máis lle gusta é entrar na froiteiría. Agocharse eiquí …e acolá, e xogar á s escondidas Ponse verde nas mazáns, nos kiwis ponse marrón, laranxa nas cenorias e marelo nos limóns. encarnado nos tomates, morado nas berenxenas, azul-gris nas ameixas e verde-marelo nas peras. Rosado nos allos secos, verduxo nos allos tenros, tostadiño nas cebolas e… según cadre, … nos pementos. Tamén se agocha nas patacas, déitase nas sandías, pasea polos melóns, mergulla nas mandarinas. Non se ve se está nos plátanos, tampouco nos amorodos, nin nas uvas, nin nos pexegos… Esváese diante dos ollos. Só ás veces muda de cor sin que lle cadre co de onde se atopa. Ponse branco se leva un susto… e vermello se se avergonza. fin As fotografías son collidas da Internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade , e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas.