Mon Daporta aquelo COUSIAS FEITAS NA CASA Iba
Mon Daporta aquelo COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Iba un día un rato moneando polo camiño
Cando case se mete naquelo ata o fuciño.
E como atopar aquelo non lle gustou nada quixo reprender ao autor da porcallada.
O primeiro en pasar foi o coello e berroulle o rato por facer aquelo.
-Non, eu non fun -respondeulle o coello-. Eso non é o que eu fago, nin estando enfermo.
E o que tal fixo anda esfurricado senon se entende… tremendo “traballo”!
Detrás veu a galiña que iba de paseo e retouna o rato por facer aquelo.
-Non, eu non fun – contestoulle a galiña-. Nin na forma nin na cor esa cousa se parece á miña.
Logo foi o ourizo o que oeu ao ratiño por facer aquelo no medio do camiño.
-Non, eu non fun –protestou o ourizo-. Eu nin fixen tal cousa nin sei quen a fixo.
Chamada polo rebumbio asomou a toupeira e alá foi o rato para reprendela.
-Non, eu non fun -replicoulle a toupeira-. Eu fago o que fago debaixo da terra.
Despois veu un gato e non se librou. Por facer aquelo tamén escoitou.
-Non, eu non fun –díxolle o gato ao ratiño-. Eu enterro o que boto, non o deixo no camiño.
Dun burato do valo saeu o lagarto e alá foi a rifarlle, ás carreiras, o rato.
-Non, eu non fun. Só son un lagarto. Como podes ver… non podo obrar tanto.
Máis adiante veu un grilo, e o rato con premura, foise a el para facerlle a censura
-Non, eu non fun –negou enfadado o grilo-. Vostede non sabe o que di, meu amigo…
e, ou non ve ben ou non ten moito seso. Pensa que do meu corpo puido saír todo eso?
Con tanto barullo espertou o leirón, achegouse a ver, e escoitou o sermón.
-Non, eu non fun, de ningunha maneira. Eu non son quen de facer tal bosteira.
Botoulle ao teixugo unha parrafada por facer no camiño aquela barroada.
-Non, eu non fun- apuxo o teixugo-. Eso non o facemos nin obrando vinte xuntos.
Acusou logo ao merlo, que se achegou a ver, porque pensou o rato que o puidera de facer.
-Non, eu non fun -repúxolle o merlo-. Eu non fago tal cousa nin nun ano enteiro.
Apareceu por alí un can e, antes de escoitar nada, achegouse a inspeccionar a tremenda “pancada”.
Mirouna arredor, achegoulle o fuciño,
deu media volta e fixo o seu xuizo. -Pola pinta e polo olor… eso non é o que pensa… non o é, non señor!
Eso do chan, ainda que non o creades… eso non é merda. Eso é chocolate!
Ninguén daba creto a semellante saída. “-Ou o can está tolo… -Ou dalle á bebida”.
Ao escoitar o balbordo achegouse o chasco. Vira o que pasara e deixou todo claro.
-Onte ao pasar co carro, o chocolateiro, bateu nunha pedra e envorcoulle un caldeiro.
Ningún creu tal cousa ata que se achegaron, viron de preto, uliron e tocaron.
Logo un lambeu,
outros beliscaron
e todos comeron ata que afartaron.
E con esto a historia quedou rematada. Acabou en enchenta o que empezou en cagada.
- Slides: 38