TEMA 1 Estereotipos e prexuzos lingsticos a sa
















- Slides: 16
TEMA 1: Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Índice: 1 - Introdución. 2 -Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. 3 -Bibliografía e webgrafía.
1 - Introdución: q a r a ¿P e v r e ue s ? a u g a lin Serve c mem omo med bros dunh io de com a me u sma c nicación entre omun os idade
Encontro de dúas ou máis linguas nun mesmo espazo xeográfico Contácto lingüístico Repercusións Ámbito social Ámbito cultural Ámbito individual
2 - Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. https: //youtu. be/O 4 i. Uzy. VQTIM
O primeiro paso da formación do prexuízo é a creación do estereotipo, isto é, a división dun grupo en clases.
Cando se leva a cabo una interpretación errónea dos estereotipos, xeralmente por dous motivos: 1 -Non se aceptan as excepcións: ou ben se aplican as propiedades dun grupo a todos, ou ben as características dun individuo esténdense á totalidade do grupo de pertenza. En lugar de concibir os estereotipos como o que son, interprétanse de maneira tallante e categórica. 2 - Parten dunha percepción causal errónea: as características dun grupo se perciben como inherentes a este e non debidas a unas determinadas circunstancias históricas, sociais, políticas ou económicas, que constitúen sempre o motivo real da situación de inferioridade dun grupo con respecto a outro. Isto provoca a separación de linguas en función das clases sociais.
Estas ideas preconcibidas inflúen na percepción e nos usos lingüísticos dos cidadáns, que poden provocar o complexo de inferioridade con respecto á súa lingua inicial. Estas valoracións negativas son os chamados prexuícios lingüísticos adquiridos polos falantes a partir dunhas determinadas circunstancias históricas, sociais, políticas ou económicas que constitúen o motivo real da situación de inferioridade dun grupo respecto a outro.
Nos prexuízos, o estereotipo vai sempre acompañado de sentimentos de rexeitamento e dunha tendencia á discriminación. Así, os prexuízos cumpren una función defensiva. Podemos agrupalos arredor de seis grandes eixes:
1 -Relacionados coa suposta falta de utilidade do galego. Aquilo que non se sente como útil acaba sendo rexeitado e abandonado. 2 -Que asocian o galego coa pobreza e co atraso. Isto tamén suxire a súa falta de ultilidade nunha sociedade que pretende ser rica e avanzada. 3 -O que asocia o uso do galego como sinal de descortesía ou de má educación, frando calquera intento de normalización lingüística e que consideremos o emprego como sinal de descortesía o de falta de educación en determinados contextos.
4 - Relacionados coa pretensa imposición do galego. O abandono absoluto e mesmo a proscrición en que se mantivo o galego durante case os catro séculos precedentes facían imposible que ninguén puidese pór en circulación tal discurso impositivo. 5 -A caracterización pexorativa do galego e a (in)competencia dos seus falantes. Isto é a consideración do galego como una lingua ruda ou fea, e dos falantes incompetentes e pouco coñecedores do seu idioma. 6 - O galego como marca ideolóxica ou profesional. Xurdiu como consecuencia do galego á vida pública.
3 - Bibliografía e webgrafía: - www. ogalego. eu - www. edu. xunta. gal
















