UNIDADE 2 A alimentacin e a nutricin AS

  • Slides: 14
Download presentation
UNIDADE 2 A alimentación e a nutrición AS TRAVESÍAS DO SÉCULO XVI Bioloxía e

UNIDADE 2 A alimentación e a nutrición AS TRAVESÍAS DO SÉCULO XVI Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI As condicións de vida a bordo dun

UNIDADE 2 As travesías do século XVI As condicións de vida a bordo dun navío • As condicións de vida nun navío dos séculos XVI e XVII non resultaban saudables nin para a tripulación nin para os pasaxeiros. • Nas viaxes curtas, as persoas embarcadas podían resistir e recuperarse en terra firme, pero durante as travesías trasatlánticas ou as expedicións, que duraban meses, ou, incluso, anos, moitos tripulantes e pasaxeiros enfermaban. • Calcúlase que nestas viaxes se perdía unha media do 20% das persoas embarcadas debido ás enfermidades. Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI as condiciones de vida a bordo de

UNIDADE 2 As travesías do século XVI as condiciones de vida a bordo de un navío Os principais problemas a bordo dunha embarcación de madeira propulsada a vela e durante unha viaxe longa podían clasificarse como segue: • Problemas de amoreamento e ventilación • Problemas de hixiene • Problemas relacionados coa alimentación Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas de amoreamento e ventilación • Debido

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas de amoreamento e ventilación • Debido ao grosor do taboado e á necesidade de levar unha gran cantidade de víveres, ferramentas e recambios para facer reparacións no casco, na arboradura o no aparello, os antigos navíos de madeira dispoñían de moi pouco espazo para os tripulantes que, ademais, adoitaban ser moi numerosos. • As estancias e camarotes (excepto os dos oficiais) eran pequenos e sen ventás; sen ventilación, o aire contaba con pouco osíxeno. • En cada camarote vivían xuntos moitos mariñeiros, o que favorecía a proliferación de parasitos, como os piollos, que eran transmisores de enfermidades como o tifo. Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI As condicións de vida a bordo dun

UNIDADE 2 As travesías do século XVI As condicións de vida a bordo dun navío Os principais problemas a bordo dunha embarcación de madeira propulsada a vela e durante unha viaxe longa podían clasificarse como segue: • Problemas de amoreamento e ventilación • Problemas de hixiene • Problemas relacionados coa alimentación Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas de hixiene • A hixiene nun

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas de hixiene • A hixiene nun barco era escasa (coma en calquera medio naquela época), se ben o amoreamento e a falta de ventilación agravaban o problema. • Os tripulantes bañábanse no mar durante as calmas, pero non o facían moi acotío, xa que eran, polo xeral, malos nadadores. • Aínda que se limpaba a cuberta e os excrementos se vertían ao mar, nos camarotes e nas bodegas abundaban ratos e cucarachas cuxos restos e cadáveres ensuciaban e infectaban as estancias. • A escasa hixiene facía que os alimentos frescos e a auga podrecesen moi rápido. Proliferaban bacterias moi perigosas, coma as que producen a salmonelose ou o botulismo. Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI as condiciones de vida a bordo de

UNIDADE 2 As travesías do século XVI as condiciones de vida a bordo de un navío Os principais problemas a bordo dunha embarcación de madeira propulsada a vela e durante unha viaxe longa podían clasificarse como segue: • Problemas de amoreamento e ventilación • Problemas de hixiene • Problemas relacionados coa alimentación Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación • Os navíos

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación • Os navíos non dispoñían de moito espazo para almacenar víveres, e había que racionar os alimentos almacenados para que non se esgotasen mentres se estaba en alta mar. A cada tripulante proporcionábanselle os alimentos seguintes: • Esta dieta non era equilibrada e deterioraba a saúde dos tripulantes. Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación • Se comparamos,

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación • Se comparamos, mediante a táboa seguinte, unha dieta saudable coa dieta mariñeira, apreciaremos as deficiencias desta última • A falta de verduras e froitas na dieta mariñeira ocasionaba carencias de vitaminas. O escorbuto era a consecuencia máis frecuente. Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación • As proteínas

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación • As proteínas procedían principalmente de carnes secas ou salgadas; faltaban as de orixe vexetal, xa que os legumes se estragaban moi axiña e os froitos secos apenas se consumían debido ao seu elevado custo. Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación • A maioría

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación • A maioría dos hidratos de carbono procedían do biscoito. Este produto era habitual nas travesías en barco porque tardaba moito en podrecer. Estaba feito con galletas trituradas, amasadas e cocidas, e era tan duro, que había que mollalo para comelo. Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación Dado que a

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación Dado que a auga se corrompía en poucos días, consumíanse cantidades excesivas de viño ou cervexa, que causaban danos no fígado. Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación A estas carencias

UNIDADE 2 As travesías do século XVI Problemas relacionados coa alimentación A estas carencias sumábase, con frecuencia, a fame e a sede, xa que habitualmente se perdía boa parte das provisións, que eran descompostas polas bacterias ou devoradas polos ratos ou os insectos que infestaban as naves. Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO

UNIDADE 2 As travesías do século XVI As condicións de vida a bordo dun

UNIDADE 2 As travesías do século XVI As condicións de vida a bordo dun navío Os principais problemas a bordo dunha embarcación de madeira propulsada a vela e durante unha viaxe longa podían clasificarse como segue: • Problemas de amoreamento e ventilación • Problemas de hixiene • Problemas relacionados coa alimentación Bioloxía e Xeoloxía 3. º ESO