A POESA LRICA HORACIO 1 Definicin 2 A

  • Slides: 37
Download presentation
A POESÍA LÍRICA: HORACIO 1. - Definición. 2. - A poesía lírica en Grecia

A POESÍA LÍRICA: HORACIO 1. - Definición. 2. - A poesía lírica en Grecia 3. - A poesía lírica en Roma. 3. 1 Antes de Horacio 3. 2. 1 Biografía 3. 2. 2 Obra. 4. - Influencia de Horacio na posteridade.

1. - Definición

1. - Definición

Qué es poesía? Dices mientras clavas/ en mi pupila tu pupila azul. / Qué

Qué es poesía? Dices mientras clavas/ en mi pupila tu pupila azul. / Qué es poesía? Y tú me lo preguntas? / Poesía eres tú. A poesía lírica é un xénero bastante difícil de definir, xa que abarca un grupo moi heteroxéneo de pequenas obras de carácter moi diverso.

Poesía lírica Popular Meu meniño ten soniño ten ganiñas de durmir ten un olliño

Poesía lírica Popular Meu meniño ten soniño ten ganiñas de durmir ten un olliño pechado outro non o pode abrir. En orixe, era un tipo de poesía concebida para ser cantada. Culta

Son moi dado aos encantos A un batido, outro batido, O home loiro puxo

Son moi dado aos encantos A un batido, outro batido, O home loiro puxo o walkman da vida franciscana a unha dor, outra delor. e non escoitou a babyalarm. non me importa o diñeiro Tras d`un olvido, outro olvido, O neno choraba nin a groria mundana. tras d`un amor, outro amor. porque soñou cun monstro Un sillón vello nunha Y ó fin de fatiga tanta escondida choupana e de tan diversa sorte, un xaruto, un amigo a vellés que nos espanta. falar do tempo antigo Ou o repousar d`a morte. dos de toda a vida. e soñar. . . E soñar Podemos dicir que un poema lírico é unha obra de pequena extensión, de temática e ritmo moi variados.

A poesía lírica, frente á épica, está moi relacionada coa expresión dos sentimentos persoais,

A poesía lírica, frente á épica, está moi relacionada coa expresión dos sentimentos persoais, coa individualidade. O poeta, que non ten inconvinte en darse a coñecer, diríxise a un interlocutor -persoa, divinidade, obxecto inanimado- no que pretende influir dalgún xeito. EXPRESIÓN POÉTICA DE EXPERIENCIAS PERSOAIS OU COLECTIVAS. O AUTOR NON SE OCULTA; DEIXA OIR A SÚA VOZ AO LONGO DA OBRA.

2. - A poesía lírica en Grecia

2. - A poesía lírica en Grecia

En Grecia, a lírica conserva o seu carácter músical; normalmente a súa interpretación era

En Grecia, a lírica conserva o seu carácter músical; normalmente a súa interpretación era acompañada polo son da lira ou da flauta. A lírica culta aparece en Grecia en torno ao século VII a. C. , época na que viven Safó, Alceo, Arquíloco, Anacreonte. . .

A temática da lírica grega é moi variada Plegarias aos deuses O amor A

A temática da lírica grega é moi variada Plegarias aos deuses O amor A reflexión política A invectiva A reflexión filosófica A invitación a gozar o presente O lamento pola fraxilidade do ser humano Celebración das victorias nas competicións deportivas

3. - A poesía lírica en Roma

3. - A poesía lírica en Roma

Como todas as comunidades, os latinos tiñan a súa propia lírica popular: cancións de

Como todas as comunidades, os latinos tiñan a súa propia lírica popular: cancións de cuna, de voda, de banquete, de traballo… …pero polo seu carácter oral non chegou ata nós. A lírica que a nós nos interesa é a que chegou a Roma procedente de Grecia no século II a. C. É polo tanto unha lírica para o público culto, sen elementos tradicionais. OS POETAS LATINOS IMITARON AOS GREGOS DESDE O PRIMEIRO MOMENTO.

3. 1 A lírica en Roma antes de Horacio

3. 1 A lírica en Roma antes de Horacio

Graecia capta cepit feros victores Poetas alexandrinos Calímaco Lutacio Cátulo Precursores Levio Primeíros líricos

Graecia capta cepit feros victores Poetas alexandrinos Calímaco Lutacio Cátulo Precursores Levio Primeíros líricos latinos Neotéricos Catulo Considérase que a poesía lírica culta introduciuse en Roma no século II a. C. , despois da conquista de Grecia

Esixencia formal. Erudición. Composicións breves e pouco pretenciosas. Métrica e temática variadas Presenza dos

Esixencia formal. Erudición. Composicións breves e pouco pretenciosas. Métrica e temática variadas Presenza dos temas persoais. Entre os primeiros poetas latinos destaca con diferenza Caio Valerio Catulo. A poesía destes autores ten unha serie de características comúns heredadas da poesía alexandrina.

Catulo viviu no século I a. C. e é famoso por un pequeño libriño

Catulo viviu no século I a. C. e é famoso por un pequeño libriño de poemas que apareceu en Verona, a súa cidade natal, no século X d. C. A poesía de Catulo destaca non só pola perfección formal, senón tamén pola paixón que o seu autor foi quen de insuflarlle. Son sobre todo coñecidos os poemas dedicados a Lesbia, amante do poeta. Pregúntasme, Lesbia, cantos bicos teus abondarían e sobrarían. Cantos grans infinitos de area Libia hai en Cirene, rica en laserpicio, entre o templo abrasador de Xúpiter e a tumba sagrada de Baco, ou cantas estrelas na noite calada contemplan os amores furtivos dos homes, tantos bicos satisfarían a Catulo. Así os curiosos non poderian contalos nin as linguas maliciosas enfeitizalos.

3. 2 Horacio

3. 2 Horacio

3. 3. 1 A súa biografía Nace no 65 a. C. en Venusia, unha

3. 3. 1 A súa biografía Nace no 65 a. C. en Venusia, unha cidade do sur de Italia. Era fillo dun liberto. Trasládase de neno a Roma, onde se educa. Cando César é asasinado, no ano 44 a. C. , Horacio está en Grecia. Participa na guerra civil no bando perdedor. Despois da guerra volve a Roma. Coñece a Virxilio e a través deste entra no círculo de Mecenas en torno ao ano 38 a. C. No ano 33 a. C. Mecenas regálalle unha uilla cerca de Roma. Augusto ofrécelle o posto de secretario particular, pero él rexeita a oferta. Morre no ano 8 a. C. , o mesmo ano que o seu amigo Mecenas.

Quén era Mecenas?

Quén era Mecenas?

Caius Maecenas (64 - 8 a. C) era un rico cabaleiro de orixe etrusca

Caius Maecenas (64 - 8 a. C) era un rico cabaleiro de orixe etrusca que se converteu nun dos principais colaboradores de Augusto. Non desempeñou cargos públicos importantes, pero xogou un importante papel como conselleiro do príncipe e como divulgador das súas ideas. Mecenas pasou á historia como protector de artistas e poetas. Virxilio, Horacio e Propercio estiveron entre os seus preferidos. Todos eles contribuiron coa súa arte a ensalzar o réxime de Augusto e a bondade dos novos tempos.

3. 3. 2 A obra de Horacio é practicamente o único escritor latino do

3. 3. 2 A obra de Horacio é practicamente o único escritor latino do que conservamos a obra completa. Isto demostra o éxito da súa poesía ao longo do tempo. Epodos Sátiras Odas Epístolas Carmen Saeculare

Sátiras non líricas Epístolas Clasificación das obras de Horacio Epodos líricas Odas Carmen Saeculare

Sátiras non líricas Epístolas Clasificación das obras de Horacio Epodos líricas Odas Carmen Saeculare

Horacio escribiu as Sátiras cando andaba polos trinta anos. Trátase dun conxunto de poemas

Horacio escribiu as Sátiras cando andaba polos trinta anos. Trátase dun conxunto de poemas redactados en hexámetros nos que o autor fai un retrato crítico da súa sociedade. As Epístolas foron escritas máis tarde, en torno ao ano 20 a. C. Forman un conxunto de mini-ensaios poéticos, tamén en hexámetros, nos que Horacio reflexiona acerca de cuestións filosóficas ou literarias. A máis coñecida é a Ars Poetica, da que proceden expresións que sobreviviron ata os nosos días, como in medias res ou aliquando bonus dormitat Homerus.

Pero o que agora nos interesa é a súa obra lírica, cumio da poesía

Pero o que agora nos interesa é a súa obra lírica, cumio da poesía latina e fonte de inspiración para autores de todos os tempos. Epodos Odas Carmen Saeculare

A obra lírica de Horacio axústase as características xerais que vimos na diapositiva 14

A obra lírica de Horacio axústase as características xerais que vimos na diapositiva 14

Epodos Escritos cando andaba polos trinta anos. 17 poemas nos que predomina o ritmo

Epodos Escritos cando andaba polos trinta anos. 17 poemas nos que predomina o ritmo iámbico. Predomina a invectiva e o ton ácido das Sátiras. O máis coñecido é o Beatus Ille. Un usurero reflexiona sobre a placidez da vida do campo mentres busca como invertir o diñeiro obtido nos préstamos.

Odas Están divididas en catro libros. Os tres primeiros foron publicados no ano 23

Odas Están divididas en catro libros. Os tres primeiros foron publicados no ano 23 a. C. O último viu a luz no ano 13 a. C. , cando Horacio era xa un poeta coñecido. O talento lírico de Horacio alcanza a súa máxima expresión, tanto a nivel formal como de contido. Enorme variedade rítmica e temática. As Odas constitúen a expresión poética dos máis variados sentimentos humanos: amor, ciumes, amizade, búsqueda da felicidade, reflexións sobre a brevedade da vida. . .

Carmen Saeculare Foi escrito por encargo de Augusto no ano 17 a. C. Un

Carmen Saeculare Foi escrito por encargo de Augusto no ano 17 a. C. Un coro de 27 rapaces e 27 rapazas cantouno nos ludi saeculares nese mesmo ano. Os ludi saeculares foron unhas festas organizadas por Augusto para celebrar o nacemento dunha nova era. Este poema fixo a Horacio famoso entre os seus contemporáneos.

4. - Influencia de Horacio na posteridade.

4. - Influencia de Horacio na posteridade.

Practicamente todos os poemas de Horacio foron imitados nalgún momento da historia da literatura.

Practicamente todos os poemas de Horacio foron imitados nalgún momento da historia da literatura. Na literatura española, exerceu unha enorme influencia sobre autores como Fray Luis de León -que fixo traducións de moitas das súas poesías- ou Garcilaso de la Vega. Na literatura galega debemos mencionar a Aquilino Iglesias Alvariño, gran poeta que fixo a primeira tradución ao galego das Odas.

Algúns versos de Horacio fixéronse particularmente célebres pola súa universalidade.

Algúns versos de Horacio fixéronse particularmente célebres pola súa universalidade.

Nunc est bibendum, nunc pede libero pulsanda tellus, nunc Saliaribus ornare puluinar deorum tempus

Nunc est bibendum, nunc pede libero pulsanda tellus, nunc Saliaribus ornare puluinar deorum tempus est dapibus, sodales. Agora toca beber, agora toca co pé golpear a terra, agora é tempo, compañeiros, de adornar a almofada dos deuses cos banquetes dos Salios. Esta Oda foi composta para celebrar a victoria de Octavio sobre Marco Antonio e Cleopatra. Pasou á posteridade como frase coa que se inician as celebracións.

Beatus ille, qui procul negotiis, Feliz aquel que, apartado dos negocios, ut prisca gens

Beatus ille, qui procul negotiis, Feliz aquel que, apartado dos negocios, ut prisca gens mortalium, como a raza dos homes antigos, paterna rura bobus exercet suis traballa cos seus bois os campos paternos solutus omni faenore. libre dos intereses. É un dos poemas máis coñecidos de Horacio. Emprégase a frase para referirse á presunta felicidade da vida no campo, apartada dos negocios da cidade. Foi imitado, entre outros moitos, por Fray Luis de León: ¡Qué descansada vida la del que huye del mundanal ruido y sigue la escondida senda, por donde han ido los pocos sabios que en el mundo han sido.

. . . dum loquimur, fugerit invida aetas: carpe diem, quam minimum credula postero.

. . . dum loquimur, fugerit invida aetas: carpe diem, quam minimum credula postero. . mentres falamos, fuxirá envidiosa a idade: aproveita o día, confía pouco no de mañá. É sen dúbida a frase máis coñecida de Horacio. Invítanos a gozar do presente sen ter demasiada confianza no que ocurrirá no futuro.

Dulce et decorum est pro patria mori: mors et fugacem persequitur uirum nec parcit

Dulce et decorum est pro patria mori: mors et fugacem persequitur uirum nec parcit inbellis iuuentae poplitibus timidoue tergo. Doce e fermoso é morrer pola patria. A morte persegue tamén ao que fuxe, e non perdoa os xeonllos ou a espalda cobarde da xuventude que non guerrea. De forma contradictoria con moitos outros dos seus poemas, nesta oda Horacio exhorta á xuventude a ser animosa na guerra.

Pallida Mors aequo pulsat pede pauperum tabernas regumque turris. . Pálida Morte golpea co

Pallida Mors aequo pulsat pede pauperum tabernas regumque turris. . Pálida Morte golpea co mesmo pé os tugurios dos pobres e as torres dos reis

Rectius vives, Licini, neque altum Mellor vivirás, Licinio, se a alta mar semper urgendo

Rectius vives, Licini, neque altum Mellor vivirás, Licinio, se a alta mar semper urgendo neque, dum procellas Non buscas sempre, nin, das tormentas cautus horrescis, nimium premendo Fuxindo temeroso, te achegas de máis litus iniquum. Á costa traidora. Auream quis mediocritatem Calquera que a dourada medianía diligit. . . Escolla. . . Con esta frase advírtenos Horacio do perigo dos excesos para quen aspira a alcanzar a felicidade.

Exegi monumentum aere perennius. . . Levantei un monumento máis duradeiro có bronce. .

Exegi monumentum aere perennius. . . Levantei un monumento máis duradeiro có bronce. . . Con este verso refírese Horacio á inmortalidade que contaba alcanzar coa súa obra lírica.