A lrica medieval galegoportuguesa Que a lrica galegoportuguesa

  • Slides: 28
Download presentation
A lírica medieval galegoportuguesa

A lírica medieval galegoportuguesa

Que é a lírica galego-portuguesa? A lírica galego-portuguesa é a adaptación das novas correntes

Que é a lírica galego-portuguesa? A lírica galego-portuguesa é a adaptación das novas correntes poéticas, en lingua romance, que estaban a xurdir no sur de Francia. Deste movemento literario conservamos un total de 1679 textos profanos e 427 relixiosos (as cantigas de Santa María) compostos entre os inicios do século XIII e a primeira metade do XIV (1200 -1350). A lingua destes textos é o galego-portugués, vehículo de expresión poética de autores de diversas áreas da Península.

Orixes A aparición da lírica está ligada á expansión da poesía en linguas romances

Orixes A aparición da lírica está ligada á expansión da poesía en linguas romances que ten o seu epicentro na Provenza. Non obstante, existen outras teorías sobre o seu nacemento: Tese folclórica. Tese medio-latina (tese litúrxica). Tese arábigo-andaluza (tese mozárabe).

Ámbito social e xeográfico A lírica galego-portuguesa é unha literatura cortesá, composta para ser

Ámbito social e xeográfico A lírica galego-portuguesa é unha literatura cortesá, composta para ser interpretada nos palacios da nobreza. A súa utilización como lingua poética non estaba limitada aos reinos en que se falaba ese idioma, senón que era utilizado por poetas de León, Castela e Aragón.

Autores e intérpretes Os textos trobadorescos foron compostos para ser representados nas cortes reais

Autores e intérpretes Os textos trobadorescos foron compostos para ser representados nas cortes reais e nobiliarias como espéctaculo, acompañados de música e baile. Podemos clasificar os intervenientes no proceso en: Trobadores. Xograres. Segreis Menestreis. Soldadeiras.

Textos conservados (I) Temos tres grandes códices manuscritos: Cancioneiro de Ajuda. Cancioneiro da Biblioteca

Textos conservados (I) Temos tres grandes códices manuscritos: Cancioneiro de Ajuda. Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Cancioneiro da Vaticana.

Textos conservados (II) Ademais conservamos diversos documentos soltos como: Pergamiño Vindel. Pergamiño Sharrer.

Textos conservados (II) Ademais conservamos diversos documentos soltos como: Pergamiño Vindel. Pergamiño Sharrer.

A cantiga de amigo. Caracterización. A cantiga de amigo é unha composición lírica de

A cantiga de amigo. Caracterización. A cantiga de amigo é unha composición lírica de temática amorosa. O xénero recoñécese pola aparición da palabra amigo (namorado) e o suxeito lírico é unha muller. A “amiga” é unha moza solteira (doncela) e o escenario en que se sitúa a acción é natural.

Clasificación das cantigas de amigo Poden agruparse tematicamente en: Mariñas ou barcarolas. Cantigas de

Clasificación das cantigas de amigo Poden agruparse tematicamente en: Mariñas ou barcarolas. Cantigas de romaría. Bailadas. Albas (? ).

Recursos formais Fundamentalmente recursos de repetición como: Paralelismo. Leixaprén. Refrán.

Recursos formais Fundamentalmente recursos de repetición como: Paralelismo. Leixaprén. Refrán.

Paralelismo Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus se

Paralelismo Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus se verrá cedo! Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus se verrá cedo! Se vistes meu amigo, o por que eu suspiro? E ai Deus se verrá cedo! Se vistes meu amado, o por que ei gran coidado? E ai Deus se verrá cedo!

Leixaprén Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus se

Leixaprén Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus se verrá cedo! Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus se verrá cedo! Se vistes meu amigo, o por que eu suspiro? E ai Deus se verrá cedo! Se vistes meu amado, o por que ei gran coidado? E ai Deus se verrá cedo!

Refrán Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus se

Refrán Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus se verrá cedo! Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus se verrá cedo! Se vistes meu amigo, o por que eu suspiro? E ai Deus se verrá cedo! Se vistes meu amado, o por que ei gran coidado? E ai Deus se verrá cedo!

Símbolos e significado da paisaxe O escenario habitual das cantigas de amigo é unha

Símbolos e significado da paisaxe O escenario habitual das cantigas de amigo é unha paisaxe natural no que poden aparecer construcións humanas como as ermidas. O locus amoenus en que se encontran os amados é unha paisaxe primaveral en que teñen especial relevancia os ríos, as ribeiras, as fontes e o mar.

A cantiga de amor. Caracterización. A cantiga de amor é unha composición lírica de

A cantiga de amor. Caracterización. A cantiga de amor é unha composición lírica de temática amorosa. O xénero recoñécese pola aparición da palabra senhor (namorada) e o suxeito lírico é un home. A senhor é unha dama (ás veces casada) de clase social alta.

O “amor cortés” (1) A cantiga de amor baséase na concepción do amor como

O “amor cortés” (1) A cantiga de amor baséase na concepción do amor como servizo. Para conseguir o favor da dama eran necesarios unha serie de requisitos: mesura, discreción, largueza… O “amor cortés” é unha transposición das relacións feudais ao terreo amoroso.

Graos do “amor cortés” Existían diversos graos de achegamento á dama. Fenhedor. Precador. Entendedor.

Graos do “amor cortés” Existían diversos graos de achegamento á dama. Fenhedor. Precador. Entendedor. Drudo.

Campos sémicos Loanza da dama: fremosa senhor, velida, ben talhada, bon parecer, bon semelhar,

Campos sémicos Loanza da dama: fremosa senhor, velida, ben talhada, bon parecer, bon semelhar, etc (físico)/ boa, valor, prez, razon, sabedora, mansa, etc (moral). Amor do poeta: muito amar, querer ben, amor… Reserva da dama: mesura, razon, desmesura, mandar ir, fazer partir, sanha, sanhuda, ira, desamparar, fazer mal, leixar morrer. . . Coita de amor: morrer, coita, doo, penar, chorar, ensandecer. . .

Aspectos formais (1) Cantiga de mestría. Cantiga de refrán.

Aspectos formais (1) Cantiga de mestría. Cantiga de refrán.

Aspectos formais (2) Segundo a distribución das rimas temos: Cobras unisonantes: aab aab. Cobras

Aspectos formais (2) Segundo a distribución das rimas temos: Cobras unisonantes: aab aab. Cobras singulares: aab ccb ddb eeb. Cobras dobras: aab ccb. Cobras alternas: aab ccb.

Outros recursos formais Dobre: repetición dunha palabra nunha estrofa (cobra) na mesma posición dentro

Outros recursos formais Dobre: repetición dunha palabra nunha estrofa (cobra) na mesma posición dentro do verso. Mordobre: repetición dun lexema (a través dunha palabra derivada) nunha estrofa (cobra) na mesma posición dentro do verso. Fiinda: versos finais en forma de conclusión. Soen manter a rima que aparece no refrán.

As cantigas de escarnio e maldicir O seu modelo era o sirventés occitano (temática

As cantigas de escarnio e maldicir O seu modelo era o sirventés occitano (temática elevada), aínda que a poesía burlesca galego-portuguesa procura, sobre todo, o riso. Distínguense dous tipos: - Cantigas de escarnho. Crítica indirecta a través de palabras que teñen dous entendementos (equívoco). - Cantigas de maldizer. Sátira clara e directa.

Temática das cantigas satíricas (I) Predomina a burla de persoas concretas. Reflicten a mentalidade

Temática das cantigas satíricas (I) Predomina a burla de persoas concretas. Reflicten a mentalidade medieval (prexuízos, obsesións, valores, etc). Presentan un vocabulario máis amplo que o dos outros xéneros. Aparecen as mulleres e o sexo.

Temática das cantigas satíricas (II) Sátira política. Sátira literaria. Sátira social e persoal. Sátira

Temática das cantigas satíricas (II) Sátira política. Sátira literaria. Sátira social e persoal. Sátira moral.

Aspectos formais e de contido Utilizan recursos formais que son habituais noutros tipos de

Aspectos formais e de contido Utilizan recursos formais que son habituais noutros tipos de cantiga. Equívoco e calambur. 1ª estrofa (presentación)-2ª, 3ª… (glosa o amplificación da burla).

Os xéneros menores (I) A pastorela Temática amorosa e ambientación bucólica. Semellante á cantiga

Os xéneros menores (I) A pastorela Temática amorosa e ambientación bucólica. Semellante á cantiga de amor, aínda que o cabaleiro namora dunha rapaza de baixa condición social.

Os xéneros menores (II) Tenzón Composición dialogada. Os poetas interveñen na discusión de forma

Os xéneros menores (II) Tenzón Composición dialogada. Os poetas interveñen na discusión de forma alternativa. Cada un dispón do mesmo número de cobras.

Os xéneros menores (III) Lai Temática artúrica. Pranto Lamento fúnebre. Ten un esquema composto

Os xéneros menores (III) Lai Temática artúrica. Pranto Lamento fúnebre. Ten un esquema composto polas seguintes secuencias: -Invitación ao lamento. -Expresión da dor. -Eloxio das virtudes do defunto. -Enumeración dos que choran a súa perda. -Oración pola alma do falecido. -Breve loanza final do sucesor (opcional).