A AVALIACIN ELEMENTOS DO CURRCULUM MANUEL TORRES VIZCAYA



















































- Slides: 51
A AVALIACIÓN ELEMENTOS DO CURRÍCULUM MANUEL TORRES VIZCAYA INSPECTOR DE EDUCACIÓN XEFE DO SERVIZO TERRITORIAL DE INSPECCIÓN EDUCATIVA PONTEVEDRA
CONSIDERACIÓNS PREVIAS ACTITUDE PARA AFRONTAR OS CAMBIOS EDUCATIVOS Dimidium facti, qui coepit, habet; sapere aude! Incipe! (Horacio, Epístolas 1, 2). Quen empeza, ten a metade da obra; atrévete a saber! Empeza! PÚBLICO Crítica KANT USOS DA RAZON PRIVADO Funcionario Cumprimento normas legais Obviar discusións inútiles
CONTEXTO LEGAL MARCO LEXISLATIVO q Lei Orgánica 8/2013 para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). q Real Decreto 126/2014 polo que se establece o currículo básico da Educación Primaria. q Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 09/09/2014). q Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relación entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato (BOE 29/01/2015). q Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 29/06/2015) q Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato (BOE 03/01/2015). q Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 29/07/2015). DESEÑO CURRICULAR q Recomendación 2006/962/EC, do Parlamento Europeo y del Consejo, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente. q Desenvolvemento da Disposición adicional 35ª da LOMCE. (Engadida pola LOMCE). El Ministerio de Educación, Cultura y Deporte promoverá, en cooperación con las Comunidades Autónomas, la adecuada descripción de las relaciones entre las competencias y los contenidos y criterios de evaluación de las diferentes enseñanzas a partir de la entrada en vigor de esta Ley Orgánica. A estos efectos, se prestará atención prioritaria al currículo de la enseñanza básica.
NOVIDADES LOMCE Ø LOE v. Incorporación das competencias básicas á ensinanza obrigatoria. Ø LOMCE v Incorporación das competencias clave. v. Concrecións curriculares que inclúen estándares de aprendizaxe avaliables.
CAMBIOS LOMCE PRIMARIOS SECUNDARIOS AULA PROCESOS DE ENSINANZAAPRENDIZAXE PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DOS CENTROS
DECRETO 105/2014, currículo da EP en Galicia (DOG 09/09/2014). Artigo 4. Currículo. 1. Enténdese por currículo a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas e etapas educativas. 2. O currículo está integrado por: a) Obxectivos: os referentes relativos aos logros que o alumnado debe alcanzar ao rematar o proceso educativo, como resultado das experiencias de ensino e aprendizaxe intencionalmente planificadas para tal fin. b) Competencias: as capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos. c) Contidos: o conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa, e á adquisición de competencias. Os contidos ordénanse en disciplinas, que se clasifican en materias, ámbitos, áreas e módulos en función das ensinanzas, as etapas educativas ou os programas en que participe o alumnado. d) Criterios de avaliación: o referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado. Describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos coma en competencias, e responden ao que se pretende conseguir en cada disciplina. e) Estándares de aprendizaxe avaliables: especificacións dos criterios de avaliación que permiten definir os resultados de aprendizaxe e que concretan o que o alumnado debe saber, comprender e saber facer en cada disciplina. Deben ser observables, medibles e avaliables, e permitir graduar o rendemento ou logro alcanzado. Deben contribuír a facilitar o deseño de probas estandarizadas e comparables. f) Metodoloxía didáctica: o conxunto de estratexias, procedementos e accións organizadas e planificadas polo profesorado, de xeito consciente e reflexivo, coa finalidade de posibilitar a aprendizaxe do alumnado e o logro dos obxectivos suscitados.
As competencias clave do currículo a) Comunicación lingüística. b) Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. c) Competencia dixital. d) Aprender a aprender. e) Competencias sociais e cívicas. f) Sentido de iniciativa e espírito emprendedor. g) Conciencia e expresións culturais.
AS COMPETENCIAS SON “PRERREQUISITOS PSICOSOCIAi. S PARA UN BO FUNCIONAMENTO DA SOCIEDADE” Categoría de competencias 1. - Usar ferramentas de forma interactiva: linguaxe, tecnoloxía. 2. - Interactuar grupos heteroxéneos: comunicación. 3. - Responsabilidade propia vida: autonomía.
Valores de fondo • Valores democráticos e desenvolvemento sostible: cara unha sociedade máis equitativa. • As competencias clave involucran a mobilización de destrezas prácticas e cognitivas, habilidades creativas e outros recursos psicosociais como actitudes, motivación e valores. • Unha parte principal deste marco é o pensamento e a acción reflexiva. Pensar reflexivamente require procesos mentais relativamente complexos e que o asunto se converta no obxecto dun proceso de pensamento.
SENTIDO DA APRENDIZAXE Aprendizaxe por competencias Transversalidade dinamismo carácter integrador Adquisición Proceso desenvolvemento máis desempeño Contidos subordinados á acción Contidos = medios
Competencia NON obxecto CONSECUENCIA Aprendizaxe Desenvolvemento da competencia Actividades de aprendizaxe integradas
PERFIL avaliación competencial do alumnado MATERIA/ÁREA conxunto de estándares de aprendizaxe avaliables dunha materia COMPETENCIA conxunto de estándares de aprendizaxe avaliables das diferentes materias que se relacionan cunha actividades mesma competencia de aprendizaxe integradas
AVALIACIÓN INTEGRADORA MELLORAR OS RESULTADOS TRANSPARENCIA – RENDICIÓN DE CONTAS (comunicación familias; 12. 6 Decreto) AVALIACIÓN COMÚN E UNIFORME
Avaliación das competencias clave v Tanto na avaliación continua nos diferentes cursos como nas avaliacións finais nas diferentes etapas educativas deberase ter en conta o grao de dominio das competencias a través de procedementos de avaliación e instrumentos de obtención de datos que ofrezan validez e fiabilidade na identificación das aprendizaxes adquiridas. v Para poder avaliar as competencias é necesario elixir, sempre que sexa posible, estratexias e instrumentos para avaliar o alumnado de acordo cos seus desempeños na resolución de problemas que simulen contextos reais, mobilizando os seus coñecementos, destrezas, valores e actitudes. v Débense establecer as relacións dos estándares de aprendizaxe avaliables coas competencias ás que contribúen, para lograr a avaliación dos niveis de desempeño competenciais alcanzados polo alumnado. v A avaliación do grao de adquisición das competencias debe estar integrada coa avaliación dos contidos, na medida en que ser competente supón mobilizar os coñecementos, destrezas, actitudes e valores para dar resposta ás situacións formuladas, dotar de funcionalidade as aprendizaxes e aplicar o que se aprende desde unha formulación integradora. v Os niveis de desempeño das competencias poderanse medir a través de indicadores de logro, tales como rúbricas ou escalas de avaliación. Estes indicadores de logro deben incluír rangos dirixidos á avaliación de desempeños, que teñan en conta o principio de atención á diversidade.
AVALIACION REFERENTES CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE CONTINUA E GLOBAL ATENDENDO AO CONXUNTO DAS ÁREAS MEDIDAS DE REFORZO
NON PROGRESO MEDIDAS REFORZO ADQUISICIÓN COMPETENCIAS “IMPRESCINDIBLES” PLANS DE MELLORA MEDIDAS ORDINARIAS EXTRAORDINARIAS
AVALIACIÓN Ø Continua e global, e terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas e na adquisición das competencias clave. Ø Referentes da avaliación § Os referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias e o logro dos obxectivos da etapa nas avaliacións continua e final das áreas troncais, específicas e de libre configuración autonómica serán os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables Avaliación das competencias clave § O progreso na adquisición das competencias clave forma parte da avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado. Os referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias e o logro dos obxectivos da etapa nas avaliacións continua e final son os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables que figuran nos anexos do Decreto 105/2014. § Na valoración do desenvolvemento das competencias do alumnado teranse en consideración os estándares de aprendizaxe avaliables das diferentes áreas que se relacionan cunha mesma competencia, os cales conforman o perfil desa competencia. Será a elaboración dese perfil quen facilite a avaliación do grao de adquisición das competencias por parte do alumnado. Dos niveis de desempeño das competencias clave informarán os indicadores de logro, tales como rúbricas ou escalas de avaliación. Estes indicadores de logro deben incluír diferentes rangos de desempeño, tendo en conta o principio de atención á diversidade.
PROMOCION ADQUISICIÓN COMPETENCIAS UNHA REPETICIÓN ¿CANDO? MEDIDA EXCEPCIONAL ESGOTADAS AS MEDIDAS ORDINARIAS PLAN ESPECÍFICO DE REFORZO
PRINCIPIOS METODOLÓXICOS v METODOLOXÍA COMUNICATIVA, INCLUSIVA, ACTIVA E PARTICIPATIVA. Dirixida ao logro dos obxectivos e das competencias clave. Prestarase atención ao desenvolvemento de metodoloxías que permitan integrar os elementos do currículo mediante o desenvolvemento de tarefas e actividades relacionadas coa resolución de problemas en contextos da vida real. A adecuada selección da metodoloxía é responsabilidade do centro educativo. v APRENDIZAXE POR COMPETENCIAS. Deberán deseñarse actividades de aprendizaxe integradas que permitan completar os elementos do currículo mediante o desenvolvemento de tarefas e actividades relacionadas coa resolución de problemas en contextos da vida real. v TRABALLO COLABORATIVO E EN EQUIPO. A acción educativa procurará a integración de distintas experiencias e aprendizaxes do alumnado e terá en conta os seus diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos. v LECTURA ELEMENTO TRANSVERSAL. v ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
QUE FACER PARA COMPROBAR A OBTENCIÓN DA COMPETENCIA? q Cómpre argallar unha avaliación da competencia a partir da observación da multiplicidade de desempeños (aula, laboratorio, exposición de traballos orais e escritos, análise de tarefas, etc. ). q Precísase outra forma de impartir os coñecementos e outra forma de avalialos. q Estratexias metodolóxicas para traballar por competencias na aula. No anexo II da Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relación entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato BOE 29/01/2015).
Aprendizaxe por competencias Medios Fins Contidos Criterios de aval. Actividades de aprendizaxe integradas Programacións Autonomía dos centros
PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO v Recollerá os valores, obxectivos e prioridades de actuación. v Incorporará a concreción dos currículos así como o tratamento transversal nas áreas da educación en valores e outras ensinanzas. ü ü ü ü Elementos integrantes: Concreción curricular Proxecto lingüístico Proxecto lector de centro Plan xeral de atención á diversidade Plan de convivencia Plan de integración das TIC Normas de organización e funcionamento (RRI)
ELEMENTOS PROGRAMACIÓNS v ELEMENTOS DOGMÁTICOS ü OBXECTIVOS DE ETAPA ü CITERIOS DE AVALIACIÓN ü ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE v ELEMENTOS DINÁMICOS SECUENCIACIÓN CONTIDOS RELACIÓN ELEMENTOS CURRÍCULO METODOLOXÍA ENSINANZA ACTIVIDADES E TAREFAS [exercicio=contido; actividade=contidos/estándares; tarefa=competencia] ü INSTRUMENTOS E PROCEDEMENTOS PARA AVALIACIÓN APRENDIZAXE. ü ü
NIVEL CONCRECIÓN 1. LOMCE 2. Real Decreto 126/2014 polo que se establece o currículo básico da Educación Primaria. 3. Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relación entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato (BOE 29/01/2015). 4. Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 09/09/2014) 5. ORDE de avaliación ¿? PE PXA PROPOSTA CURRICULAR PROGR. DIDÁCTICA
ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
ASPECTOS RELEVANTES DA PROGRAMACIÓN v Relevancia da contextualización das aprendizaxes v O traballo das competencias faise dende a integración curricular das diferentes áreas. v Necesidade coordinación docente: horizontal e vertical. v Importancia da dimensión persoal e social das aprendizaxes dende o contexto escolar. v As competencias inclúen tanto os coñecementos teóricos como as habilidades (coñecementos prácticos) e as actitudes, valorando o saber, o saber facer e o saber estar. v Organización e funcionamento dos centros para desenvolvemento das competencias básicas.
GLOSARIO Desenvolvemento curricular 2ª nivel de planificación curricular. Inclúese no PE. Programacións didácticas departamentos didácticos. 3º nivel de planificación. Realizada polos Programación de aula 4º nivel de planificación. Realizada polo profesorado. Programación didáctica Instrumento de planificación curricular específico de cada área que pretende ordenar o proceso de ensino - aprendizaxe do alumnado. Debe responder a estas cuestións: 1. Que, cando e como ensinar / 2. Que, cando e como avaliar / 3. Como atender á diversidade .
Criterios de avaliación Referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado. Describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos coma en competencias. Responden ao que se pretende conseguir en cada disciplina (art. 2. 3. do Decreto 86/2015). Estándares de aprendizaxe Especificacións dos criterios de avaliación que permiten definir os resultados de aprendizaxe e que concretan o que o alumnado debe saber, comprender e saber facer en cada disciplina. Deben ser observables, medibles e avaliables, e permitir graduar o rendemento ou o logro alcanzado. Criterios de cualificación Indicadores de logro Son especificacións dos estándares para graduar o seu nivel de adquisición. Forman parte dos criterios de cualificación de dito estándar. O instrumento máis idóneo para identificar esa graduación sería a rúbrica (art. 7. 4 da Orde ECD 65/2015, BOE 29/1/2015). O docente é o responsable da súa definición e posta en práctica. Grao de consecución dun estándar Serve para sinalar o grao mínimo de consecución esixible dun estándar para superar a materia (art. 13. 3 d da Resolución 27/7/2015). Canto maior sexa o grao esixido de consecución, máis importante se considera o estándar.
Criterios de cualificación e instrumentos Serven para ponderar “o valor” que se dá a cada estándar e a proporción que cada instrumento utilizado para avalialo achega a ese valor. Procedementos e instrumentos Os procedementos de avaliación utilizables, como a observación sistemática do traballo do alumnado, as probas orais e escritas, o portfolio, os protocolos de rexistro ou os traballos de clase, permitirán a integración de todas as competencias nun marco de avaliación coherente (art. 7. 6, terceiro parágrafo, da Orde ECD 65/2015). Rúbrica Instrumento de avaliación que permite coñecer o grao de adquisición dunha aprendizaxe ou dunha competencia. Portfolio Achega de producións dun alumno/a. Graduación dos estándares Para identificar o progreso dos estándares ao longo dunha etapa.
Perfil de área Conxunto de estándares de aprendizaxe avaliables que ten unha área ou materia. Dado que os estándares de aprendizaxe avaliables póñense en relación coas competencias, este perfil permitirá identificar aquelas competencias que se desenvolven a través desa área ou materia (art. 5. 6 Orde ECD 65/2015). Son a referencia para a programación, a avaliación e o reforzo. Perfil competencial Conxunto de estándares de diferentes áreas relacionados coa mesma competencia clave (art. 5. 7 Orde ECD 65/2015). Avaliación das competencias A avaliación do grao de adquisición das competencias debe estar integrada coa avaliación dos contidos, na medida en que ser competente supón mobilizar os coñecementos, destrezas, actitudes e valores (art. 7. 3 da Orde ECD 65/2015). Nivel de desempeño das competencias Poderanse medir a través dos indicadores de logro, tales como rúbricas ou escalas de avaliación […] que teñan en conta á atención á diversidade (art. 7. 4 da Orde ECD/65/2015). Tarefa É a acción ou conxunto de accións orientadas á resolución dunha situación ou problema, nun contexto definido, combinando todos os saberes dispoñibles para elaborar un produto relevante. As tarefas integran actividades e exercicios
PROCESO ELABORACIÓN PROGRAMACIÓN PROPOSTA a) Visión global da normativa, que marca, principios e liñas pedagóxicas -Estudo dos documentos lexislativos no centro: - Presentación xeral dos mesmos en claustro. ◊ Aspectos xerais e significativos a nivel curricular recollidos no Decreto. ◊ Entrega a cada docente dos documentos lexislativos (sen anexos). ◊ Valoración do avance cara ás Competencias, a nivel conceptual, metodolóxico e na avaliación. - En equipo, presentación e estudo de todo o proceso marcando os pasos e que conseguir en cada un. - Estudo en Equipo dos aspectos xerais e obxectivos de cada unha das áreas. Discusión e chegar a conclusións sobre os cambios que supón con respecto á realidade actual de traballo. b) Elaboración da programación Hase de realizar PREFERENTEMENTE antes de ter os libros de texto, para que sexa unha reflexión dende o sentido común profesional que se ten e porque estudo e as posteriores decisións poden ser unha boa base para unificar e consensuar criterios. Escribirase no mesmo documento que se aporta. Unha vez consensuados os niveis de logro en cada indicador de avaliación, estudaranse os contidos para marcar aqueles que se consideren imprescindibles para alcanzar o nivel de logro así marcado. Unha vez realizado este traballo en todas as áreas e para cada un dos criterios de avaliación, teremos a Programación Didáctica.
Elementos prescritibles da programación Segundo Resolución do 27 de xullo de 2015 para a implantación da secundaria (DOG 29/07/2015 Introdución e contextualización. ♦ Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais. ♦ Concreción dos obxectivos para o curso. ♦ Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de: 1º) Temporalización. 2º) Grao mínimo de consecución para superar a materia. 3º) Procedementos e instrumentos de avaliación. ♦ Concrecións metodolóxicas que require a materia. ♦ Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar. ♦ Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado. ♦ Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente. ♦ Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes. ♦ Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados. ♦ Medidas de atención á diversidade. ♦ Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda. ♦ Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.
Introdución e contextualización. 1. - Contexto: situación, características singulares. 2. - Alumnado: 1. - características xerais: poboación, ANEAE, outras características. 2. - características concretas: a partires datos cursos anteriores. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais. Vinculación entre os estándares e as competencias clave coas que están relacionadas e agrupalos. Concreción dos obxectivos para o curso. Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de: 1º) Temporalización. 2º) Grao mínimo de consecución para superar a materia. 3º) Procedementos e instrumentos de avaliación
ESTA. APR. AVA. 1ª 2ª 3ª GRAO MÍNIMO SUPERAR MATERIA PROCEDEMENTO AVALIACIÓN INSTRUMENTO AVALIACIÓN Describen os mecanismos que se van seguir Medios ou recursos para a obtención de datos que para realizar a avaliación do alumnado, tales ofrezan validez e fiabilidade na identificación das como, entre outros, a observación sistemática aprendizaxes adquiridas. do traballo dos alumnos, as probas orais e Existe unha estreita relación entre os procedementos e escritas, os protocolos de rexistro, ou os instrumentos de avaliación, no sentido que estes traballos de clase (art. 7. 6 Orde ECD/65/2015). últimos son os documentos ou rexistros a través dos O profesorado debe utilizar procedementos que se concretan os procedementos de avaliación variados como parte integral do Para poder avaliar as competencias é necesario elixir, proceso de ensino-aprendizaxe. sempre que sexa posible, estratexias e instrumentos Cómpre incorporar nas programacións para avaliar ao alumnado de acordo cos seus didácticas procedementos que permitan a desempeños na resolución de problemas que simulen participación do alumnado na avaliación dos contextos reais, mobilizando os seus coñecementos, seus logros, como a autoavaliación, a destrezas, valores e actitudes. ( art. 7. 1 Orde avaliación entre iguais ou a coavaliación. ECD/65/2015) (art. 7. 6 Orde ECD/65/2015)
CAA/CMCCT/CD XHB 1. 2. 1 CAA/CMCCT/CD Clasifica e distingue distintas proxeccións, e compara unha proxección de Mercator con unha de Peters. XHB 1. 3. 1 CAA/CMCCT/CD Clasifica e distingue tipos de imaxes de satélite e mapas. XHB 1. 4. 1 CAA/CMCCT/CD Localiza un punto xeográfico nun planisferio e distingue os hemisferios da Terra e as súa principais características. Peso cualificación CAA/CMCCT/CD XHB 1. 1. 2 Analiza un mapa de fusos horarios e diferencia zonas do planeta de similares horas. Grado mínimo consecución Comepet. clave XHB 1. 1. 1 B 1. 4 B 1. 3 B 1. 2 Interpreta como inflúen os movementos astronómicos na distribución da radiación solar e nas zonas bioclimáticas do planeta. B 1. 1 1 estándar criterios contidos unidade Estándares de aprendizaxe avaliables 50% 10% 80% 100% 25% 80% 20% 10% 90% 10% 50% 10% 90% 10% 80% 20% instrumentos Prob. Escrit. 70% Prob oral Trab. Individ Tab grupo Cad. Clase Rúb. Obs. aula 20% 30%
Concrecións metodolóxicas que require a materia. Breve descrición da metodoloxía a empregar. Terase en conta a Orde ECD 65/2015 http: //www. boe. es/diario_boe/txt. php? id=BOE-A 2015 -738 Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar. Agrupamentos/ Tempos/ Espazos/ Materiais/ Recursos didácticos Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado. Avaliación continua Periodicidade coa que se farán probas escritas (cada cantos temas, por trimestre ou avaliación, etc. ) Como se cualifican as probas, os traballos individuais ou colectivos, o traballo no caderno de clase, a observación do traballo na aula (ponderación, redondeo…) Aspectos que se van valorar dentro da observación do traballo na aula e instrumentos para a recollida desta información Como se calcula a cualificación de cada unha das avaliacións (ponderación, redondeo. . . ) Mecanismo/s para recuperar unha proba non superada Mecanismo/s para recuperar unha avaliación non superada Avaliación final [Só para ESO e bacharelato] Alumnado que deberá realizar a avaliación final Descrición do tipo de proba Estándares que se van avaliar (todos, só os pendentes…) Como se calcula a cualificación final (ponderación, redondeo, etc. ) Criterios do centro para a promoción Avaliación extraordinaria [Só para ESO e bacharelato] Descrición do tipo de proba: número de preguntas, valoración de cada unha delas, etc. Como se calcula a cualificación Recuperación e avaliación de pendentes [Só para ESO e bacharelato] Mecanismos para o seguimento (clases de recuperación, traballos, reunións de seguimento, etc. ) Como se avalía (avaliacións parciais, avaliación final, cualificación de traballos realizados, etc. ) Como se calcula a cualificación final (ponderación, redondeos, etc. ) Descrición do tipo de proba extraordinaria: número de preguntas, valoración de cada unha delas, etc. Como se calcula a cualificación da proba
Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes. Recuperación e avaliación de pendentes Mecanismos para o seguimento (clases de recuperación, traballos, reunións de seguimento, etc. ) Como se avalía (avaliacións parciais, avaliación final, cualificación de traballos realizados, etc. ) Como se calcula a cualificación final (ponderación, redondeos, etc. ) Descrición do tipo de proba extraordinaria: número de preguntas, valoración de cada unha delas, etc. Como se calcula a cualificación da proba Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados. Avaliación inicial Data prevista de realización Proba (proba tipo test, preguntas e respostas, confección de mapas, gráficos… relacionados cos estándares, etc. ) Descrición do tipo de proba Mecanismo para informar ás familias Consecuencias dos resultados da proba Acreditación coñecementos previos (2º BAC) Procedemento/proba. .
Concreción dos elementos transversais do curso que corresponda Farase unha referencia á súa inclusión na PXA. De non ser así relacionaranse aquí Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora
CONCLUÍNDO v NIHIL NOVUM SUB SOLE. Non transmitir ideas rupturistas. Aproveitar experiencias previas. v NON SER CRÍPTICO. Non asoballar coa terminoloxía. v PRIMAR, XUNTO AO CAMBIO METODOLÓXICO, A REFLEXIÓN NO CENTRO (PROXECTO DE CENTRO). v EVITAR O DESEQUILIBRIO ENTRE “CONTIDOS” E COMPETENCIAS. v IMPOÑER VERSUS ASESORAR.
Eppur si muove… evitar nihilismo Ø Incentivar a reflexión a través da legalidade. Ø Promover dúas actitudes: q Maquiavelismo: medios/fin. q Socrática: maiéutica. Ø Pequenos chanzos para grandes metas. Ø Evitar o risco de baleirar os contidos. Ø Cicerón (Filípica XII 5. ): Cuiusvis hominis est errare: nullius nisi insipientis, in errore perseverare.
Grazas pola atención Manuel Torres Vizcaya Inspector xefe Pontevedra



















































