Parque da Natureza de Cotorredondo O parque do



































- Slides: 35
Parque da Natureza de Cotorredondo
O parque do Lago Castiñeiras e Cotorredondo ocupa unha superficie de 70 hectáreas, propiedade das comunidades de montes. Está situado na zona central da Península do Morrazo, en terreos dos concellos de Marín (ao Noroeste) e Vilaboa (ao Surleste) cunha altitude media de 400 m sobre o nivel do mar.
O lago de Castiñeiras creouse artificialmente, arredor de 1950, a raíz da construcción dunha estrada que fixo de contención das augas do rego de Castiñeiras. A zona estaba ocupada por brañas e pozas arredor dos varios regos que recollen as augas dos montes circundantes. Lago Castiñeiras Centro de recuperación de fauna Chan de Castiñeiras
Primavera
Outono
O Parque da Natureza de Cotorredondo estruturase ao redor do Lago e os regatos que o alimentan, dando lugar a un espazo no que podemos atopar varios ecosistemas: -lago -brañas -regatos -arboreda autóctona -plantacións forestais e ornamentais -matogueira Carballeira (carballos americanos)
Rego de Castiñeiras
COTO REDONDO, un cume de 531 m de altura que forma parte da sucesión de pequenas serras da península do Morrazo.
Vista da Enseada de San Simón (Ría de Vigo) desde Coto Redondo. Vista da Ría de Pontevedra desde Coto Redondo.
FLORA No interior do parque pódense atopar mais de 40 especies diferentes de árbores e arbustos, especies herbáceas, fentos, brións e cogomelos. Destaca a presenza de árbores senlleiras polo seu porte ou interesse botánico.
Árbores de ribeira
Bidueiro, bido (Betula pendula) -2, 44 m de perímetro.
Bidueiro, bido (Betula pendula) Dentro do recinto do Centro de Recuperación de Fauna.
Bidueiral
Salgueiro (Salix atrocinerea) -2, 83 m de perímetro.
Carballo americano (Quercus rubra) -2, 91 m de perímetro.
Carballo americano (Quercus rubra) -3, 42 m de perímetro.
Castiñeiro (Castanea sativa) -3, 67 m de perímetro
Acacia (Acacia melanoxylon) -3, 82 m de perímetro.
Acacia (Acacia melanoxylon) -3, 74 m de perímetro.
Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa) -4, 21 m de perímetro.
Alcipreste de Lawson (Chamaecyparis lawsoniana) -2, 46 m de perímetro.
Criptomeria (Cryptomeria japonica) -3, 31 m de perímetro
Piñeiro amarelo mexicano (Pinus patula)
Tuia xigante (Thuja plicata) -2, 83 m de perímetro.
Carreira de tuias xigantes (Thuja plicata)
Eucalipto branco de río (Eucaliptus elata) Cotorredondo -2, 18 m de perímetro
Eucalipto (Cotorredondo)
FAUNA O Parque constitúe unha importante zona de refuxio e cría para centos de especies de animais silvestres: anfibios (no lago e zonas húmidas), aves de mato e de bosque, réptiles e pequenos mamíferos. Píntega Pimpin Ra verde
XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS Outro dos valores deste espazo é a presenza de interesantes xacementos arqueoloxicos do periodo Megalítico e da Idade do Bronce, como mámoas e petroglifos, que conforman o chamado “Chan de Castiñeiras” no que hai oito dolmes, entre os que destaca a Mámoa do Rei. Mámoa no Chan de Castiñeiras
Mámoa do Rei
EQUIPAMENTO: -Aula de Natureza -Centro de Recuperación de fauna silvestre -Fontes -Áreas de Lecer -Parques de xogos -Rutas sinalizadas (sendeirismo e BTT) -Miradoiro de Cotorredondo
MAPA DA RUTA ÁRBORES DESTACADAS: 1 -tuias 2 -carballos americanos 3 -alcipreste de California 4 -carballo americano 5 -salgueiro 6 -acacias 7 -alcipreste de Lawson 8 -castiñeiro 9 -taxodios 10 -carballo americano 11 -bidueiros 12 -castiñeiro 13 -piñeiro de Oregón 14 -criptomerias 15 -piñeiro amarelo mexicano 16 -bidueiros 17 -eucaliptos
Montaxe e fotos: Xea Maio 2015