E TI VAS A ESCOLA Periodo Adaptacin Curso

  • Slides: 14
Download presentation
E TI… VAS A ESCOLA? Periodo Adaptación. Curso 2020 -2021 CEIP PLURILÍNGÜE ALEXANDRE RODRÍGUEZ

E TI… VAS A ESCOLA? Periodo Adaptación. Curso 2020 -2021 CEIP PLURILÍNGÜE ALEXANDRE RODRÍGUEZ CADARSO

IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN INFANTIL • A educación infantil é o primeiro tramo do actual

IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN INFANTIL • A educación infantil é o primeiro tramo do actual sistema educativo. • A escolarización nestas idades non é obrigatoria. Sen embargo, considérase primordial para estimular e desenvolver tódalas capacidades, tanto físicas como afectivas, intelectuais, sociais e morais. • O feito de ir por primeira vez á escola é un gran paso na historia dos nenos e nenas. Implica a saída do medio familiar e a incorporación a un medio descoñecido. Desta separación neno/a-familia e de como se resolvan estas primeiras experiencias, dependerá a visión que cada neno e nena se forme sobre o colexio e influirá na súa actitude cara a escola.

QUE É O PLAN DE ACOLLIDA? • É o conxunto de fases pola que

QUE É O PLAN DE ACOLLIDA? • É o conxunto de fases pola que o alumnado chega a adaptarse a un medio novo que non é coñecido nin habitual para el. • Se a colaboración dos pais e nais é importante ó longo de toda a escolaridade, aínda o é máis na etapa de educación infantil, xa que coa súa colaboración e co seu apoio contribuirán a darlles confianza e seguridade. • Esta contemplado e regulado pola lexislación vixente

OBXECTIVOS E FINALIDADES • Favorecer a adaptación personal e grupal e a resolución positiva

OBXECTIVOS E FINALIDADES • Favorecer a adaptación personal e grupal e a resolución positiva do conflicto de separación dos pais, dos nenos e nenas que acoden por primeira vez ao centro. • Potenciar a colaboración e un mellor coñecemento entre familias, profesorado e centro escolar. • Colaborar na formación das familias acerca da etapa evolutiva na que están os seus fillos e fillas. • Mellorar o coñecemento do alumnado a través da avaliación inicial. • Compartir información relevante entre as familias e o profesorado para un maior coñecemento do alumnado. • Con este plan de acollida pretendemos que os nenos e nenas veñan felices á escola e medren como persoas.

Efectos que a escolarización produce nos nenos/as • A progresiva adquisición de autonomía. •

Efectos que a escolarización produce nos nenos/as • A progresiva adquisición de autonomía. • O desenvolvemento de relacións sociais. • A ampliación e perfeccionamento da linguaxe.

Recomendacións a ter en conta para empezar á escola • Mostrar confianza e seguridade

Recomendacións a ter en conta para empezar á escola • Mostrar confianza e seguridade na escola, amosando unha actitude serea e tranquila de cara á separación que supón a escolarización. • Evitar facer comentarios negativos sobre a escola • E moi importante facilitar toda aquela información que poidamos considerar de interes para o persoal docente (enfermidades, situación familiar, . . . ) • Hai que ter en conta que durante este período poden aparecer: alteracións do sono, rabietas, choros, vómitos, agresividade, regresión no control de esfínteres…. • Establecer na casa unha serie de normas e responsabilidades axeitadas a súa idade(non só na escola, tamén casa). • Evitar unha despedida do neno demasiado longa e dramática.

Algúns consellos poden ser: • • • Conversar, escoitar e interesarse polas actividades da

Algúns consellos poden ser: • • • Conversar, escoitar e interesarse polas actividades da escola. Darlle modelos correctos de pronunciación sobre todo cando teñan algún problema na fala empregando un vocabulario axeitado así como acostumar aos nenos/as ao emprego de fórmulas de cortesía e sociais (dar as grazas, pedir por favor…) Restarlle importancia a determinados incidentes que ó neno ou nena lle poidan parecer moi graves. Lerlles contos. Respetar horarios de sono e comidas… Controlar o tempo diante do televisor e novas tecnoloxías. Facilitar a relación con outros ambientes e persoas. fóra do núcleo familiar, para a escola e fundamental. promover que os nenos/as aprendar a xogar, a respectar, e a colaborar cos seus iguais. De cara ao inicio da escolaridade, deberánse traballar hábitos de hixiene, vestido, autonomía e alimentación. Na escola non se cambian nenos/as polo que deberán controlar esfínteres unha vez que se incorporen.

Normas de funcionamento • Puntualidade no horario de entrada e saída da escola. Os

Normas de funcionamento • Puntualidade no horario de entrada e saída da escola. Os primeiros momentos da clase son claves para a adquisición de hábitos e rutinas diarias favorecedoras do desenvolvemento da atención, da autonomía, da observación e comunicación, da expresión oral. • É fundamental a regularidade de asistencia á escola tanto para facilitar o periodo de adaptación como durante todo o curso. (faltas de asistencia rexistradas no XADE). • Na entrada os nenos e nenas colocaranse xunto aos demáis de educación infantil e incorporaránse á aula co mestre que teñan clase. • Na saída os alumnos/as transportados serán acompañados polo profesorado de garda ata o portal exterior do centro onde os esperan as coidadoras do autobús ou os familiares.

 • Cando se recolla ou deixe un neno ou nena dentro do horario

• Cando se recolla ou deixe un neno ou nena dentro do horario escolar, os familiares deixarán constancia desta situación asinando un escrito en conserxería. Será o conserxe ou o profesorado de garda os encargados de acompañalos onde a persoa docente titora do seu fillo ou filla. • Se o neno ou nena está enfermo e non pode asistir á escola é preciso avisar. O teléfono do colexio é 881866828. As faltas de asistencia deberán ser xustificadas por escrito co impreso oficial do centro. • Chamaremos á casa diante de incidentes eventuais ou extraordinarios que requiran a colaboración da familia. Por iso é preciso que no colexio haxa un ou varios números de teléfonos no que sempre se poida localizar algún familiar.

 • Para a merenda do recreo: bocadillos, froita que o neno poida pelar

• Para a merenda do recreo: bocadillos, froita que o neno poida pelar (ou xa pelada) e calquera outro tipo de merenda procurando evitar bollería ou golosinas. Evitar que os nenos e nenas cheguen á escola comendo chucherías, sobre todo polas mañás. Levaráse a cabo un calendario de merendas saudables que se facilitará a cada familia o principio de curso. • Evitar as mochilas de rodas. É convinte que traian unha pequena mochila co nome de cada neno/a para traer as merendas. • Evitar tamén os paraugas. • Non se pode cambiar de autobús a non ser causa xustificada por cambio de domicilio ou outros motivos xustificados. Se algún neno/a neecsita usar rutas diferentes, a principio de curso deberá comentalo coa titora.

 • Prestar atención ás notas informativas que se mandan desde o colexio. •

• Prestar atención ás notas informativas que se mandan desde o colexio. • Non comprar ningún material escolar, nin mandilón, nin similares sin falar previamente coa titora ou titor.

CALENDARIO E HORARIO • A duración do período de adaptación durará o tempo establecido

CALENDARIO E HORARIO • A duración do período de adaptación durará o tempo establecido na orde de calendario escolar para o curso 2020/2021. ( na primeira quincena do curso no mes de setembro). • A incorporación ó centro de novos alumnos e alumnas de tres anos será progresiva e realizarase segundo o calendario que se facilitará en setembro.

 • Faránse grupos para distribuir ó alumnado. O número de alumnos/as que estará

• Faránse grupos para distribuir ó alumnado. O número de alumnos/as que estará na aula en cada grupo e o horario destes dependerá do número de nenos/as matriculados (durante este período nunca estarán na aula a totalidade dos nenos/as xuntos nen durante todo o horario escolar). • A organización dos grupos será flexible e sempre procurando atender ás necesidades das familias (procuraremos atender de xeito individualizado as necesidades particulares de cada neno/a ou familia). • As familias serán informadas con suficiente antelación da organización dos grupos e dos horarios (Contémplase unha reunión grupal de principio de curso coas familias en setembro, avisaremos da data e hora a principio de curso). Xa que será en setembro cando saberemos se os nenos e nenas de nova imcorporación se organizarán en tres ou catro aulas mixtas depe

Moitas grazas pola vosa atención. Equipo Ed. Infantil Ceip Plurilingüe A. Rodríguez Cadarso. www.

Moitas grazas pola vosa atención. Equipo Ed. Infantil Ceip Plurilingüe A. Rodríguez Cadarso. www. edu. xunta. es/centros/ceipalexandrecadarso/