a lousa A lousa ou pizarra unha rocha

  • Slides: 26
Download presentation
a lousa

a lousa

A lousa ou pizarra é unha rocha metamórfica formada a partir de sedimentos arxilosos

A lousa ou pizarra é unha rocha metamórfica formada a partir de sedimentos arxilosos depositados nos fondo mariños que foron afectadas por un metamorfismo de grao baixo. As lousas galegas aparecen en formacións xeolóxicas antigas da Era Primaria ou Paleozoica que van desde o Cámbrico (hai 570 millóns de anos) ao Devónico (hai 345 millóns de anos)

As lousas ocupan un tercio da superficie de Galicia. Aparecen sobre todo na zona

As lousas ocupan un tercio da superficie de Galicia. Aparecen sobre todo na zona oriental en bandas que van de norte a sur polas provincias de Lugo, Ourense e A Coruña.

CARACTERÍSTICAS Estrutura homoxénea, de gran moi fino, disposta en follas doadas de separar seguindo

CARACTERÍSTICAS Estrutura homoxénea, de gran moi fino, disposta en follas doadas de separar seguindo os planos de exfoliación. Textura suave e cor variable gris, negra, verde ou castaña. COMPOSICIÓN: fundamentalmente sílice e silicatos complexos de alúmina (sericita, clorita, mica sódica, arxila. . . ) A lousa ten unhas excelentes cualidades como material de cobertura e revestemento: é illante, impermeable, incombustible e case inalterable (tanto na cor como na súa composición). Ten unha boa resistencia mecánica e é moi duradeira. Lousa moscada, cunhas características formacións de mica que lle dan ese nome.

Lousa gris escura. A cor escura depende da cantidade de materia orgánica que acompañaba

Lousa gris escura. A cor escura depende da cantidade de materia orgánica que acompañaba ao sedimento arxiloso.

Lousa negra

Lousa negra

Lousa verde. Ten pouca materia orgánica e un elevado contido en cloritas, compostos de

Lousa verde. Ten pouca materia orgánica e un elevado contido en cloritas, compostos de ferro, magnesio, silicio e aluminio).

Lousa verde con piritas

Lousa verde con piritas

As lousas aparecen con outras cores cando están tintadas con óxidos.

As lousas aparecen con outras cores cando están tintadas con óxidos.

A facilidade de fragmentación (laxeado) das lousas dalle ás paisaxes formas redondeadas moi inestables

A facilidade de fragmentación (laxeado) das lousas dalle ás paisaxes formas redondeadas moi inestables cando perden a cuberta vexetal.

O Courel

O Courel

A lousa explótase como rocha ornamental en tres zonas: - Valdeorras (lousas grises e

A lousa explótase como rocha ornamental en tres zonas: - Valdeorras (lousas grises e negras), especialmente concentrada no concello de Carballeda de Valdeorras. - Lugo (lousas verdes): Pol, Mondoñedo, Pastoriza e Quiroga. - Ortigueira (lousas grises e negras). Tamén se explota para áridos en Mazaricos, Carral e Fene.

A EXTRACCIÓN As explotacións de lousas son case todas a ceo aberto, aínda que

A EXTRACCIÓN As explotacións de lousas son case todas a ceo aberto, aínda que tamén se están empezando a explotar en minas subterráneas. Louseira en Casaio

Louseira no Courel

Louseira no Courel

MANUFACTURA -Pártense os bloques. -Sérrase con máquinas para formar bloques regulares (tochos) das medidas

MANUFACTURA -Pártense os bloques. -Sérrase con máquinas para formar bloques regulares (tochos) das medidas axeitadas -Lábranse para separar as planchas por exfoliación. -Córtanse, clasifícanse e embálanse.

USOS DA LOUSA A lousa usouse desde sempre en Galicia, para cerramentos, muros, cubertas

USOS DA LOUSA A lousa usouse desde sempre en Galicia, para cerramentos, muros, cubertas e lousados como o atestiguan os edificios castrexos ou as obras romanas e as construcións pupulares das zonas onde ese material abondaba no contorno. Hórreo en Navia de Suarna

Pasal en Mondoñedo.

Pasal en Mondoñedo.

Nos últimos tempos os avances tecnolóxicos aplicados á extracción do material e á elaboración

Nos últimos tempos os avances tecnolóxicos aplicados á extracción do material e á elaboración das pezas, as novas técnicas construtivas déronlle á lousa novas aplicacións e está a ser ampliamente utilizada tanto para exteriores (cubertas, fachadas, lousados) como interiores (pisos, elementos decorativos).

Galicia produce o 70% da lousa do mundo. Expórtase principalmente a Francia, Alemania, Reino

Galicia produce o 70% da lousa do mundo. Expórtase principalmente a Francia, Alemania, Reino Unido, O Benelux, Brasil e Nova Zelanda. Shizuoka Kenmin Convention & Arts Center. Osaka. Xapón, do arquitecto Arata Isozaki.

Domus. A Coruña, do arquitecto Arata Isozaki.

Domus. A Coruña, do arquitecto Arata Isozaki.

Vivenda no Barco de Valdeorras Auditorio de Pontevedra do arquitecto Manuel de las Casas.

Vivenda no Barco de Valdeorras Auditorio de Pontevedra do arquitecto Manuel de las Casas.

Mosaico de Luís Seoane. O Castro. Sada.

Mosaico de Luís Seoane. O Castro. Sada.

Pizarra e pizarrillo, materiais escolares de uso común ata hai coarente anos.

Pizarra e pizarrillo, materiais escolares de uso común ata hai coarente anos.

MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Internet. DEBUXOS: Mon Daporta

MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Internet. DEBUXOS: Mon Daporta