o coello O coello era un animal descoecido

  • Slides: 44
Download presentation
o coello

o coello

O coello era un animal descoñecido para os gregos e romanos da Antigüidade descubrírono

O coello era un animal descoñecido para os gregos e romanos da Antigüidade descubrírono cando visitaron a Península Ibérica. Polibio, historiador grego do século II a. C. , describeuno por vez primeira: Visto de preto semella unha lebre pequena, mais cuando se ten nas mans vese que é de forma moi diferente, e sabe tamén de modo distinto ao comelo; vive a maior parte do tempo debaixo da terra. Aínda que logo, os romanos, empezaron a crialos en lugares pechados e foron eles os que o extenderon polo resto de Europa. Moedas romamas das épocas dos emperadores. Traiano e Hadriano nas que están representados coellos… ou lebres?

A verdadeira domesticación empezou na Idade Media nos mosteiros e as primeiras variacións apareceron

A verdadeira domesticación empezou na Idade Media nos mosteiros e as primeiras variacións apareceron no século XVI. Escea medieval na que aparecen representadas distintas maneiras de cazar coellos.

Coello común ou coello europeo (Oryctolagus cuniculus). O coello bravo ou coello do monte,

Coello común ou coello europeo (Oryctolagus cuniculus). O coello bravo ou coello do monte, mide arredor de 40 cm e pode pesar uns 2 kg. É de cor gris parda con partes máis claras no fuciño, arredor dos ollos e no ventre. Ten as orellas longas e o rabo curto coa parte de abaixo branca. Os coellos domésticos conservan as mesmas características e as mesmas actitudes que os coellos silvestres.

As razas domésticas actuais presentan grandes variacións de talla e peso que van desde

As razas domésticas actuais presentan grandes variacións de talla e peso que van desde as dos coellos xigantes, productores de carne, que chegan a medir máis de 1 m e a pasar dos 9 kg de peso, e os enanos criados como mascotas de só 25 cm de longo e que pesan pouco máis de 1 kg; e do mesmo modo son variables as coberturas corporais tanto na cor como na lonxitude do pelo.

Os coellos aliméntanse de vexetais; os das granxas, e a maioría das mascotas, de

Os coellos aliméntanse de vexetais; os das granxas, e a maioría das mascotas, de pensos compostos. Os silvestres tamén usan como alimento unha parte dos seus excrementos, ricos en proteínas pola gran cantidade de microorganismos que conteñen.

Como adaptación ao desgaste continuado ao que están sometidos, os dentes dos coellos médranlle

Como adaptación ao desgaste continuado ao que están sometidos, os dentes dos coellos médranlle ao longo de toda a vida.

Os coellos teñen boa vista e unha ampla visión periférica, pola posición dos ollos

Os coellos teñen boa vista e unha ampla visión periférica, pola posición dos ollos poden ver o que pasa todo arredor e por enriba deles; o tamaño dos ollos tamén é unha adaptación á vida con pouca luz. Teñen un bo oído con orellas grandes e móbiles para captar a dirección dos sons, e un bo olfacto polo que se guían para recoñecérense entre eles e localizar o alimento. Os pelos longos que ten en distintas partes da cabeza (Vibrisas) sérvenlle para recibir información tactil.

Cando quere ver algo que está por enriba do seu punto de vista habitual

Cando quere ver algo que está por enriba do seu punto de vista habitual ponse de pé, ergue o corpo apoiándose só nas patas de atrás.

Son animais limpos. Lamben a pel para limpala e para sacar os pelos soltos.

Son animais limpos. Lamben a pel para limpala e para sacar os pelos soltos.

Diante dun perigo primeiro permanece inmóvil intentando pasar desapercibido e logo fuxe a meterse

Diante dun perigo primeiro permanece inmóvil intentando pasar desapercibido e logo fuxe a meterse nun tobo.

O coello desprázase sempre a saltos, a diferencia de tamaño entre as patas non

O coello desprázase sempre a saltos, a diferencia de tamaño entre as patas non lle permite facelo de outra maneira. A súa potente musculatura e a rapidez dos seus movementos fanno un animal áxil e veloz que pode acadar os 50 km á hora.

Os coellos habitualmente son silenciosos pero emiten chíos fortes e agudos cando son collidos

Os coellos habitualmente son silenciosos pero emiten chíos fortes e agudos cando son collidos ou feridos. Cando se sorprenden, ou asustan, baten no chan coas patas de atrás para avisar do perigo. A comunicación normal entre eles fanna polo olor e por contacto.

O coello silvestre é un animal gregario e territorial. A xerarquía dentro do grupo

O coello silvestre é un animal gregario e territorial. A xerarquía dentro do grupo establécese pola forza.

Vive en coelleiras, redes de tobos e galerías que excavan eles mesmos, con varias

Vive en coelleiras, redes de tobos e galerías que excavan eles mesmos, con varias entradas, nas que se atopan de 6 a 10 indivíduos

Os coellos de granxa viven en gaiolas de dimensións reducidas agrupados por idades. As

Os coellos de granxa viven en gaiolas de dimensións reducidas agrupados por idades. As femias reproductoras están en gaiolas individuais para impedir que unhas danen ás crías das outras. Nave de engorde Coellas nais

Os coellos son fértiles durante todo o ano, pero crían máis na primavera e

Os coellos son fértiles durante todo o ano, pero crían máis na primavera e no verán. A xestación dura 32 días e teñen entre 4 e 12 crías de cada vez.

Os cazapos nacen sin pelo e cos ollos pechados. A nai visítaos só uns

Os cazapos nacen sin pelo e cos ollos pechados. A nai visítaos só uns poucos minutos ao día para darlles de mamar. Á semana xa teñen pelo e pouco despois abren os ollos. Coellos recén nacidos Coelliño de un día Coelliño de unha semana

Ás 3 semanas xa fan as primeiras saídas. Maman durante un mes e aos

Ás 3 semanas xa fan as primeiras saídas. Maman durante un mes e aos 8 meses xa son adultos. Cazapos de tres semanas Coellos de un mes, recén destetados.

Unha coella pode producir entre 45 e 50 crías ao ano. Nas granxas prográmase

Unha coella pode producir entre 45 e 50 crías ao ano. Nas granxas prográmase para que produzan 8 ou 9 camadas ao ano. Para que teñan unha camada cada 42 días (8 ao ano) xúntanse co macho entre 10 e 12 días despois de parir. O ritmo natural é de 5 e 6 camadas ao ano.

Coello vello Poden vivir ata 10 anos, pero na natureza o 90% non pasa

Coello vello Poden vivir ata 10 anos, pero na natureza o 90% non pasa do primeiro ano de vida.

Os coellos críanse sobre todo para producir carne, pero tamén se lles aproveita a

Os coellos críanse sobre todo para producir carne, pero tamén se lles aproveita a pel, existen razas peleteiras seleccionadas; hai razas de pelo, coellos que se crían como mascotas e para algúns outros aproveitamentos. Xigante de Flandes, produtor de carne Chinchilla sable, coello peleteiro Angora azul, produtor de pelo Enano holandés, mascota

A carne de coello é rica en proteínas e ten pouca graxa. En Europa

A carne de coello é rica en proteínas e ten pouca graxa. En Europa prodúcese o 70% da carne de coello do mundo.

A pel de coello é apreciada para elaborar prendas porque é barata e ten

A pel de coello é apreciada para elaborar prendas porque é barata e ten unha suavidade especial, ten unha enorme variedade de cores e acepta ben os tintes.

O pelo longo de algúns coellos pódese fiar para tecer ou pódese aglomerar para

O pelo longo de algúns coellos pódese fiar para tecer ou pódese aglomerar para convertelo en feltro. Sombreiros de feltro

Cola de coello. É un pegamento natural, unha sustancia elástica e pegañenta, que se

Cola de coello. É un pegamento natural, unha sustancia elástica e pegañenta, que se extre da pel do coello. Utilízase para pegar madeiras e para imprimar lenzos e obxectos que se van pintar.

Os coellos tamén son utilizados como animais de laboratorio cos que se fan probas

Os coellos tamén son utilizados como animais de laboratorio cos que se fan probas médicas e se ensaian medicinas e cosméticos.

algunhas razas de coellos e outras historias.

algunhas razas de coellos e outras historias.

Xigante de España. Acada pesos en vivo, aos 7 -8 meses, de ata 6

Xigante de España. Acada pesos en vivo, aos 7 -8 meses, de ata 6 kg. Ten ata 8 camadas ao ano, cun promedio de máis de 7 cazapos por camada.

Neocelandés. Coello moi extendido por todo o mundo co pelo suave e brillante que

Neocelandés. Coello moi extendido por todo o mundo co pelo suave e brillante que lle proporciona doble utilidade. Pesa entre 4 e 5 kg. As femias son moi fértiles e as crías medran rapidamente.

Xigante de Flandes: Raza datada no século XVI. Foi creada en Bélxica. Ten pelo

Xigante de Flandes: Raza datada no século XVI. Foi creada en Bélxica. Ten pelo curto e liso de cores variadas. Pesa entre 6 e 8 kg.

Rex. É a raza máis utilizada na industria peleteira por ter un pelo curto

Rex. É a raza máis utilizada na industria peleteira por ter un pelo curto e moi sedoso ao tacto. Os animales son sacrificados co pelo de inverno, máis denso. Hai numerosas variedades.

Chinchilla. Raza creada en Francia e mellorada en Alemania a principios do século XX.

Chinchilla. Raza creada en Francia e mellorada en Alemania a principios do século XX. O "chinchilla normal" pesa arredor de 3 kg e úsase case só como produtores de pel. Pola contra o "chinchilla americano", de 4, 5 a 5 kg, e o "chinchilla xigante", arredor de 6 kg, son apreciados pola súa carne.

Coello de Angora: É a única raza explotada a nivel mundial polo seu pelo.

Coello de Angora: É a única raza explotada a nivel mundial polo seu pelo. Chámaselle tamén coello de seda. Hai variedades grandes e pequenas e de cores distintas.

Coellos belier. A súa característica máis destacada son as grandes orellas colgantes. Son animais

Coellos belier. A súa característica máis destacada son as grandes orellas colgantes. Son animais tranquilos e apreciados como mascotas. Hai variedades enanas e xigantes, os máis grandes chegan a pesar 7 kg.

Enano holandés. É a raza de coello máis pequena, cun peso que oscila entre

Enano holandés. É a raza de coello máis pequena, cun peso que oscila entre 0. 8 -1. 2 kgs. Teñen un corpo compacto, orellas curtas e erguidas e pelo curto e brillante. Hai ata 24 variedades de cor.

O coello máis grande do mundo. Mide aproximadame nte 1, 30 metros de longo

O coello máis grande do mundo. Mide aproximadame nte 1, 30 metros de longo e pesa 22, 2 kilos.

Coellos en Australia. Unhas poucas parellas de coellos que se soltaron en Australia a

Coellos en Australia. Unhas poucas parellas de coellos que se soltaron en Australia a mediados do século XIX como animais de caza convertéronse nuns poucos anos na “gran plaga gris”, aos tres anos xa eran 14 millóns de coellos e 100 anos despois, a pesar da loita contra eles, calculábase que había 600 millóns de coellos. O coello está considerado un dos dez animais invasores máis perigosos

Coello da sorte ou Coello de Pascua. Empezou sendo unha lebre dunha tradición do

Coello da sorte ou Coello de Pascua. Empezou sendo unha lebre dunha tradición do norte de Europa que traía agasallos aos nenos e logo converteuse nun coello porque é un animal máis coñecido. Coello da sorte. Tarxeta postal de 1907

O coello na Lúa. Lenda azteca na que un coello se ofrece como alimento

O coello na Lúa. Lenda azteca na que un coello se ofrece como alimento ao deus Quetzalcóatl e este en agradecemento estampou a súa figura na lúa. Hai outra xaponesa moi semellante.

Coello do horóscopo chino. No horóscopo chino cada símbolo está asociado a un ano

Coello do horóscopo chino. No horóscopo chino cada símbolo está asociado a un ano e repítese en ciclos de doce anos. Neste horóscopo un dos símbolos e o do coello do que hai cinco clases: de metal, de auga, de madeira, de lume e de terra.

A pata de coello e a sorte. A pata do coello converteuse en símbolo

A pata de coello e a sorte. A pata do coello converteuse en símbolo por asociación coa lebre á que se consideraba animal con poderes en moitas culturas antigas. Úsase a pata porque os pés son simbolo de fortaleza.

fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e

fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA