Linguas itlicas e vecias cara 250 a C

  • Slides: 13
Download presentation

Linguas itálicas e veciñas cara ó 250 a. C. Como podes apreciar neste mapa,

Linguas itálicas e veciñas cara ó 250 a. C. Como podes apreciar neste mapa, no s. III a. C. , cando Roma xa era unha potencia militar con dominio sobre a península itálica, aínda se falaban nesta unha gran variedade de linguas, tanto indoeuropeas como alleas a esta familia. De entre as primeiras, cales che parecen as máis extendidas? E entre as non indoeuropeas?

Reconstrución hipotética dun poboado da cultura das terramaras Urna cineraria Zona orixinaria da Cultura

Reconstrución hipotética dun poboado da cultura das terramaras Urna cineraria Zona orixinaria da Cultura dos Campos de Urnas, probable antecesora das terramaras Segundo os arqueólogos, esa diversidade pódese explicar por diversas migracións continuadas de pobos indoeuropeos desde Europa Central cara a Italia durante as súas Idades do Bronce e do Ferro. O seu rasgo común son os enterramentos de cinzas en urnas, tanto na cultura das terramaras (s. XV a. C. ) como na de Villanova (s. XIII a. C. ). Ademais, a primeira delas configura os seus poboados dun xeito tentadoramente similar ós posteriores campamentos romanos

Como viches no primeiro mapa, as falas latinas ocupaban un territorio reducido, comparadas co

Como viches no primeiro mapa, as falas latinas ocupaban un territorio reducido, comparadas co grupo de linguas osco-umbras. Mais o proceso expansivo que Roma experimentou desde o s. VI a. C. levouna, en apenas 250 anos, a dominar toda a península italiana e as illas adxacentes. A lingua latina recibe así influencias das falas veciñas, entre elas o sabino, do grupo osco-umbro, e o etrusco, lingua de procedencia insegura, xa que as inscricións que o conservan non están ben descifradas aínda. Sabinos e etruscos foron protagonistas na fusión de pobos que deu como resultado Roma Fragmento das Táboas Iguvinas Localización dos pobos que deron orixe a Roma Os pobos itálicos asumiron pouco a lingua de Roma, aínda que esta non os obrigou coa violencia: o funcionamento da administración romana reduciu as falas locais ó ámbito familiar, como sustrato, ata desapareceren. Só as podemos coñecer gracias a un certo número de inscricións, como a da esquerda, que recolle un ritual relixioso en umbro. Na toponimia dalgunhas rexións italianas actuais queda a memoria destes pobos: Toscana, Umbría e Liguria, p. ex.

A etiqueta de “latín” (e non “romano”) dános unha denominación de orixe: era a

A etiqueta de “latín” (e non “romano”) dános unha denominación de orixe: era a lingua de todo o Lacio, no que Roma era en principio unha vila máis. Coa súa expansión territorial, o latín desenvolveu unha serie de variantes de uso que debemos diferenciar ben para saber que latín imos estudar. A Lingüística adoita establecer esas variedades arredor de catro eixos que, aplicados ó latín, resultan como segue: Variantes diacrónicas As desigualdades sociais sempre provocan diferenzas de formación entre os individuos, que eran máis acusadas a Antigüidade, ó non existir un sistema de educación universal. Así, a lingua dos estratos máis baixos da sociedade diverxía en maior ou menor medida da das clases altas, fenómeno que se dá tamén nos idiomas actuais Como xa sabes, ningunha lingua permanece igual a si mesma durante o tempo da súa existencia. Sen ter en conta o chamado latín humanístico, este idioma serviu como sistema de comunicación para colectivos moi amplos, como mínimo desde o s. VII a. C. ata o VI-VII d. C. Xa que logo, falamos de máis de 1. 000 anos. É evidente que houbo cambios, que nos permiten distinguir fases, igual que na historia do galego e o castelán Variantes diastráticas

Mesmo dentro dunha mesma clase social, os individuos non se expresan igual nun ambiente

Mesmo dentro dunha mesma clase social, os individuos non se expresan igual nun ambiente familiar ou de festa que nun contexto máis formal. Esas diferencias de “ton” forman parte da nosa educación social, e todo o mundo se adapta a elas, moitas veces de xeito inconsciente Variantes diafásicas Variantes diatópicas Calquera lingua que vai ampliando o seu territorio cara ó doutros idiomas experimenta un conxunto de influencias, máis visibles sobre a súa fonética e o seu léxico. Este feito, entre outros, provoca que nas diversas comarcas vaian aparecendo formas distintas de falar a mesma lingua. Se o proceso se agudiza, aparecen falas novas, sen intercomprensión coa orixinal. No caso do latín, son as LINGUAS ROMANCES, que veremos a seguir

O castelán ou español é a segunda lingua máis falada no mundo debido sobre

O castelán ou español é a segunda lingua máis falada no mundo debido sobre todo á colonización de América, polo que presenta abondosas variantes 1ª noticia: s. IX Nº falantes: 450 -500 millóns Galego e portugués son hoxe dous idiomas pertencentes a dous estados distintos, aínda que a procedencia do latín é única para os dous 1ª noticia: s. XII Nº falantes: 2, 7 millóns (galego) e 230 millóns (portugués) Desde a Idade Media falábanse na metade norte da península unha serie de romances chamados asturleoneses. O de máis presenza hoxe é o bable, que data do s. X, e que conta con 450. 000 falantes en Asturias. Tamén perviven o leonés, o cántabro e, en Portugal, o mirandés. Doutro subgrupo son o aragonés (10. 000 falantes) e o mozárabe (extinguido) Mio sîdî ïbrâhîm yâ tú uemme dolge fente mib de nohte in non si non keris irey-me tib gari-me a ob legar-te

O francés estándar procede da variedade de París, que se impuxo, por prestixio e

O francés estándar procede da variedade de París, que se impuxo, por prestixio e lexislación, ás outras falas romances da antiga Galia. Co imperio colonial francés expandiuse a varios continentes. Entre as variantes diversas do estándar destaca o valón, por ser lingua oficial en Bélxica. Recoñécese tamén certa personalidade diferenciada ó francés de Suiza (no acento) ó francés de Canadá e algunhas falas rexionais de Picardía e Normandía, no norte de Francia 1ª noticia: s. IX Nº de falantes: 100 -190 millóns Chámaselle tamén arpitano. Fálase nalgunhas rexións alpinas de Francia, Suíza e Italia. O seu territorio é moi escaso debido á presión de dúas potentes linguas romances (francés e italiano) e unha xermánica (o alemán) 1ª noticia: s. XIII Nº de falantes: 77. 000 aproximadamente

As linguas deste subconxunto ocupan estes territorios: -pequenas áreas do sur de Suíza: os

As linguas deste subconxunto ocupan estes territorios: -pequenas áreas do sur de Suíza: os dialectos romanches, en perigo de desaparición, aínda que unha variedade estándar está recoñecida como lingua oficial. Contan só con 38. 000 falantes - Norte de Italia: ladino e friulano, dos que este último goza de protección oficial na rexión italiana do Friuli. Entre os dous suman máis ou menos 700. 000 falantes, dos que máis de 600. 000 pertencen ó friulano. OCCITANO: As falas occitanas ou linguas de oc (“si” neses idiomas) ocupan unha ampla rexión do sur de Francia. A máis coñecida é o provenzal, sobre todo polo amplo cultivo literario que tivo na Idade Media. En España temos o aranés, lingua cooficial xunto ó catalán e ó castelán no Val de Arán (Lérida): conta con a penas 3. 000 falantes. 1ª noticia: s. X Nº de falantes: 2 millóns, aproximadamente CATALÁN: A pesar de que por xeografía se pode incluir no grupo iberorromance, parece que con criterios filolóxicos debemos adscribila ó subconxunto occitano. Fálase actualmente nas comunidades españolas de Cataluña, Valencia (onde se denomina valenciano) e Baleares, así como no Rosellón francés e na comarca de Alguer, en Sardeña. 1ª noticia: s. X Nº de falantes: 7, 7 millóns

Existen máis de 200 variantes desta lingua, como o napolitano, o ligur, o calabrés…

Existen máis de 200 variantes desta lingua, como o napolitano, o ligur, o calabrés… O estándar foise establecendo desde o s. XIII, debido ó prestixio do poeta Dante, a partir da fala toscana É a evolución do latín na derradeira provincia incorporada ó Imperio: a Dacia. Non ten contacto xeográfico directo con ningunha outra lingua romance: está rodeada por linguas eslavas, que influíron no seu léxico 1ª noticia: s. IX 1ª noticia: s. XII Nº de falantes: entre 70 e 125 millóns, contando con Suíza e a emigración O sardo é a lingua romance menos evolucionada desde o latín, aínda que manifesta influencias de superestrato do catalán e do castelán Nº de falantes: 22 millóns en Romanía e 6 máis entre Moldavia, a Voivodina e a emigración 1ª noticia: s. XI Nº de falantes: algo máis dun millón Parece que o dálmata, un romance da costa da antiga Iugoslavia extinto no s. XIX, ten algunha relación directa co rumano Tuota nuester, che te sante intel sil, sait santificuot el naun to. Vigna el raigno to.

Conforme o poder de Roma foi medrando en extensión e prestixio, o latín foi

Conforme o poder de Roma foi medrando en extensión e prestixio, o latín foi tamén avanzando como vehículo cultural. O seu cultivo literario, baseado en modelos gregos, foi moi amplo: así, converteuse nun idioma traballado por grandes creadores, que o levaron a unha altura artística da que depende directamente o resto da literatura occidental, pois os autores latinos foron un espello no que se miraron os literatos europeos, desde a Idade Media ata a actualidade

Ese prestixio fixo que, a pesar da caída de Roma, os reinos europeos que

Ese prestixio fixo que, a pesar da caída de Roma, os reinos europeos que a sucederon na zona occidental adoptasen a herdanza romana e o latín como lingua de cultura. Por iso este idioma estivo sempre presente na educación de moitas xeracións de europeos, que estudiaron moi en detalle a Cicerón, Virxilio, Horacio, Ovidio… Mais cómpre ter presente que o latín da escola, mesmo hoxe en día, baséase no coñecemento dun rexistro de lingua moi concreto: o idioma literario das clases sociais altas (unha minoría de individuos), destinado a unha intensa elaboración artística. Desta lingua non proceden as linguas romances; estas son o resultado da evolución do latín popular, a cotío chamado vulgar, que era o falado pola inmensa maioría da poboación do Imperio na súa zona occidental. Así, o latín literario adóitase dividir nas seguintes fases históricas: LATÍN ARCAICO: VIII-II a. C. LATÍN CLÁSICO: II a. C. -II d. C. LATÍN POSCLÁSICO: LATÍN TARDÍO: LATÍN MEDIEVAL: LATÍN HUMANÍSTICO: II-III d. C. III-VI d. C. VI-XV d. C. XV-XVIII d. C.

Sen esquecer os mecanismos polos que o latín popular deu lugar ás linguas romances,

Sen esquecer os mecanismos polos que o latín popular deu lugar ás linguas romances, centrarémonos na ÉPOCA CLÁSICA do idioma, debido á súa inmensa trascendencia cultural. De acordo cos catro eixos vistos, esta variedade definiríase así: VARIEDADE DIACRÓNICA: s. II a. C. -II d. C. VARIEDADE DIASTRÁTICA: Clase social alta VARIEDADE DIAFÁSICA: Rexistro literario VARIEDADE DIATÓPICA: Cidade de Roma