figueira Ficus carica higuera common figuier commun figueira

  • Slides: 15
Download presentation
figueira (Ficus carica) higuera common figuier commun figueira

figueira (Ficus carica) higuera common figuier commun figueira

CLASE Anxiospermas ORDE Urticales FAMILIA Moráceas

CLASE Anxiospermas ORDE Urticales FAMILIA Moráceas

Arbusto ou pequena árbore de copa ampla e irregular que pode acadar os 5

Arbusto ou pequena árbore de copa ampla e irregular que pode acadar os 5 m de altura. É orixinaria da cunca Mediterránea e do sudoeste de Asia. Vive en lugares soleados. Atópase por toda Galiza cultivada e naturalizada.

TALO: Toro curto, frecuentemente retorcido e moi ramificado, coas ponlas despregadas e caídas. A

TALO: Toro curto, frecuentemente retorcido e moi ramificado, coas ponlas despregadas e caídas. A tona é lisa de cor gris con manchas máis escuras.

FOLLAS Caedizas, simples, alternas, palmeadas, con 3 ou 5 lóbulos ovais de diferentes tamaños,

FOLLAS Caedizas, simples, alternas, palmeadas, con 3 ou 5 lóbulos ovais de diferentes tamaños, bastante ríxidas e ásperas e cos nervos moi marcados. Poden medir ata 30 cm de lonxitude.

FLORES Unisexuais, moi pequenas e están situadas no interior dun receptáculo carnoso especial, o

FLORES Unisexuais, moi pequenas e están situadas no interior dun receptáculo carnoso especial, o figo, de cor verde e forma cónica, aberta pola centro da base. As flores femininas están formadas por un ovario e as masculinas por dous estames. Florece en primavera. femininas masculinas

FROITOS Son secos e duros (aquenios), de cor castaña crara e forma oval, de

FROITOS Son secos e duros (aquenios), de cor castaña crara e forma oval, de 2 -3 mm de lonxitude. Están situados no interior do figo, o “envoltorio” dos froitos que almacena substancias azucradas para axudar á dispersión das sementes. Maduran no outono do segundo ano.

CICLO ANUAL-FIGUEIRA Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembr

CICLO ANUAL-FIGUEIRA Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembr o outubro novemb ro decemb ro

Figueira no Pazo de Fefiñáns. Cambados

Figueira no Pazo de Fefiñáns. Cambados

USOS: Os figos aprovéitanse para comer, facer dóces e confituras. . . Ten moitos

USOS: Os figos aprovéitanse para comer, facer dóces e confituras. . . Ten moitos usos mediciñais: a savia para curar as espullas e a carie dental, os figos como laxantes ou para calmar a tos, as follas para tapar feridas. . .

ESCOLMA LITERARIA Miña terra, miña terra, terra onde me eu criei, hortiña quero tanto,

ESCOLMA LITERARIA Miña terra, miña terra, terra onde me eu criei, hortiña quero tanto, figueiriñas que plantei. Rosalía de Castro Figueira. Casa Museo Rosalía Castro. (Padrón-A Coruña). Mide 6 m de altura e 1, 50 de perímetro. É unha das figueiras máis coñecidas pola súa relación coa poetisa Rosalía de Castro.

LENDA A FIGUEIRA DO MECO A figueira do meco atópase nunha pedra da Siradella

LENDA A FIGUEIRA DO MECO A figueira do meco atópase nunha pedra da Siradella (O Grove) Conta a lenda que o Meco era un cacique do Grove que cometía moitos abusos. Unha noite tivo unha discusión nunha taberna e partíronlle unha xerra na cabeza. Os veciños levárono ao monte da Siradella e colgáronno dunha figueira. Cando a xustiza preguntou Quen matou ao Meco? o pobo respondeu Matámolo todos!

REFRÁNS -Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote, meu

REFRÁNS -Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote, meu amigo. -No tempo dos figos non hai amigos. ADIVIÑAS CANTIGAS Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa flor, (A figueira) Fun á casa de Carmiña e biqueina na lareira, deume unha pucha de figos que foi pañar á figueira. Cen e cen fillos ten e a todos con leite mantén. (A figueira)

MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2015

MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2015