A oratoria Cicern 1 Xeneralidades Definicin de oratoria

  • Slides: 15
Download presentation
A oratoria: Cicerón

A oratoria: Cicerón

1. - Xeneralidades

1. - Xeneralidades

Definición de oratoria: Arte de pronunciar discursos diante dun auditorio, seguindo as regras analizadas

Definición de oratoria: Arte de pronunciar discursos diante dun auditorio, seguindo as regras analizadas por unha ciencia á que os gregos chamaron “Retórica”.

A oratoria en Grecia Nace estreitamente vinculada á sofística. Desenvólvese no contexto histórico das

A oratoria en Grecia Nace estreitamente vinculada á sofística. Desenvólvese no contexto histórico das polis democráticas, sobre todo de Atenas. Xoga un papel moi importante na educación dos rapaces atenienses. Como oradores destacaron sobre todo Lisias e Demóstenes. Aristóteles xogou un importante papel na sistematización da Retórica.

Clasificación aristotélica dos discursos Xudicial (genus iudiciale) Inocente ou culpable? O auditorio debe tomar

Clasificación aristotélica dos discursos Xudicial (genus iudiciale) Inocente ou culpable? O auditorio debe tomar unha decisión Deliberativo (genus deliberativum) Demostrativo (genus demonstrativum) Pode ter como finalidade ensalzar ou denigrar Si ou non?

Fases na elaboración dun discurso: Inventio Trátase de atopar as ideas e argumentos que

Fases na elaboración dun discurso: Inventio Trátase de atopar as ideas e argumentos que se van empregar durante o discurso. Dispositio Como se dispoñen os materiais atopados na fase anterior? Elocutio Nesta fase o orador escolle as palabras que vai empregar. É moi importante o coñecemento das “figuras retóricas”. Memoria Memorización do discurso para non ter que ler. Actio Posta en escena do discurso: entonación, xestos. . .

Partes dun discurso Exordium É o inicio do discurso. O orador ten que captar

Partes dun discurso Exordium É o inicio do discurso. O orador ten que captar a atención e a simpatía do auditorio. Narratio Exposición verosímil dos feitos dos que se fala: os sete elementos básicos da narratio son o qué, o quén, o por qué, o onde, o cando, o cómo e o con qué medios? Argumentatio Divídese normalmente en dúas partes: enumeración dos argumentos que defenden a tese do orador e refutación dos argumentos do contrario. Peroratio É unha parte moi importante porque debe deixar ao auditorio ao noso favor.

Na práctica oratoria, había varias tendencias ou estilos: Escola asiática Estilo exuberante e florido

Na práctica oratoria, había varias tendencias ou estilos: Escola asiática Estilo exuberante e florido Escola ática Estilo sobrio Escola rodia Semellante á asiática, pero máis moderada. Estos estilos trasladaranse de Grecia a Roma. Cicerón formouse na escola rodia, pero practicaba o estilo que mellor conviña a cada ocasión.

2. - A oratoria en Roma

2. - A oratoria en Roma

Desde os primeiros tempos da República, a actividade oratoria foi fundamental no funcionamento do

Desde os primeiros tempos da República, a actividade oratoria foi fundamental no funcionamento do Estado Romano. No Senado. . . para debater as leis e as distintas propostas No Foro. . . para falar diante do pobo nas Asambleas populares. . . ante os tribunais de xustiza. . . ou nas ceremonias fúnerarias

Antes do século III a. C. , a oratoria non era en ningún caso

Antes do século III a. C. , a oratoria non era en ningún caso un xogo literario. A forza do discurso non se basaba aínda nas técnicas gregas da persuasión, senón na auctoritas e na gravitas do orador. Os novos aprendían a falar escoitando aos maiores; aínda non existían as escolas de retórica. Un exemplo deste tipo de oratoria foi Marco Porcio Catón.

Entre os séculos III e II a. C. , despois de derrotar ao reino

Entre os séculos III e II a. C. , despois de derrotar ao reino de Macedonia, Roma faise co control de Grecia.

A chegada a Roma dos mestres de retórica gregos e vista con desconfianza pola

A chegada a Roma dos mestres de retórica gregos e vista con desconfianza pola aristocracia conservadora. No ano 161 a. C. o Senado promulga un decreto polo que os rétores gregos son expulsados da cidade.

Pero tamén hai un número importante de poderosos aristócratas filohelenos, especialmente os vinculados cos

Pero tamén hai un número importante de poderosos aristócratas filohelenos, especialmente os vinculados cos Escipións. . . e finalmente as técnicas da retórica grega acaban por converterse nunha materia fundamental da educación da clase dirixente romana.

A oratoria tivo en Roma unha extraordinaria importancia durante a República. Coa chegada do

A oratoria tivo en Roma unha extraordinaria importancia durante a República. Coa chegada do Imperio perdeu moita forza, sobre todo no ámbito político. Nas escolas e na educación superior mantívose durante toda a historia de Roma.