A GUERRA DE TROIA ZEUS Pluto Tntalo Hipodama

  • Slides: 18
Download presentation
A GUERRA DE TROIA

A GUERRA DE TROIA

ZEUS Pluto Tántalo Hipodamía Pélope Pelopia Tiestes Minos Pasífae Eurianasa Catreo Níobe Atreo Aérope

ZEUS Pluto Tántalo Hipodamía Pélope Pelopia Tiestes Minos Pasífae Eurianasa Catreo Níobe Atreo Aérope Clímene Existo Clitemnestra Agamenón Menelao Helena Electra Crisótemis Ifixenia Anaxibia Estrofio Pílades Orestes

Atreo e Tiestes, de acordo coa súa nai Hipodamía, asasinaron a Crisipo, o fillo

Atreo e Tiestes, de acordo coa súa nai Hipodamía, asasinaron a Crisipo, o fillo do seu pai Pélope coa ninfa Axíoque. Pélope desterrounos, co que foron a Micenas, onde reinaba Esténelo. Cando o fillo deste, Euristeo, morreu sen descendencia, un oráculo aconsellou os cidadáns que elixisen como rei un dos fillos de Pélope. Atreo tiña un nobelo de ouro, e a súa esposa Aérope rouboullo para darllo a Tiestes, de quen era amante. Tiestes propuxo que fose rei quen puidese amosar un nobelo de ouro e, inconsciente do roubo, Atreo aceptou. Cando Tiestes conseguiu a coroa, Atreo propúxolle unha segunda proba: se o Sol invertía o sentido do seu camiño no ceo, sería Atreo quen reinaría. Tiestes aceptou e, ese día, o Sol púxose polo leste. Unha vez no trono, Atreo desterrou ó seu irmán, pero pouco despois simulou unha reconciliación e chamouno de volta a Micenas. Xa na cidade, Atreo asasinou en segredo os fillos de Tiestes, esnaquizounos, cociñounos e deullos a cear ó seu pai, a quen logo desterrou novamente. No exilio, Tiestes tivo cunha filla súa (sen saber que o era), chamada Pelopia, un rapaz, chamado Existo. Logo, Pelopia casou con Atreo, levando con ela a Existo, que se criou como fillo de Atreo. Este encargoulle a misión de matar a Tiestes, mais Existo descubriu a tempo quen era o seu verdadeiro pai, co que matou a Atreo e devolveulle o trono de Micenas a Tiestes.

Aérope, Clímene, Apemósine e Altémenes eran fillos de Catreo e netas do rei Minos

Aérope, Clímene, Apemósine e Altémenes eran fillos de Catreo e netas do rei Minos de Creta. Un oráculo prediciu a Catreo que morrería a mans dun dos seus fillos. Cando Altémenes se enterou, colleu á súa irmá Apemósine e fuxiu con ela, mentres que Catreo vendeu a Aérope e a Clímene a un viaxeiro, Nauplio. Este conduciunas a Argos, onde Aérope casou con Atreo, o rei do país, para ter con el a Agamenón e Menelao (que casaron coas irmás Clitemnestra e Helena, respectivamente), e a Anaxibia; esta última, casada con Estrofio, tivo a Pílades. O matrimonio de Aérope con Atreo non foi feliz, e fíxose amante do seu irmán, Tiestes. Cando Atreo consumou a súa vinganza sobre o seu irmán, botou a Aérope ó mar.

Agamenón casou con Clitemnestra tras matar ó seu anterior esposo, Tántalo (fillo do seu

Agamenón casou con Clitemnestra tras matar ó seu anterior esposo, Tántalo (fillo do seu tío Tiestes) e ó seu fillo. Pola súa parte, Helena, irmá de Clitemnestra, tiña moitos pretendentes; o seu pai, Tindáreo, aconsellado por Ulises, obrigounos a xurar que respectarían a decisión da moza, e mesmo acudirían en axuda do futuro marido, se este era atacado. Helena escolleu a Menelao, e cando foi raptada por Paris, o seu home acudiu a Agamenón, que invocou o xuramento e formou a coalición grega contra Troia. Durante a viaxe a Troia, a frota grega viuse detida en Áulide por falta de vento. O adiviño Calcante afirmou que aquilo se debía a unha vella ofensa de Agamenón á deusa Ártemis, que debía ser compensada co sacrificio de Ifixenia, unha filla de Agamenón. Coa falsa promesa dun matrimonio con Aquiles, Agamenón fixo vir a Ifixenia desde Micenas e, efectivamente, sacrificouna. Durante os nove anos de asedio a Troia, Agamenón e Aquiles estiveron en conflito case constante, o que retrasou a conquista da cidade. Ó tempo, en Micenas, Clitemnestra, enrabechada con Agamenón polo sacrificio de Ifixenia, convertérase en amante de Existo, curmán de Agamenón: os dous adúlteros decidiron matalo en canto volvese de Troia, e así o fixeron.

Logo de nove anos de feliz matrimonio con Helena, declarouse unha epidemia en Esparta.

Logo de nove anos de feliz matrimonio con Helena, declarouse unha epidemia en Esparta. Menelao acudiu a Troia a ofrecer un sacrificio sobre as tumbas dos fillos de Perseo para librar a súa cidade daquel problema. Alí foi hóspede de Paris, quen pouco despois tivo que marchar de Troia debido a un homicidio involuntario, e foise refuxiar na corte de Menelao. Cando este acudiu a Creta ós funerais do seu avó Catreo, Paris fuxiu con Helena. Ó principio da guerra de Troia, hai un desafío entre os dous, e Menelao fire a Paris, pero este é rescatado por Afrodita, que o envolve nun nubeiro e o leva de volta ó palacio real. Na toma da cidade, Menelao captura a Helena e intenta matala, pero é incapaz de facelo e lévaa consigo. Tras unha longa viaxe de regreso, que o levou a Exipto e Creta, chegou de novo a Esparta, onde viviu felizmente con Helena ata a súa morte.

Metope Asopo POSEIDÓN Salamina Exina Cicreo ZEUS Áctor Esténele Menecio Éaco Endeis Patroclo Tetis

Metope Asopo POSEIDÓN Salamina Exina Cicreo ZEUS Áctor Esténele Menecio Éaco Endeis Patroclo Tetis Peleo Telamón Peribea Hesíone Aquiles Áiax Teucro

Zeus e Posidón pretendían a Nereida Tetis, pero un oráculo prediciulles que o fillo

Zeus e Posidón pretendían a Nereida Tetis, pero un oráculo prediciulles que o fillo de Tetis había ser máis poderoso que o seu pai. Os dous deuses renunciaron, e decidiron casar a Tetis cun mortal. Elixiron a Peleo, pero a Nereida rexeitouno: para fuxir das súas apertas cambiaba continuamente de forma (lume, auga, vento, paxaro, león…). Finalmente, Peleo conseguiu atrapala, e a voda púidose celebrar: a ela asistiron todos os deuses, e as Musas cantaron na cerimonia. Tetis deu varios fillos a Peleo, pero todos morrían, pois a deusa trataba de facelos inmortais aplicándolles lume. Cando naceu Aquiles, Peleo arrincoullo das mans para crialo pola súa conta.

Segundo algunhas versións, Aquiles foi educado polo centauro Quirón, quen lle ensinou as artes

Segundo algunhas versións, Aquiles foi educado polo centauro Quirón, quen lle ensinou as artes da música, a caza e a medicina, entre outras. Cando se organizou a expedición contra Troia, Ulises e o seu curmán Patroclo (que se criara con el e a quen estimaba moito) convencérono de participar. A súa nai informoulle do seu destino: se quedaba en Ftía tería unha longa vida, mais sen gloria; se ía a Troia, obtería sona inmortal, mais a súa vida sería breve. Segundo os poemas homéricos, Aquiles decidiu ir, pero tradicións posteriores afirman que os seus pais, coñecendo a profecía sobre a súa morte en Troia, o disfrazaron de rapaza e o agocharon na corte de Licomedes, rei da illa de Esciros, onde compartía a vida das princesas. De feito, chegou a unirse a unha delas, Deidamía, coa que tivo un fillo: Neoptólemo, tamén coñecido como Pirro, pois a Aquiles, como muller, chamábanlle Pirra. Mais Ulises, que partira na súa busca, atopouno e convenceuno de que fose cos gregos a Troia. Durante a guerra, as disputas con Agamenón fixeron que Aquiles deixase de loitar. Mais cando o seu amado Patroclo caeu fronte a Héctor, Aquiles reincorporouse ó combate para vingar a súa morte matando a Héctor. Sobre a fin de Aquiles hai varias tradicións. Unha delas sostén que, antes do remate da guerra, o heroe grego acordara con Príamo casar cunha das súas fillas, Políxena, e tamén cambiar de bando. Cando Aquiles e Príamo se reuniron nun templo para selar o pacto, Paris, oculto detrás dunha estatua, disparoulle unha frecha no calcaño, o seu único punto feble: a súa nai, cando era bebé, mergullárao na lagoa Estixia (no Inframundo), cuxas augas tiñan a propiedade de volver invulnerable a quen se bañara nela.

Perseo Deión Andrómeda Diomede HERMES Céfalo Quíone Ébalo Gorgófone Icario Arcisio Peribea Autólico Laertes

Perseo Deión Andrómeda Diomede HERMES Céfalo Quíone Ébalo Gorgófone Icario Arcisio Peribea Autólico Laertes Anticlea Ulises Penélope Calipso Telémaco Circe Telégono

Ulises herdou do seu pai Laertes o trono de Ítaca, mais decontado tivo que

Ulises herdou do seu pai Laertes o trono de Ítaca, mais decontado tivo que embarcarse na expedición contra Troia, honrando o xuramento que os antigos pretendentes de Helena fixeran ó seu pai Tindáreo. Xa na guerra, Ulises sempre dá consellos axeitados, media entre os diferentes líderes gregos (nomeadamente, entre Agamenón e Aquiles), e idea estrataxemas brillantes, como a do cabalo de madeira, que logrará a conquista da cidade. A súa navegación de regreso a Ítaca estivo chea de atrancos, todos eles narrados na Odisea: entre outros, teñen moita sona a súa loita co cíclope Polifemo, a súa estadía na illa da meiga Circe (coa que tivo un fillo: Telégono), e tamén os anos que pasou coa ninfa Calipso. Por intervención de Zeus, Calipso deixou marchar a Ulises e, logo doutra serie de aventuras, deu chegado de novo a Ítaca. Desde había varios anos, diferentes nobres da illa e doutros territorios acudían con frecuencia ó palacio de Ulises para demandar á súa esposa, Penélope, que escollera un novo esposo. Ela adiara a decisión dicíndolles que elixiría un deles en canto acabase de tecer unha mortalla para o seu sogro Laertes; mais Penélope destecía de noite o que tecera polo día. Xa en Ítaca, Ulises toma o aspecto dun mendigo e dáse a coñecer, primeiro ó seu fillo Telémaco (que anos antes andara a buscalo polo Mediterráneo) e logo á súa esposa. Aproveitando que os pretendentes estaban reunidos nun convite, Penélope dilles que será o seu esposo aquel que sexa capaz de tensar o arco de Ulises. Ningún deles é quen de facelo e Ulises, abandonando o seu disfraz de mendigo, colle o arco e mata a todos os pretendentes.

Circe é filla do Sol (e irmá de Eetes, o gardián do Nobelo de

Circe é filla do Sol (e irmá de Eetes, o gardián do Nobelo de Ouro, na Cólquide). Tiña poderes máxicos e, cando Ulises e os seus compañeiros chegaron á súa illa, converteu varios deles en diferentes animais. Mais Hermes veu en axuda de Ulises, entregándolle unha planta que o fixo inmune ós feitizos da meiga, e ademais obrigouna a devolver a forma humana ós seus amigos. Máis tarde, Circe deixou marchar a Ulises. Con Circe tivo Ulises un fillo, Telégono. Cando se fixo maior, foi a Ítaca a coñecer ó seu pai. Alí roubou parte do gando de Ulises, que pelexou con el e, accidentalmente, resultou morto. Contristado, Telégono levou o cadáver do seu pai á illa de Circe; con el foi tamén Penélope, e acabaron casando.

Calipso era unha ninfa que vivía na illa Oxixia. Acolleu a Ulises como náufrago

Calipso era unha ninfa que vivía na illa Oxixia. Acolleu a Ulises como náufrago e viviu con el varios anos. A cambio de quedar con ela para sempre, ofreceulle a inmortalidade, pero Ulises negouse, pois desexaba por riba de todo volver a Ítaca. Zeus, a rogos de Atenea, enviou a Hermes para que ordenase a Calipso que deixase marchar a Ulises. A ninfa obedeceu, aínda quedou moi triste. Algunhas tradicións mitolóxicas establecen que Ulises tivo varios fillos con Calipso.

Tros Ilo Eurídice Calírroe Ganímedes Laomedonte Capis Temiste Anquises Estrimo Príamo Héctor Hieromneme Asáraco

Tros Ilo Eurídice Calírroe Ganímedes Laomedonte Capis Temiste Anquises Estrimo Príamo Héctor Hieromneme Asáraco Casandra Hécuba Paris Creúsa Eneas Enone Helena Andrómaca Astianacte AFRODITA Ascanio (Xulo)

Cando Troia foi tomada por Heracles, este apreixou a todos os fillos de Príamo,

Cando Troia foi tomada por Heracles, este apreixou a todos os fillos de Príamo, agás á moza Hesíone, a quen ofreceu como esposa ó seu compañeiro Telamón. A Hesíone concedéuselle tomar como escravo un dos seus irmáns: Podarces, máis coñecido como Príamo. Con todo, Heracles preferiu deixalo a cargo de Troia. Casado con Hécuba e unido a varias concubinas, disque Príamo tivo ata 50 fillos e fillas. Durante a guerra cos gregos ve como os seus fillos varóns van morrendo un tras doutro. Logo da morte de Héctor, entra ás caladas no campamento heleno para pedirlle a Aquiles o cadáver do seu fillo maior. Durante a toma da cidade, morre a mans de Neoptólemo, fillo de Aquiles.

Héctor, o fillo maior de Príamo, exerce de comandante do exército troiano. Participa en

Héctor, o fillo maior de Príamo, exerce de comandante do exército troiano. Participa en moitos combates, o máis importante dos cales tivo lugar contra Aquiles. Cando este o matou, furoulle os calcaños, fixo pasar unha corda polos buratos, atouno ó seu carro e deu varias voltas ás murallas de Troia, arrastrando o cadáver. Tras a toma da cidade, o seu fillo Astianacte foi guindado desde unha torre polos líderes gregos, e a súa esposa Andrómaca foi tomada como botín de guerra por Neoptólemo. A Casandra, tamén filla de Príamo, o deus Apolo ofrecéralle o don da profecía a cambio de favores sexuais. Cando Casandra recibiu o agasallo, non quixo compracer ó deus. Apolo cuspiulle na boca: a partir de entón, a pesar de que era quen de predicir o futuro, ninguén a había crer. Fixo varios vaticinios importantes: cando Paris chegou a Troia con Helena, dixo que aquilo había causar a ruína da cidade; cando os troianos viron o cabalo de madeira, opúxose a que o introduciran en Troia, pois só vía maldade nel. Mais, pola maldición de Apolo, ninguén a creu. Logo da conquista e saqueo da cidade polos gregos, Casandra foi concedida a Agamenón como botín de guerra. O xefe grego namorouse fondamente dela, e levouna con el de volta a Micenas.

Cando Paris naceu, un oráculo consultado por Príamo e Hécuba díxolles que aquel rapaz

Cando Paris naceu, un oráculo consultado por Príamo e Hécuba díxolles que aquel rapaz había causar a ruína de Troia. Alarmado, Príamo abandonouno nun monte, pero o rapaz foi recollido e criado por uns pastores. Unha vez adulto, acudiu a Troia a unha celebración relixiosa e foi recoñecido polos seus irmáns Héleno e Casandra. Así, foi reintegrado ó seo da familia real. Durante as vodas de Tetis e Peleo, a deusa Eris (a Discordia) botou unha mazá de ouro no medio das deusas, e dixo que pertencía á máis fermosa delas. Decontado, Hera, Atenea e Afrodita disputaron o título. Zeus decidiu que Paris debería ser o árbitro. Para influír na súa decisión, Hera ofreceulle o dominio de toda Asia, Atenea a victoria en todos os combates, e Afrodita o amor de Helena de Esparta. Paris declarou vencedora a Afrodita. A guerra de Troia comeza mal para Paris: é ferido no primeiro combate por Menelao, e é rescatado por Afrodita. Co tempo, adéstrase como arqueiro, e será valéndose desta habilidade como matará a Aquiles. Máis tarde, el mesmo morrerá dun frechazo na ingua, lanzado polo grego Filoctetes.

Anquises era fillo de Temiste, irmá de Laomedonte, e Capis. En certa ocasión, a

Anquises era fillo de Temiste, irmá de Laomedonte, e Capis. En certa ocasión, a deusa Afrodita viuno e namorouse del: da unión naceu Eneas. A deusa recomendáralle que non revelase quen era a nai do seu fillo, pero Anquises proclamouno nun convite, debido ós efectos do viño, e Zeus disparou contra el un lóstrego que o deixou coxo. Eneas, pola súa parte, casou con Creúsa, filla de Príamo. Logo de loitar heroicamente na guerra contra os gregos, cando está decidido a morrer defendendo a súa cidade, Hermes comunícalle de parte de Zeus que debe abandonar Troia para buscar unha nova patria. Eneas recolle ó seu pai Anquises, ó seu fillo Ascanio e á súa esposa Creúsa e emprende a fuxida, mais no curso desta Creúsa queda atrás.