UNIDADE 1 Os seres vivos OS MICROSCOPIOS Ciencias

  • Slides: 11
Download presentation
UNIDADE 1 Os seres vivos OS MICROSCOPIOS Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os seres vivos OS MICROSCOPIOS Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios Tipos de microscopios • As células que compoñen os organismos

UNIDADE 1 Os microscopios Tipos de microscopios • As células que compoñen os organismos non son visibles a simple vista, polo que, para poder estudalas, é necesario empregar instrumentos que aumenten as imaxes. • Estes instrumentos son os microscopios, que son, principalmente, de dous tipos: MICROSCOPIO ÓPTICO MICROSCOPIO ELECTRÓNICO Preme sobre cada tipo de microscopio para saber máis Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios O microscopio óptico • Está formado por un sistema de

UNIDADE 1 Os microscopios O microscopio óptico • Está formado por un sistema de lentes e emprega para iluminar un feixe de luz. Aumenta as imaxes ata 1000 veces. • Os seus principais compoñentes son: Oculares. Lentes a través das que se observa a preparación ampliada. Obxectivos. Lentes que aumentan o tamaño da imaxe. Platina. Sobre ela colócase a preparación, que se suxeita cunha pinza. Iluminación. Espello ou lámpada que ilumina a preparación. Parafusos de enfoque. Moven a platina arriba ou abaixo para enfocar a imaxe. Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios Imaxes obtidas co microscopio óptico • Este tipo de microscopio

UNIDADE 1 Os microscopios Imaxes obtidas co microscopio óptico • Este tipo de microscopio permite observar células vivas e os movementos que realizan manténdoas no seu medio. Protozoos Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios Imaxes obtidas co microscopio óptico • Tamén permite observar tecidos

UNIDADE 1 Os microscopios Imaxes obtidas co microscopio óptico • Tamén permite observar tecidos en finos cortes, pero neste caso hai que fixar as mostras, de maneira que as células están mortas. • Para ver mellor as mostras poden tinguirse con colorantes específicos que destaquen estruturas coma o núcleo ou a parede celular. Células animais Células vexetais Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios Historia do microscopio óptico • Os primeros microscopios datan de

UNIDADE 1 Os microscopios Historia do microscopio óptico • Os primeros microscopios datan de 1610. Foron inventados por Galileo Galilei. • Algúns científicos da época, como Malpighi ou Hooke, utilizáronos. Microscopio de Hooke (1665) Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios Historia do microscopio óptico • A mediados do século XVI,

UNIDADE 1 Os microscopios Historia do microscopio óptico • A mediados do século XVI, o holandés Anton van Leeuwenhoek fabricou microscopios con lentes esféricas. Con eles realizou numerosas observacións. • Algúns daqueles microscopios superaban os 200 aumentos. Microscopio de Leeuwenhoek Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios Historia do microscopio óptico • Pouco a pouco, os microscopios

UNIDADE 1 Os microscopios Historia do microscopio óptico • Pouco a pouco, os microscopios foron sufrindo melloras que permitiron facer novos descubrimentos no campo da bioloxía celular. Microscopio do século XIX Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios Historia do microscopio óptico • Os microscopios ópticos modernos permiten

UNIDADE 1 Os microscopios Historia do microscopio óptico • Os microscopios ópticos modernos permiten aumentar a imaxe máis de mil veces Microscopio actual Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios O microscopio electrónico • Está formado tamén por un sistema

UNIDADE 1 Os microscopios O microscopio electrónico • Está formado tamén por un sistema de lentes complexo pero emprega para iluminar un feixe de electróns en vez de luz. Aumenta as imaxes ata un millón de veces. • Os seus principais compoñentes encóntranse no interior do sistema e son: Oculares. Lentes a través das que se observa a preparación ampliada (externos). Obxectivos. Lentes que aumentan o tamaño da imaxe (internos). Iluminación. Canón de electróns que xera un feixe que pode atravesar a mostra ou rebotar nela (interno). Ciencias da Natureza 2. º ESO

UNIDADE 1 Os microscopios Imaxes obtidas co microscopio electrónico • Este tipo de microscopio

UNIDADE 1 Os microscopios Imaxes obtidas co microscopio electrónico • Este tipo de microscopio só permite observar células mortas, pero a vantaxe é que permite estudar as estruturas internas dos orgánulos celulares e polo tanto das células. Estrutura interna dunha célula Estrutura interna dunha mitocondria • Neste caso as mostras deben ser moi finas para que poidan ser atravesadas polos electróns e tamén teñen que estar deshidratadas. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2. º ESO