Unha lenda unha narracin oral ou escrita de

  • Slides: 17
Download presentation

Unha lenda é unha narración, oral ou escrita, de aparencia histórica pero cunha maior

Unha lenda é unha narración, oral ou escrita, de aparencia histórica pero cunha maior ou menor proporción de elementos fantásticos de tipo mitolóxico ou imaxinativo. A diferenza dun conto, unha lenda ten un carácter máis trascendente ao transmitir a cosmovisión dun grupo humano que funciona como mito pero que ten unha localización espacial e a miúdo tamén temporal.

Unha lenda está xeralmente relacionada cunha persoa ou unha comunidade, ou cun monumento, un

Unha lenda está xeralmente relacionada cunha persoa ou unha comunidade, ou cun monumento, un lugar ou un acontecemento, do cal se pretende explicar a orixe (lendas etiolóxicas). A miúdo agrúpanse en ciclos arredor dun deses temas. Por exemplo, o Ciclo Artúrico, ou o ciclo de lendas arredor de Robin Hood, do Cid Campeador, etc. Conteñen case sempre un núcleo basicamente histórico, ampliado en maior ou menor grao con episodios imaxinativos

Os mitos son aquelas lendas que alcanzan un nivel superior pola súa difusión e

Os mitos son aquelas lendas que alcanzan un nivel superior pola súa difusión e importancia. Hai varios mitos destacados dentro da nosa cultura xa que pór os doutras sería imposible pola súa abundancia e polo difícil de conseguir material acerca destes. Varios mitos destacados coma a Atlántida, A procura do Santo Graal ou a creación de Roma.

Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero…….

Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero……. …………. tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Os investigadores do Seminario de Estudos Galegos foron os primeiros en estudar cientificamente as

Os investigadores do Seminario de Estudos Galegos foron os primeiros en estudar cientificamente as lendas galegas, seguindo o seu ronsel traballaron outros investigadores como Vicente Risco realizou unha clasificación das lendas galegas en tres tipos principais, as de carácter ETIOLÓXICO aquelas destinadas a explicar a orixe dun feito ou dunha cousa; as de carácter HAXIOGRÁFICO, aquelas que fan referencia a algún feito lendario da Virxe ou dos santos; e por último as de CARÁCTER HISTÓRICO Leandro Carré, Enrique Chao Espiña e Xesús Taboada Chivite.

O rei larpeiro e as cereixas O milagre: A lenda do Cebreiro A Dama

O rei larpeiro e as cereixas O milagre: A lenda do Cebreiro A Dama do Castro A Sabeliña A cóbrega encantada Os desafíos da vella do encanto Das estrelas, tradicións do ceo A serea maruxiana O home namorado dunha meiga A Santa Compaña O paso da Virxe e o Neno por Portomarín O San Andrés de Teixido A bendición da silva O trasno que escarmentou O San Xoán ………. .

hámase Dama do Castro popularmente a un personaxe misterioso que habita nos Castros ou

hámase Dama do Castro popularmente a un personaxe misterioso que habita nos Castros ou nas torres derrubadas dos castelos de Galicia. Segundo as crenzas tradicionais, esa Dama do Castro ou Doncela Encantada que aparecía en forma dalgún animal- era unha boa muller que axudaba e atendía a cantos tiñan a sorte de se topar con ela para obter un consello ou unha boa e xuizosa ensinanza, sempre esclarecedora e así tomar unha determinación comprometida para o futuro. Moitos querían forzar esta aparición da Dama, da Fada misteriosa e levaban ós castros viandas e manxares moi apreciados invocando a súa presencia coa túnica branca coa que se lle supoñía vestida. Mais esta Dama, que ten a consideración de tódalas xontes, prefire aparecer cando sabe das persoas que se encontran nalgún apreto ou que están aflixidas por algunha desgracia e anúnciase previamente dicindo:

¡Non collas medo, que son a Dama do Castro!. E despois ofrece un consello

¡Non collas medo, que son a Dama do Castro!. E despois ofrece un consello para que aquela persoa poida resolver o seu problema. Tamén é Dama protectora das nenas e nenos, que estando sós, atópanse en perigo. Por exemplo preto dunha ventá aberta ou a piques de caer no río, ou subidos ás paredes dun pozo. Alí está ela para lles ofrecer unha man e arredalos do lugar no que corren algún risco. Á dama do Castro non lle gusta que a vaian buscar ó castro no que ela vive. Ninguén pode dar fe de ver ese Castelo de Cristal que teñen debaixo dos cimentos da torre ou do mesmo castro, onde está a súa moradía, porque segundo a mesma crenza, aquel que fose quen de chegar ós aposentos da Doncela, non podería volver atrás e quedaría encantado alí dentro para sempre

Desde había moito tempo, Atenas estaba obrigada a entregar cada ano un tributo a

Desde había moito tempo, Atenas estaba obrigada a entregar cada ano un tributo a Creta, que consistía no sacrificio de sete mozos e sete doncelas para seren devorados polo monstro chamado Minotauro, que tiña cabeza de touro e corpo de home, e nacera dos amores de Pasifae, esposa de Minos, cun touro branco. Minos encerrárao no Labirinto, construción complicada do arquitecto Dédalo, na que era fácil entrar pero practicamente imposibel sair. Teseo ofreceuse a ir. Unha vez alí, propuxo ao rei Minos que se daba acabado co monstro quedarían libres os catorce mozos e Atenas exenta do tributo. Minos aceptou a proposta.

A principal preocupación de Teseo era o modo de sair do Labirinto e nisto

A principal preocupación de Teseo era o modo de sair do Labirinto e nisto entrou en xogo Ariadna, filla de Minos, que se namorou del e o axudou a se librar da morte no Labirinto ofrecéndolle un novelo de fío para que non se perdese no interior de aquel lugar. Teseo seguiu as instrucións de Ariadna, conseguiu matar o monstro e fuxir de Creta no seu barco xunto con Ariadna e o resto dos mozos que o acompañaran. De regreso á súa patria, Teseo decidiu parar na illa de Naxos para recoller provisións e alí abandonou, sen explicación aparente, a Ariadna, que se quedara dormida. Cando espertou e se deu de conta do sucedido, chorou amargamente. Sen embargo, non moito tempo despois apareceu pola illa o deus Baco e namorouse dela. Ariadna correspondeu este amor e pouco despois casaron