VOLEIBOL Fundamentos tcnicos VOLEIBOL n O voleibol un
VOLEIBOL Fundamentos técnicos
VOLEIBOL n O voleibol é un deporte entre dous equipos separados por unha rede. n O obxectivo é lanzar o balón por enriba da rede e impedir que toque no chan do propio campo. n Cada equipo ten dereito a dar tres toques antes de lanzalo.
VOLEIBOL n Un bo traballo en equipo é fundamental para conseguir os mellores resultados. n Animarse mutuamente favorece a cohesión do grupo e axuda a superar as dificultades.
VOLEIBOL n COLABORACIÓN. COOPERACIÓN. COMPENETRACIÓN. AXUDA. n “UN PARA TODOS E TODOS PARA UN”
CAMPO DE XOGO n O campo de xogo é un rectángulo de 18 metros de lonxitude por 9 metros de anchura.
GOLPEOS GOLPES 1. SAQUE 2. PASE DE DEDOS 3. TOQUE DE ANTEBRAZOS 4. REMATE 5. BLOQUEO
1. 1. SAQUE DE ABAIXO n Pé oposto ao brazo lanzador lixeiramente adiantado. n Xeonllos lixeiramente flexionados. n Brazo que golpea estendido. n Man contraria sostén o balón colocado diante do corpo. n Movemento natural de “péndulo” co brazo que fai o lanzamento, antes do golpeo.
1. 2. SAQUE DE TENIS n n Pé oposto ao brazo que lanza un pouco adiantado. Brazo executor arriba. n Lanzar o balón a un metro de altura aproximadamente. n Brazo executor golpea o balón, realizando un movemento de atrás adiante. n Man aberta, cos dedos xuntos, estirados e en tensión.
2. PASE DE DEDOS n Pernas algo separadas, unha adiantada. n Brazos levantados, semiflexionados polos cóbados. n Mans por enriba da fronte. n Mans abertas con máxima separación de dedos, en forma esférica para adaptarse ao balón. n Os dedos tocarán, todos, o balón. Non golpear coa palma da man. n Movemento de resorte durante o xesto completo
3. 1. TOQUE DE ANTEBRAZOS n Un pé máis adiantado. n Pernas non moi separadas, semiflexión xeonllos. n Brazos estendidos adiante. n Unha man abraza a outra cos polgares xuntos. n O golpe faise co terzo medio do antebrazo. n No momento do golpeo máxima extensión de brazos, cóbados moi xuntos. Extensión global do corpo.
3. 2. TOQUE DE ANTEBRAZOS
4. 1. REMATE n O remate é o xesto de ataque no que se concentra toda a acción ofensiva. n É o movemento máis complexo dentro do voleibol.
4. 2. REMATE n Carreira antes de iniciar o salto. n Bo impulso. Correcta coordinación de brazos e pernas. n “Armar” correctamente o brazo executor. n Golpeo co brazo estendido o máis alto posible. n Golpeo coa palma da man. n Caída suave e equilibrada sobre os dous pés
5. 1. BLOQUEO
5. 2. BLOQUEO n Non tocar a rede. Mans xuntas cos dedos moi abertos para ocupar a maior superficie posible. Boa execución do salto en vertical. Apreciación da traxectoria do balón. n Caída rápida e equilibrada.
VOLEIBOL n E AGORA QUE? v APRENDE AS REGRAS PRINCIPAIS. v BUSCA INFORMACIÓN SOBRE O VOLEIBOL EN INTERNET. v PRACTICA OS XESTOS TÉCNICOS BÁSICOS. v E, SOBRE TODO, XOGA COS TEUS AMIG@S AO VOLEIBOL.
- Slides: 16