UNS TERRIBLES MOMENTOS PARA PEQUENO GOLFIO Pequeo Golfio
UNS TERRIBLES MOMENTOS PARA PEQUENO GOLFIÑO
Pequeño Golfiño nada ao lado da súa nai facendo todo tipo de acrobacias.
• Todos os días aprendía novas formas de xogar na auga: coa tripa para arriba, xirando sobre si mesmo, de pé…
Agora continuaremos coas probas de recoñecemento. Alonxaraste de min e logo, coas ondas de ecolocalización, terás que atoparme.
Pequeno Golfiño nadou rápido e veloz ata que se encontrou só no inmenso mar.
Logo parouse e emitiu as ondas do seu corpo, permanecendo atento ao eco que devolvían.
Pareceulle distinguir unha figura grande á súa esquerda. Foi para alí pensando que era a súa nai. Pero…
Cando estivo o suficientemente cerca viu que era unha terrible quenlla!
A quenlla vira ao Pequeno Golfiño e cos seus temibles dentes viña cara el. Que medo!!!
Pero a nai do golfiño non ía deixar que lle pasase nada. Rápida caeu sobre a quenlla coma un proxectil, dándolle un forte golpe no dorso.
A quenlla deu varias voltas na auga e quedou confusa e mareada.
Tan mareada que decidiu irse de alí
Mamá Golfiño aconsellou ao seu fillo. Tes que aprender a recoñecer mellor as siluetas.
Si, mamá. Terei máis coidado. Prométocho. Pequeno golfiño achegouse ao corpo da súa nai. Sabía que sempre o protexería.
FIN
- Slides: 16