UNIDADE 8 O tempo e o clima O

  • Slides: 5
Download presentation
UNIDADE 8 O tempo e o clima O termómetro utilízase para medir a temperatura

UNIDADE 8 O tempo e o clima O termómetro utilízase para medir a temperatura da atmosfera. Como esa temperatura varía durante o día, convén rexistrar as temperaturas máxima e mínima que se producen ao longo del. Os datos de temperatura obtidos exprésanse, habitualmente, en graos centígrados, ºC, aínda que noutros países se utiliza con máis frecuencia a escala Fahrenheit. Ciencias da Natureza 1º ESO

UNIDADE 8 O tempo e o clima O pluviómetro utilízase para medir o volume

UNIDADE 8 O tempo e o clima O pluviómetro utilízase para medir o volume das precipitacións. A súa utilización consiste en recoller diariamente a altura que alcanzou a auga de chuvia recollida no recipiente, que se encontra graduado en milímetros. Débese ter en conta que cada milímetro corresponde a unha precipitación de 1 litro por metro cadrado. Unha vez que se rexistra a precipitación, baléirase o recipiente para deixalo preparado para medir a que corresponda ao día seguinte. Ciencias da Natureza 1º ESO

UNIDADE 8 O tempo e o clima O higrómetro utilízase para medir a humidade

UNIDADE 8 O tempo e o clima O higrómetro utilízase para medir a humidade atmosférica. Esa humidade atmosférica é a cantidade de vapor de auga que contén o aire que respiramos a unha temperatura determinada, en relación coa que podería conter (sen chegar a condensarse). A humidade atmosférica exprésase como porcentaxe. Por exemplo, se esta é do 25% a unha temperatura de 25 ºC, isto significa que o aire contén, nese momento, unha cuarta parte da cantidade de vapor de auga que pode conter a esa temperatura. Ciencias da Natureza 1º ESO

UNIDADE 8 O tempo e o clima O anemómetro O cataventos é o instrumento

UNIDADE 8 O tempo e o clima O anemómetro O cataventos é o instrumento meteorolóxico que utilizamos para medir a velocidade do vento. Consiste nunha agulla que xira e se orienta na mesma dirección ca o vento. É habitual encontrala instalada sobre un disco no que se encontran sinalados os catro puntos cardinais. Ciencias da Natureza 1º ESO O anemómetro é o dispositivo que se utiliza para medir a velocidade do vento. Consiste nun artefacto que pode xirar arredor dun eixe a unha velocidade que depende da presión que exerza o vento sobre os cazos metálicos de que consta. A medida que ofrece vén expresada en quilómetros por hora (km/h).

UNIDADE 8 O tempo e o clima O barómetro é o instrumento que se

UNIDADE 8 O tempo e o clima O barómetro é o instrumento que se utiliza para medir a presión atmosférica, isto é, a presión que exerce o aire. Os rexistros da presión atmosférica nunha rexión determinada permiten establecer as zonas de altas presións (anticiclóns) ou de baixas presións (borrascas). Panca Actividade Á vista do esquema que che ofrecemos, poderías explicar o fundamento do funcionamento do barómetro? Ciencias da Natureza 1º ESO Caixa metálica Eixo