UNIDADE 6 A estrutura da Terra DESCUBRIDORES DE
UNIDADE 6 A estrutura da Terra DESCUBRIDORES DE DESCONTINUIDADES Ciencias da Natureza 2. º ESO
UNIDADE 6 Descubridores de descontinuidades Isaac Newton • Físico, teólogo, inventor e alquimista inglés nacido en 1642. • Foi un dos primeiros investigadores en postular que a composición do interior da Terra era diferente á da superficie. • Desenvolvendo a súa famosa lei da gravidade, deduciu que os materiais do interior da Terra debían ter aproximadamente o dobre de densidade ca os da superficie. Ciencias da Natureza 2. º ESO Isaac Newton
UNIDADE 6 Descubridores de descontinuidades Andrija Mohorovicic • Meteorólogo e sismólogo nacido en Croacia en 1857. • Fixo importantes estudos sobre o clima, pero pasaría á historia por descubrir a descontinuidade que separa a codia do manto, e foi o primeiro científico en descubrir unha das descontinuidades entre as capas do interior terrestre. • As súas ideas non foron comprendidas nin aceptadas ata moitos anos despois. Andrija Mohorovicic Ciencias da Natureza 2. º ESO
UNIDADE 6 Descubridores de descontinuidades Beno Gutenberg • Sismólogo alemán nacido en 1889. • Doutorouse aos 22 anos, e aos 25 xa realizara o descubrimento polo que pasaría á historia, a descontinuidade entre o manto e o núcleo. • También é coñecido por ser un dos que creou, xunto a Charles Ritcher, a famosa escala Ritcher para medir a intensidade dos sismos. Beno Gutenberg Ciencias da Natureza 2. º ESO
UNIDADE 6 Descubridores de descontinuidades Inge Lehmann • Sismóloga e matemática danesa nacida en 1888. • En 1928 foi declarada xefa do departamento de sismoloxía do Real Instituto Xeodésico Danés, onde exerceu a súa profesión durante 25 anos. • En 1936 publicou o descubrimento da descontinuidade que separa o núcleo externo (fundido), do interno (sólido). • Morreu en 1993, aos 104 anos de idade, tras unha vida chea de achegas á xeoloxía. Tales foron os seus méritos que en 1995 créase a medalla Lehmann, outorgada aos que fan grandes achegas ao descubrimento da estrutura da Terra. Inge Lehmann Ciencias da Natureza 2. º ESO
- Slides: 5