Ro Mio O MIO o ro mis longo

  • Slides: 84
Download presentation
Río Miño

Río Miño

O MIÑO é o río máis longo e máis importante de Galiza. Percorre o

O MIÑO é o río máis longo e máis importante de Galiza. Percorre o seu territorio de Nordeste a Suroeste recollendo auga de milleiros de afluentes. Val do Miño desde a serra do Faro

Superficie da cunca: 17, 026 km 2 A maior parte en Galiza E o

Superficie da cunca: 17, 026 km 2 A maior parte en Galiza E o resto en Portugal e Castela-León (Sil)

LONXITUDE: 307, 5 km Co Sil: 20 km máis Perfil do Miño Desde o

LONXITUDE: 307, 5 km Co Sil: 20 km máis Perfil do Miño Desde o seu nacemento o Miño salva un desnivel de 695 m

CAUDAL 419, 9 m 3/s CAUDAL RELATIVO: 24, 6 l/s/km 2 Goián

CAUDAL 419, 9 m 3/s CAUDAL RELATIVO: 24, 6 l/s/km 2 Goián

RÉXIME Pluvial, con augas altas en inverno e moderado estiaxe durante o verán. O

RÉXIME Pluvial, con augas altas en inverno e moderado estiaxe durante o verán. O Miño en Ombreiro (Lugo)

CLIMA Atlántico, máis húmido e fresco no curso alto e máis seco e cálido

CLIMA Atlántico, máis húmido e fresco no curso alto e máis seco e cálido nos cursos medio e baixo. Vides no Ribeiro. Prados na Terra Cha

NACEMENTO: Pedregal de Irimia, na serra de Meira, a uns 800 m de altitude.

NACEMENTO: Pedregal de Irimia, na serra de Meira, a uns 800 m de altitude. Pedregal de Irimia O Miño en Meira MEIRA Lagoa de Fonmiñá Unha surxencia en rochas calcárias que incrementa notablemente o caudal do río Miño, ao pouco do seu nacemento.

Azúmara Nace na serra do Mirador, nas proximidades de Castro (Pol) e, despois de

Azúmara Nace na serra do Mirador, nas proximidades de Castro (Pol) e, despois de 25 km, desemboca no Miño na parroquia de Orexe (Bazar). O Labrada (Anllo) en Abadín Anllo Nace na serra do Xistral, preto de Labrada e xúntase co Miño en Castro de Rei. Cando entra no concello de Cospeito divídese en dous brazos, un que, co nome de río Guisande, vai á lagoa de Cospeito e segue ata desembocar no Támoga, e outro que segue cara ao Miño. O Azúmara en Castro de Rei

Lea Ven do monte de Fitoiro nas proximidades de Laga (Suego-Pol). Percorre terras nos

Lea Ven do monte de Fitoiro nas proximidades de Laga (Suego-Pol). Percorre terras nos concellos de Pol e Castro de Rei e verte no Miño en Beloi. O Lea en Duarría O Miño na Terra Cha

Támoga Baixa do monte Monseibán, na Serra do Xistral. Pasa polos concellos de Abadín,

Támoga Baixa do monte Monseibán, na Serra do Xistral. Pasa polos concellos de Abadín, Vilalba, Cospeito e Begonte e desemboca no Miño nas proximidades de Cela, facendo de linde entre os concellos de Outeiro de Rei e Cospeito. Drena a lagoa de Cospeito. Lagoa de Cospeito RÁBADE O Támoga en Támoga O Miño en Rábade

Ladra Fórmase pola confluencia dos ríos Trimaz e Madalena que nacen na Serra da

Ladra Fórmase pola confluencia dos ríos Trimaz e Madalena que nacen na Serra da Carba. Pasa por terras de Vilalba, Begonte e Outeiro de Rei. Os principais afluentes son o Parga e o Labrada. Desemboca no Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei). OUTEIRO DE REI +información O Miño en Santa Sabela O Ladra en Begonte

Narla Recolle as augas dos montes do Corno de Boi e do Cordal de

Narla Recolle as augas dos montes do Corno de Boi e do Cordal de Ousá. Percorre 24 km en terreos de Friol e Outeiro de Rei e xúntase co Miño en Ombreiro. O Miño en Outeiro de Rei O Narla en Friol O Miño en Ombreiro

Mera LUGO Fervedoira (Rato) O Miño en Lugo O Mera no Veral O Fervedoira

Mera LUGO Fervedoira (Rato) O Miño en Lugo O Mera no Veral O Fervedoira en Lugo

Chamoso O Chamoso no Corgo Neira +información Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten

Chamoso O Chamoso no Corgo Neira +información Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten un percorrido de 56 km e desemboca no Miño entre os concellos de O Páramo e O Corgo. O Ferreira en Guntín Ferreira Nace en Sucastro (Augas Santas-Palas de Rei). Percorre terras dos concellos de Palas de Rei, Guntín e Portomarín. O Neira en Láncara

PORTOMARÍN Loio Nace na serra do Páramo e xúntase co miño no encoro de

PORTOMARÍN Loio Nace na serra do Páramo e xúntase co miño no encoro de Belesar, en Paradela. BELESAR Asma Nace na vertente luguesa da serra do Faro e desmboca no canón do Miño, en Chantada. O Asma en Chantada O Loio en Paradela

O Miño entre Chantada e O Saviñao

O Miño entre Chantada e O Saviñao

O Miño no cabo do Mundo, entre O Saviñao e Chantada

O Miño no cabo do Mundo, entre O Saviñao e Chantada

OS PEARES Búbal Baixa da serra da Martiñá e bótase no Miño nos Peares,

OS PEARES Búbal Baixa da serra da Martiñá e bótase no Miño nos Peares, entre Carballedo e A Peroxa. OS PEARES Sil É o principal afluente do Miño, o máis longo (228 km) e o máis caudaloso. Nace na Cordilleira Cantábrica, ao pé de Peña Orniz, a 1. 980 metros de altitude, na comarca da Laciana (León) e xúntase co Miño nos Peares, facendo linde entre as provincias de Lugo e Ourense. +información O Búbal nos Peares O Miño e o Sil nos Peares

VELLE Loña OURENSE Nace no monte da Moura (Nogueira de Ramuín) e desemboca no

VELLE Loña OURENSE Nace no monte da Moura (Nogueira de Ramuín) e desemboca no Miño en Velle.

Barbantiño Nace en Orbán (Vilamarín. Ourense). Percorre terreos dos concellos de Vilamarín, Cea, Amoeiro

Barbantiño Nace en Orbán (Vilamarín. Ourense). Percorre terreos dos concellos de Vilamarín, Cea, Amoeiro e Ourense, e xúntase co Miño en Barbantes. CASTRELO DE MIÑO O Miño en Castrelo do Miño O Barbantiño entre Punxín e Amoeiro

Avia Nace en Fonte Avia (Serra do Suído). Percorre os concellos de Avión, Beade,

Avia Nace en Fonte Avia (Serra do Suído). Percorre os concellos de Avión, Beade, Boborás, O Carballiño, Cenlle, Leiro e Ribadavia. Nesta vila únese ao Miño. +información O Avia en Leiro Vista do Miño desde o monte de San Trocado (O Ribeiro)

Cerves Nace no Faro de Avión e percorre terras do concello de Melón salvando

Cerves Nace no Faro de Avión e percorre terras do concello de Melón salvando un gran desnivel ata se botar no Miño. Arnoia Nace na serra de San Mamede e desemboca no Miño en Quinteiros (Arnoia). Ten un percorrido de 87 km e é a cunca máis ampla da provincia de Ourense. +información Fervenza de Tourón no Cerves O Arnoia en Allariz

Deva O Deva nace na Serra do Laboreiro e xúntase co Miño facendo línde

Deva O Deva nace na Serra do Laboreiro e xúntase co Miño facendo línde entre os concellos de Cortegada e Pontedeva. A FRIEIRA O Deva entre Cortegada e Pontedeva Barxas Nace na serra do Laboreiro e duranto case todo o seu percorrido fai fronteira entre Ourense (Padrenda) e Portugal ata botarse no Miño en Pontebarxas. O Deva en Arbo Baixa desde a serra do Faro de Avión ao Miño e discorre entre este e os montes de Covelo e A Paradanta en terras de A Caniza e Arbo. Deva O Barxas na Pontebarxas

O Miño entre Crecente e Cortegada

O Miño entre Crecente e Cortegada

MELGAÇO Val do Miño desde o miradoiro da Nosa Sra. Da Graça (Sa-Portugal). Ao

MELGAÇO Val do Miño desde o miradoiro da Nosa Sra. Da Graça (Sa-Portugal). Ao fondo os montes da Paradanta e San Nomedio.

ARBO Mouro Nace na serra da Peneda e desemboca no Miño en Pontedemouro. AS

ARBO Mouro Nace na serra da Peneda e desemboca no Miño en Pontedemouro. AS NEVES O Mouro en Ponte de Mouro

O Miño en Salvaterra +información SALVATERRA Tea Nace no monte Mancelo (Fraga-Covelo) e, despois

O Miño en Salvaterra +información SALVATERRA Tea Nace no monte Mancelo (Fraga-Covelo) e, despois de 50 km desemboca no Miño en Salvaterra de Miño. O Tea en Ponteareas MONÇAO Gadanha Xúntase co Miño en Troporiz (Monçao). O Gadanha en Piñeiros

Lapela (Monçao) O Miño entre Tui e Portugal

Lapela (Monçao) O Miño entre Tui e Portugal

O Louro en Tui Louro Baixa desde o monte da Serra, en Pazos de

O Louro en Tui Louro Baixa desde o monte da Serra, en Pazos de Borbén e xúntase co Miño en Tui. Atravesa as gándaras de Budiño. O Miño entre Tui e Valença TUI O Miño en Tui VALENÇA O Miño en Valença

O Miño entre Tui e Valença

O Miño entre Tui e Valença

O Miño en Goián GOIÁN O Tamuxe en Loureza O Miño en Vilanova da

O Miño en Goián GOIÁN O Tamuxe en Loureza O Miño en Vilanova da Cerveira VILANOVA DA CERVEIRA Tamuxe Nace en San Pedro de Burgueira (Oia) e despois de percorrer 14 km en terras de Oia e O Rosal desemboca en Tabagón. O Miño en Vilanova da Cerveira

Xunqueiras na Illa Canosa, na unión do Tamuxe co Miño.

Xunqueiras na Illa Canosa, na unión do Tamuxe co Miño.

O Miño entre Vilanova da Cerveira e Goián

O Miño entre Vilanova da Cerveira e Goián

Esteiro do Miño e Val do Rosal desde o Niño do Corvo

Esteiro do Miño e Val do Rosal desde o Niño do Corvo

O Coura en Vilardemouros Praia do Muíño en Camposancos Coura Nace na serra da

O Coura en Vilardemouros Praia do Muíño en Camposancos Coura Nace na serra da Boalhosa e, despois de 50 km desemboca en Caminha. A GUARDA CAMINHA DESEMBOCADURA: Océano Atlántico

O Miño desemboca no Atlántico formando un esteiro de 8 km de lonxitude e

O Miño desemboca no Atlántico formando un esteiro de 8 km de lonxitude e entre 0, 5 e 1, 8 km de anchura. Aséntase nunha antiga falla flanqueada por bloques graníticos. É pouco profundo e con escasa pendente. O influxo das mareas chega ata Tui, 30 km río arriba. O Tegra e a desembocadura do Miño desde Camiña.

XEOLOXÍA Na cunca do Miño atopamos terras chairas, canóns e fervenzas (sobre todo nos

XEOLOXÍA Na cunca do Miño atopamos terras chairas, canóns e fervenzas (sobre todo nos numerosos afluentes). A primeira parte do curso discorre pola Terra Cha e a partir de Lugo encáixase en diferentes tramos. As rochas son moi variadas. Na primeira parte do curso xistos, lousas, cuarcitas… e no resto granitos. O Miño na Fervenza, entre Lugo e O Corgo. Ata este lugar o Miño é un río tranquilo e repousado; a partir deste punto, no remate da Terra Cha, inicia un rápido descenso e escava o profundo val que chega ata pasados Os Peares.

O Miño no Piago (Lugo)

O Miño no Piago (Lugo)

Pedregal de Irimia, na Serra de Meira. Formado por coadas de bloques e derrubes

Pedregal de Irimia, na Serra de Meira. Formado por coadas de bloques e derrubes de cuarcitas de orixe periglaciar que se produciron durante os ciclos de xeo-desxeo da última glaciación do Cuaternario (hai entre 18. 000 e 13. 000 anos).

CANÓNS: Miño (Belesar-Os Peares, As Neves), Sil, Navea, Edo, Mao, Xares, Bibei, Bubal. .

CANÓNS: Miño (Belesar-Os Peares, As Neves), Sil, Navea, Edo, Mao, Xares, Bibei, Bubal. . . Miño nas Neves Miño en Erbedeiro Sil

FERVENZAS: Augas Caídas (rego de Marce), Búbal, Erbedeiro, Canón Mao, Casteligo, Xares, Cenza, Arcos,

FERVENZAS: Augas Caídas (rego de Marce), Búbal, Erbedeiro, Canón Mao, Casteligo, Xares, Cenza, Arcos, San Lázaro, Río Cerves, Barbantiño… Tourón, no río Cerves Augas Caídas no rego de Marce

Casteligo (Navea) Barbantiño

Casteligo (Navea) Barbantiño

LAGOAS: Fonmiñá, Cospeito, Caque, Riocaldo e Pedroso, O Ollo, Denune, Santa Cristina, Seixas, Fabás,

LAGOAS: Fonmiñá, Cospeito, Caque, Riocaldo e Pedroso, O Ollo, Denune, Santa Cristina, Seixas, Fabás, Codesido, Caldelas de Tui… Fonmiñá Cospeito Caldelas de Tui

ILLAS: Cela, Santa Comba, Seivane, Boeira, Fillaboa, Canosa… Cela Fillaboa Seivane A Ínsua, fronte

ILLAS: Cela, Santa Comba, Seivane, Boeira, Fillaboa, Canosa… Cela Fillaboa Seivane A Ínsua, fronte á desembocadura do Miño

Vista, desde o monte Tegra, do esteiro do Miño á altura da unión co

Vista, desde o monte Tegra, do esteiro do Miño á altura da unión co Tamuxe. Os sedimentos do esteiro formaron varias illas e bancos de area que afloran na marea baixa (Ariños). En primeiro termo aparece a illa Canosa, detrás as do Grilo, Bimbias e Varandas. Máis a fóra o illote areoso Morraxeira de Seixas.

Illas Boega e dos Amores vistas desde o mirador do Cervo (Portugal).

Illas Boega e dos Amores vistas desde o mirador do Cervo (Portugal).

ESTEIRO do Miño: a acción oposta das correntes fluviais e mariñas forma as frechas

ESTEIRO do Miño: a acción oposta das correntes fluviais e mariñas forma as frechas de Camposancos e Caminha

SURXENCIAS TERMAIS: Lugo, Ourense, Monçao, Caldelas de Tui (Miño), Baños de Molgas (Arnoia), Río

SURXENCIAS TERMAIS: Lugo, Ourense, Monçao, Caldelas de Tui (Miño), Baños de Molgas (Arnoia), Río Cerves. Termas de Ourense (A Chabasqueira) Balneario de Monçao Termas do Prexegueiro no río Cerves

FLORA En xeral consérvanse bosques de ribeira en todo o percorrido e vexetación palustre

FLORA En xeral consérvanse bosques de ribeira en todo o percorrido e vexetación palustre nas áreas de inundación, brañas e lameiros. O Miño en Salvaterra

Nos bosques de ribeira atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sanguiños. . . e nas súas

Nos bosques de ribeira atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sanguiños. . . e nas súas augas ou nas beiras oucas, Myriophilium, ranúnculos, xuncos, molinia, bricios, pe de boi, espadainas, ambroíño enano, espigas de auga, oucas, xuncos, reina. . . En varias illas do Miño atópanse variedades de fentos únicas en Galicia: Equisetum hyemale, Equisetum palustre, Ophioglosum lusitanicum. . . Freixo Amieira

Salgueiro (Salix alba). Nas beiras do Miño hai a maior variedade de salgueiros de

Salgueiro (Salix alba). Nas beiras do Miño hai a maior variedade de salgueiros de Galicia.

Ambroíño enano (Nymphoiides peltata). Unha planta rara na Península Ibérica que se atopa en

Ambroíño enano (Nymphoiides peltata). Unha planta rara na Península Ibérica que se atopa en puntos localizados do curso do Miño.

Frundio Ophioglossum lusitanicum, un raro fento de pequeno tamaño que se atopa nalgunhas illas

Frundio Ophioglossum lusitanicum, un raro fento de pequeno tamaño que se atopa nalgunhas illas do Baixo Miño. Fentos

Oucas Lirio ou espadana Pé de boi

Oucas Lirio ou espadana Pé de boi

Nos esteiros e marismas hai grandes superficies cubertas de carrizos, antelas, canabazas, e xuncos.

Nos esteiros e marismas hai grandes superficies cubertas de carrizos, antelas, canabazas, e xuncos. Ademais podemos atopar eleocaris, platanaria, verdoaga marítima, herba coral, estrela das xunqueiras, sosa. . . Nas praias da marxe portuguesa hai unha poboación de camariña. Os areais e as dunas da desembocadura están poboados por feo, xunco marítimo, arenaria, leiteira, alhelí mariño, honquenia, carrasca de San Xoan, colexas, herba de namorar, grama mariña, cardo mariño, rabo de lebre. . . e as dunas fixadas por bosques de piñeiros. Xunco (Juncus effussus). Cobre grandes extensións dos lameiros do esteiro.

FAUNA MAMÍFEROS: lontra, aguaneiros… AVES: lavancos, garzas, galiñas de auga, galiñolas negras, mergullón pequeno.

FAUNA MAMÍFEROS: lontra, aguaneiros… AVES: lavancos, garzas, galiñas de auga, galiñolas negras, mergullón pequeno. . . Lontra (Lutra lutra) Garza real (Ardea cinerea) Piro curlibico (Calidris alpina). Vese nos pasos migratorios no esteiro. Lavancos

RÉPTILES: sapoconcho, cobra de auga… ANFIBIOS: saramaganta galega, ra verde, ra patilonga, ra vermella,

RÉPTILES: sapoconcho, cobra de auga… ANFIBIOS: saramaganta galega, ra verde, ra patilonga, ra vermella, pintafontes, estroza, salamántica… Ra verde Cobra sapeira Ra vermella

PEIXES: salmón, lamprea, troita, espiñento, anguía, escalo, boga de río… A anguía (Anguilla anguilla)

PEIXES: salmón, lamprea, troita, espiñento, anguía, escalo, boga de río… A anguía (Anguilla anguilla) vive nos ríos e vai desovar ao mar. As larvas arrastradas polas correntes chegan de novo ás bocas dos ríos en forma de meixóns. A lamprea (Petromyzon marinus) nace nos ríos, baixa ao mar, onde permanece varios anos alimentándose de sangue dos peixes e logo volve a subir aos ríos para desovar e morrer. Na subida e cando se pesca.

MOLUSCOS: mexillón, caracois e lapa de río… Mexillón de río Lapas de río INSECTOS:

MOLUSCOS: mexillón, caracois e lapa de río… Mexillón de río Lapas de río INSECTOS: cabalos do demo, libeliñas, chinches de auga, escorpións de auga, ditiscos, efímeras. Mosquitos. . . Libeliña e ninfas de distintos tipos de libeliñas.

ESPAZOS PROTEXIDOS ● ● RESERVAS DA BIOSFERA: Terras do Miño e Terras de Allariz.

ESPAZOS PROTEXIDOS ● ● RESERVAS DA BIOSFERA: Terras do Miño e Terras de Allariz. PARQUES NACIONAIS: Invernadoiro, Enciña da Lastra, Peneda-Gerès. LICs: Serra do Xistral, Parga-Ladra. Támoga, Canóns do Sil, O Courel, Monte do Faro, Pena Veidosa, Baixo Miño, Careón, Río Cabe, Pena Trevinca, Macizo Central, Bidueiral de Montederramo, Río Navea, Río Tea, Gándaras de Budiño (Galiza); Alto Sil, Ribeiras do Sil e afluentes, Enciña da Lastra e Ancares (Castela-León) ZEPAs: Enciña da Lastra, Esteiros do Miño e Coura.

O Baixo Miño é un espazo de alta productividade. O río é rico en

O Baixo Miño é un espazo de alta productividade. O río é rico en lampreas, angulas, reos, sábalos, vermellas, troitas, escalos, zamborcas. . . e o esteiro é unha das zonas de Galiza de maior afluencia de aves acuáticas (hai censadas máis de 70 especies). A maior afluencia prodúcese nos pasos invernais.

APROVEITAMENTO Desde tempos antigos o Miño foi aproveitado para navegar en pequenos tramos, para

APROVEITAMENTO Desde tempos antigos o Miño foi aproveitado para navegar en pequenos tramos, para a pesca e, sobre todo, para mover distintos aparellos hidráulicos: muíños, mazos, batáns… Na actualidade está explotado en numerosos encoros para producir enerxía eléctrica. Nas súa beiras cultívanse excelentes viños e abrollan fontes termais que se aproveitan en baños tradicionais e modernos balnearios. Acea e central hidroeléctrica en Velle (Ourense)

ENERXÍA HIDROELÉCTRICA Belesar Velle Os Peares Castrelo de Miño Frieira

ENERXÍA HIDROELÉCTRICA Belesar Velle Os Peares Castrelo de Miño Frieira

ENERXÍA HIDRÁULICA TRADICIONAL SERRADOIROS Serra de Maceiras (O Covelo) MAZOS Mazo de Santa Comba

ENERXÍA HIDRÁULICA TRADICIONAL SERRADOIROS Serra de Maceiras (O Covelo) MAZOS Mazo de Santa Comba no río Chamoso

MUÍÑOS Acea do “Rei Chiquito” en Meilán (Lugo). Muíño de Santa Sabela, en Outeiro

MUÍÑOS Acea do “Rei Chiquito” en Meilán (Lugo). Muíño de Santa Sabela, en Outeiro de Rei. A Fervenza Meira Ombreiro

En Ourense aprovéitouse de xeito tradicional a corrente do río para mover aceas de

En Ourense aprovéitouse de xeito tradicional a corrente do río para mover aceas de rodas exteriores verticais (bruias).

PESCA ACUICULTURA

PESCA ACUICULTURA

No Miño consérvanse e seguen a ser usados os pescos, construcións nas que se

No Miño consérvanse e seguen a ser usados os pescos, construcións nas que se fixan as nasas para a pesca de lampreas. O Miño en Arbo, cos pescos das lampreas.

Caneiro con caseto para pescar en Lugo.

Caneiro con caseto para pescar en Lugo.

ABASTECEMENTO ÁS CIDADES E AGRICULTURA

ABASTECEMENTO ÁS CIDADES E AGRICULTURA

Belesar, no Canón do Miño. As escarpadas ribeiras do río por terras de Chantada

Belesar, no Canón do Miño. As escarpadas ribeiras do río por terras de Chantada son unha zona produtora de viño grazas aos socalcos construídos nas ladeiras. A produción de viño dos canóns do Miño e o Sil está acollida á denominación de orixe “Ribeira Sacra”.

TRANSPORTE Carocho en Goián Barcas con pousas para os culeiros. Belesar Batuxo en Outeiro

TRANSPORTE Carocho en Goián Barcas con pousas para os culeiros. Belesar Batuxo en Outeiro de Rei Batuxo na área de lecer de Begonte Antigas barcas de dornas

LECER E DEPORTE

LECER E DEPORTE

DATOS HISTÓRICOS O Miño e algúns dos seus afluentes (Sil, Bibei. . . )

DATOS HISTÓRICOS O Miño e algúns dos seus afluentes (Sil, Bibei. . . ) foron amplamente explotados polos romanos para extraer ouro. Quedan restos das explotacións en Montefurado e Caldesiños. Montefurado, no río Sil

Ao longo do Miño consérvase un rico patrimonio arquitectónico (pontes, termas) etnográfico e industrial

Ao longo do Miño consérvase un rico patrimonio arquitectónico (pontes, termas) etnográfico e industrial (muíños, batáns, mazos, barcos…). Restos das Termas Romanas de Lugo que se atopan no interior do actual balneario, ao pé do río Miño. Foron construídas entre os séculos I e II.

PONTES Rábade Lugo Ourense Tui

PONTES Rábade Lugo Ourense Tui

TRADICIÓNS-LENDAS Desde tempos moi antigos a tradición popular sitúa no Miño diferentes seres míticos

TRADICIÓNS-LENDAS Desde tempos moi antigos a tradición popular sitúa no Miño diferentes seres míticos relacionados cos ríos: homes e mulleres peixe, lavandeiras, feiticeiras, encantos, xacios e xacias. San Martiño de Braga (século VI) na súa obra “De correctione rusticorum” dinos: “Numerosos son os demos que, expulsados ceos, presiden mar, os ríos, as fontes e os bosques, aos que os homes ignorantes do Deus verdadeiro lles fan sacrificios, no mar adoran a Neptuno, nos ríos as Lamias, nas fontes as Ninfas. . . ”

PROBLEMAS : Contaminación por resíduos urbáns, industriais e agrícolas, exceso de encoros, especies invasoras,

PROBLEMAS : Contaminación por resíduos urbáns, industriais e agrícolas, exceso de encoros, especies invasoras, sobrepesca. . . Encoro de Belesar en Portomarín. A construción do encoro anegou máis de 300 ha de cutivos e o antigo Portomarín, que foi reemprazado por un novo asentamento construído nas proximidades.

ESPECIES INVASORAS Bico de coral (Strilda astrid), fuxido da cautividade, reprodúcese habitualmente nas beiras

ESPECIES INVASORAS Bico de coral (Strilda astrid), fuxido da cautividade, reprodúcese habitualmente nas beiras do río Miño. Corbicula fluminea, unha ameixa de orixe asiática que ocupa grandes tramos do río.

Dúas plantas invasoras procedentes dos acuarios. Fento mosquito (Azolla) Mimosa. Unha árbore orixinaria de

Dúas plantas invasoras procedentes dos acuarios. Fento mosquito (Azolla) Mimosa. Unha árbore orixinaria de Australia que invadeu as beiras do Miño e moitos dos seus afluentes. Egeria densa

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta