rebolo Rebolo Cerquio cerqueiro carballo negral Quercus pyrenaica
rebolo
Rebolo Cerquiño, cerqueiro carballo negral (Quercus pyrenaica) melojo, rebollo pyrenean oak chêne tauzin carvalho negral carvalho pardo das beiras CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas
Pode aparecer como árbore, de ata 25 m de altura ou como arbusto, que emite moitos talos desde a raíz. A copa é ampla e oval-irregular. É orixinario do surleste de Europa e norte de África. En Galiza atópase sobre todo na área suroriental, en zonas máis altas e secas, e máis raramente polo resto do territorio.
TALO Toro dereito coa tona gris-parda gretada e grosa.
FOLLAS Simples, alternas ovovabadas, cos lóbulos moi profundos. Miden de 8 -16 cm de longo e 412 cm de ancho. Son de cor verde-gris pola cara, e gris e moi veludas polo revés. Nos exemplares novos e arbustivos permanecen nas ponlas case todo o inverno.
FLORES Unisexuais. As masculinas, amarelas-verdosas, agrúpanse en amentos delgados. As femininas son de forma globosa, pequenas, de cor parda cos estigmas vermellos. Florece de maio a xuño. Polinízase polo vento. Amentos de flores masculinas
FROITOS (landras) Froitos secos (glandes), de cor castaña e lustrosos. Miden de 1, 5 a 4 cm de longo e entre 1 a 2, 5 cm de ancho. Están cubertos por unha cúpula leñosa e aparecen, en grupos de 2 a 4, sentadas ou sobre rabiños curtos. Maduran en outubro-novembro.
CICLO ANUAL-REBOLO Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembr o outubro novemb ro decemb ro
É frecuente atopar sobre os rebolos distintas formacións producidas pola reacción da árbore ás postas de diferentes insectos (bugallos ou cocos, mazáns de cuco. . . )
USOS Madeira para ferramentas, construción, leña. . . As ponlas novas fendidas en tiras úsanse para facer cestas. As landras utilízanse como alimento para os porcos.
Os bosques de cerquiños ou rebolos chámanse reboleiras. Adoitan ir acompañados con sobreiras, aciñeiras, érbedos e carrascas.
Praza do Campo. (Quindous. Cervantes). -16, 9 m de altura e 4, 15 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALIZA.
Rebolos no Teso das Valiñas (Piornedo, Cervantes)
Pazo da Pena. (Rozabales, Manzaneda). - 26 m de altura e 4, 10 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALIZA.
A Clamadoira. (Muíños, Ourense) Casas da carballeira (Queguas- Entrimo) -18, 60 m de altura e 4, 65 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALIZA.
Ermida do Xurés (Lobios) -3, 53 m de perímetro.
TRADICIÓN ORAL CRENZAS: En algúns lugares atribúenselle ao rebolo propiedades mediciñais. Os que se atopan nos lindeiros dos eidos curan a sarna ao fregarse contra eles. ADIVIÑA: No alto estou, ladróns vexo vir, da miña carapuchiña non podo saír. (A landra)
ESCOLMA LITERARIA FOLLA presa das rebolas! Inverno das bouzas! / SOUTO dos corvos! Pestanas d’argana! Garolos do mofo! Tearaña das canas! Uxío Novoneyra (OS EIDOS)
MONTAXE e FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Agosto 2015
- Slides: 19