rbore do amor rbore do amor rbore de
Árbore do amor
Árbore do amor Árbore de xudas (Cercis siliquastrum) Árbol del amor, árbol de Juadas Judas tree arbre de Judée olaia, árvore de Judas, pata de vaca CLASE Anxiospermas ORDE Fabales FAMILIA Fabáceas
Árbore caducifolia de copa aberta e irregular que pode chegar aos 15 m de altura, nativo do norte do Mediterráneo, desde Francia ata Oriente Próximo.
TALO: Toro dereito coa tona grisparda, máis escura e con fendas verticais a medida que se fai vello.
FOLLAS Simples, alternas, co limbo de forma redondeada a acorazonada, de 7 a 12 cm de lonxitude e coa nerviación palmeada. Son de cor verde clara polo dereito e gris-azulado polo revés. Aparece en abril, despois das flores.
FLORES Simples, hermafroditas, cunha corola papilonácea de cor rosa ou branca. Teñen ata 2 cm de lonxitude e agrúpanse en acios qque aparecen antes que as follas sobre as ponlas ou sobre o toro.
FROITOS Legumes de ata 10 cm de lonxitude, de cor vermella a castaña escura. Maduran en xuño e permanecen na árbore ata a seguinte floración e non se abren. As sementes son pequenas ovoideas e algo comprimidas, de cor parda.
CICLO ANUAL: árbore do amor Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembr o outubro novemb ro decemb ro
“Coroa de Cristo” dos Xardíns de Padrón -1, 48 m de altura. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
Torre de Andrade (A Coruña). Varios exemplares, o máis grande mide 14 m de altura e 2, 74 m de perímetro.
Pazo de Castrelos (Vigo)
Pazo de Fefiñáns (Cambados)
USOS Moi empregada como árbore ornamental pola súa intensa e vistosa floración. Nalgunhas zonas cómense a flores. Os froito empréganse en medicina tradicional como astrinxentes. As sementes conteñen galactoglucomananas.
Unha lenda dí que é a árbore na que se aforcou Xudas. Foi traída polos cruzados no 1. 200 a Francia onde se lle chamou árbore de Xudea.
MONTAXE: Adela Leiro IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Xullo 2015
- Slides: 15