PROXECTO LECTOR DE CENTRO LOE reforzar a lectura

  • Slides: 34
Download presentation
PROXECTO LECTOR DE CENTRO

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

LOE: reforzar a lectura § Artigos 19. 2/24. 7/25. 5 (Primaria/Secundaria): § Sen prexuizo

LOE: reforzar a lectura § Artigos 19. 2/24. 7/25. 5 (Primaria/Secundaria): § Sen prexuizo do seu tratamento específico nalgunhas áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da comunicación e da información e a educación en valores traballaranse en todas as áreas. § Educación Primaria: § Artigo 19. 3. A fin de fomentar o hábito da lectura dedicarase un tempo diario á mesma. § Educación secundaria. § Artigo 26. 2: A fin de promover o hábito da lectura, dedicarase un tempo á mesma na práctica docente de todas as materias.

LOE: novos currículos da comunidade autónoma de Galicia § Decreto 130/2007, do 28 de

LOE: novos currículos da comunidade autónoma de Galicia § Decreto 130/2007, do 28 de xuño: establece o currículo da educación primaria en Galicia. § Anexo IV: Proxecto lector de centro § Decreto 133/2007, do 5 de xullo: regula as ensinanzas de educación secundaria en Galicia. § Anexo V Proxecto lector de centro

Primaria: un tempo mínimo diario para a lectura § Decreto de Primaria: § Artigo

Primaria: un tempo mínimo diario para a lectura § Decreto de Primaria: § Artigo 6º. § 4. Coa finalidade de fomentar o hábito da lectura, os centros elaborarán e aplicarán un proxecto lector que se axustará ás liñas básicas que se publican como anexo IV ao presente decreto, asegurándose como mínimo media hora diaria.

Secundaria: lectura en todas as áreas. § Decreto de Secundaria: § Artigo 5º §

Secundaria: lectura en todas as áreas. § Decreto de Secundaria: § Artigo 5º § 5. A lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das competencias básicas. Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro.

¿Qué é o Proxecto Lector? § É un documento que integra todas as intervencións

¿Qué é o Proxecto Lector? § É un documento que integra todas as intervencións do centro destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas. Procura a adquisición das competencias básicas, especialmente: § § comunicación lingüística tratamento da información e a competencia dixital competencia cultural e artística competencia para aprender.

Obxectivos do PL § § § Desenvolver a competencia lectora Favorecer a competencia literaria

Obxectivos do PL § § § Desenvolver a competencia lectora Favorecer a competencia literaria Educar no uso crítico da información Fomentar o hábito da lectura Apoiar a adquisición das competencias básicas

Requisitos Todos os niveis Todo o profesorado Biblioteca escolar Flexible Consensuado Proxecto Lector Realista

Requisitos Todos os niveis Todo o profesorado Biblioteca escolar Flexible Consensuado Proxecto Lector Realista Contextualizado Operativo Documento a medio prazo

Requisitos – 1 § No deseño e desenvolvemento do PL participará todo o profesorado

Requisitos – 1 § No deseño e desenvolvemento do PL participará todo o profesorado das distintas áreas e ciclos. As actividades previstas integraranse nas diversas programacións. § A coordinación corresponderá, preferentemente, á persoa dinamizadora da biblioteca escolar. § Afectará a todos os niveis de ensino obrigatorio. § É un documento a medio prazo que se incorpora ao Proxecto Educativo do centro.

Requisitos - 2 § A biblioteca escolar é o recurso fundamental para a posta

Requisitos - 2 § A biblioteca escolar é o recurso fundamental para a posta en marcha do Proxecto lector. § As bibliotecas de aula entenderanse como seccións da biblioteca do centro, e servirán de apoio ao Proxecto lector. § Aproveitaranse outros recursos culturais do entorno (bibliotecas familiares, públicas, outras infraestruturas culturais).

Requisitos – 3 O Proxecto lector… § Debera: § Partir do que xa se

Requisitos – 3 O Proxecto lector… § Debera: § Partir do que xa se fai § Responder ás necesidades do alumnado do centro e da comunidade educativa § Ser o resultado dunha reflexión conxunta § Ser realista § Ser flexible § Ser progresivo § Ser o resultado dun consenso § Resultar operativo § Primar a calidade na selección e tratamento das lecturas. § Facilitar o traballo docente § Non debera: § Esquecer as boas prácticas xa existentes. § Ser elaborado con présa § Ser copia doutros proxectos § Responder a iniciativas editoriais § Resultar, finalmente, do labor dunha soa persoa ou dun grupo pequeno. § Ser redactado como un documento burocrático, sen operatividade. § Complicar o traballo docente

Funcionalidade § O Proxecto Lector de centro axuda á sistematización das actividades a prol

Funcionalidade § O Proxecto Lector de centro axuda á sistematización das actividades a prol da lectura. § É unha oportunidade para repensar as prácticas pedagóxicas relativas á cultura escrita e mellorar a calidade do ensino. § É a referencia para a programación do Plan Anual de Lectura que se incorpora á Programación Xeral Anual.

Proxecto Lector Comprensión lectora Fomento lectura Educ. en información Análise da situación da lectura

Proxecto Lector Comprensión lectora Fomento lectura Educ. en información Análise da situación da lectura no centro Proxecto Lector Obxectivos Fundamentos Organización Recursos materiais e humanos Biblioteca escolar

Aspectos que recolle - 1 § Análise da situación da lectura e da escritura

Aspectos que recolle - 1 § Análise da situación da lectura e da escritura no centro § Prácticas lectoras e escritoras do alumnado. § Identificación de logros e dificultades. § Análise das metodoloxías empregadas § Recursos materiais e humanos: situación da biblioteca escolar e outros recursos § Necesidades de formación do profesorado neste ámbito.

Aspectos que recolle - 2 § Obxectivos, fundamentos e organización: § Formación de lectores

Aspectos que recolle - 2 § Obxectivos, fundamentos e organización: § Formación de lectores competentes e creación e consolidación de hábitos de lectura. § O proceso lector. Características dos lectores competentes na sociedade da información. Literacidade. Competencia lectora. Competencia literaria. § Lectura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de finalidades. § Metodoloxías máis axeitadas. § Organización de espazos e tempos. Creación de ambientes lectores. § A biblioteca escolar como recurso imprescindible e factor de compensación social. Recursos culturais do entorno (bibliotecas e outros) § Coordinación do proxecto. Participación de todo o profesorado. Modo de organización. § Modo de difusión e apoios necesarios

Aspectos que recolle - 3 § Intervencións precisas: § Ensinanza de estratexias de comprensión

Aspectos que recolle - 3 § Intervencións precisas: § Ensinanza de estratexias de comprensión lectora en todas as áreas § Fomento de hábitos de lectura en todas as áreas § Actividades de educación documental (educ. en información). Integración das TIC § Implicación das familias e do entorno § Criterios e procedementos de avaliación § Elaboración de instrumentos para avaliación

¿Quen o elabora? § Todo o profesorado do centro, a través dos § §

¿Quen o elabora? § Todo o profesorado do centro, a través dos § § § Equipos de ciclo Departamentos Equipo de biblioteca Orientación Equipo de normalización lingüística § A comunidade escolar (propostas dos representantes no Consello Escolar) § Coordina, preferentemente, o dinamizador da biblioteca escolar § Supervisa a Comisión de Coordinación Pedagóxica. § Aproba o Claustro e o Consello Escolar.

¿Cando se fai? En varias fases (simultáneas á dinámica xa existente, asentada ou inicial,

¿Cando se fai? En varias fases (simultáneas á dinámica xa existente, asentada ou inicial, en cada centro e ao ritmo de cada equipo docente. Límite: curso 2009 -2010) § I. Sensibilización § Información § Análise da situación. Recollida do que se está a facer. Recursos: biblioteca escolar. Formación. (Redacción dun primeiro borrador) § II. Planificación. § Obxectivos. Organización. Actividades-marco. § Elaboración dun documento consensuado § III. Desenvolvemento e avaliación.

Plan Anual de Lectura § Programa anual de obxectivos e accións para o desenvolvemento

Plan Anual de Lectura § Programa anual de obxectivos e accións para o desenvolvemento do proxecto lector de centro. Inclúese na Programación Xeral Anual. § Pode recoller, entre outros aspectos: § Obxectivos. Fundamentación § Organización de espazos e tempos para a lectura § Dinamización da biblioteca escolar. Seccións (bibliotecas de aula ou departamento) § Rutinas de lectura. Actividades sistemáticas § Actividades na hora da biblioteca ou na Hora de ler § Recursos humanos que interveñen nas actividades de fomento da lectura § Itinerarios lectores § Actividades programadas e temporizadas § Campañas de lectura, proxectos documentais integrados § Actividades puntuais: obradoiros, exposicións, concursos, encontros con autores, celebracións (Día da Biblioteca Escolar, Día do Libro Infantil, Día do Libro, Día da Paz, 8 de Marzo, Semana da prensa, Día das Letras Galegas, Día do Medio Ambiente…) § Recursos e materiais § Ler en familia. Actividades para a implicación das familias. § Seguimento e avaliación

Aspectos comúns Primaria/Secundaria § A necesidade de crear ambientes lectores: espazos e tempos para

Aspectos comúns Primaria/Secundaria § A necesidade de crear ambientes lectores: espazos e tempos para a lectura. § O papel do mediador: o profesorado como modelo lector. § A utilización de estratexias que funcionan: sistematización. § Aprendizaxe e práctica de estratexias de comprensión lectora, con todo tipo de textos, en todas as áreas de aprendizaxe. § Proxectos documentais integrados: fomento da lectura/educación documental. Lectura informativa, lectura de ficción, busca de información, construcción de coñecemento. Traballo colaborativo. § Tratamento funcional na utilización das TIC para a busca e elaboración de información: os recursos electrónicos mesturados/integrados cos materiais impresos nas aulas e na biblioteca escolar. § A lectura de ficción, a literatura de calidade, presente no tempo lectivo en todas as materias. § Secuenciación en espiral: progresión na proposta de textos máis esixentes e adaptados ao nivel de maduración dos lectores.

+ Información § Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación http: //www. edu.

+ Información § Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación http: //www. edu. xunta. es/biblioteca/blog bibliotecasescolares@edu. xunta. es § Asesores e asesoras de bibliotecas escolares dos CFR

Lectores competentes § Manifestan unha serie de habilidades: § Empregan os coñecementos previos para

Lectores competentes § Manifestan unha serie de habilidades: § Empregan os coñecementos previos para darlle sentido á lectura § Dirixen de xeito autónomo a súa lectura: atención, consciencia sobre a comprensión, corrección dos erros… § Empregan estratexias para acadar a comprensión: revisión, insistencia… § Distinguen o importante do que non o é en función da finalidade da lectura § Resumen o lido como estratexia de comprensión § Realizan inferencias: comprensión de termos polo contexto § Realizan preguntas sobre o lido

Competencia lectora § Formación da competencia lectora: § Aprendizaxe dos códigos: escritos, visuais, sonoros,

Competencia lectora § Formación da competencia lectora: § Aprendizaxe dos códigos: escritos, visuais, sonoros, cinematográficos… § Traballo con distintos tipos de textos: narracións, poemas, cancións, cómic, imaxes, fotografía, pintura, gráficos, textos informativos, esquemáticos, publicitarios, xornalísticos… § Integración das TIC e prácticas lectoras en todos os soportes en situacións contextualizadas. § Aprendizaxe de estratexias de comprensión lectora

Competencia literaria § Formación da competencia literaria: § Ler literatura polo pracer de ler

Competencia literaria § Formación da competencia literaria: § Ler literatura polo pracer de ler § Ler literatura para realizar determinadas tarefas, con obxectivos curriculares § Textos diversos (contido, xénero e complexidade) § Itinerarios lectores § Progresión nas propostas de textos cada vez máis esixentes co lector

Estratexias de comprensión lectora § Para a comprensión dos textos escritos cómpre ter en

Estratexias de comprensión lectora § Para a comprensión dos textos escritos cómpre ter en conta: § O coñecemento previo, os esquemas de coñecemento que construímos e que nos permite comprender unha situación, un programa de radio, unha noticia ou un texto lido. § Os obxectivos ou intencións da lectura, dos que vai depender a capacidade de resposta diante das dificultades de comprensión. O control da comprensión é un requisito esencial para a lectura eficaz. § A actividade ten que ter sentido. A lectura dun texto terá sentido para un lector se o seu contido conecta cos seus intereses e se a tarefa responde a unha finalidade.

Antes da lectura § Activar o coñecemento previo sobre o que se vai ler.

Antes da lectura § Activar o coñecemento previo sobre o que se vai ler. § Establecer prediccións sobre o texto. § Fomentar as preguntas sobre o texto.

Durante a lectura § Actividades que favorecen o acceso á comprensión: § Ter en

Durante a lectura § Actividades que favorecen o acceso á comprensión: § Ter en conta o proceso da lectura, facerse conscientes del, guialo § Lectura individual e silenciosa previa a calquera actividade de lectura expresiva § Lectura exemplificadora do profesor § En actividades de lectura compartida: § § Formular prediccións sobre o texto que se está a ler. Facerse preguntas sobre o que se leu. Aclarar posibles dúbidas acerca do texto. Resumir ideas do texto. § Prácticas de lectura independente: § § Textos con erros, para identificar Textos con lagoas para completar Textos con frases “pirata” Completar textos, engadir finais, reescritura segundo diversos criterios

Despois da lectura § Idea principal § Elaboración de resumes § Formulación de preguntas

Despois da lectura § Idea principal § Elaboración de resumes § Formulación de preguntas § Ensinar a formular e responder preguntas sobre un texto é unha estratexia esencial para unha lectura activa. § Preguntas de resposta literal. § Preguntas “para pensar”. O lector deberá relacionar diversos aspectos do texto para atopar a resposta. § Preguntas de elaboración persoal. Esixen a asociación co que se sabe, se pensa ou se ten experimentado. § Actividades que fomentan a creatividade e o pensamento diverxente § Actividades que forman lectores críticos § Actividades que desenvolven a afectividade

Proxecto documental integrado § Proxecto interdisciplinar no que se inclúen actividades de fomento da

Proxecto documental integrado § Proxecto interdisciplinar no que se inclúen actividades de fomento da lectura, busca documental e traballo curricular. § Empréganse fontes documentais diversas de carácter oral, ou en soporte impreso e electrónico. § Estimula a producción de información en soportes diversos. § Pode responder a unha acción concreta de dinamización lectora, pero integrarase dentro do Plan anual de lectura para un curso, e do Proxecto Lector do Centro, con carácter máis amplo. § Dependendo da profundidade de tratamento, e a extensión dos contidos traballados, poderá ter unha duración de un mes (mínimo) ou todo un curso escolar. O termo medio son dous/tres meses.

Itinerarios lectores § Son seleccións de títulos axeitados para cada nivel de idade, escollidos

Itinerarios lectores § Son seleccións de títulos axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función de obxectivos recollidos no Proxecto Lector de Centro. § O itinerario lector debe favorecer a adquisición da competencia lectora do alumnado. § Son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”. § O listado pode ser aberto e flexible, cunha duración media de dous anos.

Sobre o fomento da lectura § As actividades de fomento da lectura e de

Sobre o fomento da lectura § As actividades de fomento da lectura e de capacitación das habilidades para o tratamento da información soamente resultan eficaces se son sistematizadas e integradas no tratamento de todas e cada unha das áreas do currículo.

Educación documental § Engloba todas as actividades que buscan a capacitación do alumnado para

Educación documental § Engloba todas as actividades que buscan a capacitación do alumnado para un uso crítico das diversas fontes informativas: § Formación de usuarios da biblioteca § Fontes informativas en distintos soportes: que son e como usalas. § Internet § Pasos para a elaboración de proxectos documentais § ….

Ambientes lectores § Trátase de crear no centro un clima que favoreza o achegamento

Ambientes lectores § Trátase de crear no centro un clima que favoreza o achegamento aos libros e á lectura, onde se poña en valor esta actividade: § Facer visible a biblioteca escolar e outros recursos § Facilitar a presenza da lectura e dos libros na práctica cotiá § Programar actividades para toda a comunidade escolar § O profesorado como mediador e como modelo lector