Plantas curiosas Plantas xerofitas As xerfitas son plantas















































- Slides: 47

Plantas curiosas Plantas xerofitas

As xerófitas son plantas perennes capaces de soportar grandes secas, polo menos durante un tempo bastante longo. Son as plantas que viven nos desertos, nas estepas, nos rochedos e outros terreos áridos. Hai plantas das zonas frías que se comportan como xerófitas, e tamén teñen caracteres semellantes moitas plantas epifitas.

Teñen diferentes adaptacións para aproveitar e reter a auga e para reducir a transpiración:

parte aérea pouco desenvolvida e un extenso sistema radicular. Raices e parte aérea do feo da praia (Ammophila arenaria)

raíces longas e profundas para poder aproveitar a auga das capas máis fondas do terreo. Prosopis cineraria planta do deserto con raices longas e fondas

Follas pequenas sempre verdes, de cores craras ou coirentas, cerosas ou veludas, e, nalgúns casos, revolutas ou escamiformes para reduciren o quecemento e a transpiración. Follas pendulas e en posición vertical para reducir a exposición ao sol, e cerudas e coirentas para reducir a transpiración, do eucalipto Follas de cor crara e enroladas do Polygonum maritimum que reflicten a calor , reducen a superficie exposta ao sol e reteñen a auga que se perde polos estomas.

Follas sustituídas por órganos aplanados verdes para facer a fotosíntese. filodios, pecíolos laminais; ou filóclados, ponlas curtas e planas, que semellan follas e realizan a mesma función, pero non perden auga. Filóclados dunha xilbarbeira Filodios dunha acacia

follas, estípulas ou pequenas ponlas transformadas en espiñas, formacións agudas ríxidas, con tecido vascular. Espiñas de orixe foliar de Robinia pseudoacacia e de toxo Espiñas de orixe caulinar, pequenas ponlas, de estripo e abruñeiro

Desenvolvemento de suculencia. Para almacenar auga na raíz, no talo ou nas follas. As plantas suculentas, máis de 7. 000 especies, recollen auga durante os períodos de chuvia e almacénana para os tempos de seca. Reducen ao mínimo a transpiración e limitan a influencia da radiación solar con cubertas céreas pruinosas. Dous típicos exemplos de plantas suculentas: Os cactus almacenan a auga no talo e os ágaves nas follas.

Ágave e outras plantas de suculencia foliar.


Nalgunhas plantas suculentas a reducción das follas é total, converténdose en plantas áfilas (sen follas), e o talo asume todas as funcións. As máis coñecidas son os cactus

Cactus e euforbias áfilos e con suculencia nos talos

Os talos máis evolucionados son os talos globosos que poden extenderse ou contraerse, según a cantidade de auga que teñan almacenada, gracias aos pregues e costelas que teñen seguindo as liñas de distribución das follas (ortósticos).

Euforbias de talo globoso

A evolución da suculencia nas plantas superiores está estreitamente asociada con un tipo especial de fotosíntesis o CAM [metabolismo do ácido málico das Crasuláceas].

XEROFITAS GALEGAS En Galicia non temos cactus, pero si moitas plantas adaptadas á seca: as plantas do monte (toxos, xestas, breixos…), dos valos, os tellados e as rochas (sedum, couselos, …), e as das praias (feos, eringium, othantus, …) teñen modificacións estructurais que lle permiten sobrevivir ás secas longas e a prolongada exposición á calor do Sol.

Algunhas plantas dos montes galegos con adaptacións á seca Xesta. Ten follas reducidas e raices longas e fondas Carqueixa. Non ten follas e os talos presentan prolongacións laterais para poderen asumir as funcións de transformación. Toxo. Ten raices fondas e as follas transformadas en espiñas.

Breixos. Os breixos teñen as follas pequenas, reviradas e coirentas. Carpazas. Follas craras, rugosas e veludas.

Plantas dos valos e as rochas Couselo. Ten follas carnosas nas que almacena auga Uvas de lagarto Sedum. Follas carnosas nas que almacenan auga.

Prixel da praia. Ten follas carnosas para almacenar auga, e de cor crara e cubertas de cera para reflectir a calor. Herba de namorar. Ten follas lineares e craras e forma de mouta para reducir a exposición ao sol.

Plantas das praias e as dunas litorais Feo da praia. Ten raices longas e fondas, e follas enroladas para non perder auga.

Cebola das gaivotas. Ten cores craras e está cuberta de cera, para reflectir a calor, e o bulbo moi enterrado. Crucianella maritima. Ten as follas reducidas e apretadas, de cor crara e cubertas de cera, e as raices longas e fondas.

Carrasca de S. Xoan. Ten follas pequenas moi veludas para evitar a calor do sol e reter a humidade do aire. Alelí da praia. Ten as follas cubertas de pelos craros que as protexen da calor e axudan a reter a humidade do aire.

Algunhas xerófitas do mundo


Exemplar xa desaparecido de (Euphorbia canariensis). Ocupaba unha superficie de case 150 metros cadrados.




















fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta Cousiñas feitas na casa
Plantas sin semilla de la sierra
Reino metafita
Por qué las plantas son seres vivos
Plantas sin flor y sus partes
Clasificacion de las plantas sin semilla
Las plantas son pluricelulares
Asificación
Plantas superiores o fanerogamas
Luz marina mendoza
Son aquellas plantas
Son plantas industriales
Plantas vasculares con semilla
Las plantas son seres vivos
Sustantivo primitivo ejemplos
Colombia ______ next to paraguay
La cenicienta que tipo de texto es
Tipos de sustantivos
No son 30 pesos son 30 años
Ejemplos de poemas con versos rimados
Que son las marcas de oralidad ejemplos
Ella lleva una sudadera cuando hace frío.
Como controlar las emociones
Cuales son las figuras retoricas
If albert's son is my son's father
Plantas sin flor y sus partes
El desarrollo embrionario
Plantas do sapal de corroios
Reproducción asexual
Diversidade dos vegetais
Cómo se llaman las plantas sin flores
Dispercion de semillas
Fenotipo y genotipo en plantas
Tipos de plantas urbanas
Anxiospermas
Zona pilosa
Memorama de frutas en ingles
Sismo nastia
William mamani
Nombró en cada dibujo la clase de tallo según corresponda
Fotosíntesis proceso
Imágenes de las necesidades de los seres vivos
Plantas espermatofitas
Las branquias de los peces
Vasos condutores das plantas
Selección recurrente en plantas
Termotropismo plantas
Proceso de la fotosíntesis
Vegetacion azonal