Plantas curiosas as plantas parsitas Plantas parsitas son















































- Slides: 47

Plantas curiosas as plantas parásitas

Plantas parásitas son as que toman todos, ou parte, dos materiais que precisan para o seu desenvolvemento de outras plantas. Para eso dispoñen de órganos especiais (haustorios) que penetran no sistema vascular da planta hóspede e absorben del os nutrientes. No mundo existen máis de 2. 000 especies de plantas parásitas.

Haustorios de Phoradendron sp.

Haustorios de xesta mansa (Osyris alba) nunha raíz de romeu

Haustorios de barba de raposo (Cuscuta sp)

Haustorios de Orobanche arenaria nunha raíz de Artemisia crithmifolia

Conxunción da raíz dunha planta micoheterótrofa e as micorrizas dun fungo

Plantas parásitas galegas.

Plantas holoparásitas. Non teñen clorofila polo que, para poderen desenvolverse, dependen absolutamente da planta que as hospeda.

Poutega, mel de raposo, … (Cytinus hypocistis). Parásita das raices de plantas do xénero Cistus (carpazas). A parte visible son as agrupacións florais que aparecen entre maio e xullo.

Cardo leiteiro (Cistanche phelypaea). Parásita das raices de Suaeda, Halimione e outras plantas das marismas. Florece entre maio e xuño.

Orobanche ramosa. Parasita diversas plantas e florece entre abril e xullo.

Orobanche ramosa nana. Subespecie da anterior coas flores máis escuras.

Orobanche arenaria. Parásita das raices de Artemisia crithmifolia en areais litorais.

Orobanche minor. Parasita as raices de leguminosas e compostas. Florece entre abril e xullo.

Orobanche hederae. Parásita das raices das hedras. É unha planta pouco común que florece entre abril e agosto.

Herba toura (Orobanche rapum-genistae). Parasita raices de leguminosas, sobre todo Cytisus (xestas). Florece entre abril e agosto.

Orobanche gracilis. Parasita raices de leguminosas en matogueiras e beirais. Florece entre marzo e agosto.

Orobanche foetida. Parasita raices de leguminosas. Florece entre marzo e agosto.

Barba de raposo (Cuscuta campestris). Parasita plantas dunas. Desenvólvese entre marzo e setembro. Chegou de Norteamérica e estase a espallar.

Barba de raposo (Cuscuta epithymum). Parasita toxos e xestas. Desenvólvese entre abril e setembro.

Barba de raposo (Cuscuta approximata). Parasita xestas e codesos. Desenvólvese entre abril e setembro pero non é moi abondosa.

Plantas micoheterótrofas. Plantas sen clorofila, parásitas de fungos.

Monotropa hypopitys. Ten unha vida breve en piñeirais. Florece entre abril e xullo.

Neottia nidus-avis. Orquidea rara que florece entre maio e xullo en bosques da extrema oriental.

Plantas hemiparásitas. Poden realizar a fotosíntese pero obteñen, polo menos, auga e minerais da planta hóspede. Algunhas poden desenvolverse como autónomas.

Visgo (Viscum album). Hemiparásita obrigada de distintas especies de árbores. Só aparece, e moi raramente, no nordeste de Lugo fronteiro con Asturias.

Melampyrum pratense. Desenvólvese na beira ou ao abrigo de bosques en terreos secos. Florece entre maio e agosto.

Euphrasia minima. Florece entre xullo e setembro en pasteiros.

Odontites tenuifolius.

Odontites verna. Florece entre xullo e agosto en beirais de campos de cereal.

Parentucellia viscosa. Florece entre abril e xullo en prados e beirais.

Parentucellia latifolia. Florece entre marzo e xullo en pasteiros e prados secos.

Bartsia trixago. Florece de marzo a xullo en ermos e beirais secos.

Herba piolleira (Pedicularis sylvatica). Florece en pasteiros húmidos entre abril e setembro.

Cascabeis (Rhinanthus minor). Florece entre maio e setembro en pasteiros húmidos.

Xesta mansa (Osyris alba). Hemiparásito de raices de árbores e arbustos. Florece entre abril e xuño en piñeirais, beirais e ata nas dunas.

Thesium pyrenaicum. Hemiparásito de raices en prados e pastos de calías e áreas ultrabásicas. Florece entre maio e agosto.

Algunhas plantas parásitas do mundo

Rafflesia arnoldii, desenvólvese nos bosques húmidos de Indonesia produce a flor máis grande que se coñece, de case 1 m de diámetro e ata 11 kg de peso.

Rhizanthes deceptor. Orixinaria dos bosques de Sumatra. Parásita das raices da vitacea Tetrastigma.

Hydnora africana. Nativa do sur de África e parásita das euforbias.

Cynomorium coccineum. Parásita de quenopodiaceas de terreos salgados que pode medir ata 30 cm de altura. Atópase arredor do Mediterráneo, en Asia central e no norte de África.

Tristerix aphillus. Endémica de Chile. Parásita do cactus Echinopsis chiloensis. Ten flores vermellas e froitos esféricos de cor rosa.

Nuytsia floribunda. Parásita de árbores e arbustos do oeste de Australia. Florece no Nadal e úsase como decoración Arbores cubertas de Nuytsia floribunda

Misodendrom. Plantas hemiparásitas nativas de América do Sur de onde son exclusivas. Misodendrom gayanum. Misodendrom linearifolium.

fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta Cousiñas feitas na casa
Parsitas
Estrobilos de gimnospermas
Porque son importantes las plantas sin semillas
Metafitas plantas
Las plantas son seres vivos
Características de las angiospermas
Que son las plantas y su importancia
Las plantas son pluricelulares
Uninervia hoja
Plantas superiores o fanerogamas
Que son las plantas
Son aquellas plantas
Dibujos de plantas industriales
Plantas vasculares con semilla
Como se llama
Son palabras cuyos referentes son clases de entidades fijas
Ellos ____ de perú.
El texto informativo narra cuentos.
Sustantivo concreto
No son 30 pesos son 30 años
Versos de poemas ejemplos
Marcas de oralidad en un texto ejemplos
Ella lleva una sudadera cuando hace frío.
Que son los emociones
Figuras literatias
If albert's son is my son's father
Plantas con flor y sin flor para niños
Desarrollo embrionario en animales
Plantas do sapal de corroios
Esporosito
Diversidade dos vegetais
Cómo se llaman las plantas sin flores
Imagen de hidrotropismo
Genotipo
Tipos de plantas urbanas
Plantas as
Constituição do caule
Cartas de frutas
Nastias en las plantas
William mamani
Clasificación de las hojas según su forma
Organo reproductor de la planta
Clasificacion de plantas segun su tamaño
Plantas espermatofitas
Capilares peritubulares
Gimnospermas reprodução
Selección recurrente en plantas
Termotropismo plantas