PHILUM ANLIDOS NEREA FIGUEIRAS BORRAJO 1 Bacharelato Curso
PHILUM ANÉLIDOS NEREA FIGUEIRAS BORRAJO 1º Bacharelato Curso 2007 -2008
• Os Anélidos son un grupo animais invertebrados de aspecto vermiforme e corpo segmentado en aneis. • Atópanse na maioría dos ambientes húmidos, e inclúen especies terrestres, de auga doce e especialmente mariñas. A súa lonxitude vai desde menos dun milímetro ata máis de 3 metros.
• O corpo dos anélidos está recuberto por unha epiderme que segrega unha delgada cutícula protectora; baixo a epiderme hai unha capa de musculatura circular e baixo esta unha de fibras musculares lonxitudinais. Na maioría das especies hai unhas cerdas ou quetas, o que lle da nome de poliquetos vermes mariños e de oligoquetos ás lombrices de terra.
• Os anélidos son animais provistos dunha cavidade do corpo chamada celoma (está chea de fluído no cal están suspendidos o intestino e outros órganos). O celoma está dividido en segmentos, por medio de tabiques transversais, isto presenta unha novidade evolutiva con respecto aos vermes non segmentados, xa que ao estar o celoma dividido permítelle, mediante a presión hidrostática que xera esta cavidade, realizar movementos e así a locomoción do animal. A cada un destes segmentos independentes chámaselle metámero. Cada metámero está marcado externamente por un ou mais aneis.
• Dependendo da especie, os anélidos poden reproducirse sexual ou asexualmente. • Na reprodución asexual despréndese da parte posterior do corpo e forma un novo individuo. • Algunhas especies de anélidos son hermafroditas, mentres que outras teñen sexos separados.
Philum Anélidos Clase Oligoquetos Lombrigas de terra. Posúen poucas quetas por segmentos, o corpo é cilíndrico e alargado. Non ten cabeza distinta. O corpo está dividido en aneis. Raramente con branquias. Clase Hirudíneos Samesuga. Corpo pigmentado e deprimido, cunha gran ventosa posterior e outra menor na rexión anterior. Sen tentáculos nin quetas. De auga doce ou salgada e terrestres. Clase Poliquetos: vermes arenícolas e tubícolas. Posúen moitas quetas, rexión cefálica con tentáculos. Sexos separados. Predominan os mariños.
Vídeos Philum Anélidos Ø Características xerais dos Anelidos http: //www. youtube. com/watch? v=r. N-enruad. EI ØOligoquetos Lombriz de tierra http: //www. youtube. com/watch? v=r 5 a. RPP 4 C 0 J 8 ØPoliquetos. Nereis, parápodos http: //www. youtube. com/watch? v=8 p. YULZMbe. OE ØNereis http: //www. youtube. com/watch? v=Z_Aqcs. YZ 0 G 8 ØPoliqueto http: //www. youtube. com/watch? v=7 zga 7 TTZXa. I
- Slides: 7