PARED CELULAR BACTERIANA A estrutura da parede ponse
PARED CELULAR BACTERIANA A estrutura da parede ponse en evidencia gracias á tinción Gram, que permite diferenciar dous grupos de bacterias. A tinción Gram consiste en expoñer ás bacterias á acción dos colrantes, o cristal de violeta e safranina. Cando se lava a mostra con alcohol, as bactgerias Gram positivas aparecen coa pared de cor violeta porque reteñen o colorante. As Gram negativas aparecen de cor rosado porque non o reteñen
Orgánulos con dobre membrana: (mitocondrias, cloroplastos e núcleo celular) Mitocondrias: Son orgánulos de dobre mb, presentes en todas as células eucariotas aerobias. A súa función é a produción de enerxía. Estructura:
Membrana mitocondrial externa: estrutura similar ás demáis membranas celulares (lípidos e proteínas). Membrana mitocondrial interna: carece de colesterol e presenta un elevado contido en proteínas (enzimas): ATP-sintetasa, proteínas da cadea respiratoria, enzimas da fosforilación oxidativa e enzimas da B-oxidación. Presenta pregamentos cara ao interior denominados crestas mitocondriais. Matriz mitocondrial: formada por auga, ADN mitocondrial (bicatenario circular), ribosomas, enzimas e ións. Partículas elementais: son estruturas esféricas e pedunculares localizadas na cara externa das crestas, orientadas hacia a matriz. Son complexos de ATP-sintetasa. Constan de cabeza (parte esférica denominada complexo F 1) e pedúnculo (incrustado na mb e denominado complexo F 0). A función destas partículas é obter ATP (enerxía) a partir de reaccións metabólicas.
Cloroplastos: Son os plastos de maior importancia biolóxica, xa que transforman enerxía luminosa en enerxía química aproveitable para os vexetais. A súa forma, tamaño e número e distribución varía nas células, pero habitualmente son ovoides. A súa principal función e realizar a fotosíntese (aínda que tamén participan na biosíntese de ácidos graxos.
Estrutura: Membrana plastidial externa e interna: similar ao resto de mb. Membranas tilacoides: prolongacións da mb plastidial interna Grana: estruturas discoidais que aparecen nas mb tilacoides apiladas en nº variable. Neles a concentración de clorofila é moi elevada. Estroma: espacio interno limitado pola mb interna. Contén ADN plastidial (bicatenario circular), ribosomas e enzimas relacionadas co seu metabolismo.
Teoría endosimbiótica: teoría máis aceptada sobre cal foi o proceso evolutivo que orixinou as células eucariotas. Foi postulada por Lynn Margullis nos 70 e propón unha orixe procariota dos cloroplastos e mitocondrias. Ambos orgánulos evolucionarían a partir de antigas bacterias parásitas. Básanse en que estos orgánulos presentan moitas similitudes coas bacterias (tamaño, forma, estrutura, ADN e ribosomas). Parece probable que as células eucariotas descenden de organismos anaerobios que incorporan por fagocitose bacterias aerobias nunha relación endosimbiótica.
Núcleo celular Presente en todas as células eucarióticas, agás nos glóbulos vermellos dos organismos. Habitualmente existe 1 núcleo por célula. A súa estrutura depende da fase do ciclo celular na que se atope a célula. (núcleo interfásico-“normal” e núcleo mitótico-visibles os cromosomas) Núcleo interfásico: habitualmente presenta forma esférica e se atopa en posición central. Presenta: - Envoltura nuclear Nucleoplasma Nucleolo Cromatina Figura 1. Distintos tipos de núcleos. A. Células epiteliales de la vesícula biliar de humanos con los núcleos redondeados. B. Monocito de la sangre con el núcleo arriñonado. C. Neutrófilos de la sangre con los núcleos multilobulados. D. Vista parcial de una célula muscular multinucleada, con los núcleos situados en zona periférica (flechas).
Envoltura nuclear: complexo membranoso formado por unha dobre mb, atravesada poros celulares. Regula o intercambio de substancias entre o núcleo e o citoplasma. Está composta por: • Mb nuclear externa: presenta ribosomas e se continúa co RER. • Espacio perinuclear: espacio comprendido entre as 2 mb. • Mb nuclear interna: presenta 3 polipéptidos que constitúen a chamada lámina fibrosa que fixa a cromatina. • Poros: son perforacións que participan no intercambio de moléculas grandes. Poros nucleares vistos al microscopio electrónico.
Nucleoplasma: tamén chamado carioplasma ou matriz nuclear. É unha matriz semifluída situada no interior do núcleo que contén tanto o material cromatínico (ADN e prot cromosomais) coma proteínas non cromatínicas Nucleolo: estrutura máis ou menos esférica sen mb. Habitualmente aparece 1 por núcleo (pero poden aparecer 2 ou máis). No nucleolo realízase a síntese de ARNr e o empaquetamento de subunidades ribosomais, que posteriormente serán exportadas ao citosol. É indispensable para o funcionamento normal da mitose, aínda que desaparece durante ésta.
Cromatina: estrutura formada por ADN e proteínas (histonas e enzimas implicadas na replicación e transcripción do ADN). A cromatina está formada por unha sucesión de nucleosomas (as súas unidades básicas) que constitúe o colar de perlas (cada perla sería 1 nucleosoma). Cada nucleosoma está formado por: octámero de prot Histonas (8 histonas)+ fragmento de ADN. O conxunto da estrutura se denomina fibra de cromatina. Este colar de perlas prégase formando un solenoide. Estas fibras sofren máis espiralizacións ata aparecer en forma de cromosomas (mitose). O colar de perlas atópase no núcleo das células somáticas en reposo (a célula non se div). No núcleo interfásico distínguense: • Heterocromatina: condensada, case tanto coma os cromosomas na mitose. (impidese a transcripción dos xenes) • Eucromatina: menos condensada (ADN activo, transcripción de xenes)
Núcleo mitótico: falamos de núcleo mitótico cando a célula está en fase de división e se diferencian os cromosomas. Os cromosomas constiúen o máximo estado de condensación da cromatina. Composición: ADN + prot.
ESTRUTURA DEL CROMOSOMA METAFÁSICO: Centrómero ou constricción primaria: divide o cromosoma en 2 brazos, que poden ser de igual ou distinto tamaño Cinetocoro: estrutura proteica que organiza os microtúbulos que interveñen na separación dos cromosomas durante a anafase da mitose e meiose. Por cada centrómero aparecen 2 cinetocoros. Constricións secundarias ou organizadores nucleolares: son zonas máis estreitas nos brazos relacionadas coa formación do nucléolo ao final de cada mitose. Telómeros: estruturas protectoras situadas en cada un dos extremos do cromosoma euc, que evitan que se perda información dos extremos en cada ciclo de replicación. Desempeñan importantes funcións e son esenciais para a duplicación do cromosoma. En ocasións, a un dos extremos úneselle un fragmento de ADN denominado satélite de forma máis ou menos esférica. Cromátidas estruturas constituíntes do cromosoma, paralelas entre sí, resultado da duplicación do material xenético e unidas polo centrómero. (as cromátidas irmáns teñen a mesma info xenética)
- Slides: 32