os anfibios Os anfibios son vertebrados coa pel
os anfibios
Os anfibios son vertebrados coa pel núa, catro patas, reprodución ovípara con fecundación externa na auga (fase larvaria acuática) e desenvolvemento das crias con metamorfose. Coñécense unhas 6. 000 especies. En Galicia atópanse cinco especies de ras, cinco de sapos, dúas de salamántigas e tres de lagartiños das fontes.
As ras son os máis acuáticos dos anfibios. Os demais so se achegan a ela para reproducírense.
ANFIBIOS ANUROS sen cola URODELOS con cola XIMNOFIÓNS (ÁPODOS) sen patas
ANUROS Anfibios sen cola
Ra verde (Pelophylax perezi). O anfibio máis común e o máis acuático. Atópase en lagoas, encoros, ríos e pozas.
Os machos emiten sons para atraer ás femias Posta de ran. Os ovos están incluídos nunha masa xelatinosa. Amplexus: a fecundación é externa e o macho suxeita á femia para provocar a posta dos ovos e asegurarse de que o seu esperma os fertilce. As crías ds anfibios chámanse cágados ou cabezolos.
Rela ou Estroza (Hyla molleri). Vive nas árbores e arbustos perto da auga. A cor verde mimetízaa coas follas. So vai á auga nas datas de reprodución a pór os ovos.
Ra patilonga, ra dos regos (Rana iberica). Vive nos ríos, en correntes de augas rápidas e de montaña. É un endemismo do noroeste da Península Ibérica.
Ra vermella (Rana temporaria). Atópase na metade norte de Galicia e nos cumes.
Sapo común (Bufo bufo). É o máis grande dos sapos galegos, as femias poden sobrepasar os 20 cm. De costumes terrestres, so vai á auga a desovar.
Parella de sapos comúns en amplexus
Sapo de esporas (Pelobates cultripes). Anfibio de vida terrestre e costumes nocturnas. As rugosidades da pel sérvenlle de camuflaxe. O gran tamaño dos ollos denota a súa actividade nocturna.
Sapo corriqueiro (Bufo calamita). Sapo de pequeno tamaño cunha característica liña polo medio do lombo.
URODELOS con cola
Píntega (Salamandra salamandra gallaica). É facilmente recoñecible polo deseño da súa pel de cor marela e negra. É bastante común pero pouco vista porque é de costumes nocturnos. Vive nos bosques caducifolios.
Pintafontes, lagartiño de auga ou limpafontes (Triturus helveticus). Anfibio terrestre e nocturno, aínda que pode pasar longas tempadas na auga. Os machos teñen as patas traseiras palmeadas. Parella en época de apareamento.
Saramaganta rabilonga ou salamántiga galega (Chioglosa lusitanica). Especie endémica do noroeste da Península Ibérica. Vive nas proximidades de regatos de augas rápidas e ben osixenadas en microclimas saturados de humidade. Considerada especie vulnerable pola IUCN.
Limpafontes verde, píntega de auga (Triturus marmoratus). Común por toda Galicia. Os machos teñen unha crista dorsal moi destacada.
Pintafontes común, sabanduxa, lagartiño de auga (Triturus boscai). Atópase por toda Galicia ata os 1. 700 m de altitude. macho na época de apareamento
Os anfibios son especies moi vulnerables ás alteracións ambientais e na actualidade moitas atópanse seriamente ameazadas. Todas as especies de anfibios galegas están protexidas por Leis do Estado Español e polo Convenio de Berna. Na lista vermella de especies ameazadas a nivel mundial publicada pola IUCN, (Unión Internacional da Conservación da Natureza, 1996 aparecen a saramaganta rabilonga e a rela ou estroza.
MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet. Debuxos: Mon Daporta.
- Slides: 23