OPTATIVA Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Obradoiro de Iniciativas
OPTATIVA Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Que é unha persoa emprendedora? Definición semántica: “Persoa que leva a cabo accións dificultosas”. Definición práctica: “Persoa que pon en marcha o seu propio negocio”. Definición operativa: “Quen aplica o seu talento á innovación na súa propia empresa ou noutras organizacións”. Definición popular: “Quen fai que as cousas acontezan”. Definición ideolóxica: “Quen converte os seus soños en realidade.
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Que aprenderás nesta optativa? A comprender que é unha empresa e unha persoa emprendedora e o seu papel como xeradora de riqueza
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Valorar a importancia do asociacionismo como medio de sumar esforzo e compartir ideas. Aprenderás a coñecer as actitudes, calidades persoais e capacidades que debe ter unha persoa emprendedora
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Aprenderás a identificar as túas propias capacidades e intereses que te axudarán a poder tomar decisións, incluso sobre a túa formación e inserción laboral.
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Terás que definir cales son os elementos necesarios para levar adiante un proxecto emprendedor, tendo respecto polo medio ambiente.
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Aprenderás a traballar en equipo, a negociar, a resolver conflictos e a planificar.
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Aprenderás a buscar, seleccionar e interpretar información, a utilizala e a comunicala.
Taller de Iniciativas Emprendedoras Empregarás as novas tecnoloxías da información e a comunicación como ferramentas de traballo
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Cal é o enfoque da materia? Presenta un marcado carácter práctico, concibe a aula como un taller de traballo onde se integran as tecnoloxías da información para axudar ao alumnado a avanzar na sociedade do coñecemento Busca un obxectivo global de desenvolver unhas habilidades que axuden ao alumnado a levar a cabo calquera proxecto vital así como achegar a realidade do mundo laboral, empresarial e do asociacionismo en xeral. Parte do principio de “aprender facendo”, experimentando e familiarizando ao alumnado cos aspectos más prácticos da realidade coa que entrará en contacto directo nun futuro próximo.
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Como traballarás nesta materia? Esta materia darase nunha aula taller dotada de ordenadores e conexión a Internet. Os ordenadores e as TIC utilizaranse como ferramenta de traballo.
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Como traballarás nesta materia? Ademais de dar as clases nunha aula de informática traballarás coas TIC: Utilizando a aula virtual da páxina web que ten o Instituto. Abrirás o teu propio blog ou bitácora para comunicarte: http: //www. blogoteca. com/emprendedoresogrove
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras A final de curso deberás entregar un proxecto: • En 3º ESO: Planificación da excursión de 4º curso, partindo dunha empresa cooperativa. • En 4º ESO: Creación dunha empresa partindo das ideas recollidas na aula.
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Como actividades complementarias que te servirán de axuda para realizar o teu proxecto, faremos: Visitas a empresas da localidade, comarca. . . Recibir charlas de xente emprendedora. . . Utilizar eventos para darlle publicidade dentro do Centro, empregando técnicas de ambientación e marketing.
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Cando deberás elixir esta optativa? Cando cubras a solicitude de RESERVA DE PRAZA ou de MATRÍCULA de 3º ou de 4º da E. S. O.
- Slides: 15