O soldadio de chumbo A un neno polo
O soldadiño de chumbo
A un neno polo seu aniversario regaláronlle 25 soldadiños de chumbo.
Todos eran iguais, agás un que tiña unha soa perna.
Na mesa onde o puxeron había moitos xoguetes, pero o máis bonito era unha bailarina de papel.
Pronto se enamorou dela. Pensou que sería unha boa esposa para el. Foi coñecela.
Pero pola noite un duende berrou: quieto, soldadiño! A bailarina é miña.
Ó soldadiño deixárono pousado na ventá. A ventá abriuse e o soldadiño. . .
caeu á unha rúa chea de lama.
Dous nenos atopárono e. . .
puxérono a navegar nun barquiño de papel.
No barco foi navegando polas rúas ata que se meteu nos sumidoiros
Alí tropezou cunha enorme rata, pero conseguíu escapar.
Seguíu no seu barco e foi caer a un río.
No río comeuno un peixe. Ó peixe pescárono e levárono á casa do neno.
Estaba moi contento porque volvía estar coa súa bailarina, pero. . .
Un neno pequeno tirou o soldadiño ó lume.
Entón o vento levou a bailarina ata o lume e os dous arderon xuntos para sempre.
No medio da cinza só quedou un pequeno corazón de chumbo.
Este conto escribiuno HANS CHRISTIAN ANDERSEN Tamén escribiu: O parruliño feo A sireíña O reiseñor Polgariña A vendedora de mistos O traxe novo do emperador A raíña das neves. . . Curso: 2004 -2005. “Otero Pedrayo”. A Laracha
Este ano celebramos o seu 200 ANIVERSARIO
- Slides: 20