O SISTEMA NERVIOSO DE VERTEBRADOS Os vertebrados posen
O SISTEMA NERVIOSO DE VERTEBRADOS
Os vertebrados posúen o sistema nervioso máis complexo e evolucionado de todos os seres vivos. Está formado por: • Encéfalo (protexido polo cranio) Sistema Nervioso Central (SNC) Sistema Nervioso Periférico (SNP) • Médula espiñal: cordón nervioso dorsal, protexida pola columna vertebral. Formado polos nervios e ganglios periféricos
A coordinación nerviosa: modelo de regulación que leva a cabo o S. N. • As células sensoriais (receptores) recollen os estímulos. • A infromación recollida é transmitida polos nervios (impulso nervioso sensitivo) ata a médula espiñal e posteriormente ao encéfalo (ou directamente ao encéfalo) • No encéfalo elabóranse e emítense as respostas • As respostas son transmitidas (impulso nervioso motor) ata os efectores pasando (ou non) pola médula espiñal
Esquema do S. N. Prosencéfalo Telencéfalo (“cerebro”) Diencéfalo Encéfalo SNC (central) Funcións da fala, visual, motriz, sensorial, auditiva Onde se atopa o hipotálamo: control da sede, sono, apetito Mesencéfalo Rombencéfalo Metencéfalo (“cerebelo”) Controla a postura, o equilibrio e movementos aprendidos Mielencéfalo (“bulbo raquídeo”) Médula espiñal Somático SNP (periférico) Autónomo ou vexetativo • Controla funcións viscerais involuntarias • Une o encéfalo coa médula espiñal • Transmite impulsos • Controla actividades reflexas Controla os músculos esqueléticos: control consciente, voluntario!! • Funciona sen control consciente do individuo (mov respiratorios, cardíacos, dixestivos, glandulares, … • Divídese en Simpático e parasimpático (accións antagónicas sobre o mesmo órgano)
SNC e SNP
SNC e SNP
SNC
SNC Escaner cerebro
O SNC Protexido por: • Estruturas óseas: o cranio protexe ao encéfalo e a columna vertebral protexe á médula espiñal • As meninxes: membranas que protexen ao SNC entre as cales se atopa o líquido cefalorraquídeo, que amortece os golpes e evita os traumatismos. As zonas onde se concentran corpos neuronais se denominas materia gris. As zonas onde se concentran os cordóns nerviosos se denominan materia branca (debido á cor das vaíñas de mielina que os recobren.
Anatomía externa do cerebro (telencéfalo) Algunhas zonas da superficie do cerebro delimitan áreas ou lóbulos que teñen funcións concretas. Esta parte superficial (codia cerebral) está formada por substancia gris e é onde residen as funcións da intelixencia e da memoria, constitúe o centro de integración sensorial e controla a contracción muscular voluntaria.
Lóbulos cerebrais
O SNP Está formado polos nervios que saen do SNC (encéfalo e médula espiñal) ou entran nel e se reparten por todo o organismo. Os nervios son estruturas formadas por: Feixe de fibras (axóns neuronais) + vasos sanguíneos + tecido conectivo Tipos de nervios: Segundo o sentido de transmisión do impulso nervioso: • Nervios sensitivos: envían os estímulos dende os receptores ata os centros de coordinación • Nervios motores: levan o impulso dende os centros de coordinación ata os efectores • Nervios mixtos: teñen fibras dos 2 tipos anteriores. Segundo o punto do que “saen”: • Nervios craniais: parten do encéfalo • Nervios raquídeos ou espiñais: parten da médula espiñal.
O SNP Función do SNP: conectar todos os receptores e os efectores do organismo cos centros nerviosos. Divídese en: • Sistema somático (controla os músculos esqueléticos, control consciente e voluntario) • Sistema Autónomo ou vexetativo: control involuntario. Divídese á súa vez en simpático e parasimpático: ambos sistemas inervan os mesmos orgános pero teñen funcións antagónicas sobre eles. • Sistema simpatico: en xeral actúa preparando ao organismo para a acción (aumento da frecuencia cardíaca, dilatación das pupilas, etc). Habitualmente produce un aumento do gasto enerxético. • Sistema parasimpático: en xeral induce ao organismo á relaxación e contribúa ao aforro enerxético (diminución da frecuencia cardíaca, aceleración da dixestión, etc)
SNP Simpático e Parasimpático
SNP Simpático e Parasimpático
Funcionamento do SN • Ao SNC chega continuamente a información recollida polos receptores. • Esta información é levada aos centros nerviosos, onde, unha vez procesada, se transmite cara os órganos efectores. • Esta resposta pode estar controlada voluntariamente ou non.
Os actos voluntarios Son os que se realizan conscientemente e se controlan de forma voluntaria. Non todos os actos voluntarios teñen a súa orixe nun estímulo externo, senón que ás veces prodúcense directamente na codia cerebral, sen que exista un estímulo previo. O desenrolo dun acto voluntario pode resumirse así: • Captación do estímulo por parte dun receptor transmítese polos nervios sensitivos médula bulbo raquídeo • Do bulbo raquídeo á codia cerebral: a través de complicadas redes sinápticas, a información chega á codia cerebral. Alí faise consciente e elabórase a resposta. • Da codia cerebral ao efector: desde a codia envíase ao receptor a orde de resposta, a través dos nervios motores.
Os actos involuntarios ou reflexos Realízanse de forma automática, sen que interveñan os centros superiores do cerebro. Neste caso é a médula a que coordina a resposta, non a corteza cerebral !! Exemplos: reacción ante unha queimadura ou unha pinchada ou a extensión da perna ao golpear o ligamento rotuliano. A resposta muscular é moi rápida Os actos reflexos poden ser: • Monosinápticos: neles se produce 1 soa sinapse na médula espiñal. • Polisinápticos: son os máis frecuentes. Entre a neurona sensitiva e amotora hai varias sinapses entre neuronas.
Acto reflexo
As respostas e os efectores O sistema nervioso coordina tanto respostas motoras como glandulares: • Resposta motora: nela os órganos efectores son os músculos locomoción • Resposta glandular: nela o órgano efector é unha glándula que recibe do encéfalo a orde de segregar unha substancia química.
- Slides: 21