O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder

  • Slides: 9
Download presentation

O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e

O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e á cultura de Galicia a través do éxito das aventuras que agocha a novela de Dragal, escrita por Elena Gallego Abad.

É importante a compoñente normalizadora do proxecto, posto que combina o traballo individual co

É importante a compoñente normalizadora do proxecto, posto que combina o traballo individual co colectivo e as tarefas tradicionais e lúdicas con outras orientadas á investigación ou á edición colaborativa na rede. Deste xeito fomentamos o emprego da lingua galega, con incidencia no seu uso oral, para o intercambio e obtención de información.

OBXECTIVOS - Transmitir unha imaxe positiva e actual da lingua galega ao relacionala con

OBXECTIVOS - Transmitir unha imaxe positiva e actual da lingua galega ao relacionala con temáticas de interese para a mocidade e coas Tics. - Gozar coa lectura de historias fantásticas en lingua galega. - Estimar os principais aspectos históricos e culturais de Galicia que aparecen como pano de fondo da trama. - Intercambiar información sobre diferentes aspectos da novela no centro e a través da rede co alumnado doutros IES do proxecto para compartir experiencias lectoras e achados. - Empregar as novas tecnoloxías para crear mensaxes orais e escritas en lingua galega. - Respectar as distintas manifestacións culturais e relixiosas. - Respectar as persoas que forman parte dun grupo malia a heteroxeneidade.

No proxecto, este curso 2014 -2015, participa o alumnado de 2º da ESO do

No proxecto, este curso 2014 -2015, participa o alumnado de 2º da ESO do IES Puga Ramón e o doutros 10 centros máis de ensino secundario de Galicia. Colaboran no noso IES: ❖ O departamento de Matemáticas, achegando o alumnado á arte e á arquitectura dos nosos templos a través da xeometría. ❖ O Equipo de Dinamización co apoio e promoción do proxecto. ❖ O Departamento de Orientación coa caracterización da adolescencia e o tratamento do Acoso Escolar.

Reparto de tarefas 1ª AVALIACIÓN Presentacións da novela (Booktrailer) Lectura da novela Creación dun

Reparto de tarefas 1ª AVALIACIÓN Presentacións da novela (Booktrailer) Lectura da novela Creación dun dicionario colectivo Ambientación/dragalización do IES Xogo de rol: Comezo coa creación dos grupos de cabaleiros/donas da nosa Fraternidade de Dragaliños/as.

Reparto de tarefas 2ª AVALIACIÓN Avaliación do contido da novela Visita da escritora (22

Reparto de tarefas 2ª AVALIACIÓN Avaliación do contido da novela Visita da escritora (22 de xaneiro) SKYPE: coñecemos aos 600 dragaliños/as que participan no proxecto e o lugar de Galicia onde están Presentación do wiki onde traballará e interactuará o alumnado e o profesorado Caracterización dos personaxes e cómic Xogo de rol: asignar os roles a cada participante e deseñar os disfraces de entroido. Reparto das tarxetas da Fraternidade do Dragón que identifica e recolle a avaliación do alumnado. Temática: discusión no fóro da web e na aula Creación propia: Final á carta

Reparto de tarefas 3ª AVALIACIÓN Investigación: Espazos máxicos - Concurso fotográfico Investigación: Patrimonio inmaterial

Reparto de tarefas 3ª AVALIACIÓN Investigación: Espazos máxicos - Concurso fotográfico Investigación: Patrimonio inmaterial (lendas de mouros/as, tesouros, dragóns, serpes, pozas encantadas) Conta contos: Tradición 2. 0 (22 de abril) O Dragón sae da aula. Contamos o que estamos facendo Xogamos na web (Dragalpalabras e Dragalsaber) Saída didáctica: Visita o fogar do dragón no Pico Sacro. Xogo de rol co resto de IES do proxecto e xantar de confraternización de todos os cabaleiros e donas que protexeron a maxia do dragón e conseguiron proxectala aos do seu redor. Axentes dinamizadores da nosa cultura (Localizar os lugares máxicos e as lendas nun Google Map creando así unha ruta de lendas e de arte románica en Galicia)

O carácter aberto e multidisciplinar do Proxecto facilita o acceso do alumnado a coñecementos

O carácter aberto e multidisciplinar do Proxecto facilita o acceso do alumnado a coñecementos de distintas áreas. A literatura galega, a arte románica, o culto pagán, o cristianismo, a xeometría, a aritmética, a historia de Galicia, o noso patrimonio inmaterial ou as Tics únense nesta novela para crear un ambiente de misterio no que gozamos e crecemos como lectores.