O MAGOSTO O MAGOSTO O magosto unha festa

  • Slides: 11
Download presentation
O MAGOSTO

O MAGOSTO

O MAGOSTO O magosto é unha festa tradicional de Galicia e tamén doutras zonas

O MAGOSTO O magosto é unha festa tradicional de Galicia e tamén doutras zonas do norte e oeste da Península. Tamén é unha festa moi popular en Portugal, onde se coñece como MAGUSTU. Esta festa celébrase no mes de NOVEMBRO, normalmente o día 11, festa de San Martiño, tendo como elementos principais a CASTAÑA e o LUME.

 • O CASTIÑEIRO é unha árbore de folla caduca moi común nos montes

• O CASTIÑEIRO é unha árbore de folla caduca moi común nos montes de Galicia. Proporciónanos castañas, sombra no verán, leña e madeira para mobles, ademais de protexer o ecosistema. • Os froitos están recubertos por unha casca verde con pinchos, o OURIZO (cada ourizo pode ter dúas ou tres castañas). A época de recollida de castañas é outubro e novembro.

 • Tanto a corteza da árbore como as súas follas, tomadas en infusión,

• Tanto a corteza da árbore como as súas follas, tomadas en infusión, son beneficiosas para a nosa saúde: Ø Rexeneran as mucosas Ø Cortan a diarrea Ø Curan a inflamación da gorxa Ø Ademais calman a tos • A castaña ten un alto contido en fibra, polo que é ideal para o estreñimento. • Aporta moitos minerais: potasio, ferro, fósforo e magnesio.

CASTIÑEIROS FAMOSOS • De todas as árbores que hai en Europa, o castiñeiro é

CASTIÑEIROS FAMOSOS • De todas as árbores que hai en Europa, o castiñeiro é a que máis anos pode chegar a vivir. • O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na ladeira do volcán Etna, e ten uns 4. 000 anos. É a árbore viva máis vella de Europa. Cóntase que, estando por alí Juana de Aragón, desatouse unha tormenta e entón ela con todo o seu séquito (formado por cen cabaleiros cos seus respectivos cabalos) refuxiáronse debaixo da copa deste castiñeiro, e por iso se coñece como O CASTIÑEIRO DOS CEN CABALOS

En Galicia o castiñeiro máis vello está en Souto de Rozabales no concello de

En Galicia o castiñeiro máis vello está en Souto de Rozabales no concello de Manzaneda (Ourense). Ten arredor de 1. 000 anos. Precísanse dez persoas adultas collidas mans, cos brazos estendidos, para abranguer todo o seu contorno.

HISTORIA DA FESTA • Desde tempos prehistóricos, as persoas alimentáronse de castañas e landras.

HISTORIA DA FESTA • Desde tempos prehistóricos, as persoas alimentáronse de castañas e landras. Comíanas cruas, asadas ou facían fariña das castañas secas ou “pilongas”. • Ata fai poucos anos era alimento base da poboación, . Pero logo do descubrimento de América, foi substituída polo o millo e as patacas. • Ademais, enfermidades desta árbore, como o chancro e a tinta, acabaron con moitos castiñeiros.

 • No MAGOSTO a castaña e o día de difuntos aparecen asociados, representando

• No MAGOSTO a castaña e o día de difuntos aparecen asociados, representando o comezo dun novo ciclo coa chegada do inverno: días curtos, falta de luz, máis frío e máis chuvia. • Segundo crían os antigos, a castaña era o símbolo da alma dos defuntos e cada castaña comida liberaba unha alma. • A festa foi cambiando pero aínda hoxe comemos castañas ó carón do lume, e os magostos rematan con bailes e as caras tisnadas cos restos da fogueiras.

ADIVIÑAS Alto me miro color de ouro teño por unha risada perdín canto teño

ADIVIÑAS Alto me miro color de ouro teño por unha risada perdín canto teño Unha cousiña criada no monte, enxoita na casa e cómese sen tasa.

REFRÁNS CASTAÑAS, NOCES E VIÑO FAN A LEDICIA DO SAN MARTIÑO. A CASTAÑA QUE

REFRÁNS CASTAÑAS, NOCES E VIÑO FAN A LEDICIA DO SAN MARTIÑO. A CASTAÑA QUE ESTÁ NO CAMIÑO É DO VECIÑO. CASTAÑAS NO NADAL, SABEN E PÁRTENSE MAL. O QUE NON TEN MAÑA, NON COME CASTAÑAS.

FELIZ MAGOSTO

FELIZ MAGOSTO