O AZ DO CAMBIO CLIMTICO ANTROPOXNICO A ONU
O A-Z DO CAMBIO CLIMÁTICO
ANTROPOXÉNICO • A ONU certifica que o cambio climático é acelerado, durará séculos e foi causado na maior parte pola acción humana. • O IPCC conclúe que esta alteración climática global está causada pola emisión de importantes cantidades de gases de Efecto Invernadoiro que aumentaron un 70% entre 1970 e 2004 e continuarán a súa progresión alomenos as vindeiras 3 décadas. • As consecuencias serán máis intensas que as observadas no século XX , a temperatura media aumentará 0, 2ºC por decenio nos próximos 20 anos e serán máis frecuentes os fenómenos meteorolóxicos extremos.
BALI • Illa indonesia situada no Pacífico na que se celebrou a conferencia da ONU sobre o cambio climático do 10 ó 17 de Decembro 2007, e na que se iniciaron as negociacións para un novo tratado que substituirá ó de Kioto no 2012. • É urxente unha acción internacional fronte ó quecemento do planeta, e atopar o consenso entre máis países ca os que asinaron en Kioto, e cos E. E. U. U. • Os países industrializados e os menos desenvolvidos reducirán as súas emisións de CO 2 nun 30% para frear o quecemento global a só 2ºC. • Xestionáronse uns Fondos de Adaptación ao Cambio Climático que permitirán financiar proxectos enerxéticos limpos nos países en desenvolvemento, a cambio de Dereitos de Emisións.
BIODIVERSIDADE • É o conxunto das distintas especies de seres vivos que hai na terra. • Cada unha delas está perfectamente adaptada a un hábitat determinado. • O Cambio Climático cambiará estes hábitats e afectará ás especies. • As especies de vida curta adaptaranse mellor ás novas condicións climáticas que as de vida longa pola súa alta taxa de renovación. As especies máis raras ou endémicas quedarán máis seriamente afectadas, polo que a biodiversidade pode quedar empobrecida. • As aves migratorias que se desprazan no inverno cara latitudes máis baixas están atrasando o seu desprazamento e mesmo non se desprazan como está a acontecer coas poboacións de cegoñas e andoriñas. • O oso nas montañas do Courel, xa non hiberna.
CAMBIO CLIMÁTICO • O clima dunha rexión ven determinado pola sucesión de fenómenos atmosféricos que son máis frecuentes. • Os factores que alteran a composición da atmosfera poden modificalo. • A temperatura media da atmosfera terrestre a nivel superficial viña sendo arredor duns 15º C e actualmente é duns 15, 6º C observándose este incremento desde o comezo da era industrial ata os nosos días, o cal constitúe o cambio máis rápido observado nos últimos 1000 anos. • En Galicia, a temperatura aumenta a un ritmo de 0, 5º C cada década nos últimos trinta anos, o período de risco de xeadas recortouse en dous meses entre 1970 e 2005, empeza máis tarde e remata antes, e o nivel do mar aumentou en 10 cm nos últimos 50 anos.
DESXEO DOS POLOS • Nos últimos anos o desxeo estacionario dos casquetes polares empezou moito antes do normal. • A temperatura na superficie do xeo aumentou en 3, 9ºC desde 1991, case 4 veces máis rápido que a media do resto do planeta. • Groenlandia perdeu este ano, o dobre de xeo que teñen os Alpes. O xeo reduciuse a un ritmo sen precedentes desde que se iniciaron as medicións por satélite no ano 1979. • O desxeo de Groenlandia e a Antartida é máis preocupante que o do Ártico. Si se derretese todo, produciríase un incremento de 6, 4 m do nivel do mar. • A auga incorporada á oceánica provocou un aumento de medio milímetro do nivel do mar en todo o planeta.
DESERTIFICACIÓN • Coñécese como tal, o aumento da superficie desértica debida ás accións do home sobre a natureza. • Para determinar este risco se teñen en conta factores como a erosión, os incendios e a sobreexplotación dos acuíferos. • España é o terceiro país máis árido de Europa con unha 3ª parte do territorio afectado. • Os dous compoñentes máis salientables son a erosión e a salinización do solo. • Galiza é unha das tres comunidades onde non hai risco (Asturias, Cantabria e Galiza). • Castela a Mancha, Andalucía e Murcia son as comunidades con máis risco de desertificación, entre as tres suman un 64% da superficie total de España.
EMISIÓNS • A Comisión Europea fixou o reparto de emisións de CO 2 para 2012, segundo o PIB por habitante. Así os países ricos estarán obrigados a facer reduccións importantes mentres que os menos desenvolvidos, poderán incluso aumentar as súas emisións. • A partir de 2013 as empresas terán que pagar para adquirir os Dereitos de Emisións. • O PIB español é dun 105 % do da media europea. Si Europa se compromete a rebaixalas nun 20 %, España estará obrigada a facelo mesmo. • Esta situación é mellor que o reparto actual, que penaliza a España, e que tomaba como referencia o acordo de Kioto; as súas emisións actuais por persoa son de 9, 6 Tm de CO 2 ao ano, mentres que a media europea é de 10 Tm de CO 2 ao ano.
ENERXÍAS ALTERNATIVAS • A enerxía máis utilizada pola sociedade actual é a eléctrica. Esta prodúcese sobre todo nas centrais térmicas, onde se consume carbón, nas centrais nucleares e nas centrais hidroeléctricas. • A producción de enerxía eléctrica nas centrais térmicas emite grandes cantidades de CO 2, o que contribúe o incremento do efecto invernadoiro. • Os gobernos tratan de buscar alternativas, subvencionando as inversións noutras fontes de enerxía, para que non produzan emisións á atmosfera sobre todo a enerxía eólica e solar. • O transporte e a industria consumen tamén grandes cantidades de combustibles derivados do petróleo que contribúen a aumentar as emisións de G. E. I. E tamén necesario buscar alternativas a estes combustibles.
FENÓMENOS METEOROLÓXICOS EXTREMOS • Como consecuencia do cambio climático estamos expostos a sufrir fenómenos meteorolóxicos extremos con maior frecuencia e gravidade como fortes inundacións, grandes períodos de seca, vagas de frío e de calor ou tornados devastadores (entre 1970 duplicáronse de maneira global o número de furacáns de máxima categoría de forza) que ocasionan grandes perdas económicas: na agricultura, nas infraestructuras e nos bens persoais, froito destas catástrofes. • As consecuencias poden ser a falta de alimentos ou acentuación das diferencias no nivel de vida dos cidadáns, prexudicando ás clases máis pobres e os países menos desenvolvidos.
GASES DE EFECTO INVERNADOIRO • Son os que contribúen a que a atmosfera garde a calor que a Terra recibe do Sol. • A actividade industrial introduce algúns gases que de forma natural non se atoparían na atmosfera como SO 2, NO, CH 4, HFCs, PFCs, SF 6, que aumentan o efecto invernadoiro. • A concentración destes gases, mantívose durante a época pre-industrial, pero foi aumentando ata nun 41, 53% no 2000. • España emite cos seus 43 millóns de habitantes, tantos GEI como Arxentina, Chile, Colombia, Ecuador, Perú e Uruguay xuntos. • Segundo as conclusións do IPPC a temperatura media do planeta aumentará para finais do século XXI entre 4ºC e 6ºC o cal suporía un risco importante para a saúde e seguridade humanas.
HIDROLOXÍA • A falta de auga obriga ao goberno a tomar medidas extraordinarias no subministro para mitigar a desertificación con transvases entre as cuncas do Texo e do Segura. • Galicia elaborou un plan custo de 32 millóns de euros en distintas iniciativas para conseguir auga, aproveitar a que hai e concienciar aos cidadáns: • Melloraranse as infraestructuras hidráulicas • Buscarase auga no subsolo aproveitando os acuíferos subterráneos • Promoverase a partir de xaneiro unha campaña pública de sensibilización social • Tamén se van construír, a cargo da xunta 20 plantas de tratamento de augas residuais no 2008.
I. P. C. C. • Siglas en inglés para designar o Panel Intergubernamental para o Cambio Climático, formado por un grupo de máis de 2500 científicos auspiciado pola O. N. U. para certificar as evidencias do quecemento global. • Emitiu o seu último informe no pasado mes de Novembro trala cume do clima celebrado en Valencia, que propón tomar medidas inmediatas para evitar que as concentracións de CO 2 na atmosfera superen as 550 partes por millón (p. p. m. ) e contribuír a que as temperaturas non se incrementen en máis de 2ºC. • Por riba deste valor o cambio climático será moito máis abrupto e con impactos nefastos.
KIOTO • Protocolo que recolle os acordos asinados por 89 países sensibilizados polo problema do cambio climático en decembro do 1997 e que entrou en vigor en febreiro do 2005 e ratificado ata o momento por 56 países, que se comprometeron a reducir as emisións de G. E. I. en un 5, 2 % por debaixo dos niveis de 1990. • A U. E. firmou un compromiso de redución dun 8 % das emisións para o período 2008 -2012. España foi o país que máis se afastou das previsións xa que as emisións aumentaron un 45 % con respecto ás de 1990, no ano 2005. • Unha nova conferencia sobre o cambio climático en Bali acadou novos compromisos entre os países asinantes que substituirán aos asinados en Kioto.
LONGO E CURTO PRAZO • As consecuencias do cambio climático faranse sentir a longo prazo cun cambio drástico nas condicións climáticas como a perda das estacións de outono e primavera, pasando drasticamente de períodos cálidos a períodos fríos, cambios na flora e na fauna, perda de biodiversidade de vidas humanas. • A curto prazo apreciamos un endurecemento das condicións climáticas con períodos de seca máis longos do habitual, e períodos de choivas torrenciais tamén máis intensas do habitual e que producen inundacións. Tamén observamos cambios drásticos de temperatura.
MEDIO AMBIENTE • A consellería de Medio Ambiente habilitará unha rede de estacións de observación para seguir a evolución do cambio climático creando a “Rede Galega de Observación do Territorio”, que tratará de rexistrar a evolución dos ecosistemas máis relevantes. • Esta rede poñerase en marcha desde o centro de investigación e formación de Lourizán en Pontevedra e servirá para estudiar como evolucionan os ecosistemas como consecuencia dos cambios que se produzan no medio derivados do quecemento global.
MIGRACIÓNS MASIVAS • Segundo as conclusións do IPCC o Cambio Climático suporá un risco importante para a saúde humana: 1. Aumento da intensidade de frecuencia de fenómenos meteorolóxicos extremos. 2. Perda da biodiversidade e dos recursos hídricos. 3. Expansión de enfermidades infecciosas. . . • • Todas estas calamidades, xunto coa inundación das zonas costeiras, provocarán grandes desprazamentos humanos e animais a lugares onde poder vivir. As poboacións máis afectadas serán as zonas tropicais e países menos desenvolvidos, onde se atopa a maioría da poboación. Os movementos migratorios de África a Europa, poden ser o comezo.
NIVEL DO MAR • Como consecuencia do quecemento global, producirase o desxeo dos casquetes polares, que xunto coa dilatación da auga polo aumento da temperatura dos océanos, ocasionará unha subida do nivel do mar de uns 20 cm, nos próximos 40 anos, e de 40 a 60 cm para o ano 2100, co que se vería ameazada a seguridade de 2000 millóns de persoas, as construccións portuarias, e illas do Océano Pacífico quedarán somerxidas diminuíndo a superficie habitable. • Galicia é unha das comunidades afectadas, polo que o goberno decidiu limitar o uso do solo nos primeiros 500 metros do litoral, xa que, o cambio de fisionomía da costa pode ser especialmente importante aquí.
ORIXE DO CAMBIO CLIMÁTICO • • • 1. 2. Dende a Revolución Industrial, ata hoxe, a cantidade de CO 2 na atmosfera aumentou un 32 %. Así mesmo o metano, o óxido nitroso, e outros gases potenciadores do efecto invernadoiro, tamén incrementaron a súa concentración na atmosfera. O consumo actual de combustibles fósiles equivale á cantidade que ó planeta lle levou formar un millón de anos, e inxecta na atmosfera máis de 60001000. 000 de Tm de CO 2. A concentración de CO 2 non deixa de aumentar porque as emisións superan a capacidade de absorción dos océanos e dos bosques, como sumidoiros de CO 2. As causas principais varían segundo o hemisferio: No hemisferio norte están asociadas á xeración de enerxía, a producción industrial, e o transporte. No hemisferio sur, ao cambio nos usos da terra, polas queimas de masas boscosas para a súa transformación en terras de cultivo ou pastizais.
PODERÍAMOS ARREFRÍAR O PLANETA? • Propostas dalgúns científicos: • Aumentar a reflexión da luz solar ao espacio cubrindo os desertos con plásticos de cor branca, ou colocar nos océanos discos flotantes desa cor. • Dispersar na estratosfera compostos químicos que reflectirían a luz solar, como o SO 2 que expulsan os volcáns. • Pulverizar bruma de auga salgada ao aire, desde potentes barcos; a auga condensaríase sobre as moléculas de sal aumentando a reflectividade das nubes. • Fertilizar os océanos con ferro, que estimularía o crecemento do fitoplancto, e ao aumentar a tasa de fotosíntese, diminuíra o CO 2. • Qué che parece máis conveniente: adoptar algunha destas propostas ou asumir a nosa “responsabilidade compartida”?
QUECEMENTO GLOBAL • É previsible que o incremento do Efecto Invernadoiro ocasionará: 1. Aumento da temperatura da troposfera e arrefriamento da estratosfera (aumento das nubes estratosféricas). 2. Quecemento das rexións polares 2 ou 3 veces maior que nos trópicos. 3. Quecemento global entre 1´ 5 a 4´ 5ºC, (sendo a mellor estimación 2´ 5ºC). • As consecuencias do cal serán: 1. Aumento de precipitacións e da evaporación en xeral, pero diminución das nevadas. 2. Aumento das precipitacións nos polos e diminución nos trópicos. 3. Diminución da cuberta e do grosor do xeo mariño.
RESPONSABILIDADE COMPARTIDA • A directiva europea de emisións só regula o 40% das totais de G. E. I. , orixinadas polas actividades de uso e transformación de recursos enerxéticos fósiles, industrias minerais e fabricación de pasta de papel e cartón. • Fóra de control queda o 60% restante xerado polos coñecidos como sectores difusos: transporte, residencial, comercial, institucional, agricultura, silvicultura e xestión de residuos. • É importante polo tanto que sexamos conscientes que o Cambio Climático nos afecta a todos e aceptemos a nosa cota de responsabilidade compartida, xa que coas decisións que tomamos na nosa vida diaria podemos axudar a reducir decisivamente as emisións de G. E. I.
SEQUÍA • Tivemos un outono moi seco e diminuíron as reservas dos encoros. • Ana Lage, meteoróloga da Consellería de Medio Ambiente relaciona esta situación co fenómeno de “la niña” no Pacífico Ecuatorial. • Alí as temperaturas da auga son máis baixas do habitual, e iso propicia aquí unha situación anticiclónica, xa que as baixas temperaturas da costa peruana modifican a circulación atmosférica. Prevéese que si o fenómeno se prolonga nos próximos meses teremos unha precipitacións escasas. • Diante desta situación a Consellería adopta un plan para facer fronte á seca.
TEMPO E CLIMA • Podemos definir Tempo como o estado da atmosfera en un lugar e momento determinados • Definimos Clima como a sucesión periódica de tipos de tempo. • As condicións atmosféricas son dinámicas e variables, e fan que o clima da Terra, se atope en continua evolución, atravesando períodos máis estables e períodos de cambios máis abruptos, debidos a causas naturais como manchas solares, erupcións volcánicas, ciclos de Milankovicht. . . • Os cambios que se observan no clima actual, son producidos, segundo a (EPA) Axencia de Protección Ambiental dos EEUU, polo aumento dos G. E. I. , debido ó consumo de enerxías fósiles e a destrucción dos bosques tropicais.
UTOPÍA DO CAMBIO CLIMÁTICO • A humanidade xa se ten enfrontado con tarefas que nun principio parecían irrealizables. Si xa fomos capaces de parar a destrucción da capa de ozono, tamén seremos capaces de frear o avance do “cambio climático”. Aínda que os obxectivos desta utopía semellan ser excesivamente burocráticos: • Reducir á metade as emisións de gases de efecto invernadoiro para mediados deste século respecto dos valores do 1990. • Conter o aumento da temperatura global a menos de dous graos para o 2050. • O secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, asegura que existen medios reais e asequibles para combatelo. • Son os políticos quenes deben adoptar as medidas axeitadas.
VELLAS ENFERMIDADES • Expansión de enfermidades e pragas en animais, vexetais e persoas, xa que se prevé que enfermidades tropicais poidan desprazarse cara latitudes medias. A calor e a humidade, favorecen o desenvolvemento de organismos causantes ou transmisores de enfermidades. • Algunhas delas , como a malaria, cólera, dengue, son na actualidade, exclusivas dos trópicos, pero o aumento das temperaturas suporá a súa extensión cara latitudes máis altas. • Os países ao norte do Mediterráneo , entre eles España, corren o risco de sufrir serias epidemias procedentes de África.
XESTIÓN DOS RESIDUOS • Os residuos son recursos que deixan de sernos útiles, pero que na súa elaboración se utilizou unha gran cantidade de enerxía e se emitiron unha grande cantidade de G. E. I. • Actualmente tratámolos de tres formas: • Incineración: que contribúe ao incremento do efecto invernadoiro. • Vertedoiros controlados: impermeabilizar, e tratar os lixiviados para que non resulten prexudiciais. • Separación e reciclaxe: para elo precísase da colaboración dos cidadáns para conseguir unha boa separación en orixe, e a súa recuperación completa, incluso da fracción orgánica para a elaboración de “compost”, que ten grande interese na recuperación de espazos degradados. • A xestión das augas residuais, tanto as domésticas como as industriais, é tamén un obxectivo no que se están a realizar grandes investimentos
ZONAS MÁIS AFECTADAS • Parece que os países da conca mediterránea, entre eles España, serán os máis afectados polo cambio climático, sufrindo o azoute da desertificación. • Espérase que as augas do mar Mediterráneo acaden os 30º C, o cal afectará enormemente ó réxime de precipitacións e as especies que alí viven. • Moitos países costeiros, perderán parte da súa superficie, como os Países Baixos, Xapón, Corea, Taiwán, . . . Parte das illas da Indonesia corren o risco de desaparecer, como o arquipélago de Tuvalu. • Detectáronse nos últimos 60 anos máis de 335 novas enfermidades infecciosas. Entre os factores que o explican atópase o quecemento global que ocasionou a expansión xeográfica de insectos e outros vectores animais de virus. Confeccionouse un mapa das zonas onde é máis predecible que xurdan.
- Slides: 28