O artista plural Castelao Biografa Rianxo Nace 1886
O artista plural Castelao
Biografía �Rianxo, �Nace 1886 – Bos Aires, 1950 no seo dunha familia de mariñeiros �Emigra á Arxentina, onde seu pai ten unha “pulpería” (lugar que o autor recrea na súa obra) �Volve a Galicia no 1900 �Estuda Medicina en Santiago �Exerce brevemente como médico en Rianxo
�Casa con Virxinia Pereira �É destinado a Pontevedra, dando clases de debuxo no Instituto Xeral �Morre �É o seu único fillo aos 13 anos desterrado a Badaxoz en 1934 �Ingresa nas Irmandades da Fala, é director artístico da revista Nós. �É un dos fundadores do Partido Galeguista (foi deputado por Pontevedra) �A guerra civil sorpréndeo en Madrid e o
Castelao pintor e debuxante �Dáse a coñecer como pintor e debuxante �Os seus debuxos representan as características físicas máis acentuadas dos galegos �Reflicte problemas políticos e sociais da época, cunha forte carga solidaria
� 1ª etapa ◦ Desde o álbum Nós (1916) a Cincuenta homes por dez reás (1931) e as ilustracións de Cousas da vida. ◦ Protagonistas: os personaxes populares, nenos, cegos, mulleres homes do mar, labregos empobrecidos en contraste coa burguesía
� 2ª etapa �A partir da Guerra Civil, con debuxos inspirados polos terror fascista e os combates �Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos �Usa o claroscuro �Acompáñaos de textos moi breves (a penas tres palabras)
Arriba os pobres do mundo
A derradeira lección do mestre
Claves da obra de Castelao (que o diferencian do resto da xeración) 1. Non proxecta a súa ideoloxía na obra narrativa (as súas ideas aparecen en ensaios e conferencias) 2. Non ten unha visión elitista da arte 3. Amosa a realidade do seu tempo: distintas facetas das clases populares (protagonistas das súas obras)
Perto de min repousa un zapateiro. Contoume as súas coitas nun tono menor: -Eu tiña unha voz de trono, unha voz que metía medo de fonda que era i en calidá de fenómeno entrei coma baixo no orfeón. ; mais dalí a pouco de entrare o direutor díxome que desafinaba e tiveron o callo de botarme fóra. Deus regalárame cunha gorxa e non me dera orella… Tan magoado fiquei que perdín a coor e os folgos pro traballo, desenganeime, enflaquecín e púxenme a morrer. Todas as noites escoitaba os ensaios do orfeón acochadiño nas tebras da rúa, sospirando arreo coa ialma doída. A tristura foi estruchándome a caixa do peito e no derradeiro ensaio do orfeón fuxeu a vida de min nun suspiro velaíño. O pobre zapateiro marreu de saudade.
A súa obra gózase de inmediato: non se precisan códigos ideolóxicos para entendela 5. Prosa substantiva, depurada, sinxela e próxima á poesía 4. 6. Amosa os defectos da sociedade a través do humor 7. Lirismo: a través de recursos expresivos, selección do léxico. . .
A tola do monte AÍNDA EU ERA MÉDICO rural e rubía por un camiño da serra. Os casales estaban lonxe, os alboredos tamén e por alí non había máis que toxos e pedras. No curuto avistei a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o petrucio que camiñaba de par do meu cabalo contoume: -¡Malpocadiña! Chámanlle a tola do monte. Era unha rapaza ben asisada e bonita coma un sol e din que foi unha meiga quen a enfeitizou e dispois de perde-lo xuicio tívolle un fillo e contan que foi do demo…
O PROFUNDADOR ERA UN BARBEIRO DE SÁBADO que amaba os libros que non entendía e gustaba de lelos todos enteiros. Unha vez atopeino coa testa pousada nas mans, ó xeito dun pensador, e díxome: -Estou profundando. E dende entón, pra min hai homes que profundan. O tal barbeiro de sábado pasou pola vida cos sentidos revirados cara a súa iñorancia, traballando a carón dun compañeiro que tiña os sentidos abertos ao mundo. Ensumíase arreo dentro de si mesmo pra profundar nos mistéreos da outra vida e sempre remataba laiándose:
-Non podo profundar máis porque non sei latín. Un día pousou os ollos no mar –endexamais reparaba en cousas miúdas- e dispois de ter profundado un bo retrinco de tempo deitou na orella do seu compañeiro ista frase: -O mar ¿sabes? O mar… ¡é un fenómeno! O pobre barbeiro de sábado asombraba a todos coa súa sabencia… Unha vez púxose serio, coma un frade de pau, e aseguroulle ó compañeiro: -Eu teño que morrer e teño que ser xuzgado, pese que me pese, ¿sabes? E decíao soletreando o pese que me pese. As máis veces o barbeiro de sábado dubidaba dispois de profundar en cousas do outro mundo.
O pobre barbeiro de sábado morreu e puxérono nunha caixa de pino e o seu compañeiro foi a velo e botou unha bágoa. E unha muller, das que facían o pranto, decía: -¡Agora xa non profundas! ¡Agora non profundas porque xa o sabes todo!
7. Narrador: presenta os feitos como vivencias directas, noticias recibidas de protagonistas ou testemuñas 8. Utiliza recursos realistas: manuscrito encontrado (que o editor só edita); isto dá verosimilitude. 9. Técnica narrativa: denótase o fundamental, o demais queda suxerido. 10. Textos breves e sincréticos.
(…) Despedinme dil e cando xa iña pola estrada, camiño da cibdade, oín que me chamaba dende a porta do cimeterio. -¡Oia, veña acó! E dispois quediño e moi solermiñamente deitoume na orella ista pregunta: -Vostede, que é médico, ¿non sabería onde mercan ollos de vidro? E por catro cartos fíxenme dono do ollo de vidro e das memorias. As memorias do esquelete é o que ides ler. Escoitade, pois, a un home do outro mundo pregándovos por adiantado que non me fagades solidario das súas ideas.
Obra narrativa
Un ollo de vidro (1922) �Protagonista: un defunto cun ollo de vidro que o converte no único do cemiterio que pode ver �Xustaposición de breves estampas tinguidas de humor negro �Amosa a sociedade galega desde unha perspectiva crítica �Subtitulado: Memorias dun esquelete.
O ENTERRADOR, MEU AMIGO Leutor: Certo día fitoume unha vaca. ¿Qué coidará de min? , pensei eu; e naquel intre a vaca baixou a testa e sigueu comendo na herba. Agora xa sei que a vaca somentes dixo: -Bo, total un home con anteollos. E ó mellor eu non son máis que o que coidou a vaca. Velaí a ledicia de pensar que cando a miña calivera estea ó descuberto xa non poderá xuzgarme ningunha vaca.
Cousas (1926, 1929) �As “cousas” con pequenas prosas literarias de temática variada. �Ambiente mariñeiro e labrego, sobre todo. �Cada “cousa” vai acompañada dunha ilustración que sintetiza o momento culminante da historia. �Son a creación máis orixinal de Castelao: sintetiza o narrativo e o
OS CRUCEIROS ONDE HAI UN CRUCEIRO houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo. ¿Tedes reparado nosos cruceiros aldeáns? Pois reparade. A Virxe das Angustias, enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a Piedá dos escultores, é a piedade creada polos canteiros. Os nosos canteiros, deixándose levar polo sentimento, non podían maxinar un home no colo da nai. Para os artistas canteiros, Xesucristo sempre é pequeno, sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos pequenos no colo das nosas nais. Reparade nos cruceiros e descubriredes moitos tesouros.
Retrincos (1934) �Son 5 relatos ordenados cronoloxicamente (infancia, adolescencia, mocidade e madurez do narrador–autor) �Cada conto é unha unidade autónoma. �O único punto de relación entre os contos é narrador (conta historias do seu pasado) �Reflexiónase sobre a condición humana, o paso do tempo, a vida, a decadencia e a morte.
Os dous de sempre (1934) �Única novela que escribiu. �Utiliza unha técnica semellante ás Cousas. �Presenta unha concepción determinista do individuo: as condicións sociais e familiares determinan a psicoloxía e o devir dos protagonistas. �Segue a vida de dous protagonistas desde a infancia á madurez. �Os dous teñen personalidades contrapostas
Pedriño familia pobre (vive coa tía) Rañolas eivado, sen pai e coa nai borracha lacazán, comellón; sen obxectivos na vida activo, emprendedor; superará todos os obstáculos da vida. Vexetativo e conformista Cavilador e idealista
Obra teatral
Os vellos non deben de namorarse �Estreada en 1941 no exilio arxentino. �Conta a historia de tres vellos que se namoran de mozas. �Composta en clave de comedia. �Personaxes esquemáticos.
Obra ensaística
�As cruces de pedra na Bretaña (1930) e As cruces de pedra na Galiza (1950). Sobre arte popular. �Sempre en Galiza (1944) ◦ Sintetiza o seu pensamento político ◦ Ofrece unhas memorias de actividade política durante os anos da república. ◦ Fai unha crítica contra o modelo centralista do Estado (alternativa: federalismo ibrérico).
- Slides: 33