O acento grfico Regras de acentuacin Acentanse as








- Slides: 8
O acento gráfico Regras de acentuación
Acentúanse as seguintes palabras • As palabras agudas rematadas en vogal, en –n, -s ou –ns. • As palabras graves cando rematan en consoante distinta de –n, -s, en ditongos decrecentes (amábeis) e en grupos consonánticos distintos de –ns (bíceps). • As palabras esdrúxulas. • As vogais i, u, tónicas cando van antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais non forman ditongo
Algunhas particularidades • Os latinismos e palabras estranxeiras de uso habitual seguen as regras xerais de acentuación. • As formas verbais + pronome enclítico ou a 2ª forma do artigo compórtanse coma unha palabra. • As regras de acentuación son as mesmas para as letras minúsculas e para as maiúsculas.
O acento diacrítico • Emprégase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir palabras homógrafas que non sexan homófonas. • Cando dúas palabras poidan confundirse, pónselle acento á que ten vogal aberta ou á que é tónica.
Algunhas parellas que se diferencian polo acento diacrítico • • • • • á ás bóla cá cás chás có cós cómpren dá dás dó é fóra má
tamén • • • • • más máis nó nós óso pé póla pór présa sé só té vén vés vós
Non se acentúan • As palabras monosilábicas. • As agudas rematadas en ditongo decrecente (prometeu) ou en –iu, -ui (saltou). • Os adverbios rematados en –mente. • Os demostrativos e mais o indefinido e numeral un. • Os grupos iu, ui cando é tónico o primeiro elemento, pois neste caso forman ditongo (mentiu). • Os interrogativos e exclamativos. • Os pronomes ti e el. • O adverbio afirmativo si.
Tampouco se acentúan as seguintes palabras: • • • Acne Argon Arquidiocese Atmosfera Chofer Ciclope Cripton Diocese Elite esexese • • • Fluor Heroe Medula Neon Omoplata Parasito Paxaro Perito Quefir radon