Mundo das ideas Caractersticas As Ideas formas modelos

  • Slides: 1
Download presentation
Mundo das ideas Características As Ideas (formas, modelos ou prototipos, esencias, aquilo ao que

Mundo das ideas Características As Ideas (formas, modelos ou prototipos, esencias, aquilo ao que remiten os conceptos universais). . . Formas ideales Son formas ideais e subsistentes Intelixibles Son eternas, perfectas, inmutables e únicas (Parménides). Subsistentes Son os auténticos obxectos de coñecemento. IMITAN Intelixible Perceptible Modelo Son aquilo que pode ser considerado como o autenticamente real (idealismo platónico). Copias O mundo que captamos por medio dos nosos sentidos, o mundo das aparencias ou fenómenos. O mundo do cambio e a pluralidade (Heráclito). (Que precisamente por estas características non pode ser obxecto de coñecemento). Mundo sensible Propósitos a) Dende o punto de vista do coñecemento: Coa teoría das ideas Platón pretende proporcionar un fundamento firme ao saber. Non podendo constituír a realidade física o obxecto dese saber, postulará a existencia das ideas como obxectos estables que son o obxecto do coñecemento. b) Dende o punto de vista ético: Seguindo a Sócrates contra o relativismo moral sofístico, Platón quere fundar a virtude sobre o saber, para o cal supón a existencia das ideas de valores morais como entidades subsistentes e eternas: a xustiza en si, o ben en si, etc. c) Dende o punto de vista político: O fin máis alto da filosofía platónica é a organización da sociedade. A reforma do estado debe levarse a cabo conforme ao coñecemento da xustiza, un coñecemento que pasa polo coñecemento da teoría das ideas.